Enquisa á miña avoa 2

Page 1

SOFÍA FONTENLA CORTÉS 1º Bach- D

ENQUISA SOBRE MULLERES GALEGAS Cal foi a súa profesión? Estivo toda a súa xuventude traballando co arado nas fincas, labrando e tamén facendo o pan para a familia e algún veciño.

Que outros traballos había? En que consistían? Traballaban cortando a herba e cargandoa no carro que movían as vacas, esfollaban o millo cando era a época e poñian e recollían as patacas. Axudabanse uns aos outros para facer as labores do campo.

A que festas ían? Ás festas patronais de Cuntis, que duraban 4 días e soamente ían a bailar, ían ao San Ramón, outra festa da zona, e nela bailaban e cantaban cancións populares. Despois tamén ían a festa da súa aldea, a Santa Apolonia, nela comían año e peixe e de sobremesa había filloas e orellas, pois esta celebración tiña lugar durante o entroido.

Que facían no seu día a día? As mulleres facían soamente as labores domésticas, lavaban a roupa, coidaban aos fillos e facían a comida para a familia. Pola contra os homes ían para o campo e logo na casa non facían nada.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.