1 minute read

RECURSOS EDUCATIVOS ONLINE

Recomendacións dende o equipo de TICs

Advertisement

NASA Space Place

NASA Space Place é un sitio web da NASA para nenos/as de primaria con recursos en inglés e español. Podes divertirte explorando a terra e o universo, xogar co sistema solar e facer actividades e manualidades relacionadas coa ciencia e o espazo.

Math Cilenia

Se eres un xenio das mates, esta é a túa páxina. Math Cilenia ten unha lousa virtual na que podes practicar diferentes operacións e moitos xogos matemáticos.

Cokitos

Cokitos é un sitio web de xogos educativos en liña. Hai xogos divididos por idades sobre temáticas moi variadas: matemáticas, lingua, inglés, animais, cociña...

Vedoque https://www.aprendomusica.com/ https://www.mariajesusmusica.com/ https://www.cristic.com/

Este sitio está repleto de xogos educativos : idiomas, matemáticas, lectura etc. Mesmo está dispoñible un curso de mecanografía, de forma que os pequenos poidan aprender a escribir correctamente co teclado.

Nesta páxina encontraredes actividades e xogos didácticos para practicar a linguaxe musical.

Atoparedes moitísimos recursos musicais, partituras, exercicios de audición, xogos de pasapalabra, quizz, genially, bingo...

Máis de 600 xogos educativos en liña e actividades interactivas para que poidas aprender á vez que che divirtes. Os xogos están organizados por cursos e materias.

NeoK12

Vídeos educativos, clases e xogos para o alumnado de Infantil, Primaria e os dous primeiros cursos de Secundaria. Están ordenados por áreas temáticas: Ciencias Físicas, Ciencias da Vida, Terra e Espazo, Ciencias Sociais, Matemáticas, Xeografía, Historia, Inglés e Corpo humano. A gran maioría está en inglés.

Bosquedefantsias.com

Atopamos lecturas curtas para nenos/as atendendo a diversos criterios: lecturas infantís curtas, contos e poemas, historias clásicas adaptadas como as fábulas. Tamén atopamos adiviñas, poesías, xogos infantís...