Skip to main content

Carracedo Fala_4

Page 1

ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº IV PREZO: A VONTADE PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO 2016

PUNTOS MÁIS RELEVANTES

CARRACEDO FALA ASOCIACIÓN Novas da reunión do 17 de xullo PROTAGONISTAS Manuel Frieiro Castro “O casarello”, do Bar Cruce

PARROQUIA Voz do veciño Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis

“O Coxo era meu avó” Gumersindo Queiruga Barros era un veciño do Cope, pero en Carracedo non se coñecía por ese nome. Aquí chamábanlle o Coxo. "O Coxo era meu avó", di orgullosa Mercedes, a súa neta. "El non era realmente coxo, senón paralítico", explica. Con tres anos, Gumersindo padeceu unha meninxite que fixo imposible que volvese andar. Isto non impediu que conseguise facer unha vida normal. É aquí cando aparece o máis abraiante da historia: o burro. El mesmo montaba no animal, e con el, ía a todos os lados: ás mozas, ás festas, á misa, ás feiras, a Caldas, a Padrón... "Sempre tivo moi bos burros, o seu era o único que había en Carracedo". Xa dende ne-

no, contaba tamén cunha especie de chancos que levaba nas mans para así moverse arrastrándose pola chan. De profesión, feirante. El ía ás feiras a mercar vacas para crialas e logo volvelas a vender, dinos Mercedes. Aínda así, tamén facía zocos. Deste xeito, foi como sacou adiante aos seus fillos, cinco en total, que tivo coas dúas mulleres coas que casou. "Era guapo. Non o digo porque fose meu avó, pero era guapo." Con Adelaida -irmá da avoa de Benedicta da Pedreira-, tivo dous: José o do Castro -pai de Lela a panadeira- e Manuela. Con Francisca irmá da avoa de Leonor do Cruceiro- casaría logo de morrer a súa primeira señora por causa do

EXTRA Comunións do ano 2016 BIBLIOTECA O mellor para os nosos lectores!

parto, e tería a María nai da nosa entrevistada - a Carmen e a Luísa. O que parece emocionar máis á súa neta é que sendo como era, foi un home como calquera outro: casou dúas veces,

tivo cinco fillos, e o máis importante, coidou e mantivo á súa familia. Hoxe, máis de 50 anos despois da súa morte, a súa figura aínda segue viva. En Carracedo coñécese a súa casa como “a do Coxo”.

Á esquerda, María Queiruga, filla do Coxo e nai de Mercedes; montados no burro, o Coxo co seu bisneto, Jose Luís; á dereita, Carmen, nora de María e nai de Jose Luís.


PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA

ASOCIACIÓN

REUNIÓN DO 17 DE XULLO O pasado 17 de xullo tivo lugar a reunión xeral da Asociación, na que se convocou aos socios e a todos aqueles interesados na reparación dos cemiterios. En dita reunión tamén estivo presente o construtor elixido, Fontán Piñerio Construcciones, para responder ás posibles preguntas dos presentes. Volveuse a recalcar en que van consistir as obras desta primeira

fase de reparacións: arranxar os muros de arredor e os tellados.

Entre as dúbidas expostas polos presentes, destacou a duración

podedes acudir de xeito gratuíto a estas clases que organiza no local social a Asociación Parroquial coa colaboración da Asociación Cultural Gnóstica.

Dende a Asociación Parroquial de Carracedo queremos agradecer aos compañeiros da Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo 1809 que nos deixasen axudarlles a vencer aos franceses na batalla do 21 de maio. Se para o ano o volven a intentar, alí estaremos!

Debido a que aínda faltan propietarios por entregar o documento da autorización firmado, a directiva decidiu volver polas casas dos veciños a recoller as que faltan, para así poder comezar as obras de arranxo o antes posible.

AXÚDANOS A ESCRIBIR CARRACEDO FALA!

CHARLAS ANTIESTRÉS Estar en paz cun mesmo e tamén co ambiente que nos rodea resulta fundamental para poder ser feliz. Iso é o que intenta explicar Suso, o profesor que imparte o curso, nas sesións semanais: falar con respecto, investigar de onde veñen os problemas da nosa vida e intentar poñerlle solución, que cousas nos quere dicir o noso corpo... Cada luns as 20:45

da capa impermeabilizante que se vai aplicar. O construtor afirmou que a empresa especializada que o fará dá unha garantía de 20 anos.

Moitas grazas aos que nos axudaron neste número. Necesitamos colaboradores para seguir e aumentar o boletín da nosa parroquia. Contacta con nós por Facebook ou acude a un membro da directiva da asociación. CÓNTANOS A TÚA HISTORIA! Queremos seguir contando historias da nosa parroquia. Cóntanos a túa para que os máis novos a coñezan e os máis maiores a recorden.

A recollida de tapóns está a ser un éxito, pero segue facendo falla a túa axuda. COLABORA LEVANDO OS TAPÓNS AO CENTRO SOCIAL!


CARRACEDO FALA | PÁXINA 3

PARROQUIA

A VOZ DO VECIÑO A Asociación Parroquial ten como un dos seus principais obxectivos traballar para que Carracedo sexa un lugar mellor para vivir. A nosa é unha aldea fermosa, pero todos sabemos de cousas que hai que arranxar: camiños sen asfaltar, con buracos, sen limpar… Manifestar isto é o obxectivo co que nace esta nova sección de Carracedo Fala, A Voz do Veciño. Neste espazo, e coa vosa colaboración, falaremos destes espazos ou elementos da nosa aldea coa idea de chamar a atención das autoridades pertinentes para que lle poñan solucións ás demandas.

CAMIÑO DA FONTE DO CAROZO (CORTIÑAS) Os veciños da Pedreira e das Cortiñas demandan a limpeza desta vía, ademais do arranxo da billa da fonte.

CAMIÑO DO CRUCEIRO Os veciños do lugar solicitan o asfaltado e a limpeza desta vía para a óptima circulación.

CAMIÑO DO CRUCEIRO-OUTEIRO Os veciños de ambos lugares reclaman o acondicionamento do paso, o que inclúe a súa limpeza e o seu asfaltado.

COLECTOR DE VIDRO (CARBALLEIRA) Os condutores que pasan polo lugar quéixanse da colocación do colector, xa que resta visibilidade na pista do cementerio aumentando o risco de accidente.

CARREIRIÑO DA PEDREIRA Os veciños do lugar reclaman a limpeza do paso, así como o seu amaño para que sexa transitable.

WIFI NO CENTRO SOCIAL Ata en dúas ocasións se solicitou a conexión wifi para o centro social. Seguimos insistindo para conseguir este servizo.

CAMPO DE FÚTBOL E ARREDORES (CARBALLEIRA) Os usuarios do campo de fútbol da Carballeira solicitan o acondicionamento do mesmo: luces, porterías, amaño da rede, asfalto. Do mesmo xeito, piden o derrube dos vestiarios polo seu mal estado e ademais a renovación do parque infantil para que os máis pequenos poidan gozar del.


PÁXINA 4 | CARRACEDO FALA

PROTAGONISTAS. Manuel Frieiro Castro “O casarello”, do Bar Cruce

“Sempre fun gandalleiro e festeiro. Son moi armadanzas. Teño 60 anos pero sentido dun rapaz de 20, polo que me adapto moito á xuventude” Hai case 50 anos que o sogro do noso entrevistado abriu o Bar Cruce. Pero os veciños de Carracedo non o coñecemos con ese nome. Hai quen lle chama “a do Casarello”, algúns máis veteranos “a do Barbeiro”, e incluso algúns din “a do Pantalóns”. Seguindo coa nosa rolda de entrevistas, nesta edición de Carracedo Fala, decidimos entrevistar a Manuel Frieiro Castro, o “Casarello”. Cando se abriu o bar? Hai 49 anos, fainos o día 8 se setembro. Primeiro abriuno meu sogro. Abriu solo bar, chiquitas, e despois fixo ultramarinos.

veu o Euromillón e agora hai 4 anos que temos Lotería Nacional. Ti podes escoller calquera número e, se está libre, compralo.

partilos, aínda que a ti non che toca nada.

Ti cando viñeches para aquí?

Que é o que máis se xoga?

Hai 24 anos, e hai 11 anos fixemos a renovación, esa parte que era ultramarinos, e xuntamos todo e puxémolo no bar. A última vez que renovamos hai 7 meses. Está novo.

A primitiva, con moita diferenza. Despois o Euromillón, e a Bonoloto; no Nadal a lotería pasa a ser a primeira; e o das carreiras de cabalos non se xoga nada.

Ela non quere o bar, el si, el xa traballa aquí polas mañás. E si faime ilusión, non polo bar, pero si polo selado das quinielas. É algo que poden vender, por exemplo, vendeuse o de Portas por 150.000 euros. Antes estaba na estación de tren, pero xa non pasa o tren, así que vendeu todo. Entón é un porvir para os fillos.

Cando empezaches coas quinielas? Xa hai 40 anos que hai quinielas, selado de quinielas. Solo quinielas? Primeiro solo quinielas, e despois hai trinta anos que veu a primitiva, bonoloto e todo iso, despois

Cales foron os premios mais importantes? Un de 94.206€, e hai 10 anos demos 71.000 euros, para a peña da de Antonio. Este último premio non sabemos quen foi. Faiche ilusión repartir estes premios? E non vai facer? Failla a calquera. Xa que vendes, faiche ilusión re-

Que pensas de que os teus fillos sigan a tradición familiar?

E as quinielas é algo que atrae e pódela poñer en calquera negocio, por iso nos chaman mixtos, porque vendemos máis que a lotería. E cando digo calquera negocio é calquera: tendas, bares, farmacias, panaderías... En toda


CARRACEDO FALA | PÁXINA 5

España somos sobre 7.000 mixtos. Os mixtos de Pontevedra temos unha asociación Arpomix, e facemos unha reunión na Toxa todos os anos. Dende esta asociación loitan por nós e conseguiron, por exemplo, que puideramos vender lotería nacional. Notades a crise? Si, no bar moitísimo, pero noto eu e nótaa todo dios, senón vai dar unha volta por aí e mira quen ten xente. Non hai unha rata. Os bares xa non son o que eran, non gañas nin perdes, comes del, pero aforrar cartos...os que dan comidas pode ser, pero os outros, moi pouco. Pensaches algunha vez en cerrar o bar? Non, para vivir, un soldo, chéganme as quinielas, e as chiquitas é un extra. E xa dixen que para telas temos que ter outras cousas. Antes este bar era de vellos, como conseguiches atraer a xente nova? Porque eu sempre fun gandalleiro, e festeiro, son moi armadanzas, teño 60 anos pero sentido dun rapaz de 20 polo que me adapto moito á xuventude. Entonces fixemos carneiradas, churrascada, e cousas así. Temos unha peña, que ao final do ano facemos unha comida. Un ano na fixemos porque morreu meu irmán o do Campo. Esta peña ten 22 anos, e xa morreron sobre 10.

Na peña son sempre 25, non queren ser máis, e para entrar un ten que saír outro; polo que hai lista de espera.

Eu xa estou xubilado! Aquí quen está é o rapaz pola mañá, e Ana pola tarde, eu estou aí fora falando cos clientes.

Ademais teño boa mercancía, e poño cubalibres ben feitos, bótolles ben de bebida, porque me gusta que a xente estea contenta.

Que che parece que este bar non se coñeza polo “bar Cruce”, que é o verdadeiro nome?

Como foi cambiando a xente de antes ata agora? Antes a xuventú andabamos todos xuntos. Agora cada un anda no seu coche. O que ten agora e que se xuntan máis polo wasap. Un chama polos outros. Antes no. Antes poñiámonos de acordo para ir, e punto. E tamén pa min que eramos máis legais a de antes que a de agora, que agora son mais cantamañanas, van co da feira e veñen co do mercado. Por exemplo, van todos xuntos para a Festa da Auga de Vilagarcía, e veñen dous hoxe e dous mañá, se veñen. Tivestes algún atraco? Si, xa fai, cando aínda tiñamos o ultramarinos. O fillo de Louriño pasaba por aí e veu un tipo entrando pola ventá, e chamou aos municipais. Aínda tivemos bo fregado, que tivemos que ir ó xuízo a Pontevedra. Agora puxemos unha alarma, porque a lotería atrae moito, pensando que hai moitos cartos, pero en realidade aquí non queda nada. Queres xubilarte aquí?

Chámanlle “a do Casarello”, e paréceme moi ben, gústame que me chamen así. Ana: o que pasa é que o bar Casarello non existe aquí! Creo que hai un en Cambados. Aquí é o bar Cruce, para os vellos é a do Barbeiro, ou a de Pantalóns, e agora para a xuventú a do “Casarello”. Gústache o bar? Si gústame, porque eu coñecíao ben por fóra. E estando aquí aprendes moitas cousas, e sabes moitas tamén. O mellor venche un que se ve moi fino, e despois debe cartos a todos. Dende que estou aquí, débenme un total de 3.000 euros, e xente de por aquí. Tamén hai xente moi honrada, hai algún que lle cobrei de menos, e veu de volta. A clientela de aquí, a maioría son do mellor, non hai unha pega, todos de cachondeo. De feito, aquí houbo unha voda, con cura incluído. Unhas rapazas entraron por primeira vez no bar, e foi un moi camelador de Carracedo que conseguiu que unha se casara con el; e había de todo, sancristán, monaguillo, e sobre 50 invitados. Ao final houbo bico!


PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA

PARROQUIA

V FEIRA TRADICIONAL DE CALDAS DE REIS

Un ano máis acudimos á Feira Tradicional de Caldas. Como sempre, tivemos un grande éxito coas chulas de cabazo, as filloas de sangue, e como novidade este ano, os buñuelos de Lola. Ademais das antigüidades, levamos algúns exemplares de Carracedo Fala, que chamou a atención dos visitantes.

CARRACEDO AMEAZADO POLO LUME Da madrugada do 10 ao 11 de agosto, o lume volveu facer a súa aparición na parroquia na zona da Pedreira. Isto fixo que moitos recordasen a semana daquel verán do 2006, cando Carracedo se converteu nun verdadeiro inferno. Foi a medianoite cando se

alertou de que había lume. Tocou a campá e os veciños acudiron ao lugar, onde máis tarde chegarían as patrullas de extinción. A pesares de que o vento do nordés dificultou o seu traballo, conseguiron sufocar o incendio.

incendio foi declarado na costa do Reguengo. Tamén nesta ocasión, aínda que existían abundantes focos, se conseguiu extinguir.

Un día máis tarde, o 12, outro

COLEXIO RURAL AGRUPADO DE CALDAS DE REIS A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobou a constitución do Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis, que estará integrado polas escolas de educación infantil de Carracedo, Godos, Saiar e San Andrés de Cesar. O recoñecemento permitirá a estas escolas ter profesores, que irán rotando, nas materias de filoloxía inglesa, educación musical, educación física e audición e

linguaxe. Isto será, sen dúbida, un gran reforzo para a educación dos máis pequenos da nosa parroquia. A orde entrará en vigor o 1 de setembro deste ano, polo que a medida xa se poderá aplicar o próximo curso. Despois de moito loitar buscando alumnos para que non desaparecese a Escola de San Andrés, xa

que para manterse necesitábanse como mínimo 6 alumnos, esta é unha gran vitoria pola conservación destas escolas unitarias.


CARRACEDO FALA | PÁXINA 7

AGRICULTURA ECOLÓXICA

PREPARADO DE ORTIGAS A técnica consiste en cubrir unha terceira parte dun capacho de ortigas, enchelo de auga. Deixámolas macerar un mínimo de 48 horas, tapadas cun plástico negro e nun lugar onde lle dea o sol. Transcorrido este tempo, recóllese esta auga. Por cada 5 litros, engádense 10 litros mais de auga limpa, e xa está listo o noso preparado ecolóxico. Este sérvenos para protexer as plantas de pragas actuando como repelente, incluído o mildiu, for-

talece a planta, a o mesmo tempo serve de fertilizante natural. O noso preparado pódese aplicar directamente na planta, pulverizando ou botándoo no solo para que chegue á raíz. Pódese aplicar en plantas ornamentais,cepas, tomates, cebolas, patacas, pementos e na horta en xeral. Este líquido, ao non ter efectos nocivos é posible aplicalo cantas veces se queira, e permite recoller os froitos sen esperar ningún tempo de precaución.

As ortigas que quedan despois da maceración non serven para unha segunda fermentación, pero son ideais para empregalas como abono de cítricos. *En colaboración con Susana Rosillo.

EXTRA

NOVOS SEMÁFOROS Tanto os veciños de Carracedo como os peregrinos que percorren o Camiño de Santiago gozan agora dunha maior seguridade ao pasaren pola N550 grazas á colocación de semáforos disuasorios da velocidade. O mecanismo é sinxelo: púlsase neles e un sinal parpadeante en ambar advirte aos

COMUNIÓNS Samuel Sánchez Luna ▪ Pablo Camiña Padín ▪ Laura Camiña Padín ▪ Aarón González Moreiras ▪ Iván Blanco González ▪ Anxo Vázquez Esperón ▪ Diana Villar González ▪ Hugo Castaño Fariña ▪ Andrea Pereira Varela ▪ Daniel Uchofen Cordo ▪ Estefan González Aboy

condutores de que deben aminorar a velocidade. A medida pretende poñer solución a ausencia dos tan necesarios pasos de peóns.

* Listaxe facilitada por Begoña de Farruco REFRÁNS! Un dos nosos próximos proxectos para Carracedo Fala é o de crear unha nova sección dedicada a frases populares que se din en Carracedo. Agradeceriámosche que nos dixeras algúnha! ATENCIÓN ANUNCIANTES! Animádevos a poñer publicidade en Carracedo Fala. Contactade con nós!


PÁXINA 8 | CARRACEDO FALA

BIBLIOTECA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS Rapazas AUTOR: Agustín Fernández Paz (falecido este ano) Aproximadamente 180 páxinas Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista.

Dr. Jekyll e Mr. Hyde AUTOR: Robert L. Stevenson Aproximadamente 140 páxinas O Dr. Jekyll, home preocupado desde mozo polas dúas caras da alama –a boa e a mala-, consegue separalas por medio dunha apócema. Dálle así vía libre á súa parte maligna e máis agochada, que intenta tomar o control da súa vida. Nesta obra, Stevenson consegue crear escenas de gran dramatismo, ao mesmo tempo que crea moitas das escenas máis terroríficas da literatura inglesa.

Hai moitos anos, eran os veciños os que facían os palcos cando chegaban as festas. Cada un daba o que podía para construílos (táboas de madeira, paus…). Se facía falla, ían ao monte a por pinos. O tamaño dos palcos variaba segundo o número de músicos que se trouxeran.

O Palco do Coro, na Carballeira

CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN

Laura Bello Magariños Javier Frieiro Santaya

O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Carracedo Fala_4 by Carracedo Fala - Issuu