3 minute read

FESTA DOS MAIOS

Como cada ano, celebramos a chegada da primavera Nas aulas preparamos as coplas en grupos de 4 e 5 Foi moi divertido, rimos moito Tamén tivemos que xuntarnos todo o cole para levantar o maio A nós tocounos con 6ºEI e traballando en equipo fixemos ar tiras de fiuncho.

Por último, cantamos as nosas complas a compañeiros e familias Este ano, Alexandra, Isaac e Bruno foron os solistas Mía, Julia e Hugo acompañaron cos seus instrumentos. Os demais, xunto coa profe Candela, cantamos e tocamos as claves ao redor do maio

Advertisement

Xeados De Entroido

Tamén queremos falarvos do entroido, pois pasámolo xenial!

Este ano fomos de xeados porque nos chamamos Pequenos Lambóns e gústannos as lambetadas

Un día a nosa aula transformouse nunha fábrica de xeados de sabores variados: chocolate, vainilla, amorodo, menta, etc. Tamén fixemos elementos decorativos con pegatinas con forma de gota, puntiños ou corazóns

Unha vez postos os xeados saimos todos xuntos en comparsa polas rúas de Chapela As profes levaban altavoces, cantamos e bailamos ao ritmo da música Foi un día moi divertido!

Participaci N Nos Plenos

Durante este curso, os de 4º fomos os representantes do CEIP Alexandre Bóveda nos Plenos da Infancia organizados polo concello. Polo día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, invitáronnos a participar nun debate sobre a saúde mental Na clase informámonos sobre o concepto e propusemos medidas que Mía e Pepe recolleron no seu discurso O segundo pleno ó que acudimos foi sobre propostas para que os partidos políticos incorporasen nos seus programas electorais nas eleccións do 28 de maio Traballamos ben o sistema político, buscamos que necesitabamos para mellorar a nosa vila e alá foron Hugo O e Sara para comunicalo Os voceiros opinan que foi unha experiencia única e irrepetible.

Que é un CANTINHO?

En portugués, a nosa lingua veciña, significa lugar pequeno, curruncho, recuncho… E por que DOCE? Porque así é como nos gusta facer as cousas, con dozura. Lembraremos este curso por moitos motivos. Estes son só algúns dos que máis gozamos.

decidimos aproveitar a temática do curso que é sobre a cociña e disfrazámonos de baristas. Deseñamos unhas bandexas con pasteis que fixemos nós mesmos/as con esponxas e feltro de diferentes cores que pegamos en pratos de cartón. As familias viñeron axudarnos un martes pola tarde e preparamos tablets de cartón cos menús do Cantinho Doce e uns mandís. O venres de Entroido fomos á Alameda. Baixamos a pé mentres bailabamos con todos os compañeiros/as e mestras/es do colexio. Na Alameda estaban moitas das nosas familias. Tamén viñeron o cole de Laredo e o Colexio Vigo. Sacamos moitas fotos e pasámolo xenial!

Durante os recreos e nalgúns momentos de libre escolla, gústanos xogar ao É todo un éxito na nosa clase e aqueles que nunca xogaran xa están a aprender.

Gustaríanos ter un Club de Xadrez para o curso que ven e xa pensamos en ir participar na xornada de Xadrez que organizan cada ano en Redondela

Este ano convidáronnos a participar nunha homenaxe a Rosalía de Castro na Alameda de Chapela que leva o seu nome. Foi unha experiencia moi chula porque a compartimos con compañeiras/os doutras clases: os de Infantil de 4 anos, 1º, 2º, 4º, 5º e os de 6ºA. O teatro foi moi divertido aínda que difícil de preparar. Os actores e actrices, as/os narradoras/es e as/os de atrezo o fixeron moi ben co seu traballo. A función narraba a vida de Rosalía (dende que naceu ata que morreu) mentres se dramatizaba, se cantaba, se recitaba e se bailaba. Viñeron as nosas familias, a Alcaldesa, o encargado de Normalización e as Concelleiras de Educación e de Cultura do Concello de Redondela. Aos expectadores gustoulles moito. Foi xenial. Que pena que non teñamos unha foto de todos os participantes xuntos!

Este ano no Angorén, fixemos unha formación de radio. Aprendemos moitas cousas: a usar a mesa de mezclas, os micrófonos os cascos… Antes de que chegara o día preparamos os guións. Traballamos en equipos e decidimos qué tipo de programa queríamos facer, buscamos as músicas, a publicidade o nome do programa

Ensináronnos a usar un programa de gravación chamado AUDACITY. Denís ensinounos moitas cousas sobre a radio na escola e agora xa podemos facer os nosos propios programas de radio cando queiramos. Podedes escoitar o resultado a través destes QR. Agardamos que vos gusten!

“Os vernosos” Curiosidades científicas

“Venres de Historia” Historias de terror

“Fridays con F de Fábula” Fábulas e música.

“Hummor Rosa” Noticias de humor