Enquisa á miña avoa 3

Page 1

Enquisa 1.Cal foi a súa función? Carniceira.

2.Que outros traballos había? Explícaos. Leiteira: eran mulleres que vendín o leite dos seus propios animais e a ían vendendo polas casas. Costureira: facían a súa propia roupa. Compraban a tela e facíana, porque lles era moito máis económico.

3.Cales eran as festas as que ían? Que comía nesas festas, que se bebía, que bailes había, vestimenta... As festas tradicionais da aldea. Comidas típicas: como o polbo. Bebíase o viño da casa . Os bailes eran os tradicionais, os dos gaiteiros ou os das bandas de música. Na vestimenta, os pantalóns eran acampanados e de tea, as minisaias eran curtas, tamén levaban vestidos de tea por debaixo do xeonllo e os zapatos eran con plataforma.

4.Refráns ou ditos que escoitou algunha vez. “O que non mata engorda” “Non hai mal que por ben non veña” “O corazón e os ollos nunca son vellos” “Na casa de ferreiro cuchilo de pau”

5.Cal era a súa actividade cotiá? Coidar da horta e dos animais.

6.Nomes de obxectos Lareira, bolillos, hórreos, sacho, molinillo, plancha de ferro, tocadiscos, carruaxe, arado, fouza, fouciño, aixada, carro de vacas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.