1 minute read

edusaúde

No presente curso, o departamento de Educación física, xunto con moitos e moitas docentes doutras áreas, desenvolvemos o contrato-programa EDUSAÚDE. O obxectivo fundamental foi acercar aos alumnos e alumnas ao que veñen a ser os hábitos de vida saudables. Sabendo que a adquisición de hábitos e comportamentos é moito máis sinxela en idades temperás, a maioría de actividades leváronse a cabo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO.

Advertisement

Así, os alumnos e alumnas destes cursos desfrutaron de saídas como as que se fixeron ás Illas Cíes, ao parque multiaventura do Lago de Sanabria ou as andainas que se realizaron pola contorna do IES.

Tamén participaron a nivel competitivo dentro do programa XOGADE e das ligas internas EduSaúde, e recibiron charlas informativas sobre aspectos relacionados coa nutrición e o que certas sustancias poden provocar no noso organismo.