1 minute read

IGUALA-T NO CHIVI-T

Neste curso, como cada ano, o alumnado do Chivite implicouse na defensa da igualdade entre homes e mulleres, así como na loita polos dereitos das minorías sexuais. Ao longo do ano abordamos varias obras de introdución ao feminismo, a saber, Feminismo para principiantes, de Nuria Varela, Un cuarto Propio de Virginia Woolf ou O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Así mesmo, dende os distintos departamentos integrados no programa Iguala-T realizáronse diversas actividades: o departamento de Filosofía, con motivo do día de dita disciplina aproveitou para dar voz ás silenciadas e reivindicar a obra de diversas filósofas; así mesmo dito departamento realizou dúas charlas sobre a deconstrucción da masculinidade tóxica e a exploración daqueles aspectos negativos do rol feminino -culturamente mediatizados e a miudo ignorados-. Por outra banda, dende o departamento de Física participouse no concurso de creación artística que tivo lugar o Día da muller e a nena na ciencia; o departamento de Música, pola súa banda, procedeu á creación dunha canción onde se recolle a voz enmudecida de distintas poetas, escritoras e filósofas – algunhas delas pertencentes ao colectivo LGTB-; o grupo de Tecnoloxía construiu un podcast onde o alumnado departiu sobre a devastadora lacra da Violencia de Xénero. Asemade, dende o departamento de galego elaboráronse varias tarefas para a concienciación do alumnado, entre elas, o obradoiro de regueifas e improvisación oral -que rescata do esqucemento un xénero artístico representado principalmente por mulleres- e a creación dun Scape Room que versaba sobre a violencia de xénero. Así mesmo, e sempre coa axuda do departamento de Orientación, os alumnos e alumnas do Chivite asistiron a diversos actos en demanda dos dereitos das mulleres, entre os que destacan a manifestación con motivo das reivindicacións do 8M ou a representación teatral da obra “Golpes”, sita no auditorio de Verín.

Advertisement