Enquisa á miña avoa 1

Page 1

Enquisa á miña avoa Nome: María do Carme Louro Anos: 76 Cal foi a túa profesión? A miña profesión foi coma a de tódalas mulleres daquela época, andar ás vacas, ás galiñas, porcos... o gando en xeral, tamén coidaba da casa e dos fillos. Que outros traballos había? Había poucas oportunidades a elixir, ou cosías, ou coidabas aos animais para despois sacar un ben (ovos, leite, carne de porco, la...), tamén podías sachar nas patacas. Había mulleres que tecían a súa propia roupa. Cales eran ás festas ás que íades? Íamos a tódalas que noso pai nos deixaba, xa que era quen mandaba na casa. Íamos a Barro, Perdecanai, Valiñas... isto todo obviamente a pé. Alí bailabamos e pasabámolo ben, ata coñecín ao teu avó. Como ían vestidas? Vestiamos máis ou menos do mesmo xeito todas. Cunha saia ou vestido estampado. Na aldea poñiamos un mandil de cadros e levabamos unha pano na cabeza. Que se comía? En xeral comíase comida cocida, case nunca nada frito, a excepción de tortilla ou así. Os domingos faciamos unha boa comida como cocido, polbo, carne con patacas, empanada… De beber mollabamos o pan no viño e comiámolo. Tamén bebiamos leite Nas celebracións matabamos unha cabuxa, un carneiro… Actividade cotiá: Polas mañás levantabámonos cedo (7:00) para ir xa ceibar as galiñas que ían como tolas a comer no millo. Despois iamos xunto as vacas a levalas a pastar. Iamos ao toxo ao Castro ou á Barosa co saco de millo na cabeza e os zocos postos nos pés.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.