1 minute read

GALLAECIA POP OLAXONMARIO

Obradoiro sobre a creación cultural e audiovisual en galego

O día 16 de xaneiro visitou o noso centro Mario Brion Toucedo, creador da canle de youtube Olaxonmario, co seu obradoiro Gallaecia Pop. Nel fai un percorrido por algúns éxitos da produción cultural de carácter popular en galego ao longo da súa historia e fala das numerosas iniciativas que levan xurdido recentemente (música, filmes teatro, Twich, TikTok, Youtube...)

Advertisement

Certo é que que hai unha grande produción cultural en galego, pero non é menos certo que a maioría da rapazada a descoñece. É por iso que Mario leva este obradoiro ás escolas galegas. Outra iniciativa interesante neste sentido é o Premio Youtubeiras, creado por servizos de normalización lingüística de varios concellos galegos que xa vai pola sexta edición e no que Olaxonmario xa recibiu varios galardóns.

Nunha recente entrevista nun xornal galego Mario afirmaba: “Eu penso que, en comparación con fai seis ou sete anos, si se produciu un aumento de contidos en galego, pero seguen facendo falta iniciativas de financiamento público, porque non pode ser que toda a produción cultural nunha lingua estea nas mans de xente que o fai por motivación propia e de xeito amateur. Quen ten ferramentas para que a xente poida vivir na súa lingua con comodidade é o ente público, e non sempre o fai. Por iso, iniciativas como as miñas, e de moitos máis, levan un peso que non lle corresponde».

A Academia Galega do Audiovisual nominou este ano ao premio Mestre Mateo a Mario Brión como mellor comunicador xunto con Esther Estévez, Simone Saibene e Xosé A. Touriñán.

Recomendamos visitar na rede: youtubeiras.gal premiosmestremateo.gal

This article is from: