1 minute read

MOS O S CENTRO GRADUA D !!!O

Tivemos momentos moi gratificantes: coñecer de forma virtual o Centro Botín de Santander que creou unha perspectiva de ilusión pola beleza arquitectónica, traballar os sentidos a través das obras de arte de “Olfato artístico” e rematar coa Visita a Exposición efémera de Xardíns de Allariz que este ano centraba a súa temática na Saúde Mental, visita que derivou en grandes momentos.

Tamén no MÓDULO DE CORO DE EMOCIÓNS, traballado directamente polo profesor de Música, tratáronse as emocións a través de cancións e do canto coral .

Advertisement

Céntrase no Canto coral como unha actividade enriquecedora para todo o alumnado, con independencia das dotes vocais de cada alumno/a. Este recurso non se centra en conquistar a excelencia coral, céntrase na participación, na expresión das emocións e en desenvolver un estado de benestar a través da música. Este ano a través do Musical do centro: LA LALANND, traballouse a Canción “Mil estrellas”.

Logo do programa

A través dos tres anos no MÓDULO DE LITERATURA E EMOCIÓNS comprendemos a importancia de que o alumnado realice unha lectura comprensiva a través das emocións e sentimentos que nacen baixo a lectura. A través de actividades antes, durante e despois o alumnado puido sentir e empatizar con personaxes e situacións das novelas. Esta intención conleva un importante traballo por parte do profesorado xa que debe preparar con ilusión actividades creativas que xurdan da lectura. Destacamos a Scape Room realizada na biblioteca en relación ao libro “Mentira” de Care Santos, que ademais de demostrar a súa comprensión lectora a través dos retos, tamén favoreceu o traballo en equipo entre o alumnado.

Outro dos enfoques que aprendemos e que se traballa moi pouco nos centros educativos son as exposicións de Arte. A través dos 3 anos do MÓDULO DE REFLEXARTE puidemos observar como unha exposición de arte pode desenvolver no alumnado moitas emocións, ideas e goce. Incluso a través de obras de arte abstracta, se dirixes a exposición a través de actividades, o alumnado saca o mellor deles/as.

En definitiva, o Programa Educación Responsable é un recurso máis que pretende favorecer a educación emocional dentro do eido educativo pero de forma inherente ás materias. Pouco a pouco o profesorado vai tomando conciencia da necesidade de enfocar a súa metodoloxía non só a través do DUA (deseño universal de aprendizaxe) para atender a toda a diversidade, senón que tamén debe enfocar a súa metodoloxía a través do DEA (deseño emocional da aprendizaxe).