2 minute read

AGRUPA _TEI Agrupación de centros

Acomezos de curso o noso centro decidiu formar parte da elaboración dun proxecto en común con outros catro centros que traballan o TEI (Titoría Entre Iguais). A idea naceu no Congreso Nacional celebrado en Sada (A Coruña) a finais do curso pasado.

a elaboración de informes en torno ao desenvolvemento do proxecto cuxa duración será de dous cursos académicos.

Advertisement

Neste primeiro ano traballamos a Mediación Escolar recibindo primeiramente a alumnado de Algete e logo viaxando a esta localidade madrileña. No segundo ano viaxaremos tódolos centros a Barcelona.

O proxecto comezou cunha primeira reunión dos coordinadores de cada centro en Madrid no mes de xaneiro, nas instalacións da Universidade sinalada. Do noso centro fomos Rebeca González, Lucía Rúa e César Sánchez. Alí sentamos as bases do proxecto.

A partir de aí o primeiro que tivemos que facer foi seleccionar ao alumnado interesado en participar, tendo en conta que tiñan que acoller a alumnado foráneo para logo seren acollidos eles en Madrid. A selección implicaba realizar unha serie de tarefas (cartel publicitario sobre a Difusión do Equipo Mediador, unha presentación sobre que é a Mediación entre iguais, viñetas de cómic mostrando unha escena de mediación) e responder a unha serie de preguntas a unha enquisa. Froito desta selección puidemos contar con 8 alumnas e 4 alumnos que participaron de forma máis directa das mobilidades.

Dende o minuto cero houbo unha gran sintonía entre o alumnado de Algete e o noso, sen dúbida unha das cousas máis satisfactorias que puidemos ver foi o alto grao de complicidade entre elas e eles e o ben que se levaban. As mobilidades, tanto a de Verín coma a de Algete, tiveron moi boa acollida nos respectivos centros e sobre o resto do alumnado. Ademais, leváronse a cabo actividades moi enriquecedoras. Debemos dicir que nada sería posible sen a gran implicación do alumnado. A súa actitude foi exemplar en todo momento. Grazas rapazas e rapaces!.

Deste xeito xunto co IES Albarregas (Extremadura-Mérida), IES Tartessos (Andalucía-Camas/Sevilla), IES Gustavo Adolfo Bécquer (Madrid-Algete) e o INS Joan Salvat Papasseit (Cataluña-Barcelona) decidimos acollernos á convocatoria de Agrupación de Centros que cada ano promove o Ministerio de Educación e Formación Profesional e presentar o proxecto creado en común denominado Proyecto emocional de convivencia y bienestar escolar. Neste curso o Ministerio avaliou un total de 143 asociacións concedendo tan só 50 en todo o país. Afortunadamente nós fomos unha das seleccionadas.

Aos cinco centros debemos sumar a colaboración como socio da Universidade Francisco Victoria de Madrid para

Tamén debemos agradecer a todo o profesorado participante nas actividades deseñadas, en particular a Rebeca González e Zaida López, titoras de 3º ESO que nos acompañaron na mobilidade a Madrid e que tanto axudaron á hora de establecer as coordinacións.

Por último, a boa sintonía do alumnado prolongouse ás familias, tanto ás nosas coma ás madrileñas, polo que cabe unha mención moi especial ás nais e pais que tamén decidiron participar neste proxecto.

Agora seguiremos traballando dentro da Asociación para poñer en marcha o aprendido.

César Sánchez Pampín e Lucía López Rúa (Coordinadores)

Con motivo das actividades TEI fomos seleccionados un grupo de estudantes de 3º ESO para facer unha convivencia co I.E.S. de Algete que tamén é un instituto TEI.

Na primeira mobilidade, viñeron os madrileños a Verín. Fixemos moitas actividades de mediación e tamén lle ensinamos un pouco a nosa localidade, íamos ir ao castelo de Monterrei pero desafortunadamente choveu e non puidemos realizar esa visita.

Fixemos moi boas migas entre nós e á hora de despedirse foi moi triste, aínda que sabiamos que nos volveríamos a ver nun mes.

Na segunda mobilidade fomos nos a Algete, alí realizamos tamén actividades de mediación e ensináronnos Madrid medieval, tamén fomos a un centro comercial a comprar.

Esta despedida xa foi máis triste, xa que non nos volveremos a ver ata dentro de un ano cando se realice a mobilidade a Barcelona.

Gustaríanos agradecer a marabillosa acollida por parte das familias. Recomendo facer estas experiencias para coñecer a xente nova e para facer amigos novos.

Ana Gago Prieto (3º ESO C)