CONSUMO E AFORRO ENERXÉTICO Dende os máis remotos orixes rexistrouse un crecemento continuo do consumo mundial de enerxía. O consumo de enerxía por habitante representa un dos indicadores máis fiables do grado de desenrolo económico dunha sociedade, que está directamente relacionado co benestar material. A demanda enerxética asociasede forma xeneralizada co produto interior bruto dun país, ca súa potencia industrial e co nivel de vida dos seus habitantes. A correspondencia entre nivel de vida e consumo enerxético obsérvasedende unha perspectiva histórica pois poden examinarse as evidentes relacións entre crecemento económico e incremento da demanda de enerxía. A industrialización, o desenrolo dos transportes (sectores que necesitan grandes cantidades de enerxía) así como a crecente mecanización de todas as actividades económicas e o aumento do uso da enerxía na economías domésticas, repercuten todos en fortes incrementos do consumo de enerxía. Por zonas xeográficas, o consumo relativo de enerxía en América do Norte (EEUUe Canadá) é aprox. do 30%,en Europa Oriental en torno ó 20%,en Europa Occidental en torno ó 17%,similar ó continente asiático (India e China principalmente), Xapón consume cerca do 6%e en niveis inferiores está Iberoamérica e Oceanía. En canto a España, como país desenvolvido e industrializado ten un consumo relativamente elevado de enerxía, aínda que en termos absolutos quedamos lonxe dos paísesmáis industrializados. Medida en termos de enerxía primaria, a evolución do consumo interior bruto español tivo nos últimos decenios unha clara traxectoria ascendente que se quebra como consecuencia da crise do petróleo, para nos últimos anos volver a acelerarse o seu crecemento. No balance enerxético correspondente ós últimos anos, existe unha gran diferenza entre a produción e o consumo a favor deste último, o que nos obriga a facer grandes importacións de enerxías fósiles para poder satisfacer as necesidades internas. En canto ós criterios e técnicas de aforro enerxético, fundamentalmente é a partir da crise do petróleo dos anos setenta cando xurde a necesidade por aforrar enerxía, motivada por: A progresiva desaparición dos recursos enerxéticos primarios (carbón, petróleo e gas natural). interese por paliar os efectos negativos medioambientales ocasionados pola produción, transporte e consumo de enerxía. intento de diminuír os custos enerxéticos para mellorar a competividade entre as industrias. Para aforrar enerxía hai que comezar por un uso racional. Isto implícanos a todos, dende o seu propio entorno ata as grandes empresasnos seus procesosde