1 minute read

Un haiku

é un breve poema de orixe xaponesa. Ten tres versos de cinco, sete e cinco sílabas. Carece de rima e pretende capturar a esencia da natureza. Despois de lermos varios deles en clase, propuxemos ao alumnado que crease os seus poemas breves baseándose nunha fotografía tirada por eles mesmos na contorna do antigo concello de Canedo. Pretendiamos que investigasen sobre a historia deste concello e unirnos así ao Proxecto Canedo que se estaba desenvolvendo desde a escola.

O haiku desta páxina foi creado por Pablo Fernández que escolleu o desaparecido cine Yago do noso barrio, aberto desde 1946 ata 1964. Tiña planta baixa, soportal elevado de entrada por unha rúa inferior paralela, un antevestíbulo e sala de descanso separados por columnas, portelo de entradas, cafetería e tres accesos á sala principal de butacas, con 484 prazas de aforo. Na planta primeira había un amplo vestíbulo, un despacho e oficinas de dirección, servizos hixiénicos, cabina de proxección e un gran anfiteatro con 320 prazas de aforo. Na planta do soto estaban os servizos de calefacción, instalacións eléctricas, ventilación, refrixeración e almacén. Infelizmente moitos edificios de gran valor patrimonial coma este levan desaparecido en Galicia.

Advertisement

Na montaxe de Pablo el mesmo posa no lugar que ocupaba o cinema, entre a rúa Ramón y Cajal e a rúa do Mercado, e aparece unha restitución en 3D feita por Carlos Paz (CIAG)

O inverno chega hai flores conxeladas as follas caen

Termas da Chabasqueira Febreiro 2023

A cicatriz do que nalgún momento fora a chuvia

Mirada fonda nesta poza fermosa O río escuro

Eirasvedras Xaneiro 2023

Como vivían Que boas vistas tiñan Hai moitas plantas

Pequena praza

Crianzas a xogaren

Sorriso interno

Sofía Lastra

This article is from: