ASOCIACIÓN PARROQUIAL DE CARRACEDO PUBLICACIÓN Nº I PREZO: GRATIS SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2014
CARRACEDO FALA E TI QUE PENSAS? Entrevista a Carmen, a nosa presidenta. Entrevista a Quinín, mestre de varias xeracións de carracedenses. ASOCIACIÓN Estado económico da Asociación e relación entre ingresos e gastos. Medidas e plans levados a cabo pola Asociación. PARROQUIA Reforma dos cemiterios parroquiais. Nova directiva da Comunidade de Montes. A primeira biblioteca de Carracedo
ALGO MÁIS CA UN CAMIÑO Carracedo non sería o que é sen o Camiño de Santiago. Dende sempre, os veciños da parroquia viron pasar miles de peregrinos en dirección a Compostela. Nos últimos anos incrementouse o número de camiñantes que nos visitan de camiño á capital, unha das razóns son as moitas melloras que se incluíron no traxecto, que tamén axudaron a repuntar a economía da aldea. Os carracedenses abrímonos máis ao mundo, a escola infantil da zona puxo en
marcha un proxecto para achegar aos máis pequenos esta parte da nosa cultura. Incluso actuamos de guías, axudando aos peregrinos extraviados. Ao pasar pola Carballeira, os peregrinos contemplan a nosa igrexa con admiración, senten un gran respecto pola tradición gravada nos seus muros durante tantos séculos. Non dubidan en facerse fotos diante da fachada do edificio, así coma no cruceiro de pedra. Dende as sombras e baixo a maleza, a que
fora noutra época a “casa do cura” observa os peregrinos pasar e fotografiala, como recordo da súa estancia no noso fogar.
UNHA FEIRA DE RECORDOS O 17 de agosto, entramos nunha máquina do tempo. O Concello de Caldas, por mor das festas da vila, realizou unha feira tradicional. Carracedo non puido faltar. Alí puide-
mos ver obxectos cotiáns, eses de cando os nosos avós eran aínda uns mozos. Arados, candís, sabas de liño, volveron durante un día á vida de todos nós. Ademais, tamén
puidemos degustar, a un módico prezo, filloas, chulas e rabanadas. Dentro dun ambiente cómodo e familiar, todos puidemos gozar dunha feira de recordos.
PÁXINA 2 | CARRACEDO FALA
E TI QUE PENSAS? ENTREVISTA A CARMEN
“Temos tradición labrega, non renunciamos ás nosas raíces” Como naceu a asociación? Naceu no 2006 pola necesidade que tiñan os veciños de arranxar o cemiterio e facer panteóns novos. Despois tamén se centrou no desenvolvemento social, cultural e económico da parroquia. Implícanse os veciños na asociación? O feito de que en Carracedo haxa sobre 250 casas e sexamos máis de 200 socios é moi positivo. Os veciños queren que haxa cousas, e que alguén tire para adiante pola Parroquia. A asociación estivo presente na Feira Tradicional de Caldas, que tal a experiencia? Creo que tanto nós como a Asociación das Mulleres Rurais deixamos a Carracedo en bo lugar. Somos unha parroquia de tradición labrega, non renunciamos ás nosas raíces. Chamou moito a atención o carro da entrada, por exemplo. Tamén houbo unha exposición de antigüidades. Eu non sabía que as pezas que levamos se podían catalogar polo Museo do Pobo Galego. Eso si me sorprendeu porque son cousas que a xente ten tiradas no faiado ou no corral e poden ter valor. Espero que para o ano os veciños partici-
pen máis activamente e poidamos ampliar a exposición. Que cousas lle faltan a Carracedo? Unha boa rede de saneamento nos lugares que falta sería o principal. Despois, un bo centro social para facer actividades para xente maior e para os nenos, unha pista deportiva, sitios públicos de lecer, arranxar camiños… E a idea da biblioteca? O da biblioteca foi unha iniciativa da nosa secretaria, que todos aplaudimos e esperamos que sexa un éxito; queremos que os sábados pola tarde sexa un momento de reunión de veciños e que non só se vaia ler senón tamén a xuntarse e a falar. Ti que es de Carracedo de toda a vida, ves cambios na xente? Si, hai cambios. A xente nova vén con outra mentalidade. A xente maior cambia moito polos netos, facendo cousas que nunca imaxinarían facer cando eran novos. Ademais de formar parte desta asociación foches unha das fundadoras das Mulleres Rurais, que che impulsou a facelo? Dende a asociación das mulleres sempre falamos de facer cousas polos nenos.
Tamén me considero unha defensora das mulleres, e esas diferenzas que eu vía, entre homes e mulleres, sempre pensei que tiñan que cambiar. Dende rapaza vía que o home marchaba para a taberna e a muller quedaba na casa cos fillos. Ás mulleres prohibíanselle facer cousas, ou xa nas facían polo “que dirán”. Despois de catorce anos vexo a moitas mulleres, ir a ximnasia, ir a baile… Aínda recordo cando empezamos co deporte e decíannos "non tendes que facer, si forades sachar". Quero darlle as grazas a todos os veciños por colaborar, por confiar en nós, e invitalos a que compartan con nós ideas e incluso críticas.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 3
ASOCIACIÓN
AS CONTAS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2010 CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO APARCAMENTO CAMPOLONGO 1,80€ INSCRICIÓN DA ASOCIACIÓN 35,38€ COLECT DIGITAL COPIAS 1,30€ LIBRERÍA FILGUEIRA, LIBRO 42,15€ COMERCIAL JAGREY 17,00€ MANTEMENTO DA CONTA 1,67€ COMISIÓN GASTOS CONTA 30,00€ PAGO km A PONTEVEDRA (3 VIAXES) 35,70€ CORREOS 2,15€ RECIBO A I.S.L 5,25€ GRÁFICAS ADOLFO PIÑEIRO 60,90€ TAXAS DE LICENZA DE FOMENTO 29,64€ GRÁFICAS INFORMÁTICAS 2,00€ TOTAL: 264,94€ CONCEPTO ADOLFO PIÑEIRO
RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2011 CUSTO CONCEPTO 53,10€ MANTEMENTO DA CONTA
ALIPROX PONTECESURES
CUSTO 30,00€
3,79€ TOTAL: 86,89€
CONCEPTO COMISIÓN ADMINISTRACIÓN COMISIÓN MANTEMENTO
RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2012 CUSTO CONCEPTO 1,20€ IMPOSTO-990022363376 30,00€ PAGO DAS CLASES DE APOIO GRATUÍTO REINTEGROS EFECTIVO (INGRESADO POLO CONCELLO POSTERIORMENTE)
CUSTO 30,24€ 805,00€ 300,00€
TOTAL: 1166,44€ RELACIÓN DETALLADA DE GASTOS DO ANO 2013 CONCEPTO CUSTO CONCEPTO CUSTO ADOLFO PIÑEIRO 3,60€ LIBRERÍA FILGUEIRA, FOTOCOPIAS 6,90€ COMISIÓN ADMINISTRACIÓN 10,80€ NOTARÍA COMPULSAR 3,60€ COMISIÓN MANTEMENTO 30,00€ RECOLLIDA CORREO, DEP. PONTEVEDRA 4,02€ CORREOS 3,62€ TOTAL: 62,54€ TOTAL DE GASTOS: 1580,81€
CONCEPTO NÚMERO DE SOCIOS 2010: 207 NÚMERO DE SOCIOS 2011: 188 NÚMERO DE SOCIOS 2012: 164
RELACIÓN DETALLADA DE INGRESOS CANT. CONCEPTO 1035,00€ NÚMERO DE SOCIOS 2013: 151 940,00€ INGRESOS 2012 POLO CONCELLO 820,00€ INGRESOS 2013 POLO CONCELLO
ESTADO DA CONTA: 3073,49€
CANT. 755,00€ 300,00€ 804,30€ TOTAL: 4654,30€
PÁXINA 4| CARRACEDO FALA
E TI QUE PENSAS? ENTREVISTA AO PROFE QUINÍN
“Os peregrinos que paran na nosa Escola sempre din que é a mellor parte do Camiño” Cando chegaches a Carracedo? Cheguei o un de setembro do 93, fai 21 anos. Neste primeiro ano, tiven alumnos que agora son pais de dous dos nenos que teño agora na escola. Como te sentes despois destes anos? Eu síntome igual, doume conta de que o tempo pasou, pero teño as mesmas ganas que cando cheguei, e todas as veces que empeza o curso dáme a sensación de que empezo de novo. Que che sorprendeu máis de Carracedo? Cando cheguei, sorprendeume como estaba a escola. Daba medo vela, asustoume. Despois, pouco a pouco, fómola arranxando: cambiáronse ventás, portas, baños... e agora está moi ben, hai que recoñecelo. Gústache o patio? Ten un problema de deseño, nos días de choiva non se pode usar. Falei co alcalde e díxome que o ían arranxar, oxalá. Tamén din que van facer un parque infantil. Planteácheste vivir en Carracedo? Si, estiven buscando casa. Falei con algúns propietarios, pero das 3 polas que preguntei, ninguén quixo vender. Non foi polo prezo, estaban pensando en fillos, e non houbo maneira. Non me apetecía facer unha
casa nova, apetecíame restaurala. ¿Cantos nenos hai este curso?Dezasete, máis que nunca dende que estou eu só. Nun ano, cheguei a ter 7 alumnos, que foi cando me disfracei de Brancaneves e os Sete Ananiños, foi moi simpático. Ves futuro entón... si, sempre que esteamos por encima de 6 -7 alumnos a escola vaise manter. É unha pena que se perdera a escola de Arcos e a de Godos vai polo mesmo camiño. Pensa que se fomentan adecuadamente as escolas unitarias? Creo que non, incluso creo que se podería usar a escola pola tarde como centro, e así dinamizar un pouco o sitio. Que os ex alumnos a utilicen para actividades, de biblioteca... En Carracedo temos o Local Social ao lado, pero en moitos sitios non, e sería bo utilizar as escolas, daría vida a escola e vida a aldea. E usalas como garderías? Si, si. A Reforma Educativa da Xunta establece que a educación en
Galicia comece aos cero anos. Nós estamos dando tres, catro e cinco anos. Cal é o problema? Requírese unha inversión moi grande para converter a escola en gardería: aseos adecuados, sitios para cambiar ós rapaces, dotar de calefacción o centro... Non tendes calefacción? Temos unha pequena estufa eléctrica pero eso non é calefacción. Ves algunha diferenza entre os alumnos de agora e os do principio? (pensa) Os nenos sempre son nenos. O que si cambiou foi que os de agora non están afeitos a manter a atención tanto tempo, seguramente porque están acostumados a videoxogos, anuncios da televisión... mensaxes moi curtas. Non se nota tanto con nenos desta idade, pero si con máis maiores, se falas con eles quince minutos, dáste de conta que
CARRACEDO FALA | PÁXINA 5
aos cinco xa non che fan caso. De feito, diagnostícanse máis trastornos de déficit de atención. Por suposto non é culpa nin da televisión nin dos videoxogos en si, pero axudan. Sabemos que traballaches en EEUU, que diferenza atopas entre os nenos de aquí e os de alí? Como che dicía antes, os nenos son nenos, aquí e en calquera parte do mundo. O que cambia é o sistema educativo, polo tanto o comportamento é diferente. Alí o sistema é mais ríxido, e a disciplina é moitísimo máis ríxida. Por exemplo vaise en fila todas partes, perfectamente calados e coas mans detrás. O primeiro día de clase vin castigar a un neno por non saber formar a fila, a min pareceume atroz, pero dinme de conta que funcionou, porque aquel rapaz aprendeu e non volveu ser castigado. Cústame pensar aínda coma un mestre americano, pero hai cousas que teñen que son fantásticas. O sistema educativo dos EEUU funciona moi ben, a pesar de que a poboación é moi cambiante; de feito teñen as mellores universidades do mundo e os mellores High school. Cóntanos algo do proxecto dos peregrinos. Eso é a miña xoia. Empezamos a páxina web no 2005, parabamos peregrinos e subíamos fotos a páxina web, pero levaba moito tempo e traballo. Eu non tiña facebook, pero un día descubrino, e era moi fácil, facía foto e xa a subía. O mellor é a resposta dos peregrinos e das familias. Preguntámoslles de onde eran e poñemos no facebook un enlace; e hai pais que todos os días fan clic nos enlaces cos nenos, e así aprenden xeografía e culturas diferentes. A resposta dos peregrinos é incrible, envíannos postais, libros, xoguetes, e os comentarios no facebook son moi positivos. Hai unha frase que se repite por moitos peregrinos de diferentes partes do mundo e que a min me emociona moito: "Sabes que Quinín? O tempo que pasamos na túa escola foi un dos mellores momentos do noso camiño". Qué sentes ó ver os teus primeiros alumnos? Gústame moito. Hai unha cousa que me enche de orgullo: cando me ven e din: “Ola Profe”. Iso encántame, porque a pesar de que tiveron moitos máis, aínda me consideran o seu profe. Sempre tiven moi boa relación tanto cos meus alumnos como cas súas familias Desmentindo o mito sobre a xente de Carracedo… Recordo que os rapaces de Carracedo tiñan fama de ser moi trastes e asilvestrados, a min parecíame que non, simplemente eran rapaces.
Dámosche as grazas polo teu labor de mestre dos máis pequenos de Carracedo durante estes 21 anos. Axudaches á formación de moitas xeración, esperamos que sigas así durante moitos máis anos!
PÁXINA 6 | CARRACEDO FALA
PARROQUIA
REFORMA DOS CEMITERIOS PARROQUIAIS Os propietarios dos panteóns dos dous cemiterios de Carracedo foron convocados a unha xuntanza o día 30 de novembro coa fin de avaliar a situación do proxecto de reforma dos dous camposantos. A directiva da Asociación comunicoulles que xa se conta cos permiso pertinentes de Sanidade, Patrimo-
nio e Concello para levar a cabo a citada reforma. A idea inicial da Asociación era tellar os dous cemiterios, pero segundo os datos aportados polo aparellador municipal a lexislación vixente non o permite. Ante esta situación a solución que se pon sobre a mesa é o levantamento das cruces para evitar os cita-
dos problemas técnicos. Para iso hai que pedir un novo permiso a Patrimonio. Tamén se plantexaba proceder ao illamento dos nichos. Durante a xuntanza valorouse a posibilidade de executar o proxecto sen permiso da Xunta, algo que se descartou. Os presentes optaron polo illamento.
APÚNTATE AO CURSO DE PILATES!
mesmo centro social os días de clase ou falar con algún membro da directiva da Asociación.
O pasado mes de novembro a Asociación Parroquial puxo en marcha un curso de Pilates pensado para todas as idades. As clases son impartidas por unha profesora de Educación Física con titulación oficial en Pilates e nestes momentos hai apuntadas arredor dunha vintena de persoas.
As clases impártense os luns e os mércores de 20.30 a 21.30 e os martes e xoves de 18 a 19 horas. Os presos para os membros da Asociación son de 25 euros por dous días de clase á semana e de 15 por un día á semana. Os non socios pagarán 5 euros máis. Os interesados en apuntarse poden facelo no
ACTIVIDADES DAS MULLERES RURAIS Asociación da Mulleres Rurais ten en marcha as seguintes actividades:
asistentes.
de 15€ por persoa.
Costura e bordado, 60€ ao mes a repartir entre os asistentes.
Pilates, coste mensual de 20€ por persoa.
Curso de conservación de alimentos, 6€ pola inscrición e gastos a repartir entre os asistentes.
Pandeireta e cantos populares, coste mensual de 12€ por persoa.
Body-jump, 100€ a pagar entre os asistentes.
Clases de instrumentos populares, 120€ a repartir entre os
Pintura ao óleo, coste mensual de 14€ por persoa. Zumba e step, coste mensual
Para máis información, contactar ca directiva da Asociación das Mulleres Rurais.
CARRACEDO FALA | PÁXINA 7
OBRA DE TEATRO O pasado 7 de decembro, os veciños do Cope, co obxectivo de financiar as festas en honra a Santo Antonio, organizaron, coa axuda do Concello unha obra de teatro con merendola e música no Casa Social de Carracedo. A obra Os Xigantes tivo como protagonista ao actor Miro Ma-
gariños, coñecido por aparecer en series como Libro de Familia e Mareas vivas. Tanto os pequenos coma os máis adultos puideron gozar dunha agradable tarde domingo, que
NOVA DIRECTIVA DE MONTES O 12 de outubro de 2014 estableceuse a seguinte directiva: PRESIDENTE: Constantino Carou Rodríguez VICEPRESIDENTE: José Ramón Ríos Gago SECRETARIO: García
Javier
Iglesias
TESOUREIRO: José Ramón Sal-
non puido ser frustrada pola choiva nin polo frío.
vado Freiría VOCAIS: José Castromán Sanmiguel (Casalderrique), Sonia Carballo López (Cope), José Caeiro Gándara (Cortiñas), Andrés Cordo Iglesias (Cruceiro), Valentín Torres Aboy (Fieitoso), Manuel Fojo Vázquez (Gorgullón) e Manuela Sanmiguel de la Torre (Outeiro).
QUERES QUE O TEU NEGOCIO SE ANUNCIE NESTE BOLETÍN? Ponte en contacto con nos: Carmen: 625050898 Laura: 680716594 Recóllense tapóns de plástico no centro social para fins benéficos, agradeceríamos a túa axuda!
NACEMENTOS E DEFUNCIÓNS NACEMENTOS (bautizados) José Manuel Bello Vilariño Alejandro Lemos Fresco David Vázquez Taibo Hugo González Conles Breixo González Lorenzo Mateo González Castro Mikael Gallas Otero Daniela Sineiro Caamaño Iván Carballo González
DEFUNCIÓNS 26-01-14 18-05-14 31-05-14 14-06-14 14-06-14 20-07-14 03-08-14 12-10-14 19-10-14
Andrés Freiría Pérez José González Duarte Josefa González Bello Manuel Pena Torres Esclavitud Mª Luísa Esperón Couselo Carmen Senín Couselo Mª Carmen Frieiro Santos Serafín García Somoza María García González Antonio Martínez García José Martínez García David González Barreira José Sanmiguel Fariña
13-01-14 19-01-14 20-01-14 06-03-14 24-05-14 01-06-14 04-08-14 24-08-14 02-09-14 22-09-14 20-11-14 29-11-14 29-12-14
BIBLIOTECA NO CENTRO SOCIAL
CARRACEDO FALA Fundado no 2014 - Edita: Asociación Parroquial de Carracedo REDACCIÓN
A principios deste mesmo ano os membros da Aso-
Laura Bello Magariños Javier Frieiro Santaya
ciación Parroquial inauguramos a primeira bibliote-
ca de Carracedo, que contará con unha gran varie-
asociacionparroquialcarracedo@gmail.com FACEBOOK
dade de libros tanto en galego como en castelán.
facebook.com/asociacionparroquialdecarracedo
Os préstamos realizaránse os sábados pola tarde
O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós
aínda que eses días todos os que queiran poderán ir alí a ler, falar ou xogar a xogos de mesa. Se tes algún libro que non queiras, lévao á nosa biblioteca e axúdanos a completala. A longo prazo, temos pensado instalar unha rede wi-fi, para que todos os que queiran teñan acceso libre a internet.
HORARIO DE AUTOBUSES
LUNS A VENRES
S A Í D A S
SANTIAGO 06:50h 09:00h 10:00h 12:30h 15:30h 19:00h PONTEVEDRA 06:45h 09:15h 11:30h 13:55h 15:15h 12:50h 21:00h
CARRACEDO 07:35h 09:42h 10:45h 13:12h 16:12h 19:42h CALDAS 07:15h 09:45h 12:20h 14:25h 15:45h 18:00h 21:30h
CALDAS 07:40h 09:50h 10:50h 13:15h 16:20h 19:50h CARRACEDO 07:20h 09:50h 12:05h 14:35h 15:50h 18:05h 21:40h
PONTEVEDRA 08:30h 10:30h 11:30h 14:30h 17:00h 20:30h SANTIAGO 08:15h 10:45h 13:00h 15:30h 16:45h 19:00h 22:30h