1 minute read

PINCELADASDACLASEDETERCEIRO

Almorzo saudable

Este curso foi un non parar. Unha das mañás comezamos con moita enerxía preparando un almorzo saudable cos nosos compañeiros e compañeiras da aula.

Advertisement

Volcán caseiro

Fixemos maquetas e experimentos. Un destes experimentos foi fabricar un volcán caseiro con plastilina e cartolina e lograr que, a través dunha reacción química entrase en erupción. Aínda que pareza cousa de maxia , conseguímolo!!! Deixámosvos os ingredientes e as instrucións por se queredes facelo.

Materiais Necesarios

1. Un vaso de plástico ou botella pequena.

2. Dúas culleradas pequenas de bicarbonato

3. Un chorro grande de vinagre

4. Colorante alimentario

5. Auga e xabón

Instruci Ns

1. Ao redor do vaso elaboramos o volcán con plastilina.

2. Unha vez feito o volcán preparamos a fórmula para facer a erupción.

3. Botamos no vaso ou botella un pouco de auga con xabón.

4. Un pouco de colorante,

5. E a continuación un bo chorro de vinagre.

6. O último paso e botar dúas culleradas de bicarbonato e a esperar a erupción.