1 minute read

educación responsable

Next Article
FAÍSCAS 2023

FAÍSCAS 2023

IES XESÚS TABOADA CHIVITE xa é un centro graduado en Educación Responsable despois de rematar con éxito os tres anos do programa.

Este programa da fundación Botín céntrase na educación emocional, social e da creatividade para impulsar a transformación educativa. Aposta polo crecemento saudable dos menores, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, que contribúa ao progreso da sociedade e non centrada unicamente no desenvolvemento dos contidos curriculares.

Advertisement

Se pensamos na Educación Obrigatoria, debemos “educar” para vivir e desenvolverse en sociedade, unha sociedade dinámica onde se fan necesarios contidos como a creatividade, capacidade de adaptación, espírito emprendedor, resiliencia, empatía, resolución de problemas, … entre outros que non se recollen de forma concreta no currículo pero que deben ser traballados para favorecer o fin último da educación “o desenvolvemento integral do alumnado”. Despois de 3 anos no Programa ER puidemos aprender outros enfoques que lle podemos dar ao currículo. Enfoques que integran a educación emocional como eixo imprescindible para que rode o proceso de ensino-aprendizaxe.

This article is from: