Skip to main content

Publicación_2

Page 1

ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº II PREZO: A VONTADE PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO 2015

CARRACEDO FALA PROTAGONISTAS Entrevistamos a Don Manuel, o párroco de Carracedo. ASOCIACIÓN Novidades nas reparacións do cemiterio PARROQUIA Actos de delincuencia en Carracedo Orellas e filloas! Novas das asociacións de Carracedo BIBLIOTECA Dúas lecturas para este verán EXTRA Os nosos veteranos

CARRACEDO CONTRA OS FRANCESES Se alguén pensaba que a nosa aldea non foi protagonista da Guerra de Independencia Española contra os franceses, alá polo ano 1809, está moi equivocado. Todo o mundo sabe que unha das principais batallas que acaeceron en Pontevedra levouse a cabo en Casaldeirigo. Alí a resistencia ofrecida polos nosos fixo que os franceses fosen derrotados. Foi pola nosa parroquia por onde Manuel García del Barrio, comandante ao mando da

Compañía de Tiradores do Miño e do segundo batallón de Lobeira, pasou en dirección cara a Valga. Non hai ningunha dúbida en que un nada desprezable número de carracedenses se uniron a el. Cuntis e Caldas tamén foron protagonistas no conflito: os veciños de Cuntis atacaron en varias ocasións a grupos de soldados franceses que se dirixí-

an á Estrada dende Santiago, como resposta, os galos incendiaron a igrexa do lugar. Uníndose a Valga e a Pontecesures, conseguiron expulsar aos franceses de Padrón, o que levou a que estes ocupases Caldas, vila que saquearon e na que incendiaron moitos edificios.

O PASADO VOLVE COA FEIRA TRADICIONAL O próximo 9 de agosto volveremos a mirar ao pasado. Un ano máis, a Asociación Parroquial volverá a participar. Tendo xa un enorme éxito nas anteriores ocasións, Carracedo

volve este ano aínda con máis forza. Temos a intención de aumentar as exposicións de obxectos antigos e seguir agradando os padáis dos asistentes coa gastronomía da nosa

terra: non faltarán as chulas de cabazo e as filloas de sangue. Solicitamos a axuda dos veciños para que colaboren neste proxecto. Todos eses obxectos que se teñen esquecidos na

casa son valorados por moitas persoas, polo que agradeceriamoslles que se puxesen en contacto con algún membro da asociación e que participasen na feira tradicional.


PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA

ASOCIACIÓN

NOVAS NA REPARACIÓN DOS CEMITERIOS A Asociación Parroquial desexa informar a todos os propietarios de panteóns dos cemiterios os avances na súa reparación.

cantidade a pagar por cada propietario pola primeira etapa do proxecto (cubertas de panteóns e amaños nos muros exteriores).

Despois de varios ANOS temos xa todas as autorizacións necesarias para o comezo da obra. Nestes momentos estamos a barallar distintos presupostos de varios contratistas, tanto da parroquia como de fóra. Nas vindeiras semanas convocarase a todos os veciños a unha reunión xeral na que se presentará a mellor opción. En dita reunión comunicaremos a

En canto á dirección de obra a mellor alternativa é a da aparelladora Eva Fraga, que presentou o orzamento máis econó-

mico de todos.

PARROQUIA

ACTOS DE DELINCUENCIA EN CARRACEDO Xa dende hai varios meses estamos a sufrir distintos actos de vandalismo na nosa aldea, o último, a aparición do cartel das Cortiñas fóra da súa posición habitual, algo que xa pasara tamén hai algún tempo, pero fora recolocado. A iniciativa do Concello de plantar árbores nos novos aparcadoiros do cemiterio viuse frustada cando hai uns meses os veciños espertaron con unha cortada pola metade. Isto volveu pasar hai unhas cantas semanas. Todo parece indicar

que a intención dos delincuentes que fixeron isto é acabar con todos. A ignoracia leva a que fagan isto, sen ser conscientes de que existen leis que obrigan a plantar árbores nos puntos de estacionamento de vehículos, e polo tanto, non se trata dun capricho sen máis. Por se isto fora pouco, nos últimos días tamén se produciron distintos roubos na zona do cemiterio, cando os particulares chegaban no coche e entran no recinto, os ladróns, presuntamente agochados no cam

po de fútbol, accedían aos vehículos e levaban o que atopaban, normalmente cartos. Para evitar futuros episodios deste tipo, recoméndase deixar os coches pechados cando se vaia ao camposanto.


CARRACEDO FALA | PÁXINA 3

ORELLAS E FILLOAS NO ENTROIDO! O domingo 22 de febreiro celebrouse por todo o alto o Entroido en Carracedo. A Asociación Parroquial e As Mulleres Rurais organizaron unha agradable tarde no centro social, na que non faltaron os tradicionais doces de Entroido (e os non tan tradicionais) achegados polos veciños. A música, boa compaña e os orixinais disfraces foron os protagonistas destE inesquecible evento. Os chistes tamén estiveron presentes na festa en forma de concurso, sorteándose unha cesta de lambetadas entre os participantes, resultando gañadora unha veciña de Casalderrique. Ao final procedeuse ao sorteo dun fantástico xamón entre todos os asistentes, resultando galardoado un veciño do Cope. Os rapaces pequenos tamén marcharon contentos, xa que se lles fixo entrega de cadanseu paquete de lambetadas. Dende a organización, espérase que para o ano se volva a organizar outra vez debido ao seu gran éxito.

Recóllense tapóns de plástico no centro social para fins benéficos, agradeceriamos a túa axuda!


PÁXINA 4| CARRACEDO FALA

PROTAGONISTAS. Entrevista a Don Manuel

“Gústame que a xente de Carracedo sexa como é. Xente moi sinxela e que vive na verdade” Entrevistamos a Don Manuel, o párroco de Carracedo, coincidindo co seu 25 aniversario como cura. Con cantos anos ingresou no seminario? Tería como 15 anos, moi cedo. Acabara a EGB, e fixen BUP e COU no seminario, e despois fun ao seminario maior, onde estudei Filosofía dous anos, e catro de Teoloxía. Ordenáronme sacerdote con 28 anos. Que recordos garda de alí? Todos recordos bos, seguro que houbo malos, pero deses non me acordo. Fixen moitos amigos, sígoos a ver de cando en vez. Un deles xa está con Deus, con corenta e pico de anos Que o levou a querer ser cura? Creo que o testemuño do sacerdote da miña parroquia, que agora é o cura de Baión. Inspiroume, a sua maneira de ser, a forma de tratar coa xente, cos rapaces... E estaba na miña parroquia, por accidente, encargado provisional, porque o cura que tiñamos enfermou e morreu. E estivo o día que me ordenaron a min, cousa que lle agradezo. Cal foi o seu primerio destino? Pois no verán substituín nas

parroquias de Oza, Rarís, Troves e Sarandón, cerca de Santiago, pero só durante un mes. O primeiro destino foi en parroquias da zona de Zas de Carreira: Mira, Gándara, Carreira, Nantón e Riobó. Pasei alí oito anos. Cando me obrigaron, non mo propuxeron, a vir para aquí, a única ventaxe que lle vía era saír de cinco parroquias e vir para tres. Un alivio, xa tiña a tarde do domingo libre, e podería celebrar o domingo como o resto da xente. Con todo xa levo aquí case 17 anos! Cuestionouse alguna vez deixar o sacerdocio? Como cuestionalo non, hai momentos que, como nos matrimonios hai discusións, pero nada máis. Hai veces que un pensa "eu que estou facendo" como por exemplo nas preparacións das confirmacións. Aínda así ver a xente maior vivir a fe, celebrala , vir os domingos á misa, aínda que chova. É un algo que non está chegando aos mozos. Por qué cre que a xente nova se afasta da Igrexa? A xente nova e máis os nenos que despois de facer a comunión consideran que xa cumpriron afástanse. Supoño que será porque non o consideran importante, teñen outras prioridades, ou-

tras cousas ás que lle dan máis importancia. E por que cree que hai pérdida de "fe"? Isto xa é unha cousa máis grave, máis triste. Eu creo que o non coidala, non practicala, leva a iso, a enfriala. Isto pasa con todo, co traballo, nunha relación... Porque ao final a fe é unha forma de relacionarnos con Deus. O non practicar, leva a non ter fe. Preocúpalle a pouca vocación actual? Si. Frústrame que nin en Carracedo, Saiar ou Bemil non haxa ninguén que queira ir ó seminario. Preocúpame que os que veñen detrás de nós, non coñecerán o que é estar nunha soa parroquia, e non vai ser posible ter misa en todas todos os domingos.


CARRACEDO FALA | PÁXINA 5

Xa actualmente, nalgunhas parroquias os propios ferigreses encárganse de oficiar a liturxia. Que lle parece ese “remendo”? Tanto como remendo... véxoo incluso positivo, xa que obriga á xente a implicarse na súa relación con Deus. Unha solución non sería o sacerdocio feminino? O Papa Francisco falou del fai uns meses. Pois si, pareceríame ben. Quizáis se vaia estudar despois do tema dos curas casados. Que pensa respecto ó Papa Francisco? Os curas, obispos e fieis necesitabamos alguén que nos “sacudira un pouco”, e iso é o que esta facendo o papa Francisco. Creo que o Espírito Santo pon a cada Papa no seu momento. Neste momento estabamos estancados e Papa Francisco invítanos a saír de nós mesmos, mirar os que son diferentes a nós. Neste caso, por exemplo, o Papa está falando de homosexualidade, e de temas que a Igrexa sempre obviou. Penso que a igrexa cara á homosexualidade tivo sempre un inmenso respecto, cada persoa somos una criatura de Deus. Outra cousa é que a Igrexa estea en contra de equiparar unha unión homosexual coa dun home e dunha muller. O Papa Francisco non cambiou isto, polo de agora non dixo que ía bendicir a unión de dous homes ou dúas

mulleres como un matrimonio dentro da Igrexa, iso é moito pedirlle ao Papa. Paréceme moi ben que unha parexa homosexual comparta un proxecto de vida xuntos, de aí a equipararse en todos os dereitos... por exemplo o tema da adopción... a adopción non é un dereito que teña ningunha parexa, se non que é un dereito que ten o neno a ser acollido por unha familia, e se eu son o xuíz, vería mellor darllo a unha familia tradicional. Volvendo a Carracedo, que opinión lle merece a escolla do sancristán? Paréceme estupenda. É unha forma de manifestar o compromiso de todos, porque o fin e o cabo, o sancristán é unha forma de que a parroquia se comprometa na Igrexa. Noutras parroquias non se elixe así, e eu de verdade que admiro e valoro a experiencia de Carracedo. Deberia de levarse a outros lugares. Por qué está a favor de que matrimonois que non casaron en Carracedo, pero vivan aquí, poidan dar a Función? Neste caso houbo unha votación e os feligreses deron a súa aprobación, e a min paréceme moi ben, porque considero mais sensato que dean a función os que viven aquí, que os que si se casaron aquí, pero xa non lles di nada a parroquia.

Gustaríalle que restauraran a casa parroquial? Encantaríame, pero eso supón moitisimo esforzo. Amañala como Patrimonio esixe, suporía un custo de máis de 200.000€. Eu estaría disposto a poñer cartos e arranxar o tellado, pero á miña maneira. Que lle parece que se queira arreglar e ampliar o Cemiterio? Paréceme moi ben, o que pasa e que son todo impedimentos, non solo de patrimonio, tamén está sanidade, o Concello, Fomento, o Arzobispado... Entón unhas institucións piden unhas cousas que ás veces son contraditorias, polo que a Asociación que está aí metida, ten que lidiar e ter paciencia. O seu papel é fundamental. Algo que dicir aos veciños? Estou contento de que sexan como son. Mira, estaba escoitando na radio o anuncio da lotería, que ao que lle toca anula o de ir pescar ao río, porque agora poden pescar dende un iate; e digo eu, que parvos son, podemos difrutar igual, que cousa mais bonita que disfrutar do sinxelo, que é como é a xente de Carracedo, de como somos. O que vexo é xente moi sinxela, o único exceso son as festas, despois diso, viven na verdade.


PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA

PARROQUIA

SOCIEDADE DE CAZA ACTIVIDADES DAS MULLERES RURAIS A Sociedade de Caza de Caldas de Reis convocou nunha reunión ós seus socios de Carracedo o día 17 de febreiro para elixir aos vogais da nosa parroquia. Os elixidos foron: Miguel Mella Castro (Gorgullón), Luciano García Senín (Pedreira), Carlos Porto Esperón (Cope), Jesús Búa Trigo (Cruceiro). Nesta reunión tamén se decidiu levar a cabo unha solta de coellos para a repoboación da fauna do monte. Aínda que esta estaba prevista para o mes de febreiro, finalmente foi realizada no mes de maio debido a que a Comunidade de Montes non lles concedía a caza en exclusiva do monte. Os cazadores lamentan facer a solta tan tarde porque aos coellos custaralles máis adaptarse ao medio e é posible que poidan contraer enfermidades pola calor destas últimas semanas.

Na imaxe móstrase un dos biotopos que temos no noso monte, que se constrúen para a cría de coellos. Concretamente este foi realizado grazas á antiga directiva da Comunidade de Montes.

CURSO

HORARIO

PREZO/MES

Costura e labo-

Mércores cada 15 días de

6€

Pintura a óleo

Martes de 15:00h a 17:00h

14€

Pandeireta

Luns 16:30h a 18:00h

12€

Piscina

A negociar

Variable

Zumba

Luns e mércores de 21:30h 22:30h

10€

Pilates

Martes de 20:00h a 21:00h

13.50€

Step

Luns e mércores de 22:30h a 23:00h

5€

Ximnasia de mantemento

Mércores e venres 9:00h a 10:00h

7€

Body jump

Venres 22:00h a 23:00h

14.50€

COMUNIDADE DE MONTES Despois de ser nomeada a nova directiva, o primeiro que se fixo foi buscar e organizar a documentación para cadrar as contas. Despois de dúas reunións coa Consellería de Medio Rural, xestionouse o plan de ordenación de 2006, que nunca se chegou a aprobar nin pagar polas directivas anteriores. Sobre as contas, vaise esperar a que concedan a subvención contra incendios, para contabilizar os gastos e ver que facer cos remanentes. Tense previsto tamén realizar a limpeza e o desbroce, tendo prioridade as zonas onde haxa vivendas.

Na última asamblea, aprobouse tamén evar a cabo o Plan de Oranización e Deslindes, xa que sen este, a partir de 2016, non se poderán solicitar subvencións á Xunta de Galicia. O proceso resultará custoso. Por último, a Comunidade de Montes de Carracedo quere pór en coñecemento dos veciños que xa teñen localizada a identidade do que está a contaminar o monte tirando escombro e a cortar árbores sen permiso. Advirte tamén que se non deixa de facelo, emprenderá accións legais, informado debidamente á Garda Civil.


CARRACEDO FALA | PÁXINA 7

BIBLIOTECA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS Trece anos de Branca AUTOR: Agustín Fernández Paz Branca está enferma de hepatite. Dende hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas, unha eternidade. Encima ten que pasar o seu aniversario así e é un aniversario importante, 13 anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e a súa nai propónlle que o complete para non se aburrir. Así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida, que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos: a súa infancia, a súa forma de vivir, o colexio, o seu primeiro amor… son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.

A praia dos afogados AUTOR: Domingo Villar Segundo dos libros que narra as aventuras do inspector de policía Leo Caldas. Aparece un cadáver na praia de Madorra que parece un afogamento. Crese que é un suicidio pero a autopsia rebela que foi un asasinato. O inspector vai investigando xunto co seu axudante Rafael Estévez, un zaragozano que non acaba de entender a sorna galega nin a relación dos galegos ca choiva. Pouco a pouco descobren que este asasinato ten moito que ver co naufraxio dun barco pesqueiro fai doce anos.

EXTRA

OS NOSOS VETERANOS Velaquí unha lista das persoas máis anciás de Carracedo, os nosos veteranos, oxalá todos poidamos chegar a esas idades con saúde! Mª Dolores Pego Torre (Gorgullón), 3-4-21, 94 anos.

María Vázquez Fernández (Gorgullón), 17-1021, 93 anos.

Ramona García Muíños (Cortiñas), 27-6-23, 91 anos.

Manuel Jamardo Paz (Fieitoso), 18-6-22, 93 anos.

Manuel Santos Iglesias (Casalderrique), 14-823, 91 anos.

Cristina Mata Senra (Casalserrique) 16-822, 92 anos.

Dolores Castro Casal (Cortiñas), 1-7-24, 90 anos.

Juan Fresco Magán (Cortiñas), 31-12-24, 90 anos.


FESTAS NA HONRA DE SAN BENITO, A VIRXE DO CARME E SAN ROQUE DÍAS 11, 19 E 20 DE XULLO

DÍA 11, SAN BENITO - O CAMPO Pola mañá, gran tirada de bombas de palenque e pasarrúas Ás 10:00h Misa Rezada Ás 13:00h Misa Solemne na honra de San Benito De 17:00 a 21:00h GRAN FESTA INFANTIL CON INCHABLES E FESTA DA ESPUMA Pola noite, Gran Verbena da man de:

INNOVACIÓN e TOKIO DÍA 19, VIRXE DO CARME - FIEITOSO DÍA 20, SAN ROQUE - GORGULLÓN DÍA 26, SANTA MARIÑA Festa dos callos na carballeira

CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN

Laura Bello Magariños Javier Frieiro Santaya

O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook