Enquisa á miña avoa 6

Page 1

ENQUISA A UNHA MULLER GALEGA Natalia Carreira Piñeiro 1ºA Bach


Fíxenlle esta pequena enquisa á miña avoa, o que me axudou a descubrir un pouco o mundo no cal viviron as nosas antepasadas e o dura que foi para elas a vida. Ademais da relación que tiveron coa nosa terra e a nosa lingua, o galego. A enquisa foi a seguinte: 1. Cal foi a túa profesión? Non tiven ningún tipo de profesión remunerada, simplemente tiven que ocuparme da casa e dos meus fillos, así coma dos traballos do campo. 2. Que traballos realizados por mulleres había? As mulleres realizaban profesións como a de costureira. Eran tamén panadeiras e peixeiras, que ían a vender coa cesta na cabeza. Servían noutras casas, limpando, cociñando e demais. Ían ao xornal, é dicir, traballaban nos campos de outras persoas durante a época de sementar ou da colleita. Moitas dedicábanse a lavarlle a roupa a outras familias e levarlla á casa. Ademais, tamén facían traballos fisicamente máis duros, como traballar nas canteiras e picando pedra para as estradas. 3. Cales eran as festas ás que iades e que se comía e se bebía nesas festas? Levabades algunha vestimenta especial? Que bailes adoitaban bailarse? Acostumabamos ir ás festas da súa parroquia e das parroquias próximas, adoitabamos beber viño e comer pulpo e rosquillas. Non levabamos ningunha roupa en especial, simplemente poñiamos a “roupa dos domingos” que era a roupa máis nova que tiñamos, a cal reservabamos para os días de festa. Bailábanse bailes moi diferentes, desde a muiñeira ou o pasodobre ata a yenca, a raspita ou o twist. 4. Que refráns ou ditos adoitabas dicir ou escoitar? • Déixate andar Xulián coa capa remendada, que neste mundo redondo, quen ben anda ben acaba. Quere dicir que o que fai as cousas ben vai obter un bo resultado. • Canto máis te abaixas máis se che ve o cu. Quere dicir que canto máis bo es e mellor te comportas peor de van a tratar. • Non se pode estirar o pé máis ca do que da a manta. Quere dicir que nos debes vivir por enriba das túas posibilidades. • Para quen é o burro chégalle ben a albarda. Quere dicir que en función da túa posición social vante a tratar mellor ou peor.


• Burra vella non aprende andadura, e se a aprende non lle dura. Quere dicir que coa idade é máis difícil aprender ou cambiar a forma de pensar e de facer as cousas. • A falta de home bo o meu marido é alcalde. Quere dicir que como homes bos non hai, polo menos que o que escollas teña cartos. • Cando non hai pan aprovéitanse as frangullas. Quere dicir que cando te ves na pobreza tes que subsistir como poidas. • Tanto ten xabón coma fío negro, todo é para a roupa. Quere dicir que ás veces dous camiños aparentemente moi diferentes pódente levar ao mesmo resultado. • O que comeu a carne que roia os ósos. Quere dicir que se creas un problema tes que ser ti o que atope a solución. 5. Cal era a túa actividade cotiá? Ao levantarme tiña que espertar aos rapaces, facer o desaiuno, levalos á escola, limpar a casa, ir lavar a roupa, ir á veiga, facer de comer e ir recoller aos rapaces á escola. E pola tarde tiña que traballar na veiga e coidar dos nenos ata que ía facer a cea e deitaba aos rapaces na cama. 6. Nomes de obxectos ou ideas en galego. Fungueiro, cabezalla, canizas, grade, escampadeira, suliño, arado de pau, fouciño, angazo, legón e galla (todas son partes do carro e ferramentas para traballar o campo). Cabana (pequeno cuberto no cal se gardan as colleitas e algúns utensilios de labranza). Pica ou faísca (folla do pino), candeas do millo (son as flores que bota o millo).

Baguera, viso e refaixo (eran diferentes tipos de roupa interior das mulleres).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.