Enquisa á miña avoa 5

Page 1

ENTREVISTA Á MIÑA AVOA 1) Cal foi a súa profesión? A profesión da miña avoa foi a de ama de casa onde se encargaba de coidar os seus fillos, á limpeza da casa, á compra de víveres e outros artigos de uso cotiá, á preparación das comidas, a administración parcial do presuposto familiar e un largo etcétera. 2) Qué outros traballos había na sociedade? • Afiador (consistía en afiar coitelos, tesoiras ou outros utensilios de corte) • Sazoador (consistía en preparar o adobo para conservar alimentos, especialmente de carne de porco) • Alfombreiro (consistía en confeccionar tecidos de lá, de algodón etc, para cubrir o chan das habitacións) • Barbeiro (perruqueiro que arranxaba a barba e cortaba o cabelo entre outros labores) • Serrador (cortaba as árbores e serraba na madeira) • Costureira (arranxaba a roupa e cosía) • Boticario (farmacéutico que preparaba ou vendía medicamentos ou herbas medicinais) • Canteiro (obreiro que traballa na pedra das canteiras) 3) Festas ás que asistía. A miña avoa non era de ir ás festas senón que ía a bailes coas súas coñecidas, ás romarías e aos salóns que había no pobo. Ademais, as fins de semana que non había moito que facer xuntábanse todos os veciños para comer o polbo e beber algunhas copas de viño. 4) • • • • • • •

Refráns ou ditos. Nunca choveu que non escampara Non hai mal que cen anos dure A nosa vaca ten o pesebre en Galicia e os tetos en Madrid Ser dos “tempos de María Castaña” A todo porco lle chega o seu San Martiño Xaneiro quente trae o demo no ventre A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños

5) Actividade cotiá. A miña avoa levantábase ás seis da mañá para muxir as vacas antes de que se levantaran os fillos para ir ó colexio. Despois atendíaos e preparábaos. Cando estes marchaban, ía para a horta onde sachaba nas patacas, plantaba, etc. Cando se achegaba a hora do xantar, preparaba o alimento para cando chegaran os rapaces do colexio. Preparábao na lareira grazas á leña que recollía meu avó. Pola tarde volvía á horta onde seguía traballando na terra. Xa na tardiña xuntábase con algunhas veciñas para falar de como lles fora o día e charlar un pouco. Pola noite, encerraba as galiñas e preparaba algo lixeiro de cear. 6) Nomes e ideas en galego • Torques: colar ríxido e redondo feito de cordas de metal entrelazados. • Alalá: melodía que forma parte do folclore galego.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.