1 minute read

clube erasmus

Next Article
FAÍSCAS 2023

FAÍSCAS 2023

Hola, son Mariña e vou falar do clube Erasmus.

A min paréceme unha gran oportunidade, xa que podes viaxar a outro país gratuitamente e aprender das súas costumes e idioma. Polo que vin, os nenos e nenas que foron outros anos pasárono xenial e fixeron moitos amigos, polo que teño ganas de vivir por min mesma esa experiencia.

Advertisement

O único “probema” e que antes de ir tes que esperar un bo tempo para ver se te seleccionaron e ademáis tes que facer unhas actividades, das cales non me queixo, porque foron moi divertidas e paseino moi ben facéndoas.

Falemos dos xogos e actividades: Tivemos que ir ao instituto pola tarde e pornos por grupos (eu estaba cas miñas amigas), despóis tivemos que asignarlle un país a unhas fotos. Ese xogo foi moi complicado porque non tiñamos nin idea, o que a nós nos parecía Portugal acababa sendo algo completamente diferente.

Aínda que quedamos os últimos, pasámolo moi ben. Tamén había unha actividade parecida, solo que era de acertar uns obxectos. Esa foi moita máis fácil porque algúns tiñan letras.

E agora ven o mellor de todo: O Kahoot que fixemos! Foi xenial, había preguntas un pouco máis complicadas que outras, pero quedamos cuartos entón nin tan mal.

Despóis cada un marchou a súa casa (evidentemente), e aínda que solo fixemos eso unha vez, eu espero que se repita porque de verdade que o pasamos moi ben.

Sen máis que decir, e con moitas ganas de ir de Erasmus, despidome. Adeus!

Mariña García 2º ESO A

This article is from: