ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº III PREZO: A VONTADE SEGUNDO SEMESTRE DO ANO 2015
CARRACEDO FALA ASOCIACIÓN Novidades nas reparacións dos cemiterios Contas da Asociación Parroquial PROTAGONISTAS Lucha e Luis, propietarios do bar Esperón
PARROQUIA Chulas, filloas e callos! Novidades das asociacións e da parroquia BIBLIOTECA O mellor para os nosos lectores!
EXTRA Nacementos e defuncións do ano 2015 BENVIDO 2016! Unhas palabras da Asociación cunha carta aberta aos veciños de Carracedo
“Cando Ricardo estaba revirichando o bigote era porque estaba argallando algo” Algunha vez te preguntaches por que na nosa parroquia algunhas familias se coñecen polos seus alcumes ou sobrenomes? Pouco a pouco e nesta sección tentaremos darche resposta a un costume trasmitido de xeración en xeración. A nosa primeira parada é nas Cortiñas, concretamente na casa de "Lola a de Ricardo", pero… quen era Ricardo?. "Era o meu abuelo materno”, cóntanos Lola. "Naceu no 1896 e morreu no 1976. El era da casa de Barros do Gorgullón, casou con miña abuela e veu para aquí. Antes era así, casaban na parroquia, non iban á casa de Dios co-
ma agora (refírese a moi lonxe). Os seus irmáns tamén quedaron aquí, Severino na Pedreira, Clara no Gorgullón... Tío Constante quedou solteiro na casa, Dolores casou e tamén na casa, que é a abuela de Carmen de Barros, e Serafín tamén veu para aquí, para Cortiñas, que era o pai de Amalia”. O certo é que o tal Ricardo é recordado por todos coma unha persoa moi alegre e bromista. “Eu quedaba con el de pequena metras meus pais iban traballar fóra, de moi pequena, que cando fun algo máis grandiña xa iba eu, que antes traballábase moito, que non é coma agora. El contábame moitos contos, sempre andaba
aos contos” recorda Lola. Un dos rasgos característicos de Ricardo era o seu gran bigote, “cando estaba revirichado o bigote, era que estaba argallando algo, había que ter coidado” cóntanos un veciño. Lola tamén recorda unha broma “non sei que veciño tiña unha
galiña con piollos, que antes era normal, e dille meu abuelo: bótalle gas e pásaa polo lume (porque antes había gas para as lámpadas), e claro, o veciño fíxoo e prendeulle lume nas plumas da galiña que escapou por toda a casa. A quen se lle conte....”
De esquerda a dereita, na casa durante unha festa: Manuel de Amelia, Maximino de Ricardo, Sr. Manuel de Magariños, María de Ricardo, RICARDO, Eduardo de Divina, Carme das Cernadas, Lola de Ricardo e José de Divina.
PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA
ASOCIACIÓN
NOVAS NA REPARACIÓN DOS CEMITERIOS O día 27 de setembro tivo lugar a reunión xeral da Asociación. Unha vez alí informouse aos presentes dos avances nas obras de reparación do cemiterio. Finalmente o contratista elixido para esta primeira fase de remodelación foi Fontán Piñeiro Construcciones. A obra consistirá na impermeabilización e amaño dos tellados e dos muros exteriores e a cons-
trución dun pequeno valado na parte superior do cemiterio, para evitar que se poida acceder facilmente a este.
autorización dos propietarios para iniciar as reparacións.
Debido á contribución da Asociación e grazas a distintas subvencións, os socios pagarán 120€ e os non socios 200€. A directiva irá polas casas nos vindeiros meses para informar do estado das cotas e obter a
CONTAS DA ASOCIACIÓN RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2014 CONCEPTO CUSTO CONCEPTO FOTOCOPIAS CENTRO DIXITAL 1,80€ MANTEMENTO CONTA FOTOCOPIAS LIBRERÍA CATIVOS 25,88€ PAGO MESAS E CADEIRAS SUSAVILA CORREDURÍA DE SEGUROS 211,66€
CUSTO 24,60€ 889,35€ TOTAL: 1153,29€
RELACIÓN DE INGRESOS E GASTOS A 31 DE DECEMBRO DE 2014 CONCEPTO CUSTO CONCEPTO 207 SOCIOS EN 2010, A 5€/CUOTA 1035€ INGRESOS POLO CONCELLO EN 2012 188 SOCIOS EN 2011, A 5€/CUOTA 940€ INGRESOS POLO CONCELLO EN 2013 164 SOCIOS EN 2012, A 5€/CUOTA 820€ INGRESOS POLO CONCELLO EN 2014 151 SOCIOS EN 2013, A 5€/CUOTA 755€ FEIRA TRADICIONAL DE CALDAS DE REIS GASTOS DA ASOCIACIÓN 170 SOCIOS EN 2014, A 5€/CUOTA 850€
CUSTO 300€ 804,30€ 680,82€ 174,05€ 2734,10€
ESTADO DA CONTA: 3624,87€ QUERES PARTICIPAR CON NÓS NA BATALLA DE CASALDEIRIGO? Se queres loitar contra os franceses, faino dirixíndote a algún membro da Asociación, ou contacta con nós na nosa páxina de Facebook.
APÚNTATE A PILATES! Clases luns e mércores de 20:30 a 21:30. Inscríbete acudindo nese horario ao centro social. AXÚDANOS A ESCRIBIR CARRACEDO FALA! Necesitamos colaboradores para seguir e aumentar o boletín da nosa parroquia. Contacta con nós por Facebook.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 3
CHULAS, FILLOAS E CALLOS! A parroquia de Carracedo estivo ben representada na Feira Tradicional de Caldas o pasado 9 de agosto. Nada máis entrar no xardín botánico estaba esposto o xa famoso carro de Pepe “de Laureano” con outros aparellos de labranza. A Asociación levou a cabo unha mostra de obxectos antigos, que despertou a curiosidade de moitos. E por suposto, a degustación de filloas de sangue e chulas de cabazo, un rotundo éxito!
O 26 de xullo e como cada ano, a Asociación de Mulleres Rurais de Carracedo celebrou a Festa dos Callos, cun éxito sen precedentes. O número de comensais superou as espectativas. O éxito foi tan grande que as Rurais quedaron sen racións para vender. Cada ano, a celebración incrementa a súa popularidade. Para ver o resto de fotografías das distintas celebracións deste verán, non dubides en visitar a nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/asociacionparroquialdecarracedo
A festa foi amenizada pola charanga Air Jalisia, os acordeonistas de Arosa Bay, as pandereteiras de Carracedo e para finalizar, o grupo Mayel.
PÁXINA 4| CARRACEDO FALA
PROTAGONISTAS. Entrevista a Lucha e Luis, propietarios do BAR ESPERÓN
“Fartámonos de chorar cando apagamos a cafetera por última vez. Dounos unha penasa” Máis de corenta anos despois de tela herdado Lucha e Luis pechan as portas da “taberna de Esperón”. No seu interior quedan gardadas milleiros de historias, moitas delas parte importante da Historia, con maiúsculas, de Carracedo. En Semana Santa será a súa filla Eva a que tome as rendas. Cando abriron a taberna? Lucha: No ano 1974 foi cando os tíos nola deixaron a nós. Antes xa era taberna. Esto xa foi comprado por meus abuelos, os da “Prexela”. Vostede Lucha, cando empezou a traballar aquí? Lucha: Pois nos casamos no 69, non Luis? El marchou po Cano Alto, pero aquí non cerramos. Dende aquela sempre aberto. Luis: Ao principio de todo era taberna solo de viños, copas e así. O mostrador este no había. Púxose nos 70 ou así. Lucha: Aí puxemos o ultramarinos. Nos anos 80 acordamos de reformar. Empezaron a vir os peregrinos, que antes non os había. O Camiño estaba cerrado e viñan pola carretera. Cando acordan os primeiros peregrinos?
Luis: Nos anos 70, antes non había nada. A ver, pasaran antes, cando nós eramos rapaces, militares e así, pero nada máis. Despois empezaron a vir por carretera e solo no Ano Santo. Nos anos 80 empezaron a limpar o camiño e viñan por aí. No 92 foi o “boom”. Agora botando contas aquí paran sobre 18.000 ao ano. De que países veñen? Lucha: De todo o mundo. Alemáns, norteamericanos, australianos. Luis: Firman en todas partes. Tivemos que poñer estas cortinas porque xa estaba todo cheo. Os alemáns xa chegan ao techo e xa escriben aí.
Lucha: Tamén deixan regaliños. Puxemos un libro para que escriban. Mátanse a escribir e nos non entendemos nin papa, pero é bonitísimo! De que países son os peregrinos que deixan máis propina? Lucha: Os alemáns e tamén os americanos. Os portugueses non e os españoles tampouco. Que falan do Camiño os peregrinos? Lucha: Que é moi bonito e seguro. Luis: A única vez que pasou algo foi o ano pasado cunha rapaza que viña sola. Saleulle un no medio das toxeiras alí polo Gallamonde. Ela fixo por
CARRACEDO FALA | PÁXINA 5
escapar e viña un portugués, veu a faena e salvouna. Veu ata aquí con ela, e chamamos á Policía, pero o home xa desaparecera. Hai algunha anécdota dalgún peregrino que recorden? Luis: Un portugués. Chegou el solo, no ano 2008. Arrimouse, xa non podía máis, encarnadísimo. Xa non era capaz de pedir nada. Pregunteille qué quería e dixo “déjeme descansar un poquito”. Non sacaba nin a mochila. Despois pideu un bocadillo. Ao acabar díxenlle: “non toma un chupito de aughardiente? Tomou un, tomou outro, e marchou. Aos dous anos volveu e dixo: “Mira que viña mal, mais ti sabes o ben que me fixeron os chupitos aqueles? Cheguei a Padrón coma un tiro! (risas). Lucha: Un chaval brasileiro fixo todo o camiño de espaldas. Era unha ofrenda e viña dende Oporto así. Salín para ver como facía, todo o tempo de arrecú. Era digno de ver. O outro día viña un chaval de Ourense cunha cicatriz. Tiña cáncer. Agora parecía que estaba mellor e ía a Santiago andando. Deses así hai moitos. Como se entende coa xente que fala outros idiomas? Luis: Xa estamos acostumados,
aprendemos palabras. Lucha: Orange, xa sabemos que é laranxa. Outros pa pedir ovos din “cococo”. Tamén temos unhas cartas en diferentes idiomas e así imos apañando. Eva tamén entende, que está indo a clases de inglés.
Aquí tedes Compostela. deron?
o sello da Como volo
Lucha: Nós preguntámoslle ao cura se podiamos poñer Santa Mariña. Puxémoslle a figura da Santiña e o cruceiro que puxeron aí.
Non vos dá pena deixar?
Que reformas van facer?
Unha penasa, Lucha: choramos. Os daquí dicíannos que non deixaramos. O señor Cruces dame moita pena, ten 88 anos. Vén tomar a chiquita e dinos: “bueno, agora xa non temos máis empanada”.
Luis: Imos facer unha cociña para que a rapaza traballe máis cómoda e tamén poñer mellor a terraza. Nós fixemos o camiño dende Tui para poder explicarlle como van as cousas. Iamos parando en todas as tabernas para saber o que poñen e qué fan. Abrirá para Semana Santa ou así.
Porque teñen unha clientela de toda a vida, non? Luis: Foise perdendo moita pola crise e non hai obreros. Cando empezamos paraban aquí ata 7 camións. De aquí había unha pandilla que viña sempre, non? Luis: Morreron case todos. Gharrido, Satiro, o Sancristán... Lucha: Tamén viña o finado de Luis de Catela, o pai de Amador, meu tío José o de Anxelo, Eligio, Fermín, Albino... Ao principio había rumores de que iades cerrar... Lucha: Ao principio Eva non se atrevía moito. Nós iamos deixar igual, e xa lle dixemos que se na collía que fechabamos a porta.
Que sentiron cando apagaron a cafetera? Lucha: Choramos cara a ela... uff... emocionámonos... Onte á noite fartámonos de chorar. Que plans teñen agora? Luis: Agora imos facer unha viaxe a Málaga, Granada e Sevilla. Lucha: Bueno, primeiro imos sacar as espighas que temos alá no Cachizo. Quero ir en avión, que inda nunca fomos. E despois camiñar, imos facer os camiños. O portugués dende Oporto, que fixémolo dende Tui. Despois os outros.
PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA
PARROQUIA
SOCIEDADE DE CAZA
XORNADAS MICOLÓXICAS
Coa idea de aumentar a presenza de fauna nos nosos montes a Sociedade de Caza de Carracedo planea soltar na superficie forestal da parroquia ao redor duns 240 coellos. Isto, segundo sinalan dende a Sociedade, farase nos vindeiros meses sempre e cando a Comunidade de Montes lles firme o uso exclusivo de caza, un trámite pendente de resolver polos dous colectivos. A Sociedade de Caza di que esta pasada temporada, que comezou en outubro e rematou o día de Reis, non foi moi produtiva, xa que os animais que soltaron o ano pasado morreron na súa maioría. Isto deixou poucas pezas que cazar.
Os días 20 e 21 de novembro celebráronse na nosa parroquia as primeiras xornadas micolóxicas organizadas pola Comunidade de Montes. O día 20 foi a clase teórica, onde o profesor, Pepe Gómez, explicou os distintos tipos de cogomelos. Ao día seguinte puxéronse eses coñecementos en práctica indo ao monte a buscalos. Foi unha xornada produtiva, xa que a maioría dos asistentes volveu co seu cesto cheo. Dado o éxito deste curso, xa que acudiron numerosos veciños e expresaron o seu interese neste tema, os organizadores manifestaron a súa intención de seguir con estas xornadas nos vindeiros anos.
REELECCIÓN DOS SANCRISTÁNS
Na imaxe superior, participantes recollendo os cogomelos; na inferior, o froito do traballo.
TARDE DE TEATRO
Un ano máis por difuntos Carracedo elixiu ao sancristán. Despois de que Don Manuel o anunciara no altar, abriuse o prazo para presentarse ao posto. Aínda que este ano non houbo máis candidatos que Ángel “de Pego” e Santi “de Farruco”. A xente quedou moi contenta coa elección, xa que o ano pasado fixeron un magnífico labor.
De novo, os veciños do Cope organizaron unha nova sesión teatral no centro social. Volveron a contar coa compañía Miro Magariños, cunha comedia sobre o misterio da reprodución.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 7
BIBLIOTECA
RECOMENDACIÓNS LECTORAS El pequeño vampiro AUTORA: Angela Sommer-Bodenburg Aproximadamente 190 páxinas Antón está un sábado pola noite só na casa, cando se da conta de que un vampiro se lle meteu na sua habitación. Rüdiger, o pequeno vampiro, faise amigo de Anton e pronto presentalle a súa irmá pequena Anna e ao seu irmán maior Lumpi. Anton vive grandes aventuras entre os vampiros, aventuras que antes parecía que só estaban nos seus libros de misterio, sempre tratando de que seus pais non se dean conta das súas escapadas nocturnas.
Pepa A Loba AUTOR: Carlos G. Reigosa Aproximadamente 290 páxinas Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Esta é unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.
EXTRA
BAUTIZOS E DEFUNCIÓNS DEFUNCIÓNS
BAUTIZOS María Andión Castromán Valentina Barreiro Garea Aroa Sánchez Luna Juan José Pereira Varela Martina Rodríguez Senín Lara Iglesias Sánchez Alejandro Seijas Iglesias Pablo Silva Castro Bruno Barreiro Padín
22-02-2015 20-03-2015 30-05-2015 06-06-2015 21-06-2015 16-08-2015 16-08-2015 16-08-2015 11-10-2015
Erundina Torres Mondragón Dolores García Jamardo Isidro Aboy Agrasar Eduardo Santiago Velo Couselo Josefa Somoza García Serafín Vázquez Rodríguez Germán González Santos Amelia Silva Fariña Rosa Fojo Torres Manuel Gontad Lafuente Modesto Mella Recarey Dolores Torres Torres Manuel Souto Caeiro Anuncia Bello Bello
06-02-2015 11-02-2015 06-03-2015 23-03-2015 10-04-2015 21-04-2015 02-05-2015 23-05-2015 10-06-2015 17-06-2015 01-08-2015 24-08-2015 05-12-2015 12-12-2015
CARTA ABERTA AOS VECIÑOS DE CARRACEDO Benqueridos veciños, dende a Asociación Parroquial de Carracedo queremos aproveitar este humilde espazo para desexarlles un bo comezo de ano e poñer sobre a mesa algúns dos retos que temos en mente para os vindeiros doce meses. O ano 2015 serviu para asentar a presenza da asociación en eventos como a Feira Tradicional de Caldas, onde pensamos repetir na nova edición, sempre abertos a máis participación veciñal. Tamén puxemos en marcha a biblioteca, actividades como “pilates” e celebramos o Entroido con todos vós. Así mesmo iniciamos hai xusto un ano esta publicación que tedes nas mans, “Carracedo Fala”, que quere servir de voz ás cuestións que vos preocupan aos veciños da parroquia. Agora temos por diante 12 meses para os que xa temos marcada unha folla de ruta. Entre as nosas prioridades inmediatas está a de rematar con todos os trámites necesarios para, posiblemente nos meses de verán, iniciar as ansiadas obras de mellora do cemiterio. Somos conscientes do tempo que os veciños levan esperando por este proxecto, un retraso debido ao farragoso dos procesos administrativos. Ademais seguimos insistindo co Concello para conseguir a solicitada conexión “wifi” para o centro social, unha demanda altamente necesaria. Dende o punto de vista cultural este ano ampliamos fronteiras e temos previsto que unha representación de Carracedo participe na coñecida como Batalla de Casaldeirigo, rendéndolle así unha pequena homenaxe á nosa historia. Paso a paso, e coa colaboración de todos vós, esperamos continuar aumentando o número de actividades e eventos. O 2016 de seguro será un excelente ano para Carracedo. Grazas a todos e feliz 2016.
En Carracedo practicábanse autopsias. Cando alguén da aldea falecía por causas non naturais, levábase o corpo á parte de abaixo do edificio da Fábrica, hoxe en día os baños da igrexa, e viña un médico forense que certificaba a causa da morte. Aínda que na actualidade nos poida parecer algo raro, o certo é que era moi frecuente a existencia destes lugares nas zonas próximas ao cemiterios.
A Casa da Fábrica, a carón da igrexa de Carracedo
CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN
Laura Bello Magariños Javier Frieiro Santaya
O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós