1 minute read

CONCERTO DE CRUA

O día 21 de decembro o grupo do Porto Crua ofreceu un concerto no IES 12 de Outubro, organizado por Lingua de Ponte, Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro educativo.

O grupo Crua nace a partir dun laboratorio de adufes organizado no Porto en 2018. Dun grupo máis extenso creouse, despois dunha pandemia, unha banda de seis mulleres co seu repertorio. Neste repertorio inclúense tamén músicas galegas. Arelación do grupo con Galiza vén de lonxe e, segundo elas mesmas declaran “nace do interese musical, da afectividade e da herdanza común da lingua e da música”. É precisamente esa herdanza común a que leva o EDLG do IES 12 de Outubro, onde tamén se dan aulas de portugués, a querer mostrar o alumnado unha música e unha lingua que, infelizmente, non teñen tantas oportunidades de escoitar.

Advertisement

O grupo, formado por Ana Costa, Ana Trabulo, Diana Ferreira Martins, Isabel Martínez, LilianaAbreu e Rita Só; vén de abrir o Festival Maré, na Póvoa do Varzim, e estivo na mesma tarde do 21 de decembro no Vello Cárcere de Lugo. Trouxeron canda elas as voces e o adufe, un instrumento da música tradicional portuguesa, que continua en grupos de adufeiras tradicionais en Monsanto, no Paúl, Idanha-a-Nova ou Penha Garcia e que nos últimos tempos tense recuperado en iniciativas ligadas á xente máis nova, como obradoiros, foliadas ou a construción de pequenos adufes para as crianzas aprenderen a tocar na escola.

Se queredes estar á par de novas de Crua, busca en @crua,adufe

Recomendación de páxina: A EOI de Santiago de Compostela desenvolve desde hai anos un proxecto para divulgar a música e a poesía galegoportuguesas actuais para o aproveitamento do ensino do portugués e vículos coa lusofonía. Organizan cada ano un festival que nace dun certame no que o público pode votar. Infórmate en aritmar.gal

This article is from: