O QUE OCORRE EN CARRACEDO, CONTÁMOSCHO NÓS SEGUNDO SEMESTRE DO ANO 2017 | PUBLICACIÓN NÚMERO VI | EDICIÓN SEMESTRAL | PREZO: A VONTADE
O CATASTRO DE ENSENADA OFRECE UNHA VISIÓN DE CARRACEDO A MEDIADOS DO SÉCULO XVIII
Unha porta ao pasado: O Carracedo de 1752 HABÍA 120 CASAS E 68 ERAN INHABITABLES OS VECIÑOS CENSADOS ERAN 174 EN TOTAL ASOCIACIÓN PÁX. 2
Seguindo a tradición, continuamos inaugurando cada novo número de Carracedo Fala achegándonos ao pasado da nosa parroquia. Nesta ocasión, para falar de como era esta a mediados do século XVIII. Neste tempo, o rey Fernando VI
manda realizar un catastro para coñecer os territorios que gobernaba, coñecido como Catastro do Marqués de Ensenada, que respondía a distintas preguntas sobre cada localidade. Folleándo as páxinas que falan de Carracedo, coñecemos
Xornadas micolóxicas
PROTAGONISTAS PÁXS. 4-5
Serafín Castro Xanza, O Cesteiro PARROQUIA PÁX. 2
Axudas para a rehabilitación de casas PÁX. 7
Bautizos, falecementos e funcións
Cabeceira da primeira páxina do Catastro de Ensenada que se refire a Santa Mariña de Carracedo
abondosa información da nosa parroquia. En 1752, que foi o ano no que se realizou o interrogatorio na nosa parroquia, Carracedo non pertencía, coma hoxe, a Caldas, senón a Baños de Cuntis. Estaba formado por aproximadamente 174 persoas e 120 casas, das cales 68 eran inhabitables. Coma hoxe, os veciños tamén tiñan que pagar impostos. Á Igrexa, habían de tribu-
tar o dezmo, a primicia e o dereito de boto (este último para o arcebispo de Santiago). No referido aos impostos civís, estaban os servizos ordinarios e extraordinarios, e ademais, aqueles que gravaban o consumo: a alcabala, os centos e a sisa. Loxicamente, estas sangrantes taxas agrababan a precaria existencia da poboación. Por último, quizais o máis interesante que ofreza o cen-
PORTAL DE ARCHIVOS ESPAÑOES
so sexa unha recopilación dos oficios que os veciños desempeñaban. Ademais de labregos e xornaleiros, que eran maioría, había un preceptor de gramática -Domingo Fariña-, un notario -Alberto da Fraga-, un taberneiro -Antonio Nibeiros-, varios sastres -como Benito Piñeiro ou Blas da Bouza-, por non falar de carpinteiros, canteiros, curtidores, agrimensores, texedores e zapateiros.
PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA
PARROQUIA
Recuperando a historia e a tradición D e s t a vo l t a , quixemos renovar a nova exposición. Todos os anos anteriores expuxemos obxectos antigos que empregaron os nosos antepasados, coa colaboración de veciños da parroquia, que os tiveron gardados durante todos estes anos e nolos prestaban de bo grao. Este ano decidimos
que era hora dun cambio, e fixemos unha exposición de fotos que fomos recompilando ao longo de varios meses. Finalmente conseguimos unha mostra extensa, que tivo un gran público e chamou a atención dos visitantes. De feito, algúns dos descendentes dos retratados, que
Posto da Asociación Parroquial coa exposición de fotos
non sabían que tales fotos existían, pedíronnos unha copia. Queremos seguir ampliando o
O paso do Camiño por Carracedo permitirá aos veciños acceder a axudas
noso arquivo, e con el enriquecer aínda máis a seguinte exposición. Para iso necesitamos a
CARRACEDO FALA
colaboración dos veciños, para que nos permitan realizar unha copia dos seus recordos de familia.
A subvención, que pode ser solicitada por calquera veciño de Carracedo, poderá chegar até os 15000 euros por propiedade A Xunta de Gal i c i a d e s t i n a rá preto de 2,9 millóns de euros en axudas para rehabilitar áreas do Camiño de Santiago, unha iniciativa que se inclúe dentro dos plans cos que a administración autonómica pretende restaurar as vías do Camiño referidas a diferentes concellos da provincia, entre eles Caldas de Reis, Valga e Pontecesures. As axudas están destinadas ás
comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades e a persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas localizadas nestas áreas. No de zonas urbanas como Caldas, só as casas que linden co trazado do camiño poden acceder ás subvencións. Non obstante, no caso das zonas rurais, como é o caso de Carracedo, a área susceptible a recibir a axuda compren-
de toda a parroquia. Isto fai que todas as vivendas de Carracedo que cumpran cos requisitos se poidan beneficiar desta axuda. Os solicitantes poderán acceder a unha axuda máxima de 15 mil euros, aínda que esta só servirá para cubrir o 45% do custo total das obras. O destino das axudas é moi diverso, aínda que está sempre vinculado a accións na propia viven-
Un dos fitos do Camiño no seu paso por Carracedo
da: adecuación da súa seguridad e , p ro t e c c i ó n fronte a auga e a humidade, adecuación de instalacións eléctricas, de augas ou telecomunicacións, redución da demanda enerxética ou garantir a salubridade. Trátase da cuarta ocasión na que a Xunta de Galicia convoca estas axudas, e dende que se co-
CARRACEDO FALA
mezou co proxecto, en decembro do ano 2010, xa se levan beneficiado del 275 vivendas de máis d e 4 4 5 p a r ro quias de toda Galicia. Todos os veciños interesados en coñecer máis información ao respecto deste proxecto, poden acceder a ela vía internet, a través do seguinte enlace: https://ariigvs.xunta.gal/
CARRACEDO FALA | PÁXINA 3
Os veciños de Casalderrique terán finalmente unha rede de sumidoiros
Actos vandálicos na Igrexa
A finais de febeiro deste ano comezaron as ansiadas obras da rede se sumidoiros en Casalderrique. A empresa encargada da obra é “Construcciones Vale, S.L.”. Cun c u s t o d e 171.751€, serán executados con cargo ao Plan de Obra e Servizos da Deputación de Pontevedra. O primeiro día do comezo das obras acudiu ao lugar o alcalde de Caldas, José Man u e l R e y R e y, acompañado por C a r m e To r r e s , concelleira de Carracedo, para reunirse cos veciños e explicarlles como se levarán a cabo ditas obras. Tense previsto
Unha vez mais, temos que falar de actos vandálicos na nosa parróquia. Desta volta foron os focos que iluminan a igrexa. Non é a primeira vez que alguén lles tira pedras, rompendo así tanto os cristais coma a bombillas, e como consecunecia, deixando a escuras o adro. Pero desta volta, o que sorprende é a rapidez coa que actuaron os vándalos: as luces foron apedradas unha semana despois de seren de novo repostas Os sacristáns decidiron non volver a colocar luces novas, ante o medo de que volvan a rompelas.
O alcalde de Caldas informa aos veciños de como será o desenvolvementos das obras
que se conecten á rede un total de 17 acometidas, que darán servizo a domicilios particules. Tamén será necesario a construción dunha estación de bombeo, que se encargará de verter os residuos ocasionados na
futura rede do Fieitoso. Por último, explicouse que os camiños afectados serán de novo asfaltados. Unha xusta reivindicación Os veciños dos lugares de Casalderrique e Fieitoso eran os únicos
O próximo 27 de maio volverá a celebrarse a batalla de Casaldeirigo. Se queres participar como figurante, contacta con nós. Anímate!
CEDIDA
que aínda non tiñan rede de sumidoiros de toda a parroquia, a diferenza do resto de lugares, que xa dispoñen deste servizo básico dende fai uns cantos anos. Agora, o Fieitoso espera con ansia o comezo das obras.
PÁXINA 4 | CARRACEDO FALA
PROTAGONISTAS
“Cando veu o plástico, acabouse Serafín o cesteiro” SERAFÍN CASTRO XANZA O CESTEIRO DE CARRACEDO
Aos seus 85 anos, aínda ten enerxía e idea de traballar. Hoxe vainos contar as vivenzas de toda unha vida.
Vostede naceu no Gorgullón. En que casa?Onde está agora Andrés. Coñeces a Andrés? A finada é Maruja, morreu aí atrás. Pois esa era a casa de meu pai. Xa era cesteiro seu pai? Si, aprendín con el. Meu abuelo xa era cesteiro, vivía no Cope, bueno, según me dixeron a min.
Vostede foi o último? Non aprendeu o oficio ningún irmán ou fillo? Si, son último. Eles non quixeron. Daquela era unha vida moi difícil, que se nos poñemos con ela, temos para moito tempo, pero queda para outro conto. Era unha casa pobre, moitos irmáns. Nós somos dez, eu incluído. Tres morreron de pequenos e sete
fomos remando. Agora somos dous solos, eu e máis a do Casarello, Carmen. É o que queda, nada máis.
Onde foi á escola? Empecei aquí na carretera, onde está a panadería. Pero onde mais tempo botei foi no Campo, na de Busto. A ver, eu moito á escola non fun, daquela había moita fame. O que agora se tira, daquela aprobeitabase moito.
Dende cando coñece o oficio? Eu dende pequeno vía a meu pai alí a pelear. A min mandábame á escola, aínda que pouco fun. Aprendín a ler e a escribir, e pouco máis. Cando xa fun grandeiriño fun coas ovellas para o monte. Despois, o finado de meu pai
Era unha casa pobre e moitos irmáns. Dez, eu incluido, tres morreron de pequenos, e sete fomos remando. Agora somos só dous. A madeira de cestas non é coma a outra, non se pode serrar, ten que ser fendida, se non xa non vale. Antes as cestas tiñan afecto, para todo iban, pero ó que veu o plástico, se jodió. púxome a limpar nas vergas. Eu fendíaas e íballas limpando.
Onde coseguían a madeira? Tiñamola que comprar toda, onde a había. Nos chegamos a ir a Arcos de Furcos, en Cuntis e a Raxoi, en Saiar. Por aquí había pouca que valese. A ma-
Serafín Castro Xanza, o cesteiro de Carracedo, na súa casa do Fieitoso
deira das cestas non é coma a outra, non se pode serrar, ten que ser fendida, se non xa non vale.
gueiro, valía a cerdeira, valía, ultimamente, a alcacia e comprabamos tamén vigas de carballo. Pero peneiriños, ehh, non Que árbores em- valía calquera. pregaban? Valían catro: valía o sal- Como preparaba
CARRACEDO FALA | PÁXINA 5
Asturias, no alto de Salime. Daquí fomos moitísimos. Logo marchei á mili, fun a Burgos a pasar frío, á caballería. Despois mandáronme a Zamora a facer a instrución, ata que vin pa casa. Ós 25 anos casei aquí, vin para o Fieitoso. Aquí tiñan moitas veigas pero de fóra. Eran dos de Conde, aínda están por aí, algunhas a silvas. Estando aquí, fun traballar unha temporada a Tafisa, en Pontevedra, co pai de Amador que lle chamaban Luis, do Cope.
a madeira? Non había que gardala, ó fendela xa se empregaba. Se as deixabas secar, despois tiñas que metelas en agua, para que se doblaran.
Antes tíñanlles afecto, para todo iban, pero ó que Despois marchei veu o plástico, se a mili. Fun a jodió.
Burgos a pasar Xa non tiña pedi- frío, á caballería. dos? Unha encarga para a casa, para ter un recordo, do resto nada. Non lle daba rendemento nigún, eran moito mais caras. Ultimamente, para pagar para min e para a muller, tiven que votar man de ir ao xornal.
A que feiras ía vender? Con meu pai ía a Padrón. Despois, coa muller, a Moraña; e ibamos dende aquí a andar coas cestas ao lombo. Facía sobre dez, metía unhas dentro doutras , atábaas, e a muller, cun lío na cabeza, e a Moraña, a andar. O mellor un cachiño do camiño collíallas, pero pola carretera non me gustaba moito que me viran coas cestas ao lombo. Ao aumentar a feira, viñan uns coches de Cesures, Gómez e mais o García a e algunhas veces ibamos neles.
Traballou para os de Conde? Non. Nós tiñámolas arrendadas, pagabamos por elas. Tíñaas miña sogra e mailos vellos, e eu xa daquela cando vin para aquí había moito traballo. Ós CARRACEDO FALA de aquí gustáballe Fo i t r a b a l l a r estar na terra, e fóra? Fun ós 18 andivemos así. anos. As cestas eran unha cousa Seguiu de cesteique, cando había ro? Si. Cando vin cosechas, traballá- para o Fieitoso base moito,cando comprei ferranon había, moito menta e fixen menos. Daquela cestas. Pero eran Había máis ceshabía traballo en para unha época. teiros na zona?
Traballaba tamén algo un tío meu, en Aguiño do Carballo, pero xa se retirara. E ainda traballou algo o seu fillo, Marcelino, que está en Arcos de Furcos, o pai do xefe dos serenos de Caldas. Sigue traballando no campo? Bueno, a idea téñoa. Vexo os herbales e pégame a rabia, vou alí e limpoos, poño a presa, aínda que a herba hai que tirala, que nós agora non temos gando.
Había outros artesáns pola zona? Antes había moitos. O de Paz do Cope facía timoeiros. Serafín da Pedreira facía xugos. Zoqueiros había dous: o de Casalderrique e Pepe o de Benigno, nas Cernadas.
O que fixen ata agora, foi o que dixen, a vida foi sempre dura. Eu pelexei sempre. Así foi a vida do cesteiro. Estou feito un vello.
PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA
ASOCIACIÓN
Xornadas micolóxicas. Aprendendo a recoñecer os cogomelos
Un ano máis, a Comunidade de Montes organizou as Xornadas Micolóxicas, unha cita ineludible para os afeccionados aos cogomelos da parroquia. Coma noutras ocasións, este curso consistiu nunha clase teórica, celebrada o día 3 de novembro, e a saída ao monte, o día 5. De novo, a convocatoria foi todo un éxito, coa participación de 20 alumnos. Nos anos anteriores, a saída ao monte foi en Laredo, pero este
ano os organizadores decidiron cambiar de lugar, debido aos incendios que afectaron a esta ubicación, elixindo no seu lugar o monte de Casalderrique. Desta volta, os cestos viñeron máis baleiros
que os anos pasados, pois este ano, a calor do outono fixo atrasar o nacemento dos cogomelos. Aínda así, os participantes comentaron que lles resultou unha grata experiencia e que pensan repetir.
Alumnos das Xornadas no monte de Casalderrique
CARRACEDO FALA
Recoñeces a algunha destas persoas? Necesitamos a colaboración dos veciños para identificar aos nenos desta fo-
tografía. Se sabes quen son ou te recoñeces, avisanos! Daremos unha copia
aos protagonistas. Temos unha soa pista: unha das nenas é Fina do Crego.
Curso de poda organizado pola Comunidade de Montes Aprender conceptos básicos relacionados coa poda e enxertos, identificar diferentes tipos de podas e tratar as feridas das árbores foron os o bxe t ivo s d o s alumnos que acudiron ao primeiro curso de poda que se celebrou na Casa da Fábrica os días 26 e 27 de xaneiro. A Comunidade de Montes atendeu unha vella demanda de moitos veciños de Carracedo organizando este curso. Despois dunha clase teórica, onde se explica-
ron as diferentes técnicas de corte e enxertos, ao día seguinte os alumnos puideron levar á práctica as técnicas aprendidas no monte do Gorgullón. Os numerosos comentarios positivos e o considerable número de participantes (cerca de 20) fan que a Comunidade de Montes xa estea valorando a posibilidade de celebrar cursos similares todos os anos. Moitos dos alumnos expresaron os seus desexos de coñecer máis sobre a poda de frutais e de vide.
Alumnos do curso de poda no monte
CARRACEDO FALA
CARRACEDO FALA | PÁXINA 7
PARROQUIA
Bautizos, falecementos e funcións BAUTIZOS Manuela Velo Otero 6 de xaneiro Elías Busto Fojo 14 de maio Iván Silva Fresco 12 de xuño Iria Martínez García 17 de xuño Nico Esperón Iglesias 30 de xullo Chloe Conde Santomé 13 de agosto
Francisco López Conde 25 de xaneiro Francisco González Bello 12 de febreiro Josefa Bello Navia 5 de marzo Manuel Gómez Torres 11 de marzo Carmen Rodríguez Freiría 12 de marzo Manuel Fariña Sanmiguel 5 de abril Carmen Sousa Bello 13 de maio FALECEMENTOS José Clemente Mella María Esther Bello Rey Maquieira 14 de maio 1 de xaneiro Manuela Fernández Manuel Frieiro Esperón Pardal 17 de maio 6 de xaneiro Gerardo Sanmiguel O CAMPO CASALDERRIQUE O COPE AS CORTIÑAS O CRUCEIRO O FIEITOSO O GORGULLÓN O OUTEIRO TOTAL
HOMES MULLERES 12 13 74 66 62 74 36 50 41 33 30 36 105 121 21 15 381 408
González 19 de maio Aurea González Barreiro 20 de maio Francisco Carballo Vázquez 4 de xuño Serafín Bello Bello 6 de xuño Clementina Rodríguez Garrido 10 de xuño María Dolores Carballo Magán 25 de xullo Germán Casal Castro 29 de setembro Manuela Bello Esperón 24 de novembro Manuel Santos Iglesias 25 de decembro José Magariños Sanmiguel 27 de decembro
TOTAL 25 140 136 86 74 66 226 36 789
Habitantes de Carracedo detallado por lugares no 2017
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
Evolución da poboación de Carracedo no período 1999-2017
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
SANTÍSIMO SACRAMENTO (ANO 2018) Jose Angel García Ferreira e María del Carmen Frieiro Castro. Carlos Abalo Quintela e María de los Ángeles Fresco Santos.
SANTÍSIMO ROSARIO (ANO 2018) Salvador Varela Moreiras e María del Sol Castro Pego. Jose Ramón Salvado Freiría e María Luisa Iglesias Miguéns.
Drástica baixada de poboación en dez anos O pasado mes de febreiro, o Instituto Galego de Estatística fixo públicos os datos de poboación das parroquias galegas do ano 2017. Para Carracedo, estes seguen a confirmar o evidente descenso de poboación que está a sufrir a nosa parroquia nos últimos tempos. En 2017, Carracedo contaba con 90 habitantes menos que hai dez anos. Ademais, o número de falecementos do 2017 (21) superou amplamente ao de bautizados (6). Como se pode
ver na táboa achegada, a 1 de xaneiro de 2017, a poboación total de Carracedo era de 789 persoas, colocándose así no ecuador da clasificación das p a r ro q u i a s d o concello, por detrás de Caldas (que con Santa M a r í a e S a n to Tomé concentra 4 5 5 6 h abitan tes), Saiar (con 837) e San Clemente (con 796). No referente á nosa parroquia, é o lugar de Gorgullón o que concentra máis poboación (226 veciños), e O Campo, o que menos (25).
CARRACEDO FALA | PÁXINA 8
CULTURA E ETNOGRAFÍA
Aí vén o maio cargado de xestas Un ramallo na porta serve para escorrentar os malos espíritos
Dende épocas ancestrais, antes incluso de que a relixión católica arribase ás terras galegas, a chegada do mes de maio celebrábase con moita solemnidade en toda Galicia e, como non, tamén na nosa parroquia de Carracedo. Algunha vez vos preguntastes por que o día 1 de maio moitas casas e coches se decoran con xestas? Para atopar a resposta a esta tradición, que foi minguando nos últimos anos, hai que remontarse incluso a antes do nacemento de Cristo. O “mal de ollo” Os veciños de Carracedo e das parroquias da redonda, antes de que saíse o sol, o día 1 de maio colo-
Xente ao Lonxe de Eduardo Blanco Amor.
caban unha ramiña de xesta nas cortes, nos carros e nos xugos dos bois. Facíano coa intención de escorrentar os malos espíritos, o coñecido como “mal de ollo” e tamén para ter unha boa colleita durante todo o ano. De feito, a colocación desta xesta non só se limitaba a aqueles espazos que, de forma habitual, usaban os animais, senón á propia casa. Durante moitas déca-
das era común madrugar o día 1 de maio para colocar a rama de xesta na porta para “protexer” o fogar e a todos os que alí vivían. A modernidade tamén trouxo aparellado que, no canto dos carros, a rama de xesta se comezase a ver nos coches. A orixe desta tradición, que tamén se segue noutros puntos de Galicia, é moi difícil de ubicar nun período concreto da historia. Aínda
que en Carracedo non existe alomenos dende hai xa varias décadas, noutros enclaves era moi típico fac e r e s t r u t u ra s adornadas de flores e fiuncho chamadas “os maios” en torno ás cales os rapaces da aldea cantaban coplas. Xa na época dos gregos e romanos se facían este tipo de rituales en torno á deusa da fertilidade para que as colleitas do ano fosen boas.
CARRACEDO FALA
Fundado no ano 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN Laura Bello Magariños Fátima Frieiro Santaya Javier Frieiro Santaya O QUE OCORRE EN CARRACEDO, CONTÁMOSCHO NÓS
Tomando como telón de fondo a cidade de Auria, relátanse diferentes historias que mostran os profundos cambios sociais que se están producindo na Galicia de finais do século XIX.
Los Pilares de la Tierra de Ken Follett A construción dunha catedral gótica durante a Idade Media introdúcenos nun mundo de historias de reis, damas, cabaleiros e castelos.