5 minute read

6º A : Os Crustáceos Preadolescentes

Advertisement

E con todo, aínda fomos quen

Na biblioteca de Xela Arias, no corazón de Chapela, lugar de poesía, vimos e rimos. Sorriso na cara. Na maratón escolar, ao pe da ría nunha riada, As mentes, coma ríos, fluían de cara.

Festa matemática, números en harmonía, Traballamos duro e vemos os froitos. Charlas de educación afectiva, Descubrir quen somos. Grazas, María. Títeres de Redondela, pequenos grandes artistas brilando coma estrelas.

Cantamos os maios, celebramos a primavera, Ciberseguridade, novo escudo, nova era. Lectores voluntarios, solidarios na acción, En cada libro, atopamos un novo rincón.

Ao IES Chapela chegamos con curiosidade, Preguntando, explorando, amosando nosa capacidade. Escribimos contos para Espallar Tinta en Redondela, Nas nosas palabras, a imaxinación voa coma unha gavota bela.

Entrevistamos mulleres traballadoras, Valentes, fortes, verdadeiras gañadoras. Un Entroido de mariscadas repartimos, Risas e diversión, os corazóns latimos.

Celebramos a paz, a reconciliación familiar, Na cociña, lugar de encontro, para conversar. Este curso escolar, cantas leccións aprendemos,

Graduación, fin de Primaria, tempo novo. E aínda queda a Spring Week e a excursión. O camiño é longo. Seguimos.

 Kickball

 Safe

 Doubleplay

 Homerun

 Foul

 Campo

 Inning

 Out

 Lanzador

 Pateador

 Equipo

 Defensa

 ataque

O proxecto deste curso foi MasterCEIP e como o noso nome indica, a aula de 6º B converteuse nunha gra n cociña Nesas nas que a diversión e a aprendizaxe sempre están servidas! Mais non só cociñamos comida, senón tamén historias, contos e moitos moitos experimentos. Incluso creamos vida!! Non nos credes?

Podedes comprobalo nas historias destacadas do noso Instagram: ceip alexandre boveda As nosas habilidades como chefs quedaron máis que demostradas coas diferentes receitas que fixemos: dende minipizzas, ata a famosa torta da avoa! Este ano comprobamos que en clase pódese cociñar, pasalo ben e aprender mentres tanto

MANS Á COCIÑA!

Compartímosvos a nosa riquísima receita!

A mellor parte? Degustar as nosas deliciosas creacións

Coci Ando Experiencias

Gracias ao noso profe Javi, tivemos a posibilidade de probar novas experiencias, nesta ocasión, relacionadas co deporte e os xogos endices, e nos xogos populares como

Saboreando Novas Amizades

Neste curso, como xa sabedes, somos os maiores do cole e quixemos coñecer aos máis peques. En canto lles propuxemos facer actividades xuntos... Non o dubidaron!

Así naceron as AMIZADES LECTORAS

Nun primeiro momento reuníamonos para ler, nós contábamoslles contos: moitos coñecidos e outros elaborados con moito agarimo por nós (xa sabedes que somos grandes chefs)

Pero tanto as Estrelas dos fogóns, como A Cociña de 6ºB queríamos xuntarnos para... bueno, calquera excusa era boa!

Día da pizza

A comida sabe moito mellor en boa compañía, polo que decidimos xuntarnos cas nosas Estrelas favoritas e poñernos... MANS Á PIZZA!

INGREDIENTES COCIÑAR

8M: Día da muller

Xuntámonos para entrevistar a Pili, quen nos contou moitas cousas curiosas sobre o seu traballo Con toda esa información e a creatividade para elaborar os pratos que imaxinamos que sirve Pili... Fixemos unha composición moi chula nunha columna do patio

¿Qué raio fai a Anpa do cole de Angorén?

Pois é unha moi boa pregunta para comezar a escribir un artigo para a revista Folerpas. E de certo que é unha pregunta que moitos de vós estades a facervos. Pois imos tratar de respostar e isto e a máis cousas!!

Empecemos polo primeiro qué é unha ANPA? Pois é unha Asociación de Nais e Pais que se unen para traballar polos intereses das familias e dos alumnos e que traballan por unha mellor educación.

Semella sinxelo, pero non o é a Anpa é unha entidade que ten que estar rexistrada, coma unha empresa, e que ten os seus deberes e as súas obrigas cunha grande responsabilidade pola súa complexidade adminstrativa. Por exemplo, teñen obrigas coa Facenda, como presentar os impostos, a declaración do IVA, etc. coma calquera empresa pero co pequeno inconvinte de que aquí non se cobra trabállase de balde porque é unha organización sen ánimo de lucro.

Probablemente este sexa un dos motivos polos que pouca xente está disposta a facerse cargo da Anpa do cole dos seus fillos, porque require horas de traballo (ás veces non moi doado) e a cambio só da satisfacción de ter axudado á comunidade.

Pois ben, a nosa Anpa chámase “Os Muíños”. E a Anpa Os Muíños fai moitas cousas de interés no CEIP Alexandre Bóveda (Angorén). E estamos en contacto permanente coa dirección do cole para que os nosos obxectivos vaian alineados cos do Centro. Fixádevos ben:

Encárgase da xestión do comedor para os alumnos

Encargase da xestión dos “Madrugadores” que son tódolos rapaces que teñen que vir para o centro a desayunar moi cedo porque os pais traballan

Organiza as actividades extraescolares do centro (por exemplo, patinaxe, cocina, robótica ou taekwondo)

Organiza as festas máis significativas do centro, como son a de Navidade, Halloween, Carnaval ou a de Fin de Curso (que xa está a chegar!)

Organiza a festa de Graduación dos alumnos de 6º curso, que é a homenaxe que facemos ós rapaces que pasan para o Insti

E colabora estreitamente co centro en moitas cousas, entre outras, na organización da maratón, do magosto ou o mantenemento da horta

Case nada, verdade? Pois todo isto e moito máis é o que fan as rapazas da Anpa, e o que facían as que estaban antes, e o que terán que seguir facendo as que veñan despóis! E digo “rapazas” porque sempre o 99,99% das Anpas están formadas por mulleres, que traballan coma os homes e que ademáis coidan os fillos, e que ademáis atenden a casa, e que ademáis sacan tempo de onde non o hai para adicarllo á Anpa.

Dende aquí… a miña admiración!!!! Pois por todo isto, qué non é pouco, é polo que vos pedimos que colaboredes de dous xeitos:

- que vos fagades socios, porque 20 ou 25 euros ó ano non é diñeiro e non vai a sacar a ninguén de rico e para a Anpa significa moito porque todo é para os nosos nenos

- e que a que poida e o que poida, se meta de cheo na directiva e axude nas tarefas diarias que a Anpa leva consigo

Desta forma conseguiríamos que a Anpa crecese como entidade e fose quén de facer moitas máis cousas para os rapaces.

Pois ben, agora imos achegarnos a algún dos eventos nos que a Anpa tivo que ver. Como exemplo deste 2023, imos falar un pouquiño da Maratón, que este ano foi moi especial e emotiva e que tivo lugar, nun día precioso, no paseo de Arealonga.

Coma sempre, foi un evento cheo de colorido e emocións, pero este ano ademáis, tamén estivo cheo de tenrura, de agarimo e de sentimento! Agora veredes o por qué!!

A maratón é sempre un evento que enche a partes iguáis de ledicia e nervosismo á nosa rapazada.

É unha xornada de deporte, de competición pero tamén de convivencia e de xogo. Ainda que o importante é participar, eles non se esquecen nunca de tentar gañar. É así, todos fumos nenos

Pero desta vez, houbo unha volta de torca porque tamén participaban os nosos maiores, un bo puñado de mulleres e homes da terceira idade que se animaron a dar un volta ó circuito cos nosos nenos. Foi para os abós un día moi especial, e notábaselles no sorriso, como tamén o foi para os nosos nenos que orgullosos deron a volta levando ós maiores da man ou do brazo. Toda unha experiencia.

E por último, un recordo para o 6º curso que se despiden no seu cole, e o recoñecemento que tiveron todas as Anpas na organización desta preciosa xornada de maratón.

Para o ano que ven moito máis!! Queremos, e precisamos, que tódalas familias sexades socias da Anpa Os Muíños, e que todos os que poidan boten unha man no noso día a día. Esperámosvos en anpaosmuinos@gmail.com, ou no teléfono 617.39.51.39, ou en Instagram, ou en Facebook ou na rúa diante do cole!!