Lingua de Ponte 22/23

Page 1

LINGUA DE PONTE CURSO 22-23

No 12 queremos que fales máis galego

No barrio e na cidade galego en todas partes

Galego na cidade ten que ser verdade

Galego falamos e a lingua propagamos

Un pobo, unha lingua, un futuro

O galego lévoo a todas partes

Nas nosa rúas galego é cultura

Quero falar a lingua dos meus avós

O galego é o que nos une, sen el non somos ninguén

Esta lingua non está morta. Fáloa, falámola, falarémola

O galego revive en nós

Con amor e con paixón co galego no corazón

Somos xente lista e co galego hai que ser máis optimista

O futuro do galego está nas túas mans, fálao e non te arrepentirás

Co galego, lingua nai, imos deixar pegadas.

As pontes serven para nos encontrar. Ás veces con xentes doutros tempos, pasados ou futuros. Outras, con xentes doutros lugares.

É por iso que a nosa lingua é unha ponte. Grazas a ela tecemos no presente redes entre o pasado e o futuro desexado. Tecémolas tamén con todos aqueles lugares en que nos podemos entender en galego, desde Brasil até Timor Leste. Neses encontros acabamos por nos descubrir a nós mesmos. Digamos entón que a lingua é o que somos.

Sermos do barrio da Ponte, estudarmos no que era unha estación de tren, na marxe dun río fronteirizo, convivirmos con alumnado tan diverso... Parece que todo nos leva a sermos pontes.

Como a nosa lingua. Lingua de Ponte/ Ponte de Lingua

Convidámoste desde aquí a te pores de lingua. A que abras os ollos ou os oídos, a descubrir outros e a descubríreste.

ÍNDICE

O galego no centro.....3

Os días da semana.....4

Lorena Fernández Iglesias...5

Samaín....8

Do Tradi ao Trap... Baila morena!....9

Concerto de Crua.....10

Gallaecia Pop....11

Día da Candeloria....12

Versos Voadores....13

Día de Rosalía......16

Nasín cando as prantas nasen...18

Ourense literario....19

Concurso microrrelatos....20

Microrrelatos e arte galega....21

Fotohaikus Canedo.....23

25 de Abri...Sempre!....26

100 anos de Saramago...28

Os Maios....29

Correlingua 23....32

Letras Galegas 2023...34

Aurora Marco....35

Recomendacións....36

Premio Lingua de Ponte 2023...39

Capa: algúns lemas creados por alumnado de 1º ESO para a festa do Correlingua en Ourense Contracapa: Logo do EDL, premiado no noso concurso e imaxe do equipo, creado por Miguel Viso Murciego (2º BAC)

Contacto Lingua de Ponte: pontedelingua@gmail.com

O centro é un dos lugares onde o noso alumnado usa máis castelán, incluso se é galegofalante. O factor que máis determina que o faga é a lingua que use o profesorado.

Esa mudanza non é debida á súa competencia lingüística nin a actitudes negativas declaradas ante a nosa lingua, pero o certo é que o seu comportamento demostra a vixencia dos prexuízos lingüísticos.

Tendo en conta que o centro é o lugar en que podemos intervir de forma máis directa, unha medida moi efectiva, e de pouca dificultade, sería o uso do galego cando as profesoras e os profesores nos dirixamos ao noso alumnado.

A maioría do noso alumnado (case 80%) ten como lingua inicial o castelán. O grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en galego é FP (27%) e o grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en castelán é Bacharelato(89%).

O alumnado muda de forma sorprendente de lingua segundo a lingua do profesorado:

O 95% da totalidade do alumnado diríxese en castelán ou máis castelán ao profesorado castelanfalante (89% só castelán), fronte a un 5% que o fai en galego ou máis galego.

Se temos en conta que hai un 20% do alumnado cuxa lingua inicial é o galego, este alumnado non se dirixe en galego ao profesorado se este fala castelán.

Se o profesorado fala galego, o 69% do alumnado diríxese a el en galego ou máis galego (57% só galego), fronte o 31% que o faría en castelán ou máis castelán.

Segundo as etapas educativas, o alumnado com maior tendencia a mudar de lingua é o do Ciclo Formativo de Grao Básico (100% do alumnado fala castelán ou máis castelán con profesorado castelanfalante) e o da ESO (98% no mesmo caso). Se o profesorado fala galego a porcentaxe de alumnado que fala galego ou máis galego é do 35% no Ciclo Formativo de Grao Básico e do 91% na ESO. Hai unha influencia evidente no uso da lingua galega entre o alumnado destas etapas segundo a escolla lingüística do profesorado, especialmente rechamante na ESO. Tamén debemos ter en conta que o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Básico (22%) cuxa lingua inicial é o galego non se vai dirixir nunca en galego ao profesorado que fala castelán.A maioría do noso alumnado (case 80%) ten como lingua inicial o castelán. O grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en galego é FP (27%) e o grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en castelán é Bacharelato (89%)

Parte dos datos tirados de enquisas a alumnado neste curso Para veres todos os datos, accede ao noso blogue

Máis alá das formas dos días da semana que máis coñecemos a través do ensino, tamén existe outro sistema para denominalos igualmente recoñecido pola normativa oficial do galego: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado. Obviando sábado e domingo, o máis vivo de todos é cuarta feira, que coñece outras variantes, como carta feira e corta feira. Estas denominacións son moi emblemáticas para o espazo lingüístico galegoportugués, xa que é a única lingua do mundo que as posúe, popularizadas no primeiro reino da Galiza. Fan parte da historia da nosa lingua desde que ela comezou a se formar coa desintegración do imperio romano. Nos calendarios actuais, as abreviaturas máis empregadas nos países lusófonos para a serie completa dos días da semana son: D, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª, 6ª e S, coa palabra feira seguindo, ás veces, os numerais ordinais: 2ª feira, 3ª feira... Para dar a coñecer o nome dos días da semana, pedimos a algunhas persoas que nos enviasen pequenos vídeos. Podedes velos no canal de youtube do equipo e no blogue.

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego, impulsaron no 2018 a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta”, para recuperar “os días da semana tradicionais”

Recomendamos visitar a súa páxina feriando.gal

Lorena Fernndez Iglesias á

Lorena Fernández Iglesias: “A poesía faime libre. A través dela expreso con gran sensibilidade a profundidade do meu sentir, exteriorizo e escribo desde o que son: unha muller chea de 21 poetas do século XXI, Aira Editorial 2021

Lorena leunos poemas seus e respondeu as preguntas do alumnado sobre a súa experiencia despois de ter gaño o Premio Minerva. Tamén deu tempo a falar sobre a selección de poetas galegas vivas que o alumnado tiña preparado para este día. Deixámosvos algúns nomes aquí ao lado, pero hai moitos máis; buscádeos... Que non era mau pórmonos de versos.

Xa nolo din María Lado e Lucía Aldao: Ninguén morreu de ler poesía! ..

Nas imaxes Lorena Fernández Iglesias na biblioteca José Ángel Valente con alumnado de 1ª de Bacharelato

LORENA FERNÁNDEZ IGLESIAS, Ourense, 2003

Nacín no máis bonito lugar, do máis tenro ventre.

Na miña postura fetal xa burbullaban ecos de amor. Mergullada no líquido amniótico escoitaba aquelas ondas infindas.

Unha conexión inefable ardía entre nós.

Queimaba o meu corpo cheo da súa vida.

A súa calor protexía o meu ser do mundo.

Os seus ollos tenros sentían como unha luz medraba no seu interior.

Muller poderosa

Alimentaba as ás da liberdade, o voo do amor máis inefable. Medrei enraizada en terra de poetas mentres un sorriso me enchía de forzas cada mañá.

Medrei ao carón do amor máis puro agochado entre nós as dúas, coma un segredo protexido polo vento.

Medrei en ti, nai, coma un tesouro prantado no teu ventre, medrei eu.

Medrei contigo, mamá, e seguirei medrando arrolada pola túa luz Infinda.

21 poetas do século XXI, Aira Editorial 2021

TEN SENTIDO seguir?

desde o cuarto pechado onde o son non responde e se pega ás paredes, viscoso graxento irrespirábel as ventás clausuradas para que entrar non poida a brisa fedorenta que envolve na mentira para que non se saiba de que man parte a acción recibida se anónima mais inaceptábel cando a mente que a nace se demostra no corpo que tras a man se oculta ten sentido seguir? respirar na burbulla que nos nega o osíxeno e oculta esta existencia de invisibilidade? impedir que a ferida cicatrice?

talvez afundir neste río parado de fentos parasitos para aboiar cega e xorda sexa a solución final sen que a beleza acade o pincel de Millais

, Galaxia 2017 MARTA DACOSTA, Vigo 1966 John Everett Millais, “Ofelia”. Óleo sobre tea, 1852

A canción

Meu ben, meu ben, non mintas máis dime onde te fuches deitar.

Onda os pinos, onda os pinos onde o sol non quece xa o frío facíaos bailar.

Meu ben, meu ben, onde has de ir?

Eu vou onde o inverno vai.

Onda os pinos, onda os pinos onde o sol non quece xa o frío facíaos bailar.

PAULA CARBALLEIRA, Fene 1972

Dor Dor

Marcha

Xa volverás

Avisa cando veñas Pra eu non estar.

Pensamentos de raíña que dá rodeos para evitar o sufrimento

Pero a dor é imprevisible E vai polos atallos

Foi home bo, traballador, morreu preto de nós o seu corpo nunca apareceu. Atoparon parte del xunto a vía do tren a súa cabeza escoitándoo chegar.

(Tradución bastante libre feita por ALDAOLADO da canción folk estadounidense Where did you sleep last night?)

LUCÍA ALDAO e MARÍA LADO, Ninguén morreu de ler poesía, Xerais 2020

PAULA CARBALLEIRA, Hai quen escolle os camiños máis longos, Edicións Positivas

Recomendación literaria: AsífalaPenélope(Unhaantoloxíadexénero), Chan da Pólvora 2022. Selección de textos elaborada por Marta Dacosta de máis de corenta poetas galegas desde finais do século XX até hoxe.

Lucía Aldao (1982) María Lado Lariño(1979)

SAMAN Í

NanosaculturaoSamaíneraacelebraciónenqueseconmemorabaafindoanovelloeocomezo doanonovo.OSamaíniniciabaoinvernoeeraaépocaenquesecríaqueasalmasdosmortos retornabanássúascasasparavisitarfamiliares,conseguiralimentoequentarsenolumeda lareira.Pararecordarmosestadatafixemosnaescolaunconcursodeepitafios.

Sara Marcos Rodríguez Marcos Gómez Presas Pablo Martínez Vázquez Laura Hermilla Coello Adrián Fernández Raúl Pereira Pérez Lúa Abellás Fernández Sara Marcos Rodríguez Daniel Pérez Rúa

Branca Villares é música e mestra de música tradicional en Lugo e diferentes lugares da provincia. Parte da súa investigación foi publicada pola AELG.

"Non sabe fregar un plato nin varrer cunha escobela un día de cabreado varrín a casa con ela"

Copla do Incio.

DO TRADI AO TRAP... BAILA MORENA!... CON BRANCA VILLARES

Pero...porquecomezarafalardisto?

O día 7 de decembro o alumnado de 3º da ESO realizou un obradoiro de sensibilización en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres con Branca Villares.

Nestes tempos de identidades dixitais e sobreexposición en redes sociais, precisamos un espazo de reflexión para as mozas e mozos sobre os contidos audiovisuais que a diario consomen e xeran: é preciso falar de autopercepción, cousificación, sexualización temperá ou socialización.

Abordáronse de xeito lúdico estes temas a partir das músicas nos distintos tempos e as colectividades que as rodean. Fiamos cantigas de antes e de agora, vídeos musicais, publicidades, tiktoks edemaispara poñerlles nome aos micromachismos e ás violencias.

Tamén reflexionamos sobre as colectividades tanxibles e as virtuais e exemplificamos protocolos de axuda en casosdeacosoouabusosexual.

Recomendación de lectura dos seguintes artigos:

Porque se non o facemos, chegaremos tarde. Porque todo canto nos preocupa xa forma parte das vidas do alumnado, da súa realidade. É preciso botar unha ollada crítica, verbalizar os riscos e interiorizar protocolos de actuación ante a aparicióndeproblemas.

Nainformacióneprevenciónestáaclave.

As temperás etapas ás que a mocidade está exposta á hipersexualización na publicidade, redes sociais sen control parental, material pornográfico, etc. sumado a mensaxes contraditorias entre a contorna familiar-educativo e o social-virtual (altamente mercantilizado), fainos moi vulnerables fronteaagresiónsdediversaíndole.

Por outra banda, os datos en materia de agresións sexuais son claros: máis da metade sófrenas as menores (principalmente mulleres, mais tamén homes). Delas, máis da metade prodúcense antes dos13anos.

Destacamos que a inmensa maioría dos agresores non se atopan en idades temperás, logo é un fantásticomomentoparaintervireinformar.

Branca Villares: "Hai que falar sobre a apoloxía da violencia de xénero nas cantigas populares", 3 de xaneiro de 2021en Galicia Confidencial e “Varrín a casa con ela”, 25 de novembro de 2020 en Nós Diario

CONCERTO DE CRUA

O día 21 de decembro o grupo do Porto Crua ofreceu un concerto no IES 12 de Outubro, organizado por Lingua de Ponte, Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro educativo.

O grupo Crua nace a partir dun laboratorio de adufes organizado no Porto en 2018. Dun grupo máis extenso creouse, despois dunha pandemia, unha banda de seis mulleres co seu repertorio. Neste repertorio inclúense tamén músicas galegas. Arelación do grupo con Galiza vén de lonxe e, segundo elas mesmas declaran “nace do interese musical, da afectividade e da herdanza común da lingua e da música”. É precisamente esa herdanza común a que leva o EDLG do IES 12 de Outubro, onde tamén se dan aulas de portugués, a querer mostrar o alumnado unha música e unha lingua que, infelizmente, non teñen tantas oportunidades de escoitar.

O grupo, formado por Ana Costa, Ana Trabulo, Diana Ferreira Martins, Isabel Martínez, LilianaAbreu e Rita Só; vén de abrir o Festival Maré, na Póvoa do Varzim, e estivo na mesma tarde do 21 de decembro no Vello Cárcere de Lugo. Trouxeron canda elas as voces e o adufe, un instrumento da música tradicional portuguesa, que continua en grupos de adufeiras tradicionais en Monsanto, no Paúl, Idanha-a-Nova ou Penha Garcia e que nos últimos tempos tense recuperado en iniciativas ligadas á xente máis nova, como obradoiros, foliadas ou a construción de pequenos adufes para as crianzas aprenderen a tocar na escola.

Se queredes estar á par de novas de Crua, busca en @crua,adufe

Recomendación de páxina: A EOI de Santiago de Compostela desenvolve desde hai anos un proxecto para divulgar a música e a poesía galegoportuguesas actuais para o aproveitamento do ensino do portugués e vículos coa lusofonía. Organizan cada ano un festival que nace dun certame no que o público pode votar. Infórmate en aritmar.gal

GALLAECIA POP OLAXONMARIO

Obradoiro sobre a creación cultural e audiovisual en galego

O día 16 de xaneiro visitou o noso centro Mario Brion Toucedo, creador da canle de youtube Olaxonmario, co seu obradoiro Gallaecia Pop. Nel fai un percorrido por algúns éxitos da produción cultural de carácter popular en galego ao longo da súa historia e fala das numerosas iniciativas que levan xurdido recentemente (música, filmes teatro, Twich, TikTok, Youtube...)

Certo é que que hai unha grande produción cultural en galego, pero non é menos certo que a maioría da rapazada a descoñece. É por iso que Mario leva este obradoiro ás escolas galegas. Outra iniciativa interesante neste sentido é o Premio Youtubeiras, creado por servizos de normalización lingüística de varios concellos galegos que xa vai pola sexta edición e no que Olaxonmario xa recibiu varios galardóns.

Nunha recente entrevista nun xornal galego Mario afirmaba: “Eu penso que, en comparación con fai seis ou sete anos, si se produciu un aumento de contidos en galego, pero seguen facendo falta iniciativas de financiamento público, porque non pode ser que toda a produción cultural nunha lingua estea nas mans de xente que o fai por motivación propia e de xeito amateur. Quen ten ferramentas para que a xente poida vivir na súa lingua con comodidade é o ente público, e non sempre o fai. Por iso, iniciativas como as miñas, e de moitos máis, levan un peso que non lle corresponde».

A Academia Galega do Audiovisual nominou este ano ao premio Mestre Mateo a Mario Brión como mellor comunicador xunto con Esther Estévez, Simone Saibene e Xosé A. Touriñán.

Recomendamos visitar na rede:

youtubeiras.gal

premiosmestremateo.gal

Mario Brión Toucedo, nominado como mellor comunicador nos XXI Premios Mestre Mateo

2 de febreiro Día da Candeloria

“CandoaCandeloriachora, medioinvernovaifóra”

A festas das candeas coincide coa metade do inverno, momento enquemedran osdíasexasepresenteachegadada primavera.

Celébraseachegadadaluzeocasamentodospaxaros.

Para celebramos esta data no centro o alumnado recompilou poemas de paxaros escritos en galego ou portugués e crearon os seus propios. Logo escribíronos en roliñosquerepartimosatodooalumnadodocentro

A Candeloria

Na catedral do abrente hoxe cásanse os paxaros, con nubens de neve e ouro está o ceo galanado.

Ficou o día ancorado na ría donda do ceo. Os roibéns soben no lonxe como rosarios de encenso.

O xantar do casamento, roibo, na palma da man das eiras madrugadoras xa está arranxado no val.

Vai tocando polo campo a sua zanfona o rego e canta o vento nas farpas sonorosas dos piñeiros.

O campo as montanas ruzas envolve en capa pluvial co hisopo do sol mollado dálles a beizón nupcial.

Nasimaxes,alumnadobuscando poemasnabibliotecaerecibindo ospoemasoDíadaCandeloria

Do casebre nugallán soben os vivas dos galos e na festa desta noite estrena un luar o campo.

A seguir tedes algúns dos poemas escritos poloalumnado.

Todos os deseños, incluído o desta páxina, foron feitos por Tiago Novelle Cid de1ºdeBacharelato.

“A partir da Candeloria Ningunha ave voa soa”
“Pola Candeloria casan os paxariños e maila a galiñola”
(Luís Amado Carballo, Proel, 1927)

Pío, pío pica, pica o paxaro constrúe unha casiña onde os seus poliños nacerán, medrarán e marcharán.

NoNoa

Xa non hai paxaros voando nesta finca da aldea na que pasabamos xuntos os nosos momentos.

Hoxe vin dous paxariños, coma nós, falando e voando xuntos a todos os lados. Dime, por que? Por que te fuches a outro niño para pasar as noites?

Aroa Ruano

Cando vexo os paxaros voar, vexo pequenas carreiras. Cando penso nos paxaros voar, penso na primavera.

Paxaro, paxariño... que fermoso es. Voa libre meu meniño, agarda coa xente que queres.

Paxaro, paxariño... pía como nunca segue o teu camiño ata que saia a lúa.

Laura Hermilla Coello

Vin un paxariño tan pequeniño que non o vin a primeira vez Quíxenlle encontrarlle un amigiño do seu tamaño, claro!

Non o puiden encontrar! Ai, que desgraza! Pero eu non serei ou talvez si?

Non o sei, o paxariño xa emigrou. Non conseguiu un amigiño e non regresou.

A rolinha é como o teu amor quando quer está

quando não, não se ve no redor

e depois dizes que sou o teu amor mais só me queres

pelo dinheiro que tenho a favor.

Nuno Pereira Garcia 1ºESO

O bico do pássaro, o bico de toda ave não sei imaginar todas as portas que se abrem,

o bufo e os seus tipos, não sei imaginá-lo

o bufo real com todas as suas penas não sei como imaginá-lo, só de pensa-lo

o bufo real, pousa ao meu lado.

Xosé Lois Marcos 1º eso

Pisco, pisquinho pequenino, já tens com quem casar?

Com o teu peito ruivo

a muitas poderias

namorarDaniel González Álvarez 1º ESO

A aguia voa pelo céu azul, o seu corpo vence ao forte vento.

As suas asas são um suave tul e o ar é o seu elemento.

Lucía Raquel Vilas Prada 1º ESO

Canta, cuco, canta, que a noite vai boa. Sentada na súa cama. A súa avoa a arrola. As doce da noite eran, cando ela xa durmía, o reiseñor xa cantaba a plena luz do día.

IRINA 1º ESO

Os paxaros voan polo ceo con completa liberdade, perseguindo a primavera sen ataduras ao mundo.

SABELA JUSTO 1º ESO

Os paxaros marchan Buscando a calor. As follas caen E cambian de cor. O día e máis curto Quenta pouco o sol. As mazás e as uvas Que ricas son.

POEMA DE AROA VILLAR VÁZQUEZ

Pequeno piador

De canto cantautor

Sete días á semana

O Rouxinol de piar non para

Eu teño un reloxo

Que da á hora moi a ollo

Pero da ás 12 e dame un susto

Porque del sae un pequeño Cuco

Eu tiña un paxariño

Dentro dunha gaiola

E una vez ao ano

Sácoo o día da Candeloria

O moucho e o fénix, os dous aves son Moucho, dor, sangue e morte anuncia Fénix, paz e vida pronuncia Os dous cantan distinto son

SABELA FERNÁNDEZ 1º ESO

Aluma prados o ceo, Inzados de cor e vida, Só por aqueles paxaros Apartaría as nubes do día.

Revestidas en ouro

Ben bicadas polas aves

Dan razón de máis

Para vivir en base a bondades.

Alumno de 1º de Bacharelato

Desde aquí vexo un camiño

E nel un paporrubio

Este tan pequeniño

Coa sua parella formando un connubio

Manuel Álvarez 1º ESO

Cuco cuquinho cucaço que tens grandes olhaços onde lá deixas os ovos?

Em ninho alheio estão e não os podes cuidar.

Adrian Tato 1º ESO

LUCAS LOSADA 1º ESO

Ai pardal!

A onde irás?

Onde te podo localizar?

Eu voute buscar sexa Ohio ou Wuhan eu quero saber onde estás!!

Xavi Oliveira 1º ESO

Voa paxariño voa, vai voando entre as pólas mentres cae o solpor, os paxariños fan que apareza o amor.

ARIADNA LAMA 1º ESO

Pisco lindo que tornas vermelhoescuro

que com alguén tens de casar

O teu peito vai-se avermelhando

E muito só vais ficar

Na primavera vêm as cores e as flores

Voltam as Beija-flor

Voam rápido com as súas asas

E as súas penas são extravagantes e brilhantes voam, voam com as suas asas acompanhadas pelo vento

Ninguém que conheça eu, tão só ficou

Ninguém contigo o seu tempo quer passar

Mais o amor da túa vida vais encontrar

Porque a qualquer isto lhe passou.

Na manhã fria

Não te preocupes eu sempre estou.

Não te preocupes porque a tua tristeza não

se alargou

(Noa Rodríguez López 1ºA )

Manuel 1º ESO portugués

Eu estava entediado olhando e olhando mas eu não vi.

Eu estava me escondendo

Bem, eu estava com frio

O melro voou quando o sol nasceu.

Kaili Sánchez Novoa 1º ESO A

Eu son libre...

Da de RoSala 2023 íí

Andrea Domínguez Mariña Rodríguez Alejandra Mourille

Herbario Rosala de Castro í Nasn cando as prantas nasen í

Os nomes da natureza

María López Sández, profesora na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago, estivo no noso centro para explicarnos como foi confeccionado o herbario de Rosalía de Castro. Con ela puxémoslles nome ás herbas, adentrámonos na natureza que rodeou a autora, na paisaxe que describiu e que inspirou a elaboración deste herbario literario

María López Sández, Fernando Cabo Aseguinolaza e Maria do Cebreiro Rábade Villar, profesores da Universidade de Santiago de Compostela, organizaron o chamado 'Herbario de Rosalía', de cuxa creación encargouse a tamén profesora María Isabel Fraga Vila xunto á propia María López Sández que, xunto con Miguel Fraga Vila, responsable do tratamento fotográfico, constitúen o núcleo creador deste proxecto, formado por 150 pregos de plantas que figuran na obra de Rosalía de Castro, que navega entre a literatura e a botánica.

É unha maneira de render homenaxe á autora que nos ensinou a mirar para a paisaxe doutra maneira.

Segundo explica María López Sández, durante o ano 2019 ela mesma e María Isabel Fraga Vila realizaron un herbario físico inspirado na obra rosaliana, para o cal tiveron que realizar previamente un vaciado completo da súa creación literaria, para localizar a totalidade das plantas e flores mencionadas.

"Logo, seguindo o ciclo anual e privilexiando os espazos que Rosalía de Castro percorreu e describiu na súa obra, seleccionouse o material. Unha importante serie de rosas, , pero tamén de herbas do camposanto ou herbas do campo florido e flores ventureiras en consonancia coa valoración da flora humilde que foi común a autores marcados polo Romanticismo, desde William Wordsworth ata a propia Rosalía".

A xente de 3º da ESO realizou en marzo un roteiro pola cidade de Ourense onde descubriu ouredescubriulugaresda cidadeligadosánosarica tradiciónliteraria.

Blanco Amor, Lamas Carvajal, Filomena Dato ou Otero Pedrayo son algúns dos nomes que soaronnesedía.

Recomendación literarias

Karen M. McManus

Un de nós mente

Traducido por Moisés Barcia Editorial Sushi Books

Este libro trata sobre un suposto asasinato nun instituto americano. A tramado libro intentará desvelar quen cometeu o crime dentro dos catrosospeitosos.

É un libro que recomendo porque engancha ata o final, cun final moiinesperado e sorprendente. É unha novela moi fácil de ler e é xenial!

Candela Fernandes Fernández

MARIO OBRERO, Cerezas sobre la muerte, La Bella Varsovia 2022.

Na fosa común de Pernafeites, en Miravet (Tarragona), xacen un centenar de soldados republicanos. Sobre os seus cadáveres agromaron febles as cerdeiras. Cerezas sobre la muerte recolle un poema de memoria histórica e un poema de linguas,—euskera, asturianu, castellano, català e galego—, construído desde as imaxes que se escriben e desde as imaxes —acuarelas e colaxes—que se pintan. Morte e vida, beleza e reparación; versos para o futuro sobre o compromiso da linguaxe e as posibilidades da poesía para mirar —e pensar— a realidade e a orixe.

No mes de febreiro e marzo organizouse un obradoiro de microrrelatos en colaboración coa biblioteca José Ángel Valente.

Posteriormente fixemos un concurso para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP. Eis a nosa gañadora.

AVE

Fun a Madrid coa miña familia. Cheguei despois das dúas horas de viaxe e comprobei que levaba todo: maleta, teléfono,carteira...

Sófaltabaomeufillo.

SARAREY1ºESO

Un dos libros máis importantes da nosa literatura recolle pequenos textos acompañados dun debuxo. É de Castelao e chámase Cousas. Sobre unha desas cousas (“A Marquesiña”) o Leo escribiu un texto entre liñas (nós escribímolas en vermello).

Adeprender a ler

Chámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamais se calzaron. Durme, neniño, que teño que faser/lava-los pañales, planchar e coser…

Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.

Na única foto que miña nai ten de cando era pequena, sae de par dun globo terráqueo, na escuela. Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña.

As súas notas eran notable e sobresaliente, eu vinas. Destacaba en Matemáticas. Quitárona de estudar por ser muller e a duras penas se informou para dar sido costureira, coa señora Henriqueta, unha comunista que lle falaba da Unión Soviética e vivía arrexuntada en plena longa noite de pedra.

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a Marquesiña. Pasteles. Dicía que de cativa quedaba aparvada mirando para os escaparates cheos de paxtélex. Así dito. Aquélex paxtélex.

A súa nai é tan pobre que traballa de xornaleira na casa do Marqués. Miñanai aprendeume a ler dúas veces. Unha cando me metía na cama a canda ela a xogar a que lía, co libro do revés case sempre.*

E aínda lle chaman a Marquesiña!

E que aínda che chaman a Marquesiña.

*A outra cando me explicou que á Marquesiña lle chamaban así porque o Marqués violara a súa nai. Que non eran marqueses os que lle inventaran o alcume.

Que a ironía en Galicia que se chama retranca.

Que a retranca é a arma dos pobres contra si ou contra todo. Que cando si, que algho se move.

En serio.

Que cando les un texto coma este, botas o resto da túa vida a lelo.

“Adeprender a ler”, O LEO I ARREMECÁGHONA, Machismos: de micro nada. Fiadeiras, 2015

“Non somos malos, só diferentes”

Estivemos chorando toda a noite. Encarcearon os nosos pais e maltrataron as nosas nais. E todo por ser diferentes.

Baseado en “A lei está contra nós e nós non somos malos” feito por Castelao en 1922-24.

DANIEL GONZÁLEZ 1º ESO

“A verbena eterna”

Disfraces, danzas e moita festa. Parece un bo soño, pero intentei acordarar e non puiden. Vivir aquí toda a eternidade non é tan divertido...

Microrrelato de Daniel González 1º ESO baseado n'A verbena, cadro de Maruxa Mallo, pintado en 1927

“A simpleza da felicidade”

Quizás non necesitabamos máis que isto.

SABELA JUSTO 1º ESO, baseado nun cadro de María Antonia Dans

O can e a súa nai estaban a facer un concurso de miradas. Seica son case iguais, dixera o seu dono.

Baseado nun debuxo de Castelao, Sara Rey 1º ESO

As súas lagrimas mollaban a mancha avermellada do seu traxe mentres o abrazaban e lle tocaban a súa fría e inmóbil man cando...

PABLO FERNÁNDEZ, 1º ESO

Houbo un tempo no que eramos felices, agora o chan está cheo de sangue.

Baseado en Rolda de nenos, Castelao 1943

SARA REY 1º ESO

Cando os irmáns viron o seu pai no chan, sentiron coma se neses momentos a vida deixara de ter sentido

ARIADNA LAMA 1º ESO

Baseados n'A derradeira leición do mestre, Castelao

Camiñei unha hora ata a escola, levaba unha semana sen ir. O último día aprenderamos a escribir as vogais.

Gustábame o meu mestre, ensinaba moi ben. Cando cheguei dixéronme que estaba morto.

Sara Rey 1º ESO, baseado n'A escola de Doloriñas, de Xulia Minguillón

Houbo un tempo no que fomos dúas nenas rindo e disfrutando baixo a choiva, agora só somos dúas vellas recordándoo baixo un paraugas.

Baseado nun cadro de Castelao

ARIADNA LAMA 1º ESO

Un haiku

é un breve poema de orixe xaponesa. Ten tres versos de cinco, sete e cinco sílabas. Carece de rima e pretende capturar a esencia da natureza. Despois de lermos varios deles en clase, propuxemos ao alumnado que crease os seus poemas breves baseándose nunha fotografía tirada por eles mesmos na contorna do antigo concello de Canedo. Pretendiamos que investigasen sobre a historia deste concello e unirnos así ao Proxecto Canedo que se estaba desenvolvendo desde a escola.

O haiku desta páxina foi creado por Pablo Fernández que escolleu o desaparecido cine Yago do noso barrio, aberto desde 1946 ata 1964. Tiña planta baixa, soportal elevado de entrada por unha rúa inferior paralela, un antevestíbulo e sala de descanso separados por columnas, portelo de entradas, cafetería e tres accesos á sala principal de butacas, con 484 prazas de aforo. Na planta primeira había un amplo vestíbulo, un despacho e oficinas de dirección, servizos hixiénicos, cabina de proxección e un gran anfiteatro con 320 prazas de aforo. Na planta do soto estaban os servizos de calefacción, instalacións eléctricas, ventilación, refrixeración e almacén. Infelizmente moitos edificios de gran valor patrimonial coma este levan desaparecido en Galicia.

Na montaxe de Pablo el mesmo posa no lugar que ocupaba o cinema, entre a rúa Ramón y Cajal e a rúa do Mercado, e aparece unha restitución en 3D feita por Carlos Paz (CIAG)

O inverno chega hai flores conxeladas as follas caen

Termas da Chabasqueira Febreiro 2023

A cicatriz do que nalgún momento fora a chuvia

Mirada fonda nesta poza fermosa O río escuro

Eirasvedras Xaneiro 2023

Como vivían Que boas vistas tiñan Hai moitas plantas

Pequena praza

Crianzas a xogaren

Sorriso interno

Sofía Lastra

FOTOHAIKUS CANEDO

Mosteiro de Sta. Comba de Naves, Palmés

Oira Maio 2022 Ariadna Lama Sara Rey 1º ESO Sabela Fdez. Carla Diéguez

Ai maquiniña Pero que che fixeron Arranxo xa!

Os edificios a gran ponte moderna flora do río

FOTOHAIKUS CANEDO

Tren a chegar a estación do lugar, que acaba xa.

A dobre cara do camiño brillante

Desesperante

Lucas Losada Manuel Álvarez Daniel González Anne González

25 de abril SEMPRE!

Abril é un mes importante para o pobo portugués. Foi o 25 de Abril de 1974 cando se inicia o golpe de estado que dará fin a unha ditadura que durou case cincuenta anos.

Moitas galegas e galegos asistiron con esperanza ás mudanzas que decorrían por este país irmán xa que en España pervivía na altura a ditadura franquista, moi afín ideoloxicamente á que se derrubaba en Portugal.

A biblioteca José Ángel Valente organizou unha exposición con imaxes sobre este feito histórico, tamén coñecido como “Revoluçao dos Cravos”.

Nas fotografías podemos ver alumnado de portugués posando diante desta exposición.

Esta é a madrugada que eu esperava

O dia inicial inteiro e limpo

Onde emergimos da noite e do silêncio

E livres habitamos a substância do tempo

Sophia de Mello Breyner Andresen, O Nome das Coisas. Editorial: Moraes-Editores, 1977

“25 de Abril”

Símbolos do 25 de ABRIL

Despois de soar na radio “E depois do adeus”, o sinal escollido polo MFA (Movimento das Forças armadas) para confirmar o inicio da revolución foi unha música de Zeca Afonso, Grândola. Virou un himno deste momento. A primeira vez que fora interpretada ao vivo foi 0 10 de maio de 1972 no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela. Alí hoxe unha placa recorda este feito.

Grândola, vila morena

LP Cantigas do Maio, 1971

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

O povo é quem mais ordena

Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade

O povo é quem mais ordena

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo

Em cada rosto igualdade

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

Terra da fraternidade

Grândola, vila morena

Em cada rosto igualdade

O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira

Que já não sabia a idade

Jurei ter por companheira

Grândola a tua vontade

Celeste Caeiro colocando um cravo vermelho no fusil dun militar no día 25 de abril de 1974

Fotografía: Centro de Documentação 25 de Abril

CELESTE MARTINS CAEIRO, A mulher que fez do cravo o símbolo da revolução”.

Em 1974 Celeste Caeiro tinha 40 anos e vivia num quarto que alugara no Chiado, com a mãe e com uma filha que criava sem a ajuda do antigo companheiro. Trabalhava na rua Braancamp, na limpeza do restaurante Franjinhas, que abrira um ano antes. O dia de inauguração fora precisamente o 25 de Abril de 1973.

O gerente queria comemorar o primeiro aniversário do restaurante oferecendo cravos à clientela. Tinha comprado cravos vermelhos e tinha-os no restaurante, quando soube pela rádio que estava na rua uma revolução. Mandou embora toda a gente e acrescentou, como Celeste recorda na entrevista: "Levem as flores para casa, é escusado ficarem aqui a murchar".

Celeste foi então de Metro até ao Rossio e aí recorda ter visto as "chaimites" e ter perguntado a um soldado o que era aquilo. O soldado, que já lá estava desde muito cedo, pediu-lhe um cigarro e Celeste, que não fumava, só pôde oferecer-lhe um cravo. O soldado logo colocou o cravo no cano da espingarda. O gesto foi visto e imitado. No caminho, a pé, para o Largo do Carmo, Celeste foi oferecendo cravos e os soldados foram colocando esses cravos em mais canos de mais espingardas."

(Celeste Caeiro era de ascendencia galega)

RTP Notícias
A música da radio que confirmou o inicio de 25 de Abril
“O cravo vermelho nas espingardas”

100 anos de José Saramago

Apontamentos lusófonos

Chico Buarque de Holanda (Río de Janeiro, 78 años), músico e escritor brasileiro, recibiu este abril de 2023 o premio Camões que lle fora outorgado en 2019 e que Bolsonaro non lle quixo entregar naquela altura. No ano 1922 o premio foi outorgado ao tamén brasileiro Silviano Santiago.

O 16 de novembro de 2022 José Saramago tería feito cen anos.

O alumnado de portugués recordou a figura do Nobel de Literatura, de imprescindíbel lectura, cunha exposición que colocou na biblioteca José Ángel Valente, coincidindo coa conmemoración do 25 de Abril

No ano 2021 Paulina Chiziane, escritora mozambicana nacida en 1955, recibiu o Premio Camões e converteuse na primeira muller procedente de África en entrar no palmarés do certameapós32anosdehistoriaprevia.

Se aínda non sabes facer as coplas dos maios visita o vídeo “Como facer as coplas dos maios” na canle de Youtube de Nubes baixo Ti.

A festa dos Maios é unha das máis fermosas tradicións que conservamos na cidade de Ourense. Con ela despedimos o inverno e saudamos a colorida primavera. A tradición manda construír un maio e cantar unhas coplas satíricas nas que usamos a retranca para falarmos da actualidade.

O maio tradicional é unha escultura vexetal de forma cónica ou piramidal cunha armazón de tea e madeira decorada con musgo, flores silvestres, bugallos...

As coplas son estrofas enlazadas entre si de catro versos hexasílabos (seis sílabas) nas que riman os versos pares e cantadas no día da festa cunha melodía tradicional.

No 12 participamos no concurso do concello con dous maios e aproveitamos para lle render homenaxe ao Carrabouxo polos seus corenta anos de vida. Por aquí están algunhas fotos da construción do maio na escola, da participación no concurso do concello e das coplas que cantamos nese día e que creamos de forma colectiva entre o alumnado da ESO e Bacharelato.

Chega a primavera coas flores belas os maios agardan polas coplas ledas.

Polas coplas ledas agardamos todas queremos cantalas coas nosas bocas.

Coas nosas bocas imos criticare este sufrimento que nos fan pasare.

Que nos fan pasare con tantos exames que tan só che están para nos molestare.

Para nos molestare Jácome che está xa que/ en Ourense só obras che fai.

Só obras che fai para así gañar os votos de todas que en Ourense están.

Que en Ourense están e cos nosos bonos moito imos mercar as mozas ourensás.

As mozas ourensás queremos loitar contra as inxustizas do noso lugar.

Do noso lugar imos resaltar que temos as Burgas para desfrutar.

Para desfrutar ven a Ourense xa que a ponte romana terás que pasar.

Terás que pasar para un xeado mercar a menos que a inflación os encha a rebentar.

Tamén vai rebentare a xente do doce con tanto traballo que poñen os profes

Que poñen os profes un e outro día para que perdamos A nosa alegría

A nosa alegría

O Carrabouxo trae viñetas ao día que boas que saen.

Que boas que saen sempre atinadas coas súas críticas sempre ben pensadas.

Sempre ben pensadas e con compromiso usa a nosa lingua sáenos un sorriso

Sáenos un sorriso xa corenta anos cumpre o Carrabouxo neste mesmo ano

Neste mesmo ano vimos nós ós maios cantamos as coplas nas rúas do barrio

Nas rúas do barrio hai moitos buratos e ademais no cole ándache un gran rato

Ándache un gran rato por aí paseando e logo escondeuse detrás dun armario

Detrás dun armario non debes vivire a horrible homofobia ségueche a existir. Seguen a existire xentes repunantes viven no pasado nos tempos de antes

Nos tempos de antes era máis barato ir comprar verduras ao noso mercado.

O noso mercado do barrio da Ponte inda está pechado hoxe igual que onte.

Hoxe igual que onte segue clausurado e tras tanta obra non temos mercado.

Non temos mercado e UPO tampouco porque a cultura importa moi pouco Importa moi pouco a este noso alcalde que só se preocupa polas obras grandes.

Polas obras grandes e por Omar Montes Pouco lle interesan estes nosos montes

Estes nosos montes quen os ha coidare muíños enormes por todas as partes.

Por todas as partes oímos castelán na nosa cidade nin galego hai.

hai pouco galego tamén nas escolas cero respeitiño polo noso idioma

Este noso idioma e a nosa cultura hai que defendere contra a censura

Contra a censura desde a teuvegá que ós traballadores non deixa falar.

Non deixa falare ós seus xornalistas mándaos para lonxe seica os castiga.

Quen castigará a quen nos goberna Non votamos ben todo serán queixas

Todo serán queixas e non aprendemos a usármonos ben o voto que temos.

O voto que temos todos se disputan para as eleccións que xa se vislumbran.

Tamén se vislumbra unha despedida témonos que ire isto xa termina

isto xa termina non vos apenedes que o ano que vén tamén nos veredes.

As nosas coplas

Neste novo ano xa chegan os maios no 12 de outubro xa non agardamos

Xa non agardamos a este novo día que con entusiasmo enchemos de alegría

Enchemos de alegría co noso esforzo afrontamos o día con moita aborozo

Con moita alborozo os meses moverán outro novo ano, esperando o verán

Esperando o verán chega o Carliños sen pelo na cabeza anda moi fresquiño

Anda moi fresquiño o tolo do Norman cando chega a clase non hai quen a colla

Non hai quen a colla Voan como pombiñas xices polo aire Ai, a Anxeliña!!

Ai a Anxeliña súbema a nota son bo en matemáticas mais non se me nota

Mais non se me nota que son bo nas clases todo o meu esforzo xa non ten avance

Xa non ten avance a miña cidade está destrozada polo noso alcalde

Polo noso alcalde gañamos cen euros para gastalo todo na nosa cidade na nosa cidade temos un carballo Cheo de carrabouxos como agasallos Como agasallos Jácome aparece No noso Carrabouxo Que o aborrece

Que o aborrece Quéixase a Xunta Parece que non gosta Polas tantas burlas

Polas tantas burlas non como as da guerra Á xente de Ucraína Que triste que deixa

Que triste que deixa Todo destrozado Non che parecemos Seres moi humanos

Seres moi humanos Shakira e Bizarrape que xa non deixan a Piqué descansare

A Piqué descansar non o van deixare as festas do Jácome que o van acordare.

Que van recordare todos os veciños: o do rañaceos onde queda iso?

Onde queda iso que Baltar buscaba ía a toda présa pola autoestrada.

Pola autoestrada a douscentos quince parecía un rato diante dun lince

Diante dun lince non podemos ire porque na Galiza case non existen Case non existe nada de beleza campos de metale entre a natureza

Entre a natureza Hai moitos muíños E haiche que coidala con moito agarimo.

As coplas da ANPA

Con moito agarimo imos despedindo os maios tan lindos que estamos vivindo. Que estamos vivindo este incrible maio nós imos marchando vémonos pro ano.

Vémonos pro ano no próximo maio ninguén falte á cita do ano vinte e catro!

FESTA DO CORRELINGUA 2023

O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O día 10 de maio unímonos á festa do Correlingua en Ourense xunto con outros máis de 1.200 escolares de 17 centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez deles da cidade e o resto de Allariz, Maceda, Cartelle, A Pobra de Trives, Barbadás e San Cristovo de Cea.

Fomos ata á Praza Maior, onde rapazas e rapaces da Asociación Amencer tiñan preparados uns xogos populares. Logo camiñamos ata o Auditorio para asistir a un concerto de Cuarta Xusta e varias intervencións doutros centros escolares.

Podemos parecerche xente pequena, pero somos o futuro! Somos xente lista! Xente intelixente! E hoxe viñemos aquí a botar a lingua fóra! Porque co galego podemos facelo. E ti tamén podes! Hoxe podemos botar a lingua para ensinarllela ás persoas que nos cruzamos pola pola rúa, podemos botar a lingua a pacer, podemos botar a lingua aos libros, podemos botar a lingua á tele, aos xornais, ás mestras e aos mestres, ás nais e aos pais, ás familias todas! Porque a lingua que sacamos é a nosa: O GALEGO! Así que neste 2023 NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUAFÓRA.

Con esta forza que nos dá o galego, queremos botar a lingua fóra diante de vós, as nosas familias, e pedirvos que vós tamén o fagades. Faládenos en galego, axudádenos a falalo, practicade con nós. Familias, ensinade a lingua e vide berrar ben alto: NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUAFÓRA.

Botamos a lingua fóra porque amamos o galego da mesma maneira que amamos todas a linguas e a súa riqueza, porque sabemos que cada lingua importa e non é de mala educación botala fóra para ensinarlla a toda a xente: a quen a sabe falar e a quen a está aprendendo, a quen a ama e a quen a descoñece. Mostremos a lingua ao mundo! NA CASA, NA ESCOLA, BOTAALINGUAFÓRA.

Hoxe imos botar a lingua fóra diante das nosas mestras e dos nosos mestres, diante das persoas que teñen a responsabilidade da educación no noso país. Botamos a lingua fóra para que se vexa que queremos unha escola que respecte e defenda de verdade o galego, unha escola que nos dea a posibilidade de telo preto, de facelo visible, de coñecelo e divertirnos aprendéndoo. Unha escola que o valore como un coñecemento cargado de futuro e de posibilidades. Por iso berramos: NA CASA, NA ESCOLA, BOTAALINGUAFÓRA.

Fragmento do manifesto do Correlingua2023

“Na casa, na escola, bota a linguafóra”

Imaxe do Faro de Vigo en “Unha camiñada para normalizar o galego”, 11 de maio de 2023

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)

Francisco Fernández del Riego, escritor, investigador, editor, compoñente activo do PG e do Seminario de Estudos Galegos na década de 1920, xogou un importante papel no galeguismo de posguerra ao impulsar a creación do 17 de maio como Día das Letras Galegas en que se homenaxea un escritor ou escritora galega, o 25 de xullo como Día de Galicia así como a constitución da editorial Galaxia, imprescindible para a paulatina publicación de obras literarias na nosa lingua desde o ano 1950. Durante toda a posguerra foron varios os pseudónimos que tivo que empregar para asinar os seus traballos, como Cosme Barreiros, Adrián Soutelo, Adrián Solovio -en homenaxe a Arredor de si de Otero Pedrayo- ou Salvador Lourenzana, o máis frecuente, nome tomado do mosteiro do seu lugar de nacemento -San Salvador de Lourenzá- na Mariña lucense.

Desde 1997 ao 2001 preside a RAG na que ingresou no 1960 e dirixiu a Biblioteca Penzol en Vigo, cidade na que falece con 97 anos. Ata o momento da súa morte o seu labor cultural e intelectual non cesou, conservando unha extraordinaria vitalidade no seu traballo por e para Galicia.

Foron innumerables os recoñecementos e homenaxes que lle tributaron, sendo neste 17 de maio de 2023 o ano en que se homenaxea a súa figura no Día das Letras Galegas.

Se queres saber máis sobre Fernández del Riego recomendamos a lectura da obra de carácter divulgativo de Ramón Nicolás, Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo Xerais 2023

A plataforma de crítica literaria A Sega naceu coa intención de facer visible o traballo das mulleres no campo das letras e de achegar unha perspectiva feminista sobre a nosa literatura. Desde entón, o seu traballo avanzou cara a outros ámbitos como a celebración do Día das Galegas nas Letras. Neste ano A Sega homenaxea Aurora Marco.

Nosa Señora das Letras 2023

AURORA MARCO

Fotografía Pablo Ces

Aurora Marco, nada en Teruel en 1948, é unha profesora, investigadora, escritora e ensaísta galega. Filla dunha mestra, Marco e a súa familia trasladáronse a Ordes cando esta tiña só 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC), cidade na que continúa residindo a día de hoxe. Entre outros premios, a escritora foi galardoada cos seguintes recoñecementos: o Premio Ánxel Fole de investigación literaria (1992), por Foula e Ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941); o Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011 por As silenciadas, que quionizou e coproduciu; Republicana de Honra da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (2014), polos seus traballos sobre memoria histórica das mulleres; ou, o máis recente, Premio Follas Novas do Libro Galego por Irmandiñas (2021).

Nós Diario

Mulleres homenaxeadas pola plataforma A Sega en anos anteriores:

●Dorothé Schubart (2014)

● Mª Victoria Moreno (2015)

●Mª Xosé Queizán (2016)

●Patricia Janeiro (2017)

● Marica Campo (2018)

● Xela Arias (2019)

●Inma António Souto (2020)

●Uxía Casal (2021)

● Luísa Villalta (2022).

Falar de Miteu é falar de primavera, de luz, de chuvia, de teatro, de vida! Falar de Miteu éfalar de mozas e mozos que, sen seren profesionais, fan da interpretación un xeito dediálogo coa vida.Na nosa cidade temos a sorte de contar cun festival que leva máis de vinte anosenchendo rúas, espazos e teatros de vida. Moitas xeracións de ourensás e ourensánsviviron como espectadoras ou como intérpretes a experiencia Miteu.Estivemos preocupadas durante o inverno, porque falaban as malas linguas que poderíanon haber festival pola falta de apoios... Mais chegou a primavera e, canda ela, a MIteu,con grupos universitarios e grupos profesionais. As linguas portuguesa, galega, árabe,inglesa e castelá forman un mosaico rico de culturas que conviven. As propostasabranguen dende o teatro

IAGO GONZÁLEZ; O lugariño, Chan da Pólvora 2022 O lugariño é un libro sobre un lugar [O Arnuíde natal de Iago González] pero tamén sobre o rural galego, co esplendor da voz dun poeta que o canta cunha voz fresca, como auga que acaban de sacar dunha mina. Porén, o que máis brilla neste libro longo e denso, complexo na súa vontade totalizadora, é a xente, as persoas, que o poeta vai enumerando como un notario que levanta acta dunha extinción.

lecturas

MARILAR ALEIXANDRE, As malas mulleres, Galaxia 2020

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

CHIS OLIVEIRA e AMADA TRABA, Am@me, Galaxia

Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de "normalidade" no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor... non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.

Música

FILLAS DE CASSANDRA

María Pérez (1996) e Sara Faro (2001) coñecéronse nunhas xornadas feministas en Vigo. Ambas tiñan proxectos musicais individuais, pero xurdiu tocar xuntas no acto. Entre elas deuse unha conexión artística única que as motivou a crear unidas. Tras máis dun ano compoñendo crearon Acrópole, un pulidísimo proxecto artístico no que reinterpretan a mitoloxía da Grecia clásica coa perspectiva de xénero actual.

Charla co Carrabouxo

Este ano visitounos o Carrabouxo e puidemos facerlle unha homenaxe. Fixerámolo nos Maios e logo versionando as súas viñetas.

Aproveitamos para lle entregar o Premio Lingua de Ponte que lle outorgou o EDL do centro.

Este curso, ademais, este premio foi compartido polo alumnado galegofalante da ESO e BAC, por seren, coa súa lingua, semente de futuro.

Mencin especial Premio ó Lingua de Ponte 2023

Sara Rey Martínez, 1º ESO

Lucía Rodríguez Vázquez, 4º ESO

Antía San Martín Iglesias, 4º ESO

Xulia Formella Losada, 1º Bacharelato

Rafael Torres Fernández 2º Bacharelato

PREMIO LINGUA DE PONTE 2023

Por acompañarnos desde hai corenta anos cada día.

Por ensinarnos a ver o mundo.

Por facer do humor unha forma de entender ese mundo.

Polo seu compromiso constante coa lingua galega.

O EDLG do IES 12 de Outubro concede o 1º premio Lingua de Ponte no ano 2023 a Xosé Lois

González Vázquez, “O Carrabouxo”

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.