2 minute read

edusostibilidade

Next Article
FAÍSCAS 2023

FAÍSCAS 2023

Por segundo ano no noso centro, continuamos traballando na Sostibilidade, despois de comezarmos neste eido co programa de concienciación do rural: “Eu quedo aquí, e ti?”Hai xa catro anos e de seguir co Proxecta “o Monte vivo” que durante dous cursos traballou na concienciación ambiental, referida sobre todo ós incendios. Este curso tivemos moito profesorado comprometido coa Sostibilidade :

Ciencias

Advertisement

Iria Alonso colaborou co Proxecto Ríos e orgnaizaou a actividadede de Consumo consciente realizada por Adega o 24 de abril, amosándonos a realidade do consumo diario e a grande produción de residuos, finalmente o alumnado trouxo as súas camisetas para customizárenas.

Plástica

Física

Nuria Trigueros analizou co alumnado as fontes de enerxía primarias, renovables e non renovables, obrigándoos a pensar en termos tales como o mix enerxético, a enerxía versátil e accesible, etc.

A través de diferentes vídeos e retos o alumnado debeu de alcanzar tivo que se informar para resolver os os retos propostos e os que estean por vir. Cada alumno estivo identificado cun rol (thinkers, techies, influencers, tecnies e stragegos) o que permite agrupar ao alumnado en base a estes roles dependendo dos retos que se abordarán.

Javier quen sempre está implicada na reutilización e reciclaxe, como se viu nos traxes do Entroido (Dep. EP e V) cos traxes de Entroido con material reciclado e biodegradable celebrando os cincuenta anos do Cabodano de Picaso

Tecnoloxía

dende Tecnoloxía, con César Sanchez sumáronse e elaboraron uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín.

Educación Física

con Miguel Fdez. contribuíron á Sostibilidade fomentando hábitos de vida saudables, retos físicos como andainas, ou saídas á natureza como a do Parque de aventura de Sanabria, ou a inclusión do roteiro do Manancial de Cabreiroá- Capela de Santo Antón, e Fontenova, dentro da aplicación Relive

Matemáticas

Paula Páramo Méndez e Verónica García Boo aplicaron os contidos de estatística a través da búsqueda de información dos incendios na comarca de Verín durante o verán de 2022. Con imaxes do Google Earth puideron comprobar as superficies antes e despois dos incendios e obtiveron porcentaxes de superficies arboladas queimadas e superficies rasas.

Galego e Francés

Dende galego e francés uníronse tamén varias mans ó proxecto, con Lucía Díaz Nicolino, Yaiza Pichel e Matilde Ral, organizando un roteiro por varios sitios de interese paisaxístico en Verín, e facendo unha recollida de lixo por todos eles.

Alén diso, co alumnado de 1ºBac, fixéronse varias reportaxes sobre a situación do comercio de proximidade, analizando os hábitos de consumo na xente nova

Historia

Música

Román López Díaz de Freijo estivo a voltas co proxecto de Contaminación acústica, concienciando ó alumnado dos problemas que esta ocasiona, e dende Tecnoloxía, teñen xa en marcha uns sonómetros para medirmos o nivel de decibelios en distintas zonas do centro.

María del Carmen Cuquejo Bello, traballaron tamén os incendios e as súas consecuencias no medio, na flora e fauna da nosa contorna con 3ºESO.

This article is from: