ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº V PREZO: A VONTADE
PUNTOS MÁIS RELEVANTES
ANO 2017
ASOCIACIÓN Reunión do 23 de abril: PROTAGONISTAS Manuel Castro Santos, “Rosende”
PARROQUIA “Una Ventana Abierta al Mundo” Carnés fitosanitarios Un xusto cambio na tradición
EXTRA Nacementos e defuncións BIBLIOTECA O mellor para os nosos lectores!
Unha porta ao pasado: Carracedo nos anos 50
CASALDERRIQUE
X FIEITOSO
CRUCEIRO
Entre os anos 1956 e 1957, o exército dos Estados Unidos realizou fotografías de todo o país dende o aire. Isto coñeceuse co nome de Vuelo Americano del 56. Aínda que non foron as primeiras
imaxes que se fixeron desta índole, si foi a primeira completa que tivemos de todo o territorio español. A día de hoxe todos podemos ver a nosa casa por Internet, pero estes mapas, que xa
están a disposición de tódolos cidadáns na rede grazas a un acordo entre o Goberno central e as diferentes Comunidades Autónomas, permítennos saber como era Carracedo hai mais de cincuenta anos. Esta é unha
moi boa oportunidade para abrir unha porta ao pasado e ver o Carracedo daqueles tempos. Anímaste a mergullarte no pasado? Poderalo facer dende este enlace: https:// fototeca.cnig.es/
PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA
ASOCIACIÓN
RESUMO DA REUNIÓN DO 23 DE ABRIL O pasado día 23 de abril tivo lugar a reunión xeral da Asociación Parroquial. Nela informouse aos presentes de varios puntos. En primeiro lugar, o arranxo dos cemiterios. A Asociación informou que xa están tódolos permisos, polo que as obras poderían comezar este verán. Nomeouse a viva voz aos propietarios que expresaron a súa negativa ás obras. A dúbida estaba en que facer cos seus panteóns, e logo dun debate e dunha votación, a maioría dos presentes decantouse por non arranxalos. Tamén se instou ao resto dos propietarios que son favorables pero aínda non deron autorización por escrito, que presenten o documento firmado o antes posible. Se alguén ten algunha dúbida, ou extraviou o papel a firmar, só ten que dirixirse a algún membro da directiva. En segundo lugar, informouse que comezarán os trámites para a construción dos novos panteóns segundo o proxecto. Nomeouse a tódolos interesados e instouse a que se alguén máis o está se apunte na listaxe, e así ter unha referencia de cantos se terían que construír. En terceiro lugar, tratouse o tema de cambio de nome e titularidade dalgúns dos panteóns ac-
tuais. Esta é unha xestión que se ten que levar á Arquidiocese de Santiago, polo que se alguén está interesado haberá de falar con algún membro da Asociación. Ideas do Concello En cuarto lugar, a presidenta expuxo os novos proxectos que o
Concello ten previstos para Carracedo: o asfaltado de dúas pista; e o saneamento de Casalderrique, que rematará no Fieitoso. Deste último tema falaron veciños do Gorgullón, expresando o seu malestar debido a que varias casas do lugar aínda non contan con sumidoiros.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 3
Ademais, en canto ao tema do asfaltado, veciños de Casalderrique queixáronse do mal que quedou unha das pistas, pois ao parecer o asfalto quedou húmido e pegañento, facendo difícil camiñar por el. Nesta mesma liña, unha veciña das Cortiñas pediu o asfaltado dunha hoxe de terra que conduce á súa casa; esta mesma veciña
expresou o seu interese en que lle poñan algún punto de luz neste camiño. A directiva da Asociación comprometeuse a levar tódalas cuestión ao Concello. Futuros proxectos Por último, falouse dos futuros proxectos que a Asociación ten previsto levar a cabo. Destacamos o curso de poda e
enxertos, realizado coa colaboración da Comunidade de Montes e o curso de iniciación a internet. Os interesados deben apuntarse canto antes, para o que deben dirixirse a algún membro da directiva e darlle así os seus datos para inscribirse. Unha vez coñecido o número de posibles alumnos, faranse diferentes reunións para concretar datas e horas.
CONTAS DO ANO 2016 GASTOS Comisión administración
1,20€
Comisión de mantemento
29,00€
Susavila, correduría de seguros
211,60€
Pago factura do curso de sulfatos
1860,00€
Comisión administración
2,50€
Comisión de mantemento
26,50€
Compra de fariña (Panadería Carracedo)
15,00€
Supermercados Froiz
68,55€
Estanco Carracedo
26,20€
Gasto revista
190,00€
TOTAL
2430,55€
INGRESOS Cotas de socios
950,00€
Cotas atrasadas
1695,00€
Recaudación de Carracedo Fala (números III e IV)
498,71€
Recaudación da Feira Tradicional
268,36€
TOTAL
3412,07€ CÓNTANOS A TÚA HISTORIA!
ATENCIÓN ANUNCIANTES!
Queremos seguir contando historias da parroquia. Cóntanos a túa para que os máis novos a coñezan e os maiores a recorden.
Animádevos a poñer publicidade en Carracedo Fala. Contactade con nós!
PÁXINA 4 | CARRACEDO FALA
PROTAGONISTAS. Manuel Castro Santos “Rosende”
“Non miña nai, eu non lle vou á herba, eu quero comprar unha gaita” Manuel Castro Santos, máis coñecido polos de Carracedo polo sobrenome de Rosende, foi sen lugar a dúbida unha das figuras máis características da nosa parroquia. Quen non oeu falar algunha vez de Rosende? De feito a día de hoxe, a súa ferretería ubicada no Gorgullón é coñecida precisamente como “a de Rosende”. É precisamente alí donde falamos coa súa filla Marisa, para que nos conte detalles sobre a súa vida e poidamos botar a vista atrás sobre quen foi este veciño noso. Manuel Castro herdou o seu alcume dalgún familiar anterior e foi ese o nome co que se lle coñeceu sempre e o que aínda perdura ata hoxe. Nin Castro nin Santos, Rosende. A súa historia comeza en 1932 no lugar da Pedreira. Xa de moi novo tivo moi claro o que quería. Dicíalle a súa nai “non miña nai, eu non lle vou á herba, eu quero comprar unha gaita”. Non obstante a realidade era outra. Naqueles tempos os cartos non sobraban e o rapaz tivo que buscar oficio para conseguir o que tanto quería dende novo. Algo máis que un músico “Rosende” aprendeu a profesión de carpinteiro na de Manuel Fariña (no Gorgullón). Non foi a única. Tamén aprendeu o oficio de barbeiro, e incluso se atrevería a amañar bicicletas, que máis tarde alugaría a aqueles que así o re-
seus negocios. Alugaron a casa de José Manuel de Fariña, que hoxe está ao lado da ferretería e que máis tarde chegarían a comprar. Abriron o negocio no que hoxe atende Marisa e a maiores unha carpintería no ano 1959. Aínda así, estes non eran os únicos negocios de Rosende. De feito, chegaría a montar varias salas de festas. Precursor de pinchadiscos
querían. A gaita, a que era realmente a súa gran paixón, aprendeuna a tocar cun grupo de Dimo chamado os “Areeiras de Catoira”, aínda en activo hoxe en día. Aos vinte e catro anos Manuel Castro casou con Elsa. Con ela tería oito fillos (José Luis, Javier, María Luisa, Rosendo, Rosario, Mari Carmen, Moncho e Conchita). Curiosamente Manuel Castro quixo deixar o legado do seu sobrenome familiar nun dos seus fillos. Extensa familia A súa filla Marisa recorda que, xa cunha idade, cando recibía aos seus clientes na barbería sempre lles dicía: “Teño oito fillos, pero aínda que tivera outros oito, tiña traballos para todos”. Os primeiros anos o matrimonio viviu en Cuntis, pero pouco despois trasladouse a Carracedo, dado que era aquí onde tiñan os
A primeira foi en Caldas, no edificio da Praza de Abastos polo que lle pagaría unha renda ao Concello. Os comerciantes que daquela vendían nestas instalacións protestaron, e Rosende tivo que desistir da actividade. Aínda así seguiría no negocio, dado que máis tarde viría para Carracedo e coa axuda de Serafín do Fieitoso e outros montaría outra na do Recho. O mesmo faría logo nas Cernadas, en Padrón e en Cesures. Aínda que normalmente estaba de porteiro, non era raro que subise ao escenario a tocar coa orquestra, algo que lle encantaba. Outra faceta do noso veciño era a de pinchadiscos. Aínda se recorda en Carracedo cando os mozos lle ían pedir o tocadiscos para seguir a festa a altas horas na Carballeira. E este negocio non só sería na nosa parroquia, senón incluso en verbenas e festas da contorna. Ademais de nas salas de espectáculo Rosende tamén ía ás festas a
CARRACEDO FALA | PÁXINA 5
tocar, como por exemplo á Festa do Porquiño de Moraña, e con el ían os seus fillos e, a final, algún dos seus netos. Un dos fillos, José Luis, cóntanos que unha vez que lle fallara un músico que tocaba o bombo seu pai díxolle que tiña que ir con el. Cando o cativo lle recordou que el nunca tocara, o pai díxolle: “Ti fíxate no teu irmán Rosendo” -que tocaba a pandeireta- “Cando el toque, ti toca”. Tamén acabaría indo ao Luar, cousa da que estaba moi orgulloso e da que lle falaba a todo aquel que quería escoitar a historia. Detrás do mostrador, onde algún día estivo seu pai, Marisa afirma: “El era moi arriscado, non sabes? Non lle tiña medo a nada... Sempre foi moi lanzado, moi decidido... E unha persoa moi
alegre, moi divertida”. Só unha cousa se lle resistiu a Manuel Castro, o carné de conducir. Non foi quen de sacalo, pero tampouco iso lle impediu ter despois un taxi para o que contrataría un condutor. Dos seus oito fillos, dous seguiron os pasos do pai: Un, Moncho, estudou música e imparte clases; o outro, Rosendo, tamén estivo no mundo das orquestras. Algún dos seus netos tamén toca algún instrumento. “Rosende” sempre dicía que o máis lle gustaba era a gaita. Marisa dinos que deixou de tocar cerca dos setenta anos. Rosendo tiña problemas de circulación, e ademais, o oficio de carpinteiro
fixéralle perder varios dedos, co que non podía tocar tan ben coma antes. Parece ser que o feito de deixala o entristeceu. Con 76 anos faleceu logo de vivir o que se di unha vida ben vivida. “Foi moi guapo, e sendo gaiteiro, foi terrible. Pasouno ben. Foi o que levou deste mundo”, dinos a súa filla. Ao seu enterro veu tocar a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, que lle deu a despedida que tanto merecía. No apartado Protagonistas desta nova edición de Carracedo Fala, e case dez anos despois da data do seu falecemento, recordamos a un dos nosos veciños máis recoñecidos e emprendedores.
De esquerda a dereita na fotografía: Serafín “Fin” de Ramón de Alvarellos (nacido no Gorgullón e actualmente casado en Faramentáns – San Clemente) tocando o bombo; José da Proxa (coñecido agora como “de Bello de Casalderrique”) ao tamboril; Rosendo Castro (fillo de Manuel Castro “Rosende”) coa pandeireta e o propio Manuel Castro á gaita. A imaxe foi tomada na Praza da Igrexa de Pontecesures no ano 1966.
PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA
PARROQUIA
FESTA DAS LETRAS GALEGAS No Centro Sociocultural quixemos celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano lembrou a figura de Carlos Casares. Fixemos unha gran merendola e sorteamos agasallos entre os asistentes. Xa estamos pensando na edición do ano que vén. Quererás acompañarnos?
CARNÉS FITOSANITARIOS O día 5 de febreiro entregáronse os carnés de aplicador de produtos fitosanitarios aos alumnos que pasaron o curso, un total de 57. Este curso, que foi moi demandado polos veciños, realizouse gracias á colaboración entre a Asociación Parroquial de
Carracedo e a Comunidade de Montes. Dado o éxito, nos se descarta volver a repetilo se hai suficiente xente que o demande. Ademais, con perspectivas ao próximo ano, estase pensando en organizar outros como por exemplo de enxerta e podas.
“UNA VENTANA ABIERTA AL MUNDO” A Escola Infantil de Carracedo, por iniciativa do profesor Quinín, leva desenvolvendo dende hai anos o proxecto “Una Ventana Abierta al Mundo”, relacionada co Camiño de Santiago e que contribúe á educación dos nosos cativos. O contacto cos peregrinos permítelles aos rapaces non só coñecer diferentes culturas á súa, senón tamén aprender a respectalas e a valoralas. O profesor Quinín pretende pre-
sentar a actividade aos Premios Camiño de Santiago 2017, concedidos pola Xunta de Galicia a aquelas iniciativas que melloren, difundan e fagan máis atractiva a ruta. No caso de que lle concedesen o premio, sería unha boa maneira de premiar o traballo tanto do mestre coma dos alumnos. Na paxina de Facebook da Escola, pediuse a colaboración dos pais, peregrinos e antigos alumnos que tiveron contacto
coa iniciativa para que ofrezan as súas opinións, que serán presentadas xunto co proxecto.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 7
UN XUSTO CAMBIO NA TRADICIÓN Dende hai décadas a tradición non escrita de Carracedo marcaba que as funcións como O Santísimo Sacramento, O Rosario e A Fábrica (actualmente desaparecida) fosen promovidas por matrimonios casados na Igrexa Parroquial de Carracedo. A tradición católica marca que o matrimonio se oficie no lugar de nacemento da muller, independentemente de donde fose a vivir despois a parella. Esta lei non escrita, transmitida
durante xeracións, impedía a aqueles matrimonios que, non casados en Carracedo pero cunha vida asentada durante moitísimos anos na parroquia, dese calquera das tres funcións. Estes matrimonios reivindicaban dende hai anos cambios neste modo de operar e estas inquedanzas transmitíronselle ao párroco Don Manuel. Este, atendendo a unha xusta reivindicación, propuxo aos fregueses durante a misa a posibilidade de
cambiar esa lei non escrita. Nunha das misas do domingo levouse a cabo unha votación a man alzada gañando por maioría que se aceptasen aos matrimonios casados fóra pero asentados en Carracedo para a celebración destas funcións. O primeiro matrimonio en celebrar este reivindicado cambio foi o conformado por Manuel e María Josefa “de Laureano” que celebraron o Sacramento xunto con Francisco e Lola “de Severino”.
EXTRA
BAUTIZOS E DEFUNCIÓNS BAUTIZOS
DEFUNCIÓNS
Leo Castaño Fariña
03-01-2016
Francisco Manuel Castro Santos
02-02-2016
Oliver Cancela Carballo
04-06-2016
José Bello García
05-03-2016
Candela Barreiro Caeiro
22-07-2016
Dolores Rodríguez Pereira
08-03-2016
Breixo Vázquez de Ara
24-07-2016
María Silva Touceda
15-03-2016
Naroa Iglesias Morono
24-07-2016
Manuel Frieiro Martínez
11-05-2016
Izan Moraña Souto
03-09-2016
Mª del Carmen Castro Janza
23-09-2016
Martina Fontenla Vales
22-10-2016
Juan Fresco Magán
18-11-2016
Jose Manuel Iglesias Álvarez 12-11-2016
José Iglesias Castro
19-11-2016
FUNCIÓNS SANTÍSIMO SACRAMENTO
Felipe Martínez Garrido e María del Carmen Santos Vázquez | Manuel Gago Magariños e María Esther Ríos Santos VIRXE DO ROSARIO Jesús Búa Trigo e María Celia Bello García |José Rey Martínez e Mª Ángeles Esperón Frieiro
PÁXINA 8 | CARRACEDO FALA
BIBLIOTECA
RECOMENDACIÓNS LECTORAS A Esmorga AUTOR: Eduardo Blanco Amor Aproximadamente 180 páxinas Cóntase a historia que lle aconteceu a Cibrán, Bocas e Milhomes na cidade de Auria nunha xornada de esmorga. Unha das obras máis importantes de Blanco Amor e da literatura galega, tanto pola súa calidade técnica como polo seu gran carácter innovador. Representa entre outros temas, a Galicia do século pasado, a decadencia da fidalgía do país e os comportamentos máis baixos aos que o ser humano pode chegar. Foi levada ao cine no ano 2014.
La Caída de los Gigantes AUTOR: Ken Follett Aproximadamente 1017 páxinas
Os Williams, unha familia mineira de Gales, están unidos polo amor e a enemizade aos Fitzherbert, aristócratas e propietarios das minas de carbón. Lady Maud Fitzherbert enamorarase de Walter von Ulrich, un espía na embaixada alemá de Londres. As súas vidas entrelazaranse coa dun asesor progresista do presidente de Estados Unidos, Woodrow Wilson, e a de dous irmáns rusos aos que a guerra e a revolución lles arrebatou o soño de buscar vida e fortuna en América.
CURRUNCHO DE REFRÁNS “Quen todo é mel, cómeno as abellas”: Unha persoa excesivamente boa pode saír mal parada, pois é posible que abusen dela. “Non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe”: Se facemos o esforzo, podemos lograr que o pouco que temos sexa suficiente para satisfacer a todos. Do mesmo xeito, a irresponsabilidade pódenos deixar sen nada, aínda que teñamos moito. “O que a boa árbore se arrima, boa sombra o cobre”: Faise referencia a situación de estabilidade e seguridade na que queda aquela persoa que se sabe rodear de amizades e contactos con influenzas e poder.
Na actualidade, Carracedo forma parte do concello de Caldas de Reis, pero isto non foi así até fai algo menos de 200 anos. Antes do 1833, a nosa aldea pertencía os concello de Baños de Cuntis. Nese ano, que foi tamén cando se estableceron as catro provincias galegas actuais, pasamos a pertencer a Caldas.
CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN
Laura Bello Magariños Javier Frieiro Santaya
O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós