

ÍNDICE
Primeiro curso no cole
4º EI, páx. 4
Eiruguiñas Larpeiras
6º EI, páx. 8
Entrevista a Magdalena Gamalho
2º EP, páx. 12
Os pequenos lambóns
4º EP, páx. 16
Ola, somos mans de chef!









5º EI, páx. 6
O mundo dos xogos
1º EP, páx. 10
Pinceladas da clase de terceiro
3º EP, páx. 14
Cantinho doce
5º EP, páx. 18
Os crustáceos
Preadolescentes
6ºA EP, páx. 20 A cociña de 6ºB
6ªB EP, páx. 22
Que raio fai a ANPA de Angorén?
ANPA, páx. 24
Recursos educativos online, páx. 26
Mergúllate no verán con…
Páx. 28
Beretiño cociñou









fermosas melodías
Páx. 31
As cousas de Don Paco
Páx. 30


Este curso fixemos unha chea de COUSAS












Aquí vai unha PEQUENA MOSTRA que vos queremos amosar

Cada mañá facemos a ASAMBLEA: pasamos lista, rexistramos o tempo que fai, poñemos a data, falamos respetando os turnos de palabra e nos debuxamos

Tivemos que TRABALLAR moito, facendo diferentes actividades… Traballamos o samaín, o nadal, a primavera, os animais mariños... entre outras cousas

E convertémonos en auténticos CHEFS facendo talleres de COCIÑA…

Por suposto, sempre había tempo para XOGAR, para divertirse… porque “ como somos nenos e nenas temos que xogar ” posto que as aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando
En resumo, foi un ano INCRIBLE no que aprendimos moitisimo, bailamos, cantamos, rimos, fomos de excursións... e ata corremos unha MARATÓN!








ESTE ANO, AS EIRUGUIÑAS LARPEIRAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADAS, SEMPRE TRABALLANDO COA LINGA, RECITANDO POEMAS DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, CON CONTOS RIMADOS OU CON OBRAS DE TEATRO.








TAMÉN PERCORREMOS O CICLO DE VIDA DA NOSA MASCOTA DE AULA, COIDAMOS DAS EIRUGAS, DESPOIS VIXIAMOS COMO MUDABAN EN BOLBORETAS E INCLUSO CHEGAMOS A TER A SORTE DE VER COMO SE INICIABA O CICLO DE NOVO CANDO PUXERON OVOS E DEIXÁMOLAS EN LIBERDADE NO HOTEL DE BECHOS QUE TEMOS NA HORTA DA ESCOLA.






TALLERES DE COCIÑA, MOITAS SAÍDAS E EXCURSIÓNS, CON XOGUETES E RECANTOS NOVOS, DESFRUTAMOS MOGOLLÓN, GRAZAS AS FAMILIAS, POLA COLABORACIÓN, DESPEDIREMOS ESTE CURSO, CON MOITA ILUSIÓN.









O mundo dos xogos
Na clase de primeiro temos un minimundo no que o pasamos moi ben. É un lugar no que temos moito material para construír en miniatura.







Tamén contamos moitas historias na zona de luz.
Na zona de auga hai moitos animais, pedras, canicas, cristais, cunchas e algas. Hai unha zona de pintura na que podemos pintar o que nos gusta.

Tamén hai un supermercado
E ademais, investigamos sobre
ósos, raíces, a terra, o espazo e moito máis, na zona de investigación
E unha clase xenial!
Corremos no maratón
O día 19 de maio fomos ao Maratón das Letras Galegas na praia de Arealonga.
Primeiro participamos na carreira e despois fomos ao cole de Laredo.

Alí vimos tartarugas, xogamos no patio e pasámolo moi ben!

ENTREVISTA A…
Moitos de vós seguro que non sabíades que tíñamos unha estrela da música no colexio.


É Madalena Gamahlo!!! A titora de primeiro de primaria e músico da banda de jazz folk Laroá.

Se a queredes coñecer máis, non deixedes de visitar a súa páxina web onde atoparedes o seu disco “Invento” e un belísimo videoclip.


O alumnado de segundo de primaria fixemos un traballo moi completo pasando dende a documentación e investigación da entrevistada así como a elaboración do guión, ensaios e entrevista en directo.



Aquí podedes acceder a entrevista realizada na nosa radio escolar


1º e 2º de primaria van de saída a…



#DEPORTE #KAYAK #PIRAGÜA



#EQUIPO
Foi moi divertido e pasámolo xenial!!!


Queremos voltar!!!

PINCELADASDACLASEDETERCEIRO
Almorzo saudable
Este curso foi un non parar. Unha das mañás comezamos con moita enerxía preparando un almorzo saudable cos nosos compañeiros e compañeiras da aula.


Volcán caseiro
Fixemos maquetas e experimentos. Un destes experimentos foi fabricar un volcán caseiro con plastilina e cartolina e lograr que, a través dunha reacción química entrase en erupción. Aínda que pareza cousa de maxia , conseguímolo!!! Deixámosvos os ingredientes e as instrucións por se queredes facelo.
MATERIAIS NECESARIOS
1. Un vaso de plástico ou botella pequena.
2. Dúas culleradas pequenas de bicarbonato
3. Un chorro grande de vinagre
4. Colorante alimentario


5. Auga e xabón
INSTRUCIÓNS
1. Ao redor do vaso elaboramos o volcán con plastilina.



2. Unha vez feito o volcán preparamos a fórmula para facer a erupción.
3. Botamos no vaso ou botella un pouco de auga con xabón.
4. Un pouco de colorante,

5. E a continuación un bo chorro de vinagre.
6. O último paso e botar dúas culleradas de bicarbonato e a esperar a erupción.
Os nosos caligramas
Outra das actividades que fixemos foi a elaboración dos nosos propios caligramas para participar na exposición escolar “Espallando Tinta”. Un caligrama é unha composición poética na que se representa nun debuxo o contido do poema. Aquí volo mostramos.












OS PEQUENOS LAMBÓNS

MASTERCEIP
O proxecto deste curso foi MasterCEIP e a nosa aula está cheíña de Pequenos Lambóns e Lambonas Nalgunha ocasión cambiamos os libros polos fogóns:
ALMORZO SOLIDARIO: Todos e todas trouxemos alimentos para doar a aquelas persoas que máis o necesitan E, por sorte para nós, as mestras organizaron un almorzo saudable con tostadas de queixo, melón e zume de laranxa.


COCIÑA TERRORÍFICA: No samaín, creamos uns aperitivos terroríficos Comemos uns Frankensteins de guacamole e uns cadaleitos de nocilla
BROWNIE PROFESIONAL: Xusto antes de nadal, visitounos Santi, un chef de Redondela co que fixemos e decoramos un brownie de chocolate
RECONCILIA NA COCIÑA: Polo día da Paz, todo o centro se xuntou ao redor da mesa para compartir unha maginífica merenda grazas ás aportacións das familias e do alumnado



DÍA DA PIZZA: o 9 de febreiro celebramos o día da pizza facendo e comendo una pizza caseira que estaba boísima!
SAÍDAS EDUCACIÓN FÍSICA
Durante este curso, o profe de Educación Física organizounos actividades e saídas relacionadas co deporte
WATERPOLO: Un entrenador de waterpolo visitou o noso cole para explicar de que trataba este deporte e fomos á piscina para mergullarnos e probar! Gustounos moito porque fomos cos demais coles de Chapela e competimos todos contra todos facendo mini partidos Vaia experiencia inolvidable!

PIRAGÜISMO: O Club de Piragüismo Olívico acudiu ó centro para presentar o seu deporte Incluso trouxeron con eles unha piragua! Estivemos moi atentos porque invitáronnos a Bouzas para probar Fomos os cursos de 3º e 4º de primaria Probamos os kayaks de 2 persoas e as piraguas profesionais Tiñamos que manter o equilibrio e coordinarnos para remar. Mollámonos pero mereceu a pena!

MARATÓN: Na semana das Letras Galegas, celebramos no paseo de Arealonga o tradicional maratón pola nosa lingua Acompañáronnos as persoas da asociación Discamino e do centro de día Os Cortizos. Tras esforzarnos tanto correndo, a nosa ANPA deunos unha merenda deliciosa que nos axudou a recuperar enerxía, quedamos esgotados!

FESTA DOS MAIOS
Como cada ano, celebramos a chegada da primavera Nas aulas preparamos as coplas en grupos de 4 e 5 Foi moi divertido, rimos moito Tamén tivemos que xuntarnos todo o cole para levantar o maio A nós tocounos con 6ºEI e traballando en equipo fixemos ar tiras de fiuncho.
Por último, cantamos as nosas complas a compañeiros e familias Este ano, Alexandra, Isaac e Bruno foron os solistas Mía, Julia e Hugo acompañaron cos seus instrumentos. Os demais, xunto coa profe Candela, cantamos e tocamos as claves ao redor do maio

XEADOS DE ENTROIDO
Tamén queremos falarvos do entroido, pois pasámolo xenial!

Este ano fomos de xeados porque nos chamamos Pequenos Lambóns e gústannos as lambetadas
Un día a nosa aula transformouse nunha fábrica de xeados de sabores variados: chocolate, vainilla, amorodo, menta, etc. Tamén fixemos elementos decorativos con pegatinas con forma de gota, puntiños ou corazóns



Unha vez postos os xeados saimos todos xuntos en comparsa polas rúas de Chapela As profes levaban altavoces, cantamos e bailamos ao ritmo da música Foi un día moi divertido!
PARTICIPACIÓN NOS PLENOS
Durante este curso, os de 4º fomos os representantes do CEIP Alexandre Bóveda nos Plenos da Infancia organizados polo concello. Polo día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, invitáronnos a participar nun debate sobre a saúde mental Na clase informámonos sobre o concepto e propusemos medidas que Mía e Pepe recolleron no seu discurso O segundo pleno ó que acudimos foi sobre propostas para que os partidos políticos incorporasen nos seus programas electorais nas eleccións do 28 de maio Traballamos ben o sistema político, buscamos que necesitabamos para mellorar a nosa vila e alá foron Hugo O e Sara para comunicalo Os voceiros opinan que foi unha experiencia única e irrepetible.


Que é un CANTINHO?








En portugués, a nosa lingua veciña, significa lugar pequeno, curruncho, recuncho… E por que DOCE? Porque así é como nos gusta facer as cousas, con dozura. Lembraremos este curso por moitos motivos. Estes son só algúns dos que máis gozamos.
decidimos aproveitar a temática do curso que é sobre a cociña e disfrazámonos de baristas. Deseñamos unhas bandexas con pasteis que fixemos nós mesmos/as con esponxas e feltro de diferentes cores que pegamos en pratos de cartón. As familias viñeron axudarnos un martes pola tarde e preparamos tablets de cartón cos menús do Cantinho Doce e uns mandís. O venres de Entroido fomos á Alameda. Baixamos a pé mentres bailabamos con todos os compañeiros/as e mestras/es do colexio. Na Alameda estaban moitas das nosas familias. Tamén viñeron o cole de Laredo e o Colexio Vigo. Sacamos moitas fotos e pasámolo xenial!


Durante os recreos e nalgúns momentos de libre escolla, gústanos xogar ao É todo un éxito na nosa clase e aqueles que nunca xogaran xa están a aprender.

Gustaríanos ter un Club de Xadrez para o curso que ven e xa pensamos en ir participar na xornada de Xadrez que organizan cada ano en Redondela

Este ano convidáronnos a participar nunha homenaxe a Rosalía de Castro na Alameda de Chapela que leva o seu nome. Foi unha experiencia moi chula porque a compartimos con compañeiras/os doutras clases: os de Infantil de 4 anos, 1º, 2º, 4º, 5º e os de 6ºA. O teatro foi moi divertido aínda que difícil de preparar. Os actores e actrices, as/os narradoras/es e as/os de atrezo o fixeron moi ben co seu traballo. A función narraba a vida de Rosalía (dende que naceu ata que morreu) mentres se dramatizaba, se cantaba, se recitaba e se bailaba. Viñeron as nosas familias, a Alcaldesa, o encargado de Normalización e as Concelleiras de Educación e de Cultura do Concello de Redondela. Aos expectadores gustoulles moito. Foi xenial. Que pena que non teñamos unha foto de todos os participantes xuntos!


Este ano no Angorén, fixemos unha formación de radio. Aprendemos moitas cousas: a usar a mesa de mezclas, os micrófonos os cascos… Antes de que chegara o día preparamos os guións. Traballamos en equipos e decidimos qué tipo de programa queríamos facer, buscamos as músicas, a publicidade o nome do programa








Ensináronnos a usar un programa de gravación chamado AUDACITY. Denís ensinounos moitas cousas sobre a radio na escola e agora xa podemos facer os nosos propios programas de radio cando queiramos. Podedes escoitar o resultado a través destes QR. Agardamos que vos gusten!




“Os vernosos” Curiosidades científicas
“Venres de Historia” Historias de terror
“Fridays con F de Fábula” Fábulas e música.
“Hummor Rosa” Noticias de humor
Día de Rosalía, Chapela 20236º A : Os Crustáceos Preadolescentes



E con todo, aínda fomos quen
Na biblioteca de Xela Arias, no corazón de Chapela, lugar de poesía, vimos e rimos. Sorriso na cara. Na maratón escolar, ao pe da ría nunha riada, As mentes, coma ríos, fluían de cara.
Festa matemática, números en harmonía, Traballamos duro e vemos os froitos. Charlas de educación afectiva, Descubrir quen somos. Grazas, María. Títeres de Redondela, pequenos grandes artistas brilando coma estrelas.



Cantamos os maios, celebramos a primavera, Ciberseguridade, novo escudo, nova era. Lectores voluntarios, solidarios na acción, En cada libro, atopamos un novo rincón.

Ao IES Chapela chegamos con curiosidade, Preguntando, explorando, amosando nosa capacidade. Escribimos contos para Espallar Tinta en Redondela, Nas nosas palabras, a imaxinación voa coma unha gavota bela.

Entrevistamos mulleres traballadoras, Valentes, fortes, verdadeiras gañadoras. Un Entroido de mariscadas repartimos, Risas e diversión, os corazóns latimos.
Celebramos a paz, a reconciliación familiar, Na cociña, lugar de encontro, para conversar. Este curso escolar, cantas leccións aprendemos,
Graduación, fin de Primaria, tempo novo. E aínda queda a Spring Week e a excursión. O camiño é longo. Seguimos.
Kickball
Safe
Doubleplay
Homerun
Foul
Campo
Inning
Out
Lanzador
Pateador

Equipo

Defensa
ataque

O proxecto deste curso foi MasterCEIP e como o noso nome indica, a aula de 6º B converteuse nunha gra n cociña Nesas nas que a diversión e a aprendizaxe sempre están servidas! Mais non só cociñamos comida, senón tamén historias, contos e moitos moitos experimentos. Incluso creamos vida!! Non nos credes?







Podedes comprobalo nas historias destacadas do noso Instagram: ceip alexandre boveda As nosas habilidades como chefs quedaron máis que demostradas coas diferentes receitas que fixemos: dende minipizzas, ata a famosa torta da avoa! Este ano comprobamos que en clase pódese cociñar, pasalo ben e aprender mentres tanto
MANS Á COCIÑA!
Compartímosvos a nosa riquísima receita!
A mellor parte? Degustar as nosas deliciosas creacións
COCIÑANDO EXPERIENCIAS
Gracias ao noso profe Javi, tivemos a posibilidade de probar novas experiencias, nesta ocasión, relacionadas co deporte e os xogos endices, e nos xogos populares como


SABOREANDO NOVAS AMIZADES
Neste curso, como xa sabedes, somos os maiores do cole e quixemos coñecer aos máis peques. En canto lles propuxemos facer actividades xuntos... Non o dubidaron!










Así naceron as AMIZADES LECTORAS
Nun primeiro momento reuníamonos para ler, nós contábamoslles contos: moitos coñecidos e outros elaborados con moito agarimo por nós (xa sabedes que somos grandes chefs)

Pero tanto as Estrelas dos fogóns, como A Cociña de 6ºB queríamos xuntarnos para... bueno, calquera excusa era boa!
Día da pizza

A comida sabe moito mellor en boa compañía, polo que decidimos xuntarnos cas nosas Estrelas favoritas e poñernos... MANS Á PIZZA!
INGREDIENTES COCIÑAR
8M: Día da muller
Xuntámonos para entrevistar a Pili, quen nos contou moitas cousas curiosas sobre o seu traballo Con toda esa información e a creatividade para elaborar os pratos que imaxinamos que sirve Pili... Fixemos unha composición moi chula nunha columna do patio


¿Qué raio fai a Anpa do cole de Angorén?
Pois é unha moi boa pregunta para comezar a escribir un artigo para a revista Folerpas. E de certo que é unha pregunta que moitos de vós estades a facervos. Pois imos tratar de respostar e isto e a máis cousas!!
Empecemos polo primeiro qué é unha ANPA? Pois é unha Asociación de Nais e Pais que se unen para traballar polos intereses das familias e dos alumnos e que traballan por unha mellor educación.
Semella sinxelo, pero non o é a Anpa é unha entidade que ten que estar rexistrada, coma unha empresa, e que ten os seus deberes e as súas obrigas cunha grande responsabilidade pola súa complexidade adminstrativa. Por exemplo, teñen obrigas coa Facenda, como presentar os impostos, a declaración do IVA, etc. coma calquera empresa pero co pequeno inconvinte de que aquí non se cobra trabállase de balde porque é unha organización sen ánimo de lucro.
Probablemente este sexa un dos motivos polos que pouca xente está disposta a facerse cargo da Anpa do cole dos seus fillos, porque require horas de traballo (ás veces non moi doado) e a cambio só da satisfacción de ter axudado á comunidade.








Pois ben, a nosa Anpa chámase “Os Muíños”. E a Anpa Os Muíños fai moitas cousas de interés no CEIP Alexandre Bóveda (Angorén). E estamos en contacto permanente coa dirección do cole para que os nosos obxectivos vaian alineados cos do Centro. Fixádevos ben:
Encárgase da xestión do comedor para os alumnos
Encargase da xestión dos “Madrugadores” que son tódolos rapaces que teñen que vir para o centro a desayunar moi cedo porque os pais traballan
Organiza as actividades extraescolares do centro (por exemplo, patinaxe, cocina, robótica ou taekwondo)

Organiza as festas máis significativas do centro, como son a de Navidade, Halloween, Carnaval ou a de Fin de Curso (que xa está a chegar!)
Organiza a festa de Graduación dos alumnos de 6º curso, que é a homenaxe que facemos ós rapaces que pasan para o Insti
E colabora estreitamente co centro en moitas cousas, entre outras, na organización da maratón, do magosto ou o mantenemento da horta
Case nada, verdade? Pois todo isto e moito máis é o que fan as rapazas da Anpa, e o que facían as que estaban antes, e o que terán que seguir facendo as que veñan despóis! E digo “rapazas” porque sempre o 99,99% das Anpas están formadas por mulleres, que traballan coma os homes e que ademáis coidan os fillos, e que ademáis atenden a casa, e que ademáis sacan tempo de onde non o hai para adicarllo á Anpa.
Dende aquí… a miña admiración!!!! Pois por todo isto, qué non é pouco, é polo que vos pedimos que colaboredes de dous xeitos:
- que vos fagades socios, porque 20 ou 25 euros ó ano non é diñeiro e non vai a sacar a ninguén de rico e para a Anpa significa moito porque todo é para os nosos nenos
- e que a que poida e o que poida, se meta de cheo na directiva e axude nas tarefas diarias que a Anpa leva consigo
Desta forma conseguiríamos que a Anpa crecese como entidade e fose quén de facer moitas máis cousas para os rapaces.
Pois ben, agora imos achegarnos a algún dos eventos nos que a Anpa tivo que ver. Como exemplo deste 2023, imos falar un pouquiño da Maratón, que este ano foi moi especial e emotiva e que tivo lugar, nun día precioso, no paseo de Arealonga.
Coma sempre, foi un evento cheo de colorido e emocións, pero este ano ademáis, tamén estivo cheo de tenrura, de agarimo e de sentimento! Agora veredes o por qué!!
A maratón é sempre un evento que enche a partes iguáis de ledicia e nervosismo á nosa rapazada.


É unha xornada de deporte, de competición pero tamén de convivencia e de xogo. Ainda que o importante é participar, eles non se esquecen nunca de tentar gañar. É así, todos fumos nenos




Pero desta vez, houbo unha volta de torca porque tamén participaban os nosos maiores, un bo puñado de mulleres e homes da terceira idade que se animaron a dar un volta ó circuito cos nosos nenos. Foi para os abós un día moi especial, e notábaselles no sorriso, como tamén o foi para os nosos nenos que orgullosos deron a volta levando ós maiores da man ou do brazo. Toda unha experiencia.
E por último, un recordo para o 6º curso que se despiden no seu cole, e o recoñecemento que tiveron todas as Anpas na organización desta preciosa xornada de maratón.

Para o ano que ven moito máis!! Queremos, e precisamos, que tódalas familias sexades socias da Anpa Os Muíños, e que todos os que poidan boten unha man no noso día a día. Esperámosvos en anpaosmuinos@gmail.com, ou no teléfono 617.39.51.39, ou en Instagram, ou en Facebook ou na rúa diante do cole!!









RECURSOS EDUCATIVOS ONLINE

Recomendacións dende o equipo de TICs
NASA Space Place
NASA Space Place é un sitio web da NASA para nenos/as de primaria con recursos en inglés e español. Podes divertirte explorando a terra e o universo, xogar co sistema solar e facer actividades e manualidades relacionadas coa ciencia e o espazo.
Math Cilenia
Se eres un xenio das mates, esta é a túa páxina. Math Cilenia ten unha lousa virtual na que podes practicar diferentes operacións e moitos xogos matemáticos.
Cokitos








Cokitos é un sitio web de xogos educativos en liña. Hai xogos divididos por idades sobre temáticas moi variadas: matemáticas, lingua, inglés, animais, cociña...
Vedoque
Este sitio está repleto de xogos educativos : idiomas, matemáticas, lectura etc. Mesmo está dispoñible un curso de mecanografía, de forma que os pequenos poidan aprender a escribir correctamente co teclado.
https://www.aprendomusica.com/
Nesta páxina encontraredes actividades e xogos didácticos para practicar a linguaxe musical.
https://www.mariajesusmusica.com/
Atoparedes moitísimos recursos musicais, partituras, exercicios de audición, xogos de pasapalabra, quizz, genially, bingo...
https://www.cristic.com/
Máis de 600 xogos educativos en liña e actividades interactivas para que poidas aprender á vez que che divirtes. Os xogos están organizados por cursos e materias.

NeoK12
Vídeos educativos, clases e xogos para o alumnado de Infantil, Primaria e os dous primeiros cursos de Secundaria. Están ordenados por áreas temáticas: Ciencias Físicas, Ciencias da Vida, Terra e Espazo, Ciencias Sociais, Matemáticas, Xeografía, Historia, Inglés e Corpo humano. A gran maioría está en inglés.
Bosquedefantsias.com







Atopamos lecturas curtas para nenos/as atendendo a diversos criterios: lecturas infantís curtas, contos e poemas, historias clásicas adaptadas como as fábulas. Tamén atopamos adiviñas, poesías, xogos infantís...

MERGÚLLATE NO VERÁN CON... INFANTIL




























As cousas de Don Paco








Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta.


Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?

Podedes acceder á obra de teatro completa ou por actos no seguinte enlace:
E agora unas fotiños da homenaxe que lle brindamos a Francisco Fernández del Riego, no Angorén. Un traballo colaborativo de todo o alumnado do cole.

En Angorén entramos cada día con ilusión e ledicia e como non, ao son de boa música.
Estas son as pezas musicais que nos acompañaron nas entradas e nas saídas do cole durante todo este curso
Varinha de ilusão de Sergio Tannus O rap do magosto Paco Nogueiras
No Samaín de Brinca Vai
Chea de vida De Guadi Galego
Samaín de Mamá Cabra
Fala de mel de Ses
Nadal de Luíntra de Berrogüetto Rap Metal do Nadal de Gramola Gominola
Non pare a festa de Ramón Veiga
Manola De María Fumasa

Os das Xaneiras de Ailá
Ven conmigo De María Fumasa
Sobe a minha escada de Magdalena Gamalho
A fábrica de Carmela de A Gramola Gominola
Maio longo de Carlos Núñez
Queremos galego de Pablo Díaz
Xota de Cortellas de Son de seu
Son muller Máis boas que as patacas
Matriarcas De Guadi Galego
Ahí ven o maio de Consello da Cultura Galega
Francisco Fernandez del Riego de Samuel Soto
Canción para a miña avoa de Xoan Curiel








