1 minute read

NO Chivite en Europa

este curso 2022/2023, o IES Xesús Taboada Chivite foi seleccionado coma Centro Embaixador da Unión Europea entre máis de 400 centros que optaban a este proceso. Tras unhas xornadas de formación en Madrid, ás que acudiu a coordinadora de programas europeos e internacionais, Jose Rolán, foron seleccionados 39 embaixadores e embaixadoras junior no centro. Ademais destes embaixadores e embaixadoras junior temos tamén 5 embaixadores senior que deron a coñecer diferentes aspectos da Unión Europea nas súas materias: Rebeca González, profesora de plástica, Juan Guerra de xeografía e historia, David Rodríguez de música, Verónica Hermida de lingua castelá, Olalla Calo e Jose Rolán de inglés.

Os estudantes seleccionados participaron nunha serie de actividades como a creación dun InfoPoint con toda a información sobre a UE coa axuda da profesora de plástica; a recreación de cinco danzas europeas, dirixidos por David Rodríguez para celebrar o día de Europa; concurso de Euroscola coa grabación dun TikTok para animar á xente xoven para votar nas Eleccións Europeas de 2024; celebración do Día da Unesco, O Día da Paz, o día da Muller Traballadora e o Día de Europa. Houbo tamén contacto con outras EPAS como o IES Monte Castelo de Burela a través de videoconferencia. Mención especial merece a inauguración do InfoPoint sobre a Unión Europea da man do Teniente de Alcalde, Diego Lourenzo e da eurodiputada Ana Miranda. Dende aquí animávosvos a participar como embaixadores e embaixadoras junior o vindeiro curso 2023-24.

Advertisement

Pablo Hernando Saborido. 3º ESO C