4 minute read

100 anos de José Saramago

Apontamentos lusófonos

Chico Buarque de Holanda (Río de Janeiro, 78 años), músico e escritor brasileiro, recibiu este abril de 2023 o premio Camões que lle fora outorgado en 2019 e que Bolsonaro non lle quixo entregar naquela altura. No ano 1922 o premio foi outorgado ao tamén brasileiro Silviano Santiago.

Advertisement

O 16 de novembro de 2022 José Saramago tería feito cen anos.

O alumnado de portugués recordou a figura do Nobel de Literatura, de imprescindíbel lectura, cunha exposición que colocou na biblioteca José Ángel Valente, coincidindo coa conmemoración do 25 de Abril

No ano 2021 Paulina Chiziane, escritora mozambicana nacida en 1955, recibiu o Premio Camões e converteuse na primeira muller procedente de África en entrar no palmarés do certameapós32anosdehistoriaprevia.

Se aínda non sabes facer as coplas dos maios visita o vídeo “Como facer as coplas dos maios” na canle de Youtube de Nubes baixo Ti.

A festa dos Maios é unha das máis fermosas tradicións que conservamos na cidade de Ourense. Con ela despedimos o inverno e saudamos a colorida primavera. A tradición manda construír un maio e cantar unhas coplas satíricas nas que usamos a retranca para falarmos da actualidade.

O maio tradicional é unha escultura vexetal de forma cónica ou piramidal cunha armazón de tea e madeira decorada con musgo, flores silvestres, bugallos...

As coplas son estrofas enlazadas entre si de catro versos hexasílabos (seis sílabas) nas que riman os versos pares e cantadas no día da festa cunha melodía tradicional.

No 12 participamos no concurso do concello con dous maios e aproveitamos para lle render homenaxe ao Carrabouxo polos seus corenta anos de vida. Por aquí están algunhas fotos da construción do maio na escola, da participación no concurso do concello e das coplas que cantamos nese día e que creamos de forma colectiva entre o alumnado da ESO e Bacharelato.

Chega a primavera coas flores belas os maios agardan polas coplas ledas.

Polas coplas ledas agardamos todas queremos cantalas coas nosas bocas.

Coas nosas bocas imos criticare este sufrimento que nos fan pasare.

Que nos fan pasare con tantos exames que tan só che están para nos molestare.

Para nos molestare Jácome che está xa que/ en Ourense só obras che fai.

Só obras che fai para así gañar os votos de todas que en Ourense están.

Que en Ourense están e cos nosos bonos moito imos mercar as mozas ourensás.

As mozas ourensás queremos loitar contra as inxustizas do noso lugar.

Do noso lugar imos resaltar que temos as Burgas para desfrutar.

Para desfrutar ven a Ourense xa que a ponte romana terás que pasar.

Terás que pasar para un xeado mercar a menos que a inflación os encha a rebentar.

Tamén vai rebentare a xente do doce con tanto traballo que poñen os profes

Que poñen os profes un e outro día para que perdamos A nosa alegría

A nosa alegría

O Carrabouxo trae viñetas ao día que boas que saen.

Que boas que saen sempre atinadas coas súas críticas sempre ben pensadas.

Sempre ben pensadas e con compromiso usa a nosa lingua sáenos un sorriso

Sáenos un sorriso xa corenta anos cumpre o Carrabouxo neste mesmo ano

Neste mesmo ano vimos nós ós maios cantamos as coplas nas rúas do barrio

Nas rúas do barrio hai moitos buratos e ademais no cole ándache un gran rato

Ándache un gran rato por aí paseando e logo escondeuse detrás dun armario

Detrás dun armario non debes vivire a horrible homofobia ségueche a existir. Seguen a existire xentes repunantes viven no pasado nos tempos de antes

Nos tempos de antes era máis barato ir comprar verduras ao noso mercado.

O noso mercado do barrio da Ponte inda está pechado hoxe igual que onte.

Hoxe igual que onte segue clausurado e tras tanta obra non temos mercado.

Non temos mercado e UPO tampouco porque a cultura importa moi pouco Importa moi pouco a este noso alcalde que só se preocupa polas obras grandes.

Polas obras grandes e por Omar Montes Pouco lle interesan estes nosos montes hai pouco galego tamén nas escolas cero respeitiño polo noso idioma

Estes nosos montes quen os ha coidare muíños enormes por todas as partes.

Por todas as partes oímos castelán na nosa cidade nin galego hai.

Este noso idioma e a nosa cultura hai que defendere contra a censura

Contra a censura desde a teuvegá que ós traballadores non deixa falar.

Non deixa falare ós seus xornalistas mándaos para lonxe seica os castiga.

Quen castigará a quen nos goberna Non votamos ben todo serán queixas

Todo serán queixas e non aprendemos a usármonos ben o voto que temos.

O voto que temos todos se disputan para as eleccións que xa se vislumbran.

Tamén se vislumbra unha despedida témonos que ire isto xa termina isto xa termina non vos apenedes que o ano que vén tamén nos veredes.

Neste novo ano xa chegan os maios no 12 de outubro xa non agardamos

Xa non agardamos a este novo día que con entusiasmo enchemos de alegría

Enchemos de alegría co noso esforzo afrontamos o día con moita aborozo

Con moita alborozo os meses moverán outro novo ano, esperando o verán

Esperando o verán chega o Carliños sen pelo na cabeza anda moi fresquiño

Anda moi fresquiño o tolo do Norman cando chega a clase non hai quen a colla

Non hai quen a colla Voan como pombiñas xices polo aire Ai, a Anxeliña!!

Ai a Anxeliña súbema a nota son bo en matemáticas mais non se me nota

Mais non se me nota que son bo nas clases todo o meu esforzo xa non ten avance

Xa non ten avance a miña cidade está destrozada polo noso alcalde

Polo noso alcalde gañamos cen euros para gastalo todo na nosa cidade na nosa cidade temos un carballo Cheo de carrabouxos como agasallos Como agasallos Jácome aparece No noso Carrabouxo Que o aborrece

Que o aborrece Quéixase a Xunta Parece que non gosta Polas tantas burlas

Polas tantas burlas non como as da guerra Á xente de Ucraína Que triste que deixa

Que triste que deixa Todo destrozado Non che parecemos Seres moi humanos

Seres moi humanos Shakira e Bizarrape que xa non deixan a Piqué descansare

A Piqué descansar non o van deixare as festas do Jácome que o van acordare.

Que van recordare todos os veciños: o do rañaceos onde queda iso?

Onde queda iso que Baltar buscaba ía a toda présa pola autoestrada.

Pola autoestrada a douscentos quince parecía un rato diante dun lince

Diante dun lince non podemos ire porque na Galiza case non existen Case non existe nada de beleza campos de metale entre a natureza

Entre a natureza Hai moitos muíños E haiche que coidala con moito agarimo.

This article is from: