4 minute read

LINGUA DE PONTE CURSO 22-23

No 12 queremos que fales máis galego

No barrio e na cidade galego en todas partes

Advertisement

Galego na cidade ten que ser verdade

Galego falamos e a lingua propagamos

Un pobo, unha lingua, un futuro

O galego lévoo a todas partes

Nas nosa rúas galego é cultura

Quero falar a lingua dos meus avós

O galego é o que nos une, sen el non somos ninguén

Esta lingua non está morta. Fáloa, falámola, falarémola

O galego revive en nós

Con amor e con paixón co galego no corazón

Somos xente lista e co galego hai que ser máis optimista

O futuro do galego está nas túas mans, fálao e non te arrepentirás

Co galego, lingua nai, imos deixar pegadas.

As pontes serven para nos encontrar. Ás veces con xentes doutros tempos, pasados ou futuros. Outras, con xentes doutros lugares.

É por iso que a nosa lingua é unha ponte. Grazas a ela tecemos no presente redes entre o pasado e o futuro desexado. Tecémolas tamén con todos aqueles lugares en que nos podemos entender en galego, desde Brasil até Timor Leste. Neses encontros acabamos por nos descubrir a nós mesmos. Digamos entón que a lingua é o que somos.

Sermos do barrio da Ponte, estudarmos no que era unha estación de tren, na marxe dun río fronteirizo, convivirmos con alumnado tan diverso... Parece que todo nos leva a sermos pontes.

Como a nosa lingua. Lingua de Ponte/ Ponte de Lingua

Convidámoste desde aquí a te pores de lingua. A que abras os ollos ou os oídos, a descubrir outros e a descubríreste.

Ndice

O galego no centro.....3

Os días da semana.....4

Lorena Fernández Iglesias...5

Samaín....8

Do Tradi ao Trap... Baila morena!....9

Concerto de Crua.....10

Gallaecia Pop....11

Día da Candeloria....12

Versos Voadores....13

Día de Rosalía......16

Nasín cando as prantas nasen...18

Ourense literario....19

Concurso microrrelatos....20

Microrrelatos e arte galega....21

Fotohaikus Canedo.....23

25 de Abri...Sempre!....26

100 anos de Saramago...28

Os Maios....29

Correlingua 23....32

Letras Galegas 2023...34

Aurora Marco....35

Recomendacións....36

Premio Lingua de Ponte 2023...39

Capa: algúns lemas creados por alumnado de 1º ESO para a festa do Correlingua en Ourense Contracapa: Logo do EDL, premiado no noso concurso e imaxe do equipo, creado por Miguel Viso Murciego (2º BAC)

Contacto Lingua de Ponte: pontedelingua@gmail.com

O centro é un dos lugares onde o noso alumnado usa máis castelán, incluso se é galegofalante. O factor que máis determina que o faga é a lingua que use o profesorado.

Esa mudanza non é debida á súa competencia lingüística nin a actitudes negativas declaradas ante a nosa lingua, pero o certo é que o seu comportamento demostra a vixencia dos prexuízos lingüísticos.

Tendo en conta que o centro é o lugar en que podemos intervir de forma máis directa, unha medida moi efectiva, e de pouca dificultade, sería o uso do galego cando as profesoras e os profesores nos dirixamos ao noso alumnado.

A maioría do noso alumnado (case 80%) ten como lingua inicial o castelán. O grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en galego é FP (27%) e o grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en castelán é Bacharelato(89%).

O alumnado muda de forma sorprendente de lingua segundo a lingua do profesorado:

O 95% da totalidade do alumnado diríxese en castelán ou máis castelán ao profesorado castelanfalante (89% só castelán), fronte a un 5% que o fai en galego ou máis galego.

Se temos en conta que hai un 20% do alumnado cuxa lingua inicial é o galego, este alumnado non se dirixe en galego ao profesorado se este fala castelán.

Se o profesorado fala galego, o 69% do alumnado diríxese a el en galego ou máis galego (57% só galego), fronte o 31% que o faría en castelán ou máis castelán.

Segundo as etapas educativas, o alumnado com maior tendencia a mudar de lingua é o do Ciclo Formativo de Grao Básico (100% do alumnado fala castelán ou máis castelán con profesorado castelanfalante) e o da ESO (98% no mesmo caso). Se o profesorado fala galego a porcentaxe de alumnado que fala galego ou máis galego é do 35% no Ciclo Formativo de Grao Básico e do 91% na ESO. Hai unha influencia evidente no uso da lingua galega entre o alumnado destas etapas segundo a escolla lingüística do profesorado, especialmente rechamante na ESO. Tamén debemos ter en conta que o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Básico (22%) cuxa lingua inicial é o galego non se vai dirixir nunca en galego ao profesorado que fala castelán.A maioría do noso alumnado (case 80%) ten como lingua inicial o castelán. O grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en galego é FP (27%) e o grupo con maior número de persoas que aprendeu a falar en castelán é Bacharelato (89%)

Parte dos datos tirados de enquisas a alumnado neste curso Para veres todos os datos, accede ao noso blogue

Máis alá das formas dos días da semana que máis coñecemos a través do ensino, tamén existe outro sistema para denominalos igualmente recoñecido pola normativa oficial do galego: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado. Obviando sábado e domingo, o máis vivo de todos é cuarta feira, que coñece outras variantes, como carta feira e corta feira. Estas denominacións son moi emblemáticas para o espazo lingüístico galegoportugués, xa que é a única lingua do mundo que as posúe, popularizadas no primeiro reino da Galiza. Fan parte da historia da nosa lingua desde que ela comezou a se formar coa desintegración do imperio romano. Nos calendarios actuais, as abreviaturas máis empregadas nos países lusófonos para a serie completa dos días da semana son: D, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª, 6ª e S, coa palabra feira seguindo, ás veces, os numerais ordinais: 2ª feira, 3ª feira... Para dar a coñecer o nome dos días da semana, pedimos a algunhas persoas que nos enviasen pequenos vídeos. Podedes velos no canal de youtube do equipo e no blogue.

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego, impulsaron no 2018 a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta”, para recuperar “os días da semana tradicionais”

Recomendamos visitar a súa páxina feriando.gal

This article is from: