EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 357, 1ª Quincena Xaneiro 2022

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 17 - nº 357

1ª Quincena Xaneiro 2022

ECONOMÍA

Protagonistas Chicote e Ana Guerra pasean pola Ribeira Sacra no programa Fuera de Serie da Sexta

Quincenal comarcal gratuíto

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica do Sur de Lugo O PULSO DA COMARCA

• Máis de 6 millóns de euros en investimentos no sur de Lugo a través do Plan Único 2022 da Deputación • O novo Plan estratéxico de Galicia prevé acadar en 2030 a converxencia con España en termos de renda per cápita e reducir ao 8% a taxa de paro

HISTORIA

A datación con carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros máis antigos de Galicia • Os resultados das datacións dan século VIII–IX antes da nosa era, o que o sitúa na transición da Idade do Bronce á Idade do Ferro, e fai que o xacemento gañe en interés científico.

• SERVIZOS: José Luís Álvarez ten como obxectivo levar auga potable a todo o municipio antes de completar o mandato • INICIATIVAS: Os Furanchos xa son unha posibilidade real no Concello da Pobra do Brollón coa nova ordenanza municipal


2• EC // Nº 357 Xaneiro 2022

AXUDAS Máis de 2,7 millóns de eruos en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

As axudas de rehabilitación enerxética de vivenda poderán cubrir ata o 100% do custo

• Os interesados poderán presentar as súas solicitudes de achega ata o vindeiro luns 31 de xaneiro • Redacción- MONFORTE. A Xunta mantén aberto -ata o vindeiro luns 31 de xaneiro- o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas que se veñen de convocar para o fomento da elaboración e da comercialización de produtos vitivinícolas. Estas achegas, xestionadas pola Consellería do Medio Rural, están dotadas cun total de 2.712.000 euros para 2022 e 2023. Destas subvencións, poderán beneficiarse as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e as organizacións interprofesionais. Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado

do produto, os custos xerais vinculados aos gastos anteriores tales como honorarios e estudos de viabilidade co límite do 8% do orzamento aprobado para a operación de investimento, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas. Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a inte-

gración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos. Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.•

• Redacción-MONFORTE. As subvencións, cunha dotación total de 3,8 millóns de euros de fondos europeos, están dirixidas a veciños de municipios de menos de 5.000 habitantes ou de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000. Os interesados en acollerse ás axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000, poden presentar a súa solicitude ata

o os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. As actuacións deberán conseguir unha redución do consumo de enerxía do 30% respecto á situación actual do edificio. •

A Xunta convoca as axudas aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso

O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000€, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior. USC.

EnComún Depósito Legal: LU 150-06

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

• Redacción- MONFORTE. A Xunta abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con dificultades económicas sobrevidas. O obxectivo desta convocatoria é garantir que poidan continuar os seus estudos universitarios. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina estas axudas aos universitarios que presenten unha necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa imprevista ocorrida no actual curso académico. Entre estas causas están a orfandade absoluta, o Cartas al Director: lectores@encomun.es Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).

desemprego, o falecemento, a falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, a condición de emigrante retornado, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar. As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros. Os estudantes deberán estar matriculados no curso 2021/22 nun mínimo de 50 créditos en estudos u de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 3

ECONOMÍA Máis de 6 millóns de euros en investimentos na zona sur da provincia a través do Plan Único 2022 da Deputación de Lugo • Os concellos percibirán estes recursos para manter e mellorar os servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego, e tamén para impulsar o tecido produtivo e asociativo municipal • Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo investirá máis de 6 millóns de euros na zona sur da provincia a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022. As bases xa foron aprobadas no Pleno de decembro e publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 10 de xaneiro. Xa está aberto o prazo para que cada municipio poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais. MELLORA DE SERVIZOS PÚBLICOS E INFRAESTRUTURAS O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explica que os concellos de Bóveda, Folgoso do Caurel, Quiroga, Taboada, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas. SIMPLIFICACIÓN DOS

TRÁMITES Tomé Roca subliña que dende o inicio do mandato “incrementamos a dotación económica do Plan Único”, a ferramenta “máis importante que ten a Deputación para a colaboración cos concellos” e, ademais, “cada ano melloramos as condicións para que lles sexa máis útil”, explica o Presidente, destacando neste sentido que no 2022, como novidade, a Deputación simplifica a tramitación e os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios. APROBACIÓN EN PRAZO Este é o segundo ano consecutivo, dende que existe este programa provincial de investimentos, que o Goberno provincial aproba as bases no ano anterior ao seu período de vixencia, algo “moi importante para os concellos, porque lles permite traballar con moita maior previsión, poderán empezar as obras nos meses de primavera e verán, a época máis axeitada para facelo, e tamén terán máis tempo para executar as actuacións que financian con cargo ao Plan Único”, explicou o Presidente. Ademais, os concellos poderán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asistindo ao Pleno ordinario no que se aprobaron as bases do Plan Único do ano 2022. GPDL.

imputar os gastos de contratación de persoal dende primeiros deste ano ao abeiro do Plan Único 2022, o que favorecerá a creación de postos de traballo.

cemento. Ademais, fixa un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

CRITERIOS PÚBLICOS E OBXECTIVOS A Deputación de Lugo aplica criterios que son públicos e obxectivos para a distribución dos fondos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envelle-

REPARTO POR CONCELLOS A distribución de fondos e a seguinte: Bóveda: 246.877,91€. Carballedo: 316.550,68€. Chantada: 471.849,81€. Folgoso do Caurel: 269.009,93€. O Incio: 289.486,97€. Lán-

cara: 298.607,89€. Monforte de Lemos: 500.000,00€. Pantón: 330.103,55€. Paradela: 291.020,42€. O Páramo: 245.691,31€. A Pobra do Brollón: 283.495,95€. Quiroga: 351.988,04€. Ribas de Sil: 231.114,70€. Samos: 282.251,29€. Sarria: 500.000,00€. O Saviñao: 383.959,75€. Sober: 323.730,24€. Taboada: 329.800,53€. Triacastela: 204.414,27€.•

Maite Ferreiro valora positivamente a aprobación do Plan Único, que permitirá que os concellos planifiquen actuacións desde o inicio do ano • Redacción- MONFORTE. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro valorou moi positivamente a aprobación no Pleno provincial das bases do Plan Único de Cooperación con Concellos, que permitirá que os concellos poidan planificar desde o principio do ano actuacións concretas con eses fondos que ascenden a un total de 21.5 millóns de euros. CONTINUIDADE DA POLÍTICA DE REPARTO EQUITATIVO A Vicepresidenta Maite Ferreiro subliñou que “se dá continuidade a unha política

de reparto equitativo de fondos que beneficiará á veciñanza de todos os concellos e que, un ano máis, se artella nos prazos axeitados para que as entidades locais poidan dispoñer dos recursos desde principios da anualidade” As bases aprobadas recollen os criterios de distribución do Plan Único entre os concellos, determinando un mínimo de 150.000 euros e un máximo de 500.000, e establecendo como criterios de ponderación a poboación (40%), as entidades de poboación (25%), a superficie (20%) e o índice de envellecemento (15%). •

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, nunha foto de arquivo.


4• EC // Nº 357 Xaneiro 2022

ORZAMENTOS Entran en vigor os Orzamentos 2022 da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo • Os Orzamentos da Xunta son os máis altos da sua historia, e os da Deputación, con 100 millóns de euros, os maiores na última década. • Redacción- MONFORTE. Os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2022 son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san. A XUNTA REFORZA O GASTO SOCIAL E O EMPREGO Os Presupostos de 2022 reforzan un ano máis o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) e o emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social que ascende a 8.660 millóns de euros para a sanidade, o ensino, as políticas sociais e o emprego, cun aumento de 610 millóns con respecto a este exercicio. Ademais, reforzan os recursos para o investimento produtivo que tamén contribúe ao fortalecemento dos servizos públicos. Estes Orzamentos inclúen máis de 2.500 millóns de euros para investimentos. REBAIXAS DE IMPOSTOS En materia de política fiscal, os presupostos do vindeiro ano recollen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos.

A Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que no 2009. Ademais, case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009. O ITP rebáixase un 10%, co que o tipo xeral pasa do 10 ao 9% para reducir a tributación ás familias que adquiren unha vivenda usada, favorecendo a dinamización do mercado inmobiliario e reactivando a rehabilitación. En canto ao imposto de Patrimonio mantense o mínimo exento e bonifícase un 25% a cota. Ademais mantéñense todas as rebaixas xa aprobadas no Imposto de Sucesións que sitúan a Galicia entre as comunidades autónomas con mellor tratamento fiscal para as herdanzas entre familiares directos e para os irmáns. Neste momento xa están exentas de tributación o 99,9% das herdanzas por vías directa. OS ORZAMENTOS DA DEPUTACIÓN EN VIGOR DENDE PRINCIPIOS DE ANO Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2022 están en

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a Vicepresidenta, Maite Ferreiro Tallón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez durante o acto de presentación dos Orzamentos da Deputación 2022. GCDL.

vigor dende o primeiro día do ano. O Presidente, José Tomé Roca, considerar prioritario contar con este instrumento investidor para toda administración dende principios de ano porque só así “os presupostos son realmente útiles e eficaces para a provincia”. A Deputación dispón dun Orzamento de 100M€, o máis alto da última década, que ten como obxectivo seguir mello-

rando e ampliando os servizos públicos, sobre todo no rural, e continuar apoiando a recuperación económica da provincia, en colaboración cos concellos e co tecido social e económico. Para elo, o Goberno reforza catro grandes liñas de actuación: políticas sociais, cooperación cos concellos, apoio aos sectores produtivos e mellora da mobilidade. A Deputación de Lugo dedica máis dun terzo do

total do Orzamento a Políticas Sociais. No 2022 aumenta a consignación un 12% ata chegar aos 34M€, dos cales 10M€ son para os Centros de Atención a Maiores. O principal instrumento de cooperación da institución provincial, o Plan Único, está dotado con 11M€ no Orzamento, que se elevarán ata os 21,5M€ coa incorporación de remanentes, como se fixo ata agora.•

O PP considera que PSOE e BNG devalúan o Plan Único 2022, ao conxelalo pese a suba dos prezos da enerxía • Redacción-MONFORTE. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou que “o Partido Popular de Lugo foi partícipe e creador do Plan Único e non vai ser cómplice da súa devaluación, unha devaluación que PSOE e BNG pretenden para o 2022, conxelándoo, en 21,5 millóns de euros, moi similar ao ano 2021, pero cunha diferencia moi grande, que é que a día de hoxe estamos cunha inflación moi grande e moi especialmente no capítulo de investimentos, porque os prezos subiron máis dun 25%”. Castiñeira explica que “a enerxía subiu, case un 30%

a luz e un 25% o gasóleo, e os produtos da construción tamén un 20%”. Engade que “polo tanto, os concellos con este Plan Único van poder facer un 25% menos de obra; non estamos de acordo, especialmente nun momento de recuperación”. PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS CONCELLOS O portavoz popular di que “cando os concellos necesitan máis apoio da Deputación de Lugo, esta institución o que fai é devaluar esas axudas e os concellos acaban perdendo poder adquisitivo”.•

Imaxe dos deputados provinciais do PP, na entrada ao Pleno da Deputación de Lugo. GP-PP.


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 5

TURISMO

INFRAESTRUTURAS

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Deputación asinan un convenio de colaboración

As obras de mellora no tramo Monforte-Lugo afectarán o servizo ferroviario entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio

• A Deputación de Lugo aporta 81.000 € para o Plan de Sostibilidade Turística • Redacción- MONFORTE. O presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e rexedor de Sober, Luís Fernández Guitián e o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta 81.000€ a esta entidade para sacar adiante o Plan de Sostibilidade Turística que lle foi concedido polo Ministerio de Industria e Turismo. Ao acto asistiron, ademais do rexedor de Sober, os alcaldes de Portomarín, Pantón, Ribas de Sil e Paradela, e a primeira tenente de Alcalde de Monforte de Lemos. José Tomé declarou que “con este acorto garantimos a execu-

José Tomé e os alcaldes de Sober, Portomarín, Pantón, Ribas de Sil e Paradela, e a tenente de Alcalde de Monforte. GPDL

ción deste paquete de medidas que lle outorgou o Goberno de España ó Consorcio da Ribeira Sacra co obxectivo de impulsar a transformación deste destino turístico cara a sustentabilidade”. O Plan de Sostibilidade recolle un total de 38 liñas de actuación para abordar nas en tres anos e, entre os obxectivos, está a inclusión da Ribeira

Sacra nas Rutas del Vino de España. Tamén están recollidas actuacións para mellorar a mobilidade, fomentar os transportes sostibles, apostar polas rutas vinícolas e de sendeirismo, recuperar espazos naturais ou accións formativas, todo neste territorio que vén de ser recentemente recoñecido como Reserva da Biosfera.•

EMPRENDEMENTO Aberto o prazo de inscrición para a sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos • Redacción- MONFORTE. Xa está aberto o prazo de inscrición sexta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra 2022 de Monforte de Lemos, polo que xa se pode formalizar a solicitude para acceder a unha das prazas do mesmo. O período de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de xaneiro de 2022. A previsión é que esta sexta edición programa Coworking dea comezo no primeiro trimestre do 2022. Desenvolveranse diferentes tipos de actividades: Talleres nos que axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio; Crowfunding, estratexias de comunicación en redes sociais, creatividade e innovación, como poñer en marcha un Plan de márketing

dixital, etc. Tamén haberá sesións de formación grupal dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking: finanzas para emprendedores non

financeiros; habilidades de comunicación, xestión do talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo, etc. Os participantes do coworking asistirán a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á posta en marcha do proxecto. •

O investimento orzado no tramo Ourense-Monforte supera os 3 millóns de euros . (Foto: ADIF)

• Redacción- MONFORTE. O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio de 2022 debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados. Adif acometerá durante este período actuacións en infraestrutura (obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 km de lonxitude. A execución desta fase de obras é incompatible co tráfico ferroviario, xa que leva consigo o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria. ADIF LICITA A EXECUCIÓN DE CERRAMENTOS EN ZONAS URBANAS E PASOS VICIOSOS DO TRAMO OURENSE-MONFORTE Adif aprobou a licitación dun contrato de obras de execución do proxecto de ce-

rramentos en zonas urbanas e pasos viciosos no tramo Ourense-Monforte de Lemos (liña Vigo-Monforte). A actuación, que conta cun orzamento de licitación de 3.017.433,58 euros (IVE incluído), enmárcase no conxunto de melloras planificadas para o corredor Ourense-Monforte-Lugo. No 46 km do traxecto dispoñeranse, nos puntos indicados, dous tipos de cerramento, en función da zona de actuación: cerramento con malla electrosoldada de aceiro, montada sobre un murete de formigón armado. Malla de cerramento de simple torsión (sen murete) con protección enterrada como reforzo ante a fauna existente. Este contrato forma parte das actuacións previstas por Adif para incrementar a seguridade, tanto en estacións de viaxeiros como noutras contornas, para os cidadáns e para as circulacións ferroviarias. Con estes traballos preténdese mellorar os sistemas de protección da infraestrutura para disuadir e evitar tránsitos indebidos polas vías. Esta actuación complementa a planificada para a execución de máis de 29.000 metros de novos cerramentos de protección no tramo adxacente Monforte de Lemos-Lugo.•


6• EC // Nº 357 Xaneiro 2022

OPINIÓN

SERVIZOS O Sur de Lugo recibe 349.000 euros da Xunta para programas de inclusión social • Posibilitará iniciativas locais de formación ou programas de educación e apoio familiar • Redacción- MONFORTE. A Consellería de Política Social financiou con 349.000 euros un total de 13 programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade que desenvolverán seis concellos do sur lucense. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que ao abeiro deste programa de axudas de inclusión social, os concellos poden desenvolver actividades de formación básica ou laboral adaptada ás necesidades dos destinatarios; establecer medidas de educación e apoio familiar, ou incidir en accións de mediación intercultural ou de carácter residencial. No sur de Lugo, o concello de

Por Javier Castiñeira.

Portavoz do PP na Deputación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias no acto de presentación dos Programas de Inclusión Social. GPXG.

Monforte asume case a terceira parte das achegas -105.575 €- para desenvolver seis programas de atención a persoas e colectivos en risco de exclusión social. Tamén resultaron beneficiarios os municipios de Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, Chantada e Sober. A práctica totalidade destinan os apoios a ofrecer servizos com-

plementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social de menores. O Goberno galego incrementou en 600.000 € o orzamento e aumentou o período para executar os programas subvencionados -de 20 a 22 mesespara dar maior estabilidade financeira ás corporacións municipais.•

O Concello de Monforte iniciou as obras de mellora das cubertas nas naves do polbo do mercado gandeiro

• Redacción- MONFORTE. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou o inicio das obras de mellora das cubertas das naves do polbo do campo da feira de Monforte, que foron adxudicados á empresa Intelga-Mundoor SLU por un importe superior ós 70.000 euros (70.161,85 €). O Alcalde destaca que “con esta actuación cumprimos co obxectivo de mellora das cubertas destas dúas naves, non só para proporcionar mello-

Tomé, o “tahúr” das competencias da Deputación

res servizos ás empresas que as utilizan durante os días de feira en Monforte, os días 6 e 24 de cada mes, senón tamén para que poidan ser utilizadas nas óptimas condicións para actividades expositivas e outro tipo de actos que se organicen dende o Concello”. O Alcalde salientou que “dende o Equipo de Goberno seguimos desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as

deficiencias das cubertas das naves do polbo do campo da feira. Cabe recordar que recentemente tamén levamos a cabo dúas actuacións deste tipo e de gran relevancia, como foron a renovación das cubertas da Praza de Abastos de Monforte, por un importe superior ós 63.000 euros (63.624,16 €) e as do Edificio Multiusos, por máis de 255.000 euros (255.812,85 €), proporcionar así mellores servizos ós nosos cidadáns". •

• O reparto competencial entre as distintas administracións públicas en España é moi claro. Están fixadas as competencias propias de cada nivel e tamén en que condicións unha administración pode asumir competencias que non lle son propias. É algo que está claro, ao parecer, en todo o ámbito da administración pública menos, polo que se pode observar pleno tras pleno, para o goberno da Deputación de Lugo. O seu presidente, o socialista José Tomé, co auxilio imprescindible do BNG, levou ao organismo provincial a un estado de cousas en que, segundo el, nada é competencia súa salvo aquelo que lle interesa que o sexa, no momento en que lle interesa; e ao revés, todo entra nas súas competencias ata que lle interesa que deixe de ser así. Se algunha vez tivo sentido a definición que do termo “dilema” se atribúe a Lincoln é con respecto a posición de Tomé no terreo das competencias da Deputación de Lugo: “Un dilema é un político tratando de salvar as súas dúas caras á vez”. O socialista Guerra cualificou a Adolfo Suárez de “tahúr del Misisipi”; hoxe podería dicir algo parecido de Tomé con respecto á súa maneira de enredar coas competencias da Deputación. E, mentres, os deputados nacionalistas aproveitan a conxuntura para inxectar cartos aos seus concellos vía acordos adoptados en xunta de goberno ao mesmo tempo que defenden, diante de quen quere escoitalos, que as deputacións teñen que desaparecer. Hai exemplos que poñen negro sobre branco o perverso xogo de socialistas e nacionalistas en materia competencial na Deputación. Posiblemente un dos máis ilustrativo sexa o das residencias da terceira idade. É certo que este servizo non é unha competencia propia da Deputación, pero non é menos certo que, a pesar de ser así, foi un goberno provincial presidido por un socialista o que decidiu construír

residencias da terceira idade nalgúns municipios de Lugo. Aí está o presidente Tomé metido de cheo no dilema competencial; para máis complicación, con certa periodicidade intenta “colocarlle” as residencias á Xunta, alegando que son materia de súa competencia. Con frecuencia, o dilema competencial no que se mete soíño o presidente Tomé ten moito que ver coa fuxida cara adiante fronte a probada incapacidade de xestión dos asuntos máis relevantes. Pasou coa falta de reacción da Deputación fronte á pandemia, xa nos primeiros compases, cando se precisaba con urxencia material de protección nos concellos lucenses e a Deputación nin estaba nin se lle esperaba. Pasou despois coa creación de liñas de axuda aos sectores produtivos; outra vez tarde, mal e arrastro, por máis que dende o PP se solicitaran unha e outra vez. Primeiro non era competencia da Deputación, despois, si, e o presidente Tomé andou e anda a “vender” as axudas provinciais. Cando estaba a punto de acabar o 2021, o PP propuxo ao goberno provincial incrementar as axudas ao sector pesqueiro, especialmente necesarias nestes momento de grandes dificultades para a industria do mar en Lugo. De novo, o goberno que preside Tomé retomou o argumento da incompetencia da Deputación en materia pesqueira. É evidente que tal argumento non se sostén nunha provincia que ten neste sector un dos seus grandes motores económicos. Non é improbable que, á volta de poucas semanas, a Deputación cambie de criterio e mellore (non é nada difícil) o seu apoio económico á pesca; entón, como tantas veces antes, de novo quedará claro que Tomé é a propia definición de dilema: “un político tratando de salvar as súas dúas caras á vez”. Ou, se o prefiren, aquelo que dixo Alfonso Guerra de Suárez e que xa queda dito.•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 7

SAUDE - CORONAVIRUS O alto número de casos fai que a Xunta prolongue as restricións polo menos dúas semanas máis • Ainda que cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes aos xoves, venres e sábados

• Redacción- MONFORTE. O que no número anterior de EnComún era una posilidade, terminou convertíndose en cruda realidade. A sexta onda da pandemia, coa variante ómicron, está batendo todos os rexistros de contaxios, e ainda que a vacinación está limitando o número de casos graves da enfermidade, o alto número de contaxios, non só ameazan con colapsar a atención primaria, senón que fai que as cifras de ingresos, tanto en planta como en uci e o número de vítimas, sexa preocu-

pante. Por este motivo, a Xunta decidiu manter, polo menos durante dúas semanas máis as restricións que impuxo a finais do pasado mes de decembro, aínda que cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes entre as 3,00 horas e as 6,00 h., en espazos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados. No Sur de Lugo, na comarca de Lemos o número de casos ascende a 551, na de Sarria a 650, en Chantada 240 e na de Quroga 98. Ademais, no Hospital de Monforte hai 8pacien-

BREVES • DEPUTACIÓN DE LUGO E UDC ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER UN TRABALLO DE ESTUDO E DESEÑO DUN PROTOTIPO DE EQUIPAMENTO DOTACIONAL PARA PERSOAS MAIORES NO RURAL GALEGO. A iniciativa, que se artellou en torno ás edificacións da Casa Reitoral e da Casa Habanera de Roupar e que contou coa estreita colaboración da Asociación de Veciños deste núcleo e do Concello, ten carácter experimental e define un modelo de vivendas comunitarias con servizos asistenciais, actividade sociocultural e recursos que é replicable a outros lugares da provincia e de Galicia.

tes ingresados. PROBAS DIAGNÓSTICAS GRATUÍTAS A Xunta habilita 32 espazos en toda Galicia para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas de xeito gratuíto. En concreto, nas comarcas do Sur de Lugo, serán a Biblioteca municipal Sarria (Casa da Cultura) os luns, mércores e venres, de 16:00 a 20:00, e o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, de luns a venres , de 15:00 a 20:00h. •

Novo reparto gratuíto de 190.000 máscarillas a todos os monfortinos

• O Concello inviste neste material sanitario aproximadamente 50.000 euros

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte está levando a cabo un novo reparto masivo de mascarillas a todos os cidadáns censados na cidade, no que se inclúen tanto adultos como nenos e nenas. Puxéronse a disposición dos monfortinos un total de 190.000 mascarillas, co obxectivo de facilitar ós veciños medidas de prevención e contención ante o Covid-19. O Alcalde destaca que “dende o Equipo de Goberno do Concello somos conscientes que novamente é necesario que axudemos a protexerse ós nosos cidadáns ante a incidencia do Covid-19 e da súa variante Omicrom, e para elo organizamos o que é o cuarto reparto masivo a poboación monfortina de mascarillas". En concreto, o Concello destina 10 unidades de mascarillas por persoa. Estas 190.000 mascarillas engádense ás 260.000 mascarillas repartidas dende o Concello no ano 2021. No ano 2020, o Concello repartiu 150.000 mas-

O equipamento deseñado, que recibe a denonimación de Casa da Veciñanza, busca o envellecemento activo e favorecer que as persoas maiores se poidan quedar a vivir na súa localidade ou zona de residencia contando cos recursos axeitados para poder facelo, o que axuda a fixar poboación.• • CONFERENCIA DO IGAPE NO IES A PINGUELA CON FÁTIMA R. FIGUEIRAS E JUANJO R. CASTAÑO . O alumnado de Administración e de Bacharelato con Economía foi o destinatario dunha interesante conferencia organizada polo IGAPE (Instituto Galego de Pro-

carillas entre todos os cidadáns monfortinos, destinou 23.000 unidades a alumnos de todos os centros educativos e 12.000 distribuíronse entre os comerciantes e hostaleiros da cidade. O Alcalde subliñou que “con este novo reparto que poremos en marcha a partir do vindeiro luns, o Concello de Monforte destinou para a súa poboación, dende o inicio da pandemia da Covid-19, máis de 635.000 mascarillas, unha cifra que creo que poucas administracións poden igualar, proporcionalmente falando. As mascarillas están a disposoición de todos os cidadáns censados en Monforte ata o 14 de xaneiro no Edificio Multiusos (ronda María Emilia Casas Baamonde), en horario de 9:00 a 14.30 horas. Esta recollida poderá ser levada a cabo por un membro da unidade familiar, que deberá presentar o seu DNI, e poderá recoller o resto de mascarillas correspondentes ós membros da súa unidade familiar.•

moción Económica) sobre o emprendemento e a importancia de contar cun bo plan de Empresa. Participaron Fátima Rodríguez Figueiras, da empresa Constultoría e Formación, dedicada ao deseño e implantación de proxectos de desenvolvemento local (Benestar social, Emprendemento ou Turismo), engandindo a perspectiva ambiental e de xénero en todos os seus proxectos (Formación, Asistencia técnica ou Dinamización), e Juanjo Rodriguez Castaño, responsable de Costa Sacra, dedicada á exportación de viños e licores a Costa Rica y Latinoamérica. Juanjo Rodríguez, ademáis é un exalumno da Pinguela.•


8 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

ECONOMÍA

Alberto Núñez Feijóo avanzou o novo Plan estratéxico de Galicia Prevé acadar en 2030 a converxencia plena con España en termos de renda per cápita dos fogares e reducir ao 8% a taxa de paro • Redacción- MONFORTE. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o novo Plan estratéxico de Galicia prevé acadar no ano 2030 a plena converxencia da Comunidade con España en termos de renda per cápita dos fogares, reducir ao 8% a taxa de paro e diminuír a metade a taxa de paro xuvenil. Así se deprende, abundou, do informe avaliado no Consello da Xunta que tamén prevé un crecemento medio do PIB de entre o 2% e o 2,5% anual. CONCO EIXES PRIORITARIOS A este respecto, Feijóo explicou que esta folla de ruta para a vindeira década ten 5 eixes prioritarios: o reto demográfico, a Galicia verde e sostible, a competitividade e o crecemento, a cohesión social e territorial, por último, a gobernanza. Ademais destes cinco eixes, o Plan ten 20 prioridades de actuación, 70 obxectivos estratéxicos e 140 indicadores para avaliar as súa consecución.

tencias dixitais básicas. A nivel educativo aspírase a reducir a taxa de abandono escolar temperán ata o 7%, acadar un 45% da poboación de entre 25 a 64 anos con estudos superiores e a obter unha taxa de cobertura escolar de 0 a 3 anos con prazas públicas do 60%. E, finalmente, no referido á sustentabilidade buscarase avanzar cara unha Galicia climaticamente neutra coa redución dos gases de efecto invernadoiro ata o 55% respecto a 1990 e aumentar o peso das renovables no mix produtor ata o 58% no consumo final.•

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presntación do novo Plan Estratéxico de Galicia. GCXG..

OBXECTIVO: AXUDAR ÁS FAMILIAS A CONCILIAR E AFRONTAR O RETO DEMOGRÁFICO

COMPETITIVIDADE, SAUDE E CALIDADE DE VIDA A maiores, o presidente da Xunta tamén se referiu aos obxectivos que se pretenden acadar noutros eidos como a competitividade, o campo da saúde e a calidade de vida no que o obxectivo é que o 100% das persoas dependentes reciban unha prestación efectiva, a educación ou a sustentabilidade. AUMENTAR O SECTOR INDUSTRIAL E O TAMAÑO DAS EMPRESAS Así, no relativo á competitividade fixo fincapé na pretensión de aumentar o peso do sector industrial, ampliar o tamaño das empresas en máis dun 25%, duplicar o gasto en I+D+i, incrementar un 25% o número de empresas innovadoras ou que o 90% da poboación adulta teñan compe-

Imaxe da reunión inicial dos traballos do novo Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030. Foto GCXG.

•A Xunta de Galicia, axustándose ao novo marco internacional de desenvolvemento fixado pola Axenda 2030 e os seus 17 ODS, está remantando de deseñar, nun proceso que comezou no ano 2019 e no que participa-

ron mais de 300 expertos, un plan transversal a todas as áreas da nosa economía e sociedade, que dirixa o noso desenvolvemento nesta terceira década do século XXI: O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030.•

RETOS DO PLAN ESTRATÉXICO DE GALICIA • Crecemento económico. • Emprego. • Exportaciónes e I+D+i. Cultura da innovación e do coñecemento e pleno acceso e uso das novas tecnoloxías. • Reducción do abandono escolar. • Poboación con estudios superiores. • Inclusión social. igualdade plena • Cambio climático: Galicia non se pode concebir á marxe da súa contorna natural e dos cambios á que está sometida. • Enerxía. • Demografía. Medidas de dinamización demográfica priorizando o benestar e a calidade de vida con especial atención á mocidade e as persoas maiores • Converxencia.


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 9

●●●[infraestruturas- melloras - N-120] REMATAN OS TRABALLOS PARA REFORZAR A SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA N-120

Imaxe dos traballos de mellora e reforzo da sinalización horizontal levados a cabo polo Ministerio na estrada N-120. GPSDL.

• Redacción - MONFORTE. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana executou traballos para reforzar a seguridade viaria na estrada N-120. REFORZO DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL Os traballos consistiron no reforzo da sinalización

horizontal nos treitos con dobres carrís da devandita estrada ao seu paso polos concellos de Monforte, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil e Quiroga. Os traballos leváronse a cabo concretamente entre os kilómetros 492 a 515. Esta obra de mellora da sinalización horizontal supuxo un investimento de 44.652 euros. Dentro desta actuación realizáronse os seguintes

traballos: - Repintado de marca viaria lonxitudinal retrorreflectante de 10 cm de anchura, con pintura acrílica de emulsión - Formación de resaltes sonoros de 100x50x3 mm executados con pintura termoplástica branca aplicada por extrusión - Marca viaria de 10 cm executada con pintura acrílica vermella e microesferas de vidro.•

O BNG DE LUGO SUR VE INSUFICIENTES AS ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO NA N-120 • Redacción - MONFORTE. As obras de mellora acometidas polo Goberno, non convencen ó BNG do sur de Lugo. Estes consideran insuficientes ditas actuacións. Lembran que no pasado mes de outubro o deputado nacionalista Néstor Rego presentou unha iniciativa no Congreso dos Deputados solicitando o arranxo da N-120, considerando como imprescindebles os investimentos para acometelo de xeito urxente. “Reforzar a seguridade viaria está ben, mais o primeiro que se debería facer é o arranxo do fir-

me, especialmente naqueles tramos onde presenta un deterioro moi notable, así como a habilitación de carrís adicionais” declara Rosana Prieto, Responsable Comarcal do BNG. “Le-

vamos tempo solicitando o arranxo desta estrada, fundamental no desenrolo da nosa comarca e principal vía de comunicación co sur do País e coa meseta” engade.•

O PARLAMENTO GALEGO SOLICITA AO GOBERNO CENTRAL QUE MELLORE A N-120 E ACTIVE A CONSTRUCIÓN DA A-76

O Parlamento solicitou a mellora da N-120 e a construción da A76 a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que foi aprobada por unanimidade. FOTO ARQUIVO.

• R. - MONFORTE. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Goberno de España a solicitude para que leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e o oriente da de Ourense, nomeadamente os carrís de adiantamento na N-120 e a activación da A-76. RAQUEL ARIAS LAMENTA A DEIXADEZ DO GOBERNO DE PEDRO SÁNCHEZ A deputada popular Raquel Arias lembrou que a estrada N-120 é a única vía de comunicación entre as comarcas orientais de Ourense, a capital desta provincia e a comarca de Lemos. “Diante desta situación, desde o PPdeG temos solicitado en numerosas ocasións, tanto no Congreso como no Parlamento de Galicia, a construción dos carrís de adiantamento na estrada N-120 e da A-76, a autovía pensada para ser alternativa á estrada nacional”, lembrou.

Arias recordou que o Goberno de Rajoy iniciou en 2017 a redacción dun proxecto para a implementación dun terceiro carril na N-120 entre os quilómetros 548,8 e 564. “Porén, máis de catro anos despois, o Goberno de Pedro Sánchez amosa unha absoluta deixadez e desprezo por esta obra, o que nos parece unha ofensa cara aos veciños das comarcas de Valdeorras, Lemos e Ourense, pero tamén a todos os usuarios desta estrada”, lamentou. “Para reverter esta situación, o Goberno central ten agora unha oportunidade de ouro a través do mecanismo de recuperación e resiliencia, ademais de que se apropiou de 43,86 millóns de euros das comunidades autónomas, deputacións e concellos para actuacións de seguridade viaria en Galicia”, indicou Raquel Arias. A deputada considerou “dubidoso que o Goberno central leve a cabo estes planes, xa que a primeira decisión que adoptou foi deixar fora desta partida orzamentaria á provincia de Ourense”. •


10 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

O MUNDO DO VIÑO Os Furanchos xa son unha posibilidade no Concello da Pobra do Brollón • Unha medida con implicacións turísticas, económicas e comunitarias así como de mantemento da paisaxe vinícola • Redacción-MONFORTE. Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de viño e a súa apertura está regulada por lei autonómica. Ademais os concellos deben habilitar esta opción mediante ordenanza municipal, que é o que agora vén de facer o Concello da Pobra do Brollón. Trala aprobación da ordenanza o pasado 29 de outubro, xa foi publicada no BOP e no DOG,e polo tanto está plenamente vixente. CONDICIÓNS “Realmente hai pouca marxe de regulación para os Concellos e a ordenanza é case igual á lei autonómica,” explica o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Non pode abrir un furancho calquera

persoa, senón que debe ser un viticultor con viñas rexistradas no rexistro vitícola de Galicia. A superficie das viñas en propiedade determinará a cantidade de viño que cada viticultor pode vender ao ano. Tampouco se pode abrir durante todo o ano senón que está limitado ao período de xaneiro ata xuño, podendo ampliar excepcionalmente ao mes de xullo. Entre agosto e fin de ano os establecementos deben estar pechados. Os locais, a corresponder con lugares de elaboración ou almacenaxe de viño, tamén deben cumprir unha serie de condicións para a apertura e cumprir cuns requisitos administrativos. As tapas que se poden servir están limitadas a unha listaxe recollida na lei autonómica e a ordenanza municipal entre as que o propietario debe escoller ao rexistrar o furancho. Os furanchos poden ser unha ferramenta moi útil no mantemento das viñas existentes, nomeadamente as da parroquia de Vilachá, xa que para o pequeno viticultor é un xeitode sacar un maior rédito ao seu traballo, dende o Concello.•

Imaxe das adegas de Vilachá que teñen agora a posibilidade de convertirse en Furanchos. (Foto: CAPB)

SERVIZOS

POLÍTICA LOCAL

A ITV para vehículos agrícolas estará en Sober os días 20 e 21 de xaneiro

O PP de Monforte reclama o reforzo do cadro de persoal da Comisaría de Policía

• Redacción- MONFORTE. A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas de Supervisión y Control desprazarase ao Concello de Sober nas seguintes datas: os días 20 e 21 de xaneiro na Rúa do Colexio. CITA PREVIA O horario de atención será o día 20 de 9:00 a 13:00 horas pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O día 21 soamente pola mañá de 09:00 a 13:00 horas. Poderá solicitarse cita previa por teléfono no número 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.•

• Redacción- MONFORTE. O PP de Monforte considera que os corpos e forzas de seguridade non contan con cadros de persoal suficientes na cidade para garantir a seguridade pública, polo que reclaman un incremento do persoal de que dispón a Policía Nacional en Monforte. Por este motivo, defenderá unha moción no próximo pleno municipal para que “o equipo de goberno local, leve a cabo as xestións oportunas coa autoridade competente para que non se produzan estas faltas de persoal do colectivo de seguridade cidadán da Policía Nacional, polo menos durante as fins de semana”. Igualmente, os populares pretenden que se

organice un dispositivo especial en conxunto das policías Nacional e Local para que durante as noites da fin de semana non queden desatendidas as rúas de Monforte mentres non se arranxa o problema de persoal do colectivo de seguridade cidadán. Katy Varela, lembra que “nas últimas semanas vimos de ter noticias sobre violencia que preocupan aos cidadáns; sobre todo durante ás fins de semana na Rúa Duquesa de Alba”. Os populares esperan que o goberno apoie a moción e o alcalde faga as xestións para garantir que a Comisaría de Policía de Monforte teña os axentes precisos para garantir a seguridade dos cidadáns.•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 11

O pulso da Comarca Máis da metade do Orzamento de 2022 en Sober irá a gasto social e benestar comunitario

Cabalgata fraccionada en varios puntos para evitar aglomeracións en Sober

O Concello de Sober disporá de máis de 2,7 millóns de euros de orzamento para 2022. GPCS

As SS.MM. os Reis Magos chegaron a Sober en tren á estación de Canaval o 5 de xaneiro, onde foron recibidos por persoal municipal e un grupo de veciños. GPCS

• Redacción- MONFORTE. A finais de decembro, o Concello de Sober deu luz verde ao Orzamento para 2022, que ascende a 2.783.910 euros. A Corporación municipal aprobou o 24 de decembro as contas para o ano que comeza, co voto a favor do Partido Popular e do Partido Socialista, e a abstención de Agroma Sober. PRESUPOSTOS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO Segundo informaron dende o Concello, na elaboración deste Orzamento tívose en conta a previsión de transversalidade de xénero en cada unha das súas partidas, co obxectivo de transmitir unha imaxe efectiva igualitaria, plural e non estereotipada de homes e mulleres na sociedade. Ademais, dende o Goberno local de Sober salientaron que 1.500.000 euros deste orzamento irá destinado ao gasto social e benestar comunitario, o que supón máis do 50% do orzamento total. NON HAI SUBIDA DE IMPOSTOS E BAIXA A TAXA DE LIXO UN 10% As contas de 2022 destinan máis de 300.000 euros a Cultura, Educación e

Deporte. Por outra banda, o Concello non subirá nen taxas nen impostos este ano. Nesta liña de rebaixa fiscal, contémplase a redución da taxa do lixo nun 10%, así como a gratuidade da gardería municipal. MÁIS ATENCIÓN A ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS Entre os aspectos destacados destas contas, está o incremento nun 40% nas axudas aos clubs de fútbol, tendo en conta a necesidade de adquirir test de antíxenos. Por último, o Goberno soberino prevé que este ano haberá bases para axudas a festas parroquiais e asociacións culturais. MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS EN INVESTIMENTOS REAIS No apartado de investimentos, a previsión inicial para o 2022 inclúe 560.000 euros. Desta cantidade, máis de 150.000 financiarán a mellora de camiños municipais, e outra partida similar servirá para reurbanizar puntos en San Martiño de Arroxo, Lobios e Sober. Así mesmo, haberá partidas para intervencións nos dous campos de fútbol do Concello, para

resembrado e para instalar novos bancos de uso dos xogadores. Outras partidas adicaranse a melloras nas redes de saneamento e abastecemento. CONVENIOS COAS CONSELLERÍAS PARA OBRAS A maiores, os Orzamentos de 2022 incorporan partidas para convenios coa Xunta, como os 100.000 euros do convenio coa Consellería de Medio Ambiente para saneamentos, e os 50.000 do convenio con Medio Rural. SEGUEN AS AXUDAS AOS ESTUDANTES EMPADROADOS NO MUNICIPIO Terán continuidade as axudas para libros e material escolar para Infantil e Primaria, así como as axudas aos universitarios e, neste ano, aos de Bacharelato e Ciclos Superiores. FOMENTO DO EMPREGO Para políticas de emprego, o Concello de Sober inclúe unha partida que supera os 80.000 euros. Así mesmo, contémplase unha subida salarial para todo o persoal municipal de ata o 2%, o máximo estipulado nos Presupostos Xerais do Estado para este ano.•

Os Reis foron repartindo agasallos aos cativos nas parroquias de Cadeiras, Bulso, Canaval e Anllo. Na imaxe, parada da comitiva real para saudar aos nenos e nenas de Anllo. GPCS

O percorrido das Súas Maxestades rematou na Casa da Cultura da capitalidade de Sober. GPCS


12 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

FESTAS

Monforte recuperou o ambiente festivo revivindo a ilusión da Cabalgata de Reis

Espectaculares carrozas encheron de ilusión as rúas de Monforte na Cabalgata de Reis. (Foto: MONTERO)

A Corporación Municipal, encabezada polo alcalde, José Tomé, recibiu ás SS.MM. Os Reis Magos na estación de ferrocarril de Monforte de Lemos. Os reis saudaron aos máis cativos que os esperaban no andén. (Fotos: MONTERO)


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 13

FESTAS

O rei Melchor cos seus paxes na Cabalgata de Monforte. (Foto: MONTERO)

Figuras xigantes animaron a primeira Cabalgata de Reis que acolle Monforte dende o inicio da pandemia. (Fotos: MONTERO)

Arranque da Cabalgata cos paxes do rei Gaspar. (Foto: MONTERO)

Á esquerda, percorrido da Cabalgata de Reis dende a estación de ferrocarril de Monforte ata o Campo de San Antonio. Á dereita, recepción no Concello de Monforte aos Reis Magos de Oriente. (Fotos: MONTERO)

Carroza do rei Baltasar acompañado polos seus paxes en Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)


14 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

O pulso da Comarca José Luís Álvarez, Alcalde de Pantón, ten como obxectivo levar auga potable a todo o municipio antes de completar o mandato

O Concello de Pantón estrea novo parque infantil no Castro de Ferreira

José Luís Álvarez, Alcalde de Pantón fai balance de xestión do ano 2021. GPCP.

• Redacción- MONFORTE. Rematou o ano 2021 e toca facer balance de xestiónno Concello de Pantón, un dos anos de máis investimentos e obras no concello, pero no que as circuntancias da pandemia non permitiron executar todos os traballos previstos, e que se rematarán neste 2022. Así o sinala o Alcalde José Luís Álvarez que lembra que “as principais liñas de actuación centráronse en mellorar os servizos do rural, así executáronse as estradas do Pontón, Acedre, O Cotillón, Outeiro, Míllara, Ferreira, Vilar de Ortelle, Vilar de Cangas, a estrada a Ribas do Miño e melloras nas estradas de Tuiriz. Algunha destas obras aínda se completarán próximamente”. AUGA POTABLE Tamén se amañaron os núcleos de Acedre, San Román de Acedre, O Curro, Santa Mariña, A Capa e Souto en Pantón e neste

ano que vén de rematar o concello fixo a traída de augas de Tribás e mellorouse o abastecemento na capitalidade municipal. Fíxose a primeira e segunda fase dos colectores en Vilamelle (neste ano executarase a terceira fase) e estase acometendo a primeira fase en Moreda. Colocáronse tamén contadores de telemedida para o control de augas. O alcalde asegura que “o meu obxectivo é seguir facendo desaugadoiros e levar auga potable a todo o municipio antes de completar o mandato.” SISTEMAS LED Un dos principais investimentos foi o adicado á renovación do alumeado exterior na maior parte do concello, coa implantación de sistemas led para o aforro enerxético. Foron case 600.000 € de investimento. “En temas de alumeado fíxose tamén a segunda fase do alumeado das Bernardas e fíxose o albergue

deste convento, do que tamén estase executando o paseo peatonal”, apunta José Luis Álvarez. INSTALACIÓNS DEPORTIVAS No 2021 mellorouse o campo de fútbol do Baliño e fíxose un campo de fútbol artificial para o adestramento. Estase acometendo a reforma do pavillón de deportes e este ano farase o acceso á piscina. Reformouse o mesón dos Castros e fíxose o novo parque infantil da feira. Habilitáronse novos parques biosaudables en Galegos, Goián, Espasantes e Turiz e fixéronse melloras incorporando novas máquinas ao resto de parques biosaudables cos que conta o municipio. Perto de 600.000 € destina o concello a estas obras en convenio con outras administracións, financiando ao redor do 30% destes investimentos. O Concello de Pantón fai un importante

esforzo en atender as necesidades da poboación, en especial da máis envellecida e da máis nova. Durante este mes poden presentar as solicitudes de pagamento de 500 € por cada nacemento no 2021. O gardaría de Pantón atende a unha vintena de nenos/as cada ano. No CEIP Plurilingüe Monte Baliño estudan case 70 alumnas/ os e para o alumnado que estuda fóra habililítanse axudas ao transporte. SERVIZOS SOCIAIS A media de idade dos 2.500 habitantes que ten o concello supera os 60 anos polo que este perfil de idade require unha grande atención. O centro de día do concello presta servizo a medio cento de persoas e cóntase con 25 traballadoras/es sociais, sendo “un dos concellos da contorna que máis adica a servizos sociais”, asegura o alcalde José Luís Álvarez.•

• Redacción- MONFORTE. Aproveitando as datas do Nadal, e para que os máis cativos de Pantón disfrutaran do seu tempo de lecer nestas pasadas festas, o Concello de Pantón procedeu a inaugurar un novo parque infantil no Castro de Ferreira. O parque contou cun investimento de 120.000 euros dos que a metade foron financiados a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e a outra metade aportación directa do concello. As novas instalacións contan cun peche de pedra e diferentes xogos como columpios ou tirolina. Este novo parque infantil súmase aos que concello xa ten en Goián, Gallegos, Toiriz, Tribás, Fontao, A Torre ou Pombeiro co obxectivo de que poidan acceder a este tipo de servizo o maior número posible de nenos e nenas.•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022 ●●●[comercio - iniciativas - provincia]

●●●[política local- iniciativas - provincia]

A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO NA PROVINCIA MOBILIZOU 4,3 MILLÓNS DE EUROS

REUNIÓN DA PRESIDENTA PROVINCIAL DO PP COA RESPONSABLE DE UNICEF GALICIA

José María Seijas, presidente da Federación de Comercio de Lugo, e Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social, na presentación da campaña "Mercando en Lugo. Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo", que se desenvolveu ata finais de decembro. GPDL

• Redacción - MONFORTE. A comezos deste mes, deuse a coñecer o balance da campaña "Mercando en Lugo. Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo", organizada pola Federación de Comercio de Lugo coa financiación da Deputación. Os datos foron presentados na sede do organismo provincial, que aportou 50.000 euros para o desenvolvemento desta iniciativa que busca animar á veciñanza a consumir no comercio de proximidade. MONFORTE, SARRIA E QUIROGA, ENTRE AS 9 VILAS CON MÁIS PARTICIPACIÓN En total, participaron na campaña máis de 70.000 personas, que realizaron as súas compras no pequeno comercio de máis de 40 localidades lucenses dende o 15 de novembro ata o 30 de decembro de 2021. Segundo informaron dende a organización, Monforte de Lemos, Sarria e Quiroga sitúanse no grupo das nove localidades con máis participación nesta campaña, xunto con Lugo, Lourenzá, Viveiro, Vilalba, Foz e A Pontenova. En total, rexistráronse 71.525 tickets, resultado das compras realizadas en 5.500

•A campaña, organizada pola Federación de Comercio de Lugo con financiación da Deputación, foi "un éxito", con máis de 70.000 tíckets de compra rexistrados comercios de proximidade. Os organizadores cualificaron esta iniciativa como "un éxito", xa que a campaña xerou un volume de negocio de preto de 4,3 millóns de euros. REPARTÍRONSE 30.000 EUROS EN PREMIOS A TRAVÉS DO SORTEO DE 1.000 BONOSO DE 30 EUROS Os veciños que realizaron as súas compras no pequeno comercio durante o prazo establecido puideron rexistrar os seus tickets de compra na web mercandoenlugo.com.

Cos tickets rexistrados, realizouse un sorteo de 1.000 bonos de 30 euros cada un, o que supuxo repartir entre os consumidores un total de 30.000 euros en premios. APOIAR AO COMERCIO LOCAL PARA XERAR RIQUEZA A Deputación de Lugo aportou 50.000 euros para financiar esta campaña da Federación de Comercio de Lugo, co obxectivo de incentivar e promover entre a veciñanza as compras nos comercios de proximidade durante as datas de Nadal.

•A iniciativa estivo financiada con 50.000 euros da Deputación de Lugo, para animar aos veciños a mercar no pequeno comercio e optar a premios Para ter dereito a participar no sorteo, había que realizar unha compra mínima de 10 euros nalgún establecemento de proximidade.

A campaña contou coa colaboración das asociacións de comerciantes das localidades e dos centros comerciais abertos.•

Á dereita, a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, xunto á presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito, na reunión celebrada o 2 de xaneiro. GP-PP Lugo

• Redacción - MONFORTE. Dende o Partido Popular lucense están a manter unha serie de encontros cos representantes do tecido socioeconómico da provincia, e que teñen continuidada no ano que agora comeza. COÑECER EN DETALLE OS PROXECTOS QUE UNICEF DESENVOLVE EN GALICIA A primeiros de xaneiro, a presidenta do PP provincial, Elena Candia, reuniuse coa presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito, para coñecer máis en detalle os proxectos que esta organización leva a cabo na nosa comunidade. Candia destacou o traballo que realiza esta asociación para garantir os dereitos da infancia. "CONSTRUÍR UN FUTURO XUNTOS" A raíz desta reunión, Elena Candia lembrou a von-

•Elena Candia explicou que continuará con estes encontros "de escoita activa" para estar ao pé dos lucenses e coñecer as súas necesidades" tade do Partido Popular lucense de continuar coa "escoita activa" nestes encontros, para "estar ao pé dos lucenses, coñecendo as súas necesidades" e "trasladalas ás distintas administracións nas que temos representación". Segundo a presidenta do PP lucense, estes encontros tamén servirán "para coñecer as propostas" da cidadanía" e "construír xuntos o futuro da nosa provincia e, polo tanto, de todos os lucenses".•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 17

●●●[festas - iniciativas - o incio] UN TOTAL DE 16 PARTICIPANTES NO CONCURSO DE DECORACIÓN DE VIVENDAS POLO NADAL NO INCIO

A vivenda decorada por Luís López no lugar de Barreiro, en San Pedro do Incio, gañou o primeiro premio da iniciativa convocada polo Concello do Incio con motivo do Nadal. GPCI

O segundo premio correspondeu á decoración presentada por Pilar López, da Cruz do Incio. GPCI

• Redacción - MONFORTE. O Concello do Incio incluiu na axenda do Nadal o premio ás mellores decoracións de vivendas do municipio, que se concederon entre as 16 presentadas a concurso. A finalidade desta convocatoria foi dinamizar o municipio mediante a creación dun ambiente festivo aproveitando as datas do Nadal. O primeiro premio, de 150 euros, correspondeu ao traballo presentado por

Na imaxe superior, a vivenda de Silvia Macía, en Hospital do Incio, mereceu o terceiro premio do concurso organizado polo Concello. O premio foi concedido ex aequo coa decoración presentada por Manuel Veiga en Dontide (foto da dereita). GPCI

Luís López nunha vivenda de Barreiro, na parroquia de San Pedro do Incio. O segundo galardón, dotado con 100 euros, foi para Pilar López, pola decoración realizada nunha casa da Cruz do Incio. Por último, o terceiro premio de 50 euros foi repartido a partes iguais entre Silvia Macía, por unha casa no Hospital do Incio, e Manuel Veiga, pola decoración realizada nunha vivenda en Dontide.

O xurado estivo composto por Begoña Otero, directora do CEIP Ricardo Gasset, Elena Rodríguez, monitora do obradoiro de emprego, e Asier Maceda, administrativo no Concello.•

●●●[ensino - iniciativas - monforte] A ESCOLA DE IDIOMAS DE MONFORTE CELEBROU O NADAL CUN SORTEO DE CESTAS POR IDIOMA

Imaxe das catro cestas (unha por cada lingua impartida no centro) que a Escola de Idiomas de Monforte sorteou para celebrar o Nadal. (Fotos: EOI Monforte)

• Redacción - MONFORTE. O calendario de actividades da Escola Oficial de Idiomas de Monforte pechou 2021 cun sorteo de cestas de regalo, unha por cada idioma impartido no centro. Os departamentos de Inglés, Alemán, Francés e

Italiano prepararon cadansúa cesta, decorada con motivos culturais propios de cada lingua, para seguir ofrecendo elementos de aprendizaxe complementarios ás clases, e converter a Escola nun espazo lúdico e creativo.

Xunto ás actividades que configuraron o primeiro trimestre deste curso na Escola, cómpre destacar a organización dos clubes de lectura. No de alemán básico, participaron preto dunha decena de estudantes.•


18 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

O pulso da Comarca A Xunta destina 102.000 € á Unidade de Atención Temperá de Quiroga, O Courel e Ribas de Sil

Quiroga mellora o campo de fútbol de San Martiño e as pistas deportivas do parque da Constitución

O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal con alcaldes de comarca, na visita ao centro social da Ribeira, en Quiroga. GPXG,

• Redacción- MONFORTE. O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal, destacou que a Xunta destina este ano un orzamento de 102.600 euros para financiar o funcionamento da Unidade de Atención Temperá de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Vázquez Nodal participou na inauguración das instalacións no centro social da Ribeira, en

Quiroga, en compañía do alcalde do municipio, Julio Álvarez, e doutros rexedores da zona. Apuntou que o Goberno galego aprobou en 2021 esa achega máxima para sufragar o servizo, que conta con profesionais de Fisioterapia, Logopedia e Psicoloxía. A Rede de Atención Temperá atende a nenos e nenas de ata seis anos que teñen algún trastorno no desenvolvemento ou presentan

risco de padecelo. A Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades que funcionan na Comunidade. Na provincia de Lugo, as axudas aprobadas este ano pola Consellería de Política Social para a prestación de servizos de atención temperá por parte de administracións locais contribúen a dar cobertura a nenos e nenas de 36 municipios.•

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo Alcalde Julio Álvarez no campo de fútbol do San Martiño. GPXG.

Máis turistas en Quiroga que antes da Pandemia • Redacción- MONFORTE. Rematado o ano 2021 a Oficina de Turismo e os Museos de Quiroga xa teñen as cifras das visitas que recibiron ao longo do ano. Polos museos de Quiroga pasaron preto de 4.000 persoas e a Oficina de Turismo atendeu presencialmente a máis de 4.500, superando as cifras do 2019. Todo un éxito, tendo en conta o tempo de pandemia que estamos a sufrir.•

Numerosos visitantes a Quiroga infórmanse sobre as rutas de sendeirismo e sobre o Camiño de Inverno. GPCQ.

• Redacción- MONFORTE. Quiroga levou a cabo unha reforma no campo de fútbol de San Martiño que acadou un montante de preto de 50.000 euros, sendo achegados pola Xunta o 80% e polo concello o restante 20%. A obra ocupouse da substitución do sistema de rego actual, dotándose dun sistema moderno e automatizado, así como da sementeira do terreo de xogo do campo grande de herba natural. Agora traballase na mellora nas pistas polideportivas do parque da Constitución. O Concello conta cun investimento de máis de 20.000 € con cargo ao Plan Único do 2021.•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 19

POLÍTICA LOCAL

BREVES

Os senadores do PP trasladan ao Goberno que a última supresión de liñas ferroviarias prexudica aos usuarios do sur de Lugo • Redacción- MONFORTE. Renfe segue eliminando as frecuencias ferroviarias en Lugo. Agora tócalle ao sur da provincia, cuxos usuarios se ven prexudicados polos cambios nos horarios das liñas que chegan da Coruña e Vigo. Estes son os argumentos dos senadores lucenses do PP -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serranopara instar ao Goberno de Pedro Sánchez a reparar “o grave dano” que está a causar aos usuarios do sur da provincia “con tal política de recortes”. Consideran os populares que estes cambios nos horarios provocaron unha deficiente conexión das cidades da Coruña, Santiago e Vigo con San Pedro do Sil (Pantón), Areas (Sober), Canabal (Sober), Monforte de Lemos quedando fóra de liña polas tardes, así como A Pobra do Brollón (Lemos) e San Clodio-Quiroga, xa que o único enlace que segue operativo sae de Vigo ás 13:55 horas e chega ás 17:20 horas a San Clodio; un percorrido, advirten, “que tamén leva unha hora e media máis que se realizáronse nun vehículo particular”. Neste sentido, cómpre sinalar que os trens da Coruña e Santiago con conexión en Vigo foron moi utilizados polos universitarios do sur de Lugo que estudan nas citadas cidades, especialmente os venres pola tarde, momento no que

Imaxe da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, Ángeles Vázquez na sua visita a Gatocan. GPXG..

Os senadores Rosa Arza, Xosé Manuel Barreiro, Manuel Lorenzo Varela e Juan Serrano preguntan ao Goberno que planes ten para a conexión da provincia de Lugo co AVE. . GPPP..

regresaban a as súas casas para pasar a fin de semana. “Agora Renfe deixounos sen esta posibilidade”, engaden. CONEXIÓN DE LUGO COA ALTA VELOCIDADE FERROVIARIA Os senadores populares preguntan ao Goberno que planes ten para a conexión da provincia de Lugo co AVE. Lembran que “o 21 de decembro de 2021 chegou a Galicia a Alta Velocidade ferroviaria, pero fíxoo discriminando e marxinando á provincia de Lugo: o traxecto entre Lugo e Madrid leva máis do dobre de tempo que o traxecto entre

Ourense e a capital de España”. Engaden que “a negativa do Goberno central de construír a variante de Rubián e a ligazón de Os Peares supón que o traxecto entre Lugo e Madrid sexa unha hora e media máis longo do que podería chegar a ser se se construísen estas estruturas crave para mellorar a conexión entre Lugo e Ourense. Destacan que “ademais, a falta de frecuencias e os horarios dalgúns traxectos, que non se adaptan ás necesidades dos cidadáns, provocan que os veciños de Lugo non poidan chegar a Madrid pola mañá, co prexuízo que iso supón”.•

• A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DE CONCELLOS E ASOCIACIÓNS PROTECTORAS 450.000 € PARA COIDAR E ATENDER AOS ANIMAIS DOMÉSTICOS ABANDONADOS. A Xunta de Galicia convocou a finais de decembro dúas ordes de axudas dirixidas a apoiar a ambos tipos de entidades cos gastos diarios que asumen co obxectivo de garantir o benestar dos animais domésticos abandonados que teñen ao seu cargo. O orzamento global ascende a 450.000€, unhaliña de 230.000 € vai dirixida aos concellos, como administracións responsables da recollida e acollemento dos animais abandonados; e a segunda, cun orzamento de 220.000€, está destinada a entidades inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía. No caso das axudas aos concellos, entre os gastos subvencionables inclúense a esterilización cirúrxica, a identificación mediante microchip e a inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía, a compra de alimento e a vacinación preventiva e desparasitación, dos animais de compañía ao seu cargo. En canto ás subvencións ás protectoras, poderán solicitar, a maiores, axudas para a compra de material non funxible para o desenvolvemento do seu labor, entre os que se incluirá, como novidade, a adquisición de remolques para facilitar o transporte dos animais, software específico e dispositivos electrónicos.•

O BNG demanda desde o Pleno provincial da Deputación melloras nos servizos ferroviarios das comarcas de Lugo • Redacción- MONFORTE. O Pleno provincial aprobou, a iniciativa do BNG, unha moción en demanda de melloras nos servizos ferroviarios. O voceiro nacionalista, Efrén Castro, lembrou que Lugo é a única cidade do país que non ten conexión directa con Compostela, que continúa sen electrificar a vía tanto cara á Ourense como cara á Coruña ou o desmantelamento da liña Ferrol-Ribadeo e dos servizos ferroviarios comarcas do Sur, con deficiencias de persoal e mantemento e unha merma contínua de paradas e frecuencias. “A chegada do AVE a Ourense supuxo un golpe na conciencia dos veciños e das

veciñas porque puxo no primeiro plano unha realidade da que apenas se falaba”, reflexionou o deputado que, incidiu en que, “para Lugo, que ten practicamente como única infraestrutura de conexión directa co resto do país a A-6, coa ameaza de imposición de portaxes nun prazo breve, os servizos ferroviarios son unha cuestión estratéxica”. A proposta, aprobada cos votos a favor de BNG e PSdeG e a abstención do PPdeG, esixe ao Goberno a electrificación completa a vía entre Lugo-Ourense e Lugo-A Coruña; a implantación da conexión directa entre Lugo e Compostela a través do estudo da variante entre

Curtis e Ordes; a dotación dos recursos humanos, especialmente maquinistas, necesarios para garantir o servizo tanto nas conexións ferroviarias desde Lugo e desde Monforte como na liña Ferro-Ribadeo; así como a ampliación das frecuencias para garantir un servizo de calidade que responda ás necesidades da poboación e fomente o uso do tren como servizo de cercanías. Ademais, demanda á Xunta de Galicia a transferencia das competencias en materia ferroviaria para iniciar os traballos e estudos necesarios para a planificación e posta en marcha dun tren galego de proximidade.•

Imaxe do voceiro nacionalista, Efrén Castro e da Vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro. GPVDL.


20 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022

DEPORTES EXCELENTE PARTICIPACIÓN DO MONFORTINO EDUARDO IGLESIAS NO DAKAR 2022 • Redacción- MONFORTE. Á data de peche deste número de EnComún, o monfortino Eduardo Iglesias atopábase en Bisha, tras completar a décima etapa do Dakar, entre Wadi Ad Dawasir e Bisha, de 758 quilómetros, 375 dos cales foron de categoría especial. Unha etapa complicada entre sinuosas pistas de area e algunhas zonas con pedras, que con todo non impediron que o piloto local terminase a etapa nun meritorio 70º posto, que o leva ao 79ª posto da xeral. Mentres se redacta esta noticia, Iglesias está a disputar a etapa 11, 155 Km de ligazón e 346 de especial. Se todo sigue o seu curso, quedaríalle a última etapa Bisha- Jeddah de 680 Km, 164 deles de especial. Unha meta final no Mar Rojo, que poñería fin a unha participación máis que exitosa do piloto local. Acompañamos esta notica con fotografías que o propio Eduardo Iglesias vai deixando en facebook, xunto cunha do Vicepresidente Francisco Conde na presentación en Santiago.•

MONFORTE E SOBER ASINAN COA XUNTA CONVENIOS QUE PERMITEN MELLORAR A SÚAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS • Redacción- MONFORTE. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou os concellos de Monforte e Sober nos que a Xunta colaborou nas melloras das súas infraestruturas deportivas cun importe próximo aos 50.000 euros. No caso de Monforte, o secretario xeral, acompañado polo alcalde José Tomé, supervisou a instalación do vídeo marcador no pavillón municipal da Pinguela cun orzamento de 27.480,43 euros, sendo achegado pola Xunta o 73% e o restante 27% polo concello. En Sober, acompañado polo alcalde Luis Fernández visitaron as piscinas municipais que veñen de ser obxecto de obras de mellora e conservación.•

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete e o Alcalde de Monforte, no pavillón da Pinguela. GPXG.

MONFORTE HOMENAXEA AO CLUB NEKA POLOS SEUS ÉXITOS DEPORTIVOS

• Redacción- MONFORTE. O Alcalde, José Tomé, recibou a catro deportistas do Club Neka, polos excelentes resultados que acadaron no Campionato de Europa de Taekwondo que se celebrou en Seixal (Portugal) coa Selección Española de Taekwondo. Os deportistas homenaxeados foron Alejandro Losada e Carlos Rey: Campións de Europa

en parellas. Laura Álvarez: Subcampiona de Europa en categoría individual e parellas. Daniel Arean: Subcampión de Europa por parellas. Ademáis, no Campionato de España de Taekwondo por Clubs: celebrado en Benidorm o Club Taekwondo Neka quedou subcampión, acadando 2 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce.•


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 21

CULTURA A Vicepresidencia da Deputación fai balance da sua xestíon cultural durante o ano 2021 no que organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas • Redacción- MONFORTE. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizou máis de 420 actividades culturais e lúdicas ao longo de 2021 nas distintas comarcas. A vicepresidenta, Maite Ferreiro , destacou que “as actividades impulsadas desde a área de Cultura chegaron á práctica totalidade dos concellos, contribuíndo a ampliar as programacións dos propios concellos e ofrecendo a asociacións culturais e educativas a oportunidade de realizar as súas programacións, optando pola cultura en galego e con perspectiva de xénero”. Neste 2021, destacou, “procuramos un maior achegamento ás asociacións de nais e pais e aos colectivos ligados ao ámbito educativo e á mocidade, chegando aos centros educativos con iniciativas como Ilustrarnos, actividades arredor do Día de Rosalía ou obradoiros de linguas. Cremos que chegar ás persoas máis novas con propostas creativas é a formula máis adecuada para xenerar hábitos de participación na actividade cultural e un recoñecemento e valorización da cultura, especialmente da cultura propia”, sinalou. TEATRO E MÚSICA TRADICIONAL Maite Ferreiro detallou que “preto da metade das actividades corresponden a representacións dos circuítos de teatro profesional e amador, con preto de 90 funcións dunha trintena de compañías, e a actuacións

do Musiqueando, un programa de apoio á musica tradicional que promove a presenza e grupos tradicionais, bandas e corais en celebracións populares”. AUDIOVISUAL EN GALEGO A responsábel nacionalista subliñou tamén “a aposta pola difusión do audiovisual en galego, tratando, por unha parte, de achegar filmes como “Cuñados” ou “Ons”, que tiveron un percorrido comercial ás localidades máis pequenas, e, por outra parte, de apoiar pequenas producións de creadoras novas” REFERENTES CULTURAIS PROPIOS Ademais, indicou que “reforzamos as programacións vinculadas a datas relevantes para a cultura e identidade como o Día de Rosalía, o Día das Letras galegas ou do Día da Ilustración, nas que seguiremos incidindo para contribuír a consolidar estas efemérides na axenda dos concellos e dos colectivos culturais”. XELA ARIAS En relación co 17 de maio, lembrou a labor de difusión da obra e da figura de Xela Arias coa itinerancia da exposición “A poesía do retrato”, que estivo nas rúas de distintas vilas máis da metade do ano, e coa distribución de exemplares das súas obras entre os centros educativos. Tamén se parou nas intervencións artísticas que se realizaron en centros educativos

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, facendo balance da sua xestión cultural ao longo de 2021. GPVDL.

e espazos culturais, cun total de 32 murais realizados por artistas novos en diferentes localidades. MÚSICA EN GALEGO Durante os meses de verán, promovéronse actuacións de grupos musicais en galego, entre eles, formacións dirixidas especialmente a público infantil. En total, programáronse maís de 30 concertos de bandas como Os parentes de Sober, Louband Street, Airiños da

Freba, Comando Curuxás, Mr Trío, Nebra, Timparrantela ou Paco Nogueiras e Pakolas, entre outros. APOIO AO SECTOR CULTURAL A responsábel nacionalista salientou que “malia ser, de novo, un ano condicionado pola crise sanitaria, demos continuidade a todas as programacións que se viñan desenvolvendo e puxemos en marcha outras,

adaptándonos ás circunstancias e normativas sanitarias en cada momento e optando por actos reducidos, calendarios flexibles e mesmo formatos en liña cando foi preciso”. Neste sentido, concluíu, que “con esta continuidade na acción cultural, desde a Vicepresidencia da Deputacíon, contribuímos tamén a xenerar actividade e traballo nun sector moi prexudicado polo impacto da pandemia”.•

A datación con carbono 14 revela Penas de Castelo como un dos castros documentados máis antigos de Galicia • Redacción- MONFORTE. A primeira campaña arqueolóxica en Penas do Castelo segue dando resultados únicos e sorprendentes. Este xacemento situado na ladeira do Río Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Brollón, foi escavado o pasado verán. Durante a escavación, a edafóloga Cruz Ferro tomou unhas mostras de terra "en puntos clave do momento de construción da muralla" comenta. Tras ser analizadas por Carbono-14 no laboratorio BETA de Miami, os resultados das datacións dan século VIII–IX antes da nosa

era. Trátase dun castro extremadamente temperán, polo que non resulta comparable cos castros máis "clásicos" de épocas posteriores. "‘Isto refléxase na propia toponimia; non é casual que se lle chame castelo e non castro" sinalan dende o equipo. Con esta datación, Penas do Castelo sitúase precisamente no que sería a transición da Idade do Bronce á Idade do Ferro, un período histórico no noroeste peninsular moi descoñecido a nivel de investigación, o que fai que, máis alá do local,o xacemento gañe interés científico.•

Imaxe aerea do castro de Penas de Castelo. GPCAPB..


22 • EC // Nº 357 Xaneiro 2022 ●●●[urbanismo - iniciativas - comarca sarria]

●●●[meteoroloxía- galicia]

A XUNTA INICIA A ELABORACIÓN DO PLAN BÁSICO MUNICIPAL DE SAMOS

DECEMBRO FOI O TERCEIRO MÁIS CÁLIDO DOS ÚLTIMOS 40 ANOS • Redacción - MONFORTE.

Galicia experimentou en decembro un tempo moi cálido e con precipitacións normais para esta época do ano. Así se recolle no último informe de MeteoGalicia, que sitúa este mes como o terceiro decembro máis cálido dende 1981, con 2,1 graos por riba do esperado. Os termómetros acadaron temperaturas máis altas do habitual en toda Galicia, aínda que os valores máis elevados corresponderon á comarca de A Coruña e ao leste da provincia de Lugo,

con 3,8 graos de media por riba do normal. En canto ás precipitacións, apenas foron un 3% superiores ao valor climático normal nese mes, e estiveron concentradas en poucas xornadas, caracterizadas por fenómenos borrascosos. Ademais, o informe de MeteoGalicia destaca as diferenzas nos valores entre determinadas zonas. Mentres na Fonsagrada e na Serra dos Ancares a chuvia estivo un 196% por riba do normal, na comarca de Valdeorras o mes foi moi seco.•

●●●[novas tecnoloxías- galicia] O 85% DOS GALEGOS ESCOLLERON A VÍA TELEMÁTICA PARA AS XESTIÓNS COA XUNTA EN 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no anuncio da redacción dos Plans Básicos Municipais de nove concellos de menos de 5.000 habitantes, o pasado 7 de xaneiro. GPXG

• Redacción - MONFORTE.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de anunciar este mes o inicio da redacción do Plan Básico Municipal de nove concellos de menos de 5.000 habitantes, entre os que está Samos. PRETO DE 75.000 EUROS O departamento autonómico adxudicou recentemente os contratos do acordo marco para o servizo de redacción deste instrumento de ordenación municipal. No

caso de Samos, o importe do contrato de redacción da segunda fase do plan ascende a 74.463 euros. Xunto a este concello, a Consellería encargou a elaboración da segunda fase para os municipios de Alfoz e Guntín, na provincia de Lugo. No resto de Galicia, beneficíanse desta iniciativa os concellos de Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón. A Consellería destina máis de 530.000 euros para a redacción de todos estes documentos.

COLABORACIÓN FINANCIEIRA DA XUNTA COS CONCELLOS PARA ORDENAR O TERRITORIO Segundo destacaron dende a Xunta, a financiación dun plan básico municipal é unha das vías do Executivo autonómico para apoiar ás administracións locais no obxectivo de acadar unha ferramenta que lles garanta unha ordenación responsable e sustentable do territorio e que está recollida na Lei do solo.•

Captura de pantalla da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

• Redacción - MONFORTE.

O 85% dos galegos que fixeron trámites coa Xunta en 2021 optaron pola vía telemática, o que supón máis do 8% que en 2020, e case un 60% máis respecto a 2019. Estes datos figuran no sistema de indicadores da Administración Dixital, que se pode consultar no Portal de

Transparencia da Xunta. No sistema Chave 365, que permite identificarse e asinar documentos telemáticamente, estaban rexistrados en 2021 un total de 1,4 millóns de usuarios, un incremento do 420% respecto ao ano anterior. As notificacións electrónicas medraron máis dun 37% no último ano.•

●●●[medio rural - iniciativas - galicia] LICITADOS 7,5 MILLÓNS DE EUROS EN OBRAS DE TRATAMENTOS SILVÍCOLAS EN GALICIA • Redacción - MONFORTE. A comezos de xaneiro, a Xunta publicou a licitación de dous procedementos abertos de contratación de obras de silvicultura, por importe global de 7.483.720,95 euros. PREVENCIÓN DE INCENDIOS As tarefas que se van contratar consisten en rozas, podas e rareos, co obxectivo de previr os incendios forestais en montes baixo

xestión da Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. 10 OBRAS NA PROVINCIA DE LUGO Un dos procedementos, circunscrito á provincia de Lugo, abrangue dez obras, cun importe conxunto de 2,65 millóns de euros, aos que as empresas poden achegar os seus proxectos por separado. O prazo de presentación de ofertas remata o 26 de xaneiro.

PRETO DUNHA VINTENA DE OBRAS PARA AS OUTRAS TRES PROVINCIAS O outro procedemento de licitación, que afecta ás provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, inclúe 19 lotes por un total de 4,82 millóns de euros. O prazo de presentación de ofertas polas empresas interesadas remata o 9 de febreiro. A tramitación será telemática nos dous procedementos. •


EC // Nº 357 Xaneiro 2022 • 23

En aberto Alberto Chicote e Ana Guerra camiñan pola Ribeira Sacra nun novo capítulo do programa da Sexta Fuera de serie • R.- MONFORTE. A Ribeira Sacra foi tamén protagonista, xunto con Ana Guerra dun dos ultimos capítulos emitidos pola Sexta, do programa Fuera de serie, que presenta o coñecido cociñeiro Alberto Chicote. A camiñada tivo lugar en Parada de Sil, e os dous senderistas non puideron evitar deixarse arrastrar pola maxia da paisaxe e a impresión ante unha natureza que atafega, con toda a súa gama de cores outonais. E loxicamente, o contexto era idóneo para que a cantante canaria fixese confidencias sobre o seu paso por OT ou a evolución da súa carreira discográfica. Un éxito tan rápido e sorprendente, que non sempre é sinxelo de asumir, e que levou a Ana Guerra a terapia. Un mal xeneralizado nestes tempos de pandemia na nosa sociedade, e do que tampouco a cantante puido fuxir..•

O Concello de Sober convoca o concurso para o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi

Chicote e Ana Guerra no programa Fuerar de Serie. LA SEXTA.

O Museo Provincial de Lugo inaugura Recolectoras: Memoria e terra e Proximidade Llunyana, mostras que forman parte do programa: “Mulleres Rurais” • R.- MONFORTE. Recolectoras: Muller e terra xunto a Proximidade Llunyana, ademais de Fotografías Centrípetas conforman dous dos proxectos do programa Mulleres Rurais coordinado por Encarna Lago. Estes proxectos desenvolvéronse mediante xornadas de co-creacións artísticas con mulleres rurais, en conversa con artistas contemporáneas do tecido cultural galego. Co fin de xerar narracións colectivas que poñan en primeiro plano a realidade da figura feminina do noso rural.“Recolectoras” pretende o que o seu nome indica, recolectar a realidade da nosa contorna rural desde e coas propias

protagonistas, as mulleres. Devolvendo a voz ás mulleres rurais contemporáneas e abarcando a multidisciplinariedade que esta figura representa, falamos de emprendemento, de innovación, de migración,

de precariedade, de ecofeminismo, de igualdade, de sustentabilidade, de tradición, de memoria e historia. Historias e persoas que non deben quedar no esquecemento.•

• R.- MONFORTE. O Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico coa fin de elixir o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi, que inicialmente debe celebrarse o 9 e 10 de abril coincidindo co domingo de Ramos. Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no especial

patrimonio e cultura do concello. Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico e unha peza de Gundivós personalizada. A entrega de orixinais farase na Casa do Concello ata o día 10 de febreiro de 2022. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.•


24• EC // Nº 357 Xaneiro 2022

PROTAGONISTAS●●● ●●● Diversas iniciativas solidarias levaron a alegría do Nadal aos fogares máis desfavorecidos do sur de Lugo ● Os valores do deporte fanse realidade na nova edición da campaña de Nadal do CB Sarria

● Recollida de produtos de Nadal na Escola de Idiomas de Monforte

Resultado da campaña de Nadal que desenvolveu o CB Sarria, coa colaboración da Área de Benestar Social do Concello. (Foto: CB Sarria).

● Hostalería solidaria cos cativos en Monterroso

A comunidade educativa da Escola de Idiomas de Monforte promoveu unha recollida de alimentos típicos de Nadal para destinalos ás familias máis desfavorecidas da contorna. Os produtos foron distribuídos a través da Cruz Vermella. (Foto: EOI).

• Redacción- MONFORTE. O sur de Lugo encheuse de iniciativas solidarias nas que se implicaron diferentes sectores. O ensino, o deporte e a hostalería promoveron recollidas de produtos para levar a ilusión do Nadal a todas as familias.

O responsable do Disco Pub Morris, José Antonio Ríos, entregou á alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, a recadación da campaña “Novembro Solidario”. CM

OS VALORES DO DEPORTE A xa tradicional campaña de Nadal do CB Sarria levou a ilusión aos nenos e nenas das familias con menos recursos da comarca en forma de libros e xoguetes. A recollida deste tipo de produtos, levada a cabo coa colaboración da Área de Benestar Social do Concello de Sarria, contou coa participación de toda a comunidade deportiva do club sarriao, así como outras familias que quixeron adherirse á ola de solidariedade que dende o deporte promove anualmente esta asociación.

ILUSIÓN NA MESA Dende o ensino, a Escola Oficial de Idiomas de Monforte engadiu a súa aportación a un mellor Nadal para todos cunha recollida solidaria de alimentos típicos destas datas. Os lotes foron entregados á Cruz Vermella, para a súa distribución. DENDE A HOSTALERÍA Ningún neno de Monterroso quedou sen xoguetes grazas á iniciativa “Novembro Solidario”, promovida polo Disco Pub Morris coa colaboración do Concello. O responsable do negocio, José Antonio Ríos, entregou á alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, os 1.044 euros recadados nas aportacións voluntarias realizadas pola clientela que asistiu ás sesións musicais dos sábados de novembro neste local. Os fondos destináronse á compra de xoguetes para as familias sen recursos. •


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.