EnComún Nº 139

Page 4

6• EC // Nº 139 Noviembre 2011

Flashes ●●●

EC // Nº 139 Noviembre 2011 • 19

O viño de Amandi, en barrica de carballo galego

• Un grupo da Escola Politécnica Superior de Lugo dirixido po-

los profesores Ignacío Díaz- Maroto e Pablo Díaz, segue a traballar na investigación do envellecemento do mencía en barrica de carballo galego en colaboración coa adega Algueira de Sober. Os investigadores da USC acometen este traballo dende o ano 2009, tamén nunha adega da D.O. Valdeorras. Despois de rea-

lizar a primeira cata do caldo da Ribeira Sacra o pasado verán en Monforte, agardan agora catar as añadas de 2099 e 2010 despois dun tempo embotelladas en vidro, agardando refrendar os óptimos resultados acadados nas primeiras análises, positivas para o comportamento do mencía madurado en barricas de castaño galego e lixeiramente tostado.

O Pleno de Sober acorda crear un grupo de Protección Civil

Xuventudes Musicais leva á intérprete de clave Sara Johnson ao Hotel Palacio de Sober dentro do ciclo O BNG pediulle ao goberno local que se adecente o contorno dos petroglifos do Xestal Música no Outono e unha limpeza a fondo da Casa da Cultura Redacción Monforte

• O Pleno municipal de Sober celebrou nos pasados días unha sesión ordinaria como cada dous meses, acordando por unanimidade aprobar o regulamento da agrupación de voluntariado de protección civil a través dunha proposta da alcaldía. ICIO Por outra banda, tamén foi aprobada por unanimidade a ordenanza fiscal reguladora do imposto de construcción, instalacións e obras (ICIO). Esta ordenanza quedara sobre a mesa na anterior sesión plenaria para incorporar diversas bonificacións; neste caso, inclúense un 95% a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración; outra bonificación do 50% a favor de construcccións, instalacións ou obras referentes a

vivendas de protección oficial; e un 90% a favor de construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicions de acceso e habitabilidade dos discapacidados. Contra a violencia O pleno acordou, por outra parte, e na xornada de víspera do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, e tamén por unanimidade, un manifesto de repulsa contra os maltratadores e instar aos gobernos central e autonómico a desenvolver os dereitos previstos na Lei orgánica 1/2004 de 28 de decembro e Lei de Galicia 11/2007 do 27 de Xullo. O BNG pide que se inste á Xunta a restituír as axudas aos concellos para o servizo a domicilio No pleno ordinario da corporación municipal de Sober do 24 de novembro de 2011, o BNG pediu que se inste á Xunta a restituír os créditos eliminados aos concellos para o financiamento do Plan Concertado. Paralelamente, tamén che-

excursión a Ourense composta por veciños de Sober visitou a a exposición que o artista soberino afincado en Madrid, Modesto Trigo, ten no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Esta é a primeira exposición en Galicia do recoñecido artista nacido en Gundivós.

Os soberinos aproveitaron para visitar a catedral de Ourense e as fontes das Burgas, entre outros elementos da capital ourensá. EXPOSICION DE JACQUELINE PEREZ E para os que queren ver arte sen saír da vila, no Centro de Recepción de Visitantes de

●●●

Unha monfortina no Senado • A candidata á alcaldía polo PP nas últimas eleccións municipais e concelleira ata o momento na corporación local, Julia Rodríguez Barreira, pasará a desenvolver a súa tarefa política no Senado a raíz dos resultados das eleccións xerais. Rodríguez Barreira é avogada de profesión e entrou como número dous ao Senado por Lugo.

A demanda dun centro para minusválidos psíquicos chega ao Parlamento As EOI luguesas

Un futuro para os usuarios do Infanta Elena

Outros rogos do BNG Ademais, os grupo nacionalista pediu que se adecente o contorno dos petróglifos do Xestal, que se reparen as madeiras retortas da oficina de turismo e se acometa unha limpeza profesional a fondo da Casa da Cultura. Noutro punto, pedíronlle ao goberno local que axude á Asociación Veciñal de Neiras a determinar cal é a titularidade do local social de dita parroquia, para que esta asociación poida pedir unha axuda para arranxar as instalacións, que teñen humidades que están a estragar as paredes.

Sober está aberta ao público unha exposición de pintura sobre diferentes materiais da artista soberina Jacqueline Perez. A exposición foi inaugurada polo alcalde de Sober Luis Fernández Guitián o pasado 28 de novembro, e permanecerá aberta deica ata o 9 de xaneiro, ao remate do Nadal.

A percusionista Sara Johnson Huidrobro interpretará pézas clásicas para clave no Hotel Palacio de Sober Xuventudes Musicais

• Xuventudes Musicais de Sober ten programado para o sábado 3 de decembro ás 19.00 horas un concerto de clave no Patio de Cristal do Hotel Palacio de Sober, a cargo de Sara Johnson. Inicialmente, estaba previsto un cuarteto de flautas, a celebrar na bodega Rectoral de Amandi, pero o cambio na programación fixo que os organizadores decidisen o cambio de escenario, estimando moito máis adecuado para este programa o Patio de Cristal do Hotel Palacio de Sober. Esta actuación enmárcase dentro da programación Música no outnono 2011. PERFIL DA INTÉRPRETE INVITADA Sara Johnson é unha intérprete de clave (León, 1992), que realiza estudos deste instrumento no Conservatorio Profesional José Castro Ovejero de León, con Delia Manzano. Gradúase coas máis altas calificacións en todas as asignaturas. Actualmente é alumna de Silvia Márquez no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Johnson realizou cursos de perfeccionamento con Pierre Hantaï (Montisi -Italia, 2010) e con

Ilton Wyuniski (Vinça –Francia 2006, Aveiro –Portugal 2005, “Académie Musicale de Villecroze” 2011). Foi galardoada con diversos premios, entre os que destacan o Premio Extraordinario de Música de Castilla-León de 2010 e a Mención Especial no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (octubre 2010). En 2009 obtuvo o 1º Premio no VIII Certamen Intercentros Melómano de Castilla-León e Mención de Honra na Fase Nacional de dito certame. Foi preseleccionada para o “Torneo Internazionale di Musica”, que terá lugar en xunio de 2012. XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER Dentro das pezas que interpreta este sábado están varias de Johann Sebastián Bach, Jacques Duphly. Xuventudes Musicais de Sober, é unha asociación cultural que se adica principalmente á promocion da música entre a xente nova. Organiza concertos abertos a todo o público con regularidade, a maioría deles en Sober, e outras actividades musicais e culturais.

incrementaron a matrícula nos últimos anos • As Escolas Oficiais de Idiomas da provincia de Lugo rexistran este curso unha matriculación de 3.176 alumnos en ensinanzas regradas polo réxime oficial na modalidade presencial, o que supón 613 máis que no curso 2008/2009, é dicir un incremento do 24% do alumnado destes cursos en catro anos. Unhas cifras que ademais se verán incrementadas unha vez se dispoña dos datos de matriculación nos cursos específicos que ofertan este centros, segundo informaron dende a Consellería de Educación.

gou ao Concello de Sober a polémica sobre a asistencia sanitaria a persoas sen recursos a través dos nacionalistas. O BNG pide que o Concello inste á Xunta de Galicia a que se retire a orde que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria ás persoas sen recursos e desempregadas, publicada no DOG o 9 de setembro, e que “se restitúan os dereitos das persoas que foron prexudicadas, reactivando as tarxetas que foron anuladas”, apuntan.

Os pintores soberinos Jacqueline Pérez e Modesto Trigo manteñen exposicións en Sober e Ourense • Este 29 de novembro unha

Flashes

Pais, titores e usuarios do colexio Infanta Elena concentráronse diante do Concello en prol dun centro que acolla a maiores de 21 anos EC Redacción Monforte

• A deputada do BNG, a mon-

fortina Isabel Sánchez, rexistrará unha proposición non de lei para que Monforte conte cun centro para diminuídos psíquicos. A demanda dos pais e nais do colexio Infanta Elena de Monforte chega así ao Parlamento galego, dando voz a unha necesidade que veñen manifestando dende hai tempo.

Demanda de atención continuada Os afectados e afectadas de minusvalías psíquicas reciben atención e educación neste centro ata cumprir os 21 anos, momento no que os pais e nais deben asumir o seu desenvolvemento cotiá. Nos últimos días, usuarios e titores veñen poñendo voz a esta demanda con diversas peticións e cunha

concentración diante da Casa Consistorial de Monforte. Dende o BNG, consideran que debe ser obriga dos poderes públicos garantir unha atención de calidade para as persoas máis necesitadas, como ocorre con estes rapaces e rapazas que quedan desprotexidos ao cumprir os 21 anos. A deputada nacionalista lembra que “estas persoas necesitan atención profesional” durante toda a súa

vida, e ao cumprir 21 anos só se pode garantir nun centro de atención especializado. Asimesmo, Isabel Sánchez reclamará no Parlamento galego o apoio das outras forzas políticas co fin de aprobar unha proposta destinada a resolver a delicada situación das familias de afectados por minusvalías psíquicas, que na actualidade non contan co acceso a un centro tras cumprir os 21 anos.

As EOIs lucenses ofertan este curso prazas en 193 grupos de ensinanzas regradas, nos idiomas de inglés, francés, alemán, italiano, galego e portugués; prazas repartidas entre as escolas de Lugo, Monforte, Ribadeo e Viveiro. Deste xeito o número de grupos ofertados medra un 15,6% respecto do curso 2008/2009, con 26 grupos máis. As medidas implementadas nas Escolas Oficiais de Idiomas enmárcanse na aposta que a Xunta de Galicia vén facendo, segundo indicaron, polo impulso da aprendizaxe de idiomas, fundamentalmente a través do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Uns 400 pacientes desviados do ambulatorio de Escairón Redacción Monforte

• O Grupo Municipal do

PSdG-PSOE de O Saviñao non está conforme coa solución que “o Sergas e Concello acabaron dando á supresión dun médico do Centro de Saúde de Escairón”. Os socialistas explicaron que no último Pleno do venres pasado, ante unha pregunta arredor das xestións realizadas e das expectativas sobre a repo-

sición do médico suprimido no ambulatorio de Escairón, “encontrámonos coa información transmitida polo equipo de goberno sobre os movementos realizados por distintos interesados no tema (Alcaldía e Sergas)”, apuntaron. Traslado de cartillas sanitarias a outros centros, e mantemento do consultorio de Currelos O Sergas “para acabar coas pro-

testas pola supresión do médico e a posible saturación do servicio, máis acalar as queixas preventivas da farmacia de Currelos, tomou a determinación de alixeirar as cartillas de pacientes do Centro de Saúde de Escairón trasladando sobre unhas 100 cartillas de pacientes da zona de Tuiriz que acudían ao médico a Escairón ao ambulatorio de Ferreira e derivando case outras 300 cartillas de escairón ao médico de Currelos.

Molestias por desprazamentos e prexuízo socioeconómico Desta maneira, perto de 400 cartillas de pacientes que acudían ao médico a Escairón, deixarían de facelo e irían a outros lugares, “coas implicacións que esto provoca a nivel socioeconómico, sobre todo privándolles a pacientes da zona de Tuiriz da asistencia ao médico a Escairón, que o teñen ao lado e lles evitaba o longo

desplazamento sin servizo público de transporte a Ferreira”, recalca o voceiro municipal socialista, José Antonio Quiroga. Para os socialistas do Saviñao, trátase dunha maneira de “ir poñendo parches”, xa que consideran que segue habendo pacientes perxudicados pola que consideran unha “estratexia de dispersión” que din” ven a consagrar a táctica de divide e vencerás”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.