1 minute read

OS PEQUENOS LAMBÓNS

Masterceip

O proxecto deste curso foi MasterCEIP e a nosa aula está cheíña de Pequenos Lambóns e Lambonas Nalgunha ocasión cambiamos os libros polos fogóns:

Advertisement

ALMORZO SOLIDARIO: Todos e todas trouxemos alimentos para doar a aquelas persoas que máis o necesitan E, por sorte para nós, as mestras organizaron un almorzo saudable con tostadas de queixo, melón e zume de laranxa.

COCIÑA TERRORÍFICA: No samaín, creamos uns aperitivos terroríficos Comemos uns Frankensteins de guacamole e uns cadaleitos de nocilla

BROWNIE PROFESIONAL: Xusto antes de nadal, visitounos Santi, un chef de Redondela co que fixemos e decoramos un brownie de chocolate

RECONCILIA NA COCIÑA: Polo día da Paz, todo o centro se xuntou ao redor da mesa para compartir unha maginífica merenda grazas ás aportacións das familias e do alumnado

DÍA DA PIZZA: o 9 de febreiro celebramos o día da pizza facendo e comendo una pizza caseira que estaba boísima!

Sa Das Educaci N F Sica

Durante este curso, o profe de Educación Física organizounos actividades e saídas relacionadas co deporte

WATERPOLO: Un entrenador de waterpolo visitou o noso cole para explicar de que trataba este deporte e fomos á piscina para mergullarnos e probar! Gustounos moito porque fomos cos demais coles de Chapela e competimos todos contra todos facendo mini partidos Vaia experiencia inolvidable!

PIRAGÜISMO: O Club de Piragüismo Olívico acudiu ó centro para presentar o seu deporte Incluso trouxeron con eles unha piragua! Estivemos moi atentos porque invitáronnos a Bouzas para probar Fomos os cursos de 3º e 4º de primaria Probamos os kayaks de 2 persoas e as piraguas profesionais Tiñamos que manter o equilibrio e coordinarnos para remar. Mollámonos pero mereceu a pena!

MARATÓN: Na semana das Letras Galegas, celebramos no paseo de Arealonga o tradicional maratón pola nosa lingua Acompañáronnos as persoas da asociación Discamino e do centro de día Os Cortizos. Tras esforzarnos tanto correndo, a nosa ANPA deunos unha merenda deliciosa que nos axudou a recuperar enerxía, quedamos esgotados!