1 minute read

Excursión ás illas Cíes convive-t

Ovenres, día 2 de xuño, fomos de excursión ás Cíes acompañados por Vanesa de Educación Física e César o director. Foi un día marabilloso e moi “guai”. Saímos do instituto ás 7:50 h. e chegamos a Vigo ás 10, máis ou menos. Na viaxe de ida en autobús fomos cantando, facendo fotos, escoitando música, rindo… Cando chegamos a Vigo esperamos media hora polo barco. Esa media hora aproveitámola para comer algo, poñer crema solar e tamén fixemos bailes de TikTok.

Advertisement

Era a primeira vez que iamos nun barco. Subimos á parte de arriba. Alí fixemos fotos co director e cos compañeiros. Deunos a sensación de que eramos paxaros voando no medio do mar. Cando nos iamos achegando, a imaxe que vimos foi preciosa.

Baixamos do barco e fomos andando por un camiño ata chegar ao faro. Menos mal que César, o director, nos axudou a levar as mochilas. Agradecémosllo moito.

Estabamos moi cansos, pero mereceu a pena. Alí sacamos fotos e despois baixamos á praia.

Metémonos na auga. Estaba moi fría, pero non nos importou. Non queríamos saír! Despois comemos e, mentres, comentamos que levabamos cada un de comida. Estabamos desexando acabar de comer para volver entrar á auga. Xogamos moito na auga e coa area e chegou a hora de cambiarnos para marchar.

Collemos o barco de novo. Iamos moi contentas, pero, ao mesmo tempo, un pouco tristes porque pasara todo moi rápido.

Subimos ao autobús. No camiño paramos nunha cafetería moi grande para tomar algo.

Chegamos a Verín.

Estamos moi agradecidas aos profes por esta excursión. Nunca a esqueceremos!

Yasmine Fathallah (1º ESO A)

Toutou Mohamed (1º ESO A)