EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 358, 2ª Quincena Xaneiro 2022

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 17 - nº 358

Protagonistas Pili Chaos gaña o V certame FOTOXÉNICA-MENTE coa fotografía titulada “Como tú”

Quincenal comarcal gratuíto

2ª Quincena Xaneiro 2022

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica do Sur de Lugo

●●●[iniciativas- obras - monforte]

Comezan os traballos de urbanización da Zona C Comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas e foron adxudicados a Misturas Obras e Proxectos S.A. por 915.225,85 euros. MONFORTE

P.9

NOVAS

O Sur de Lugo en alerta amarela polas baixas temperaturas O TEMPO P.16

GALICIA

100 millóns en axudas para impulsar o emprego e a igualdade e loitar contra a violencia de xénero AXUDAS P.13

MONFORTE

ESPECIAL FITUR 2022 Galicia e o Sur de Lugo amosan o seu potencial turístico

A alta velocidade reduce as distancias de viaxe desde Galicia a outros puntos de España No sur de Lugo non chegan aínda as melloras das conexións ferroviarias P.8

Volve o Entroido despois da suspensión do pasado ano polo Covid-19 ENTROIDO P.19

A firma do editor

Tempos novos, tempos salvaxes? Ou non tanto Colaboración

Esgrafiado estilo galego. As claves do seu descubrimento Mar López Sotelo


2• EC // Nº 358 Xaneiro 2022

ESPECIAL FITUR 2022 A Ribeira Sacra acode a Fitur coa recentemente estreada declaración como Reserva da Biosfera, e presenta o seu novo logotipo como destino de interese turístico

• O novo logotipo responde a unha colaboración entre o Consorcio de Turismo e a Asociación Ribeira Sacra Rural

Imaxe da presentación en Fitur 2022 da proposta do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Abaixo, á dereita o novo logotipo. Foto CTRS.

• Redacción- MONFORTE. O Consorcio Turístico Ribeira Sacra, presentouse na Feira Internacional de Turismo FITUR 2022 celebrada en Madrid, co lema "Ribeira Sacra, agora si, Reserva da Biosfera". E fíxoo na caseta de Galicia, contando cunha nutrida participación de representantes institucionais. No acto interviñeron o Presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Mª do Campo Piñeiro, o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández Fernández, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca e a Directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro Domínguez. Ade-

EnComún Depósito Legal: LU 150-06 Cartas al Director: lectores@encomun.es

mais, entre o numeroso publico asistente, atopábanse na sala os Delegados Territorias da Xunta de Galicia, Deputados, alcaldes e concelleiros da zona, Presidente do Consello Regulador e da Asociación Empresarial de Turismo Rural, e empresarios turísticos do territorio e axentes de viaxes. O máis reiterado e resaltado de xeito unánime polas autoridades que tomaron a palabra é o modelo de unión que se dá na Ribeira Sacra, único en Galicia, recoñecendo que a Ribeira Sacra é o destino de moda en Galicia e que vive un dos seus mellores momentos, a pesares da situación de pandemia no ámbito sanitario. Durante o evento, Luís Fernández Guitián, Presidente do Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e alcalde de Sober, aproveitou para destacar o fito que supón a recente declaración da comarca como Reserva da Biosfera, xunto coas serras de Ou Courel e Ou Oribio. O Consorcio de Turismo aproveitou o evento para presentar a súa nova imaxe de marca, e unha nova guía turística. Respecto ao logo deseñado, a idea do mesmo xira ao redor dunha natureza estrela, un patrimonio estrela, que se redondea, como a experiencia de coñecer a Ribeira Sacra, unha estrela que tradicionalmente se vinculou con conceptos turísticos (categorías hostaleiras), da cor da sustentabilidade, verde, como símbolo de unión para toda a comarca.• Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

@Ineditor https://issuu.com/gltecmon https://www.youtube. com/channel/UCbOsQ1idtVPAooOhhXFFfQ

Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 3

ESPECIAL FITUR 2022

Galicia presentouse en Fitur 2022 co obxectivo de ser un destino internacional de referencia • O titular do Goberno galego presidiu a presentación do Xacobeo 2021-2022 Camiña a Galicia • Redacción- MONFORTE. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, durante a presentación do Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia en FITUR, , que Galicia está enfocada neste 2022 a ser un destino internacional de referencia. INVITACIÓN AOS REIS A VISITAR GALICIA O presidente galego acompañou ás Súas Maxestades Os Reis no seu percorrido inaugural polo expositor da Comunidade, e fixo deste xeito unha “invitación formal” a visitar Galicia e desfrutar do Ano Santo, “a festa universal de Europa occidental”. “Sempre é un bo momento para visitar Galicia e sempre hai un sitio para quen desexe coñecela”, abundou. DEIXAR ATRÁS A PANDEMIA DO COVID Nesta liña, afirmou que o que naceu para indicar ao peregrino o final da súa meta -en alusión a lanterna que coroa a Torre do Reloxo da Catedral-, hoxe simboliza unha chama de ilusión por deixar atrás a covid e volver acender o xúbilo do Ano Santo 21-22. “O esplendor do Camiño volve ser o mellor antídoto contra a tebra da pandemia”, recalcou. Con este obxectivo, recordou que o Goberno galego adap-

tou os albergues, os locais e o Camiño á nova situación sanitaria; formou ao persoal; inxectou máis de 120 millóns ao sector hoteleiro; e implantou un seguro coronavirus para dar confianza ao viaxeiro. Ademais de avanzar unha nova edición para este 2022 do Bono turístico, con descontos nos hoteis galegos e que, desde a súa posta en marcha, entregou xa 12.000 tarxetas. A IMPORTANCIA DA CHEGADA DO AVE A OURENSE Así mesmo, salientou que “nunca antes estiveramos tan cerca de todos e de todo”, referíndose á posta en servizo do AVE Madrid-Ourense. DESTINO DE CALIDADE TURÍSTICA Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que Camiñar a Galicia é facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escenarios excepcionais, pola cultura, a gastronomía e a hospitalidade, como exemplifican os 328 establecementos coa Q de calidade turística cos que conta. Sobre este punto, aseverou que o Goberno galego seguirá comprometido co sector, que en 2021 fixo posible que a demanda turística na Co-

O titular do Goberno galego acompañou ás Súas Maxestades Os Reis no seu percorrido inaugural polo expositor da Comunidade. GPXG.

munidade crecese 25 puntos máis que a media de España; “e acabamos o pasado ano con 180.000 compostelas entregadas, 40.000 máis por riba do obxectivo máis ambicioso que tiñamos”, precisou. TALENTO GALEGO NA PROMOCIÓN DO TURISMO O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o talento galego na

promoción do turismo e do Xacobeo nun ano tan especial para Galicia como é o 2022. Fíxoo en Fitur, na presentación da colección “El pulpo peregrino”, que promociona o Ano Santo a través da moda. Alfonso Rueda destacou a importancia da industria téxtil para Galicia e o alcance do seu deseño e da súa moda para a proxección dunha imaxe moderna e vangardista da comunidade, un aspecto de especial

relevancia nun momento no que o turismo de Galicia aspira a fusionar tradición con innovación. Por iso, o vicepresidente primeiro da Xunta resaltou que a proposta de “El pulpo” en particular, e o stand de Galicia en Fitur, en xeral, “son un escaparate do mellor que ofrece Galicia: o seu empuxe empresarial, a súa modernidade e o seu factor humano ao servizo dun evento de alcance mundial como é o Xacobeo”.•

O stand de Galicia en FITUR 2022 recibe o premio como mellor expositor das comunidades autónomas • Redacción- MONFORTE. Galicia volveu colleitar éxitos na 42ª edición de Fitur, ao manter un dos stands con máis actividade e recuperar practicamente o volume de encontros profesionais no espazo de encontros habilitado no espazo da comunidade. Ademais, o espazo de Galicia en Fitur foi recoñecido pola Feira como Mellor Expositor das Comunidades Autónomas, un premio que o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recolleu e co que se recoñecía un esforzo por presentar unha Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do

Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central. O espazo contou de novo coa presenza do botafumeiro de prata en tamaño real realizado por Ourives hai máis de 60 anos que, foi un dos principais atractivos no que se puideron fotografarse os asistentes estes días. Nesta ocasión formou parte dun set que xoga con espellos como símbolo das moitas facianas de Galicia como destino turístico. O stand, de máis de 1.000 metros, ofreceu un deseño moderno e de cores vistosas co obxectivo de simbolizar a esperanza e a ilusión coa que Galicia afronta o segundo ano do Xacobeo. •

O stand conta máis de 1.000 metros cadrados no que conflúen os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación. GCXG.


4• EC // Nº 358 Xaneiro 2022

ESPECIAL FITUR 2022 Monforte promociona o seu pasado xudeu e a torre da Homenaxe en Fitur • Redacción- MONFORTE. A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, participou nun acto promocinal no Stand de Galicia en Fitur das cidades galegas que forman parte da Rede de Xuderías de España, Ribadavia, Tui e Monforte de Lemos. O acto enmarcouse dentro do programa de actividades do stand de Galicia na Feira de turismo, acto organizado pola Red de Juderías baixo o lema “Descubrindo as xuderías galegas de Monforte de Lemos, Ribadavia e Tui”.Foi presentado pola Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, e os representantes das tres cidades galegas resaltaron o valor que cada cidade ten en torno á súa herdanza sefardí e deron a coñecer ó visitante a impronta que a comunidade xudía deixou, a nivel artístico e cultural. No acto tamén deron a coñecer outros valores artísticos, patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos específicos de cada unha das cidades presentes. A primeira Tenente de Alcalde monfortina, iniciou a súa intervención resaltando que “Monforte como capital da Ribeira Sacra é un paraíso dentro da provincia de Lugo, na que é a segunda cidade da provincia”. Aludiu á súa categoría como cidade, logo de que lle fora outorgado tal título polo rei Alfonso XII en 1885, e destacou ser a sede do Condado de Lemos. PASADO SEFARDÍ Gloria Prada resaltou a importancia do conxunto monumental de San Vicente e da súa Torre da Homenaxe, onde se atopan importantes pegadas do pasado sefardí a través dos “signos lapidarios da estrela de Salomón”. Unha pegada, a do pobo xudeu, presente nas rúas, prazas, murallas e casas da cidade,. A representante monfortina tamén fixo un repaso pola importante oferta turística que ofrece a cidade, dende o Parador de Turismo, pasando polo Casco Histórico declarado Ben de Interese Cultural en 1973, os Escolapios –o “Escorial galego”-, os museos da cidade, ou o Miradoiro do

Duque, sen esquecer a oferta gastronómica, vinícola –grazas á “viticultura heroica”-, e de grandes eventos de periodicidade anual, como a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as Festas Patronais. Sen esquecer que Monforte tamén é “camiño de peregrinación por onde discorre unha das etapas más belas y emblemáticas do Camiño de Invierno a Santiago”, que recentemente foi reforzado a través da oferta turística da súa recén inaugurada Oficina municipal de Atención o Peregrino. Prada tamén resaltou o enorme valor e potencial da Ribeira Sacra “onde o visitante pode disfrutar dunha ruta románica única, de miradoiros extraordinarios como é Miradoiro do Duque”. RED DE CASTELOS E PAZOS TURÍSTICOS DE ESPAÑA O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou nun acto promocional no stand da Asociación Castillos y Palacios de España, á que pertence o Concello de Monforte, a través da Torre da Homenaxe, onde mantivo un encontro de traballo co presidente de dita Asociación, Javier Fitz-James Stuart, co que departiu sobre a oferta e o potencial turístico de Monforte e da Ribeira Sacra. Desta forma, José Tomé resaltou “a potencialidade da Torre da Homenaxe, un dos emblemas máis selleiros da cidade de Monforte que se erixe na cima do val de Lemos presidindo o Conxunto monumental de San Vicente do Pino, e que é ademais un miradoiro privilexiado, e lugar de visita por excelencia de todos os que se achegan á nosa cidade”. O alcalde aproveitou para salientar en Fitur que Monforte e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que dá boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking da Xunta dos 10 lugares únicos en Galicia”. •

Na foto superior o Alcalde José Tomé co presidente da Asociación Castillos y Palacios de España Javier Fitz-James Stuart e na inferior Gloria Prada intervindo no acto das xuderías galegas. GPCM.


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 5

ESPECIAL FITUR 2022

Lugo, Provincia de Cine: A campaña da Deputación impulsa o turismo a través do audiovisual

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, acompañado por Ghaleb Jaber Ibrahim; o produtor de Gaitafilmes, Suso López, e o produtor audiovisual de Amanita Films e codirector do festival FanCine, Iván Patiño GCDL.

• Redacción- MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a nova campaña Lugo, provincia de cine, coa que a institución busca impulsar o turismo a través do audiovisual como unha vía “moi interesante e fructífera para a promoción do territorio” que pode converterse ademais nun “factor de desenvolvemento do rural”. No acto, celebrado no stand de Turespaña, estivo presente a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto; o Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entre outros deputados e deputadas, ademais de alcaldes e alcalde-

sas, e operadores e medios nacionais e internacionais. Para a presentación, a Deputación de Lugo contou coa participación do presidente e fundador de CTV, Ghaleb Jaber Ibrahim; o produtor de Gaitafilmes, Suso López, e o produtor audiovisual de Amanita Films e codirector do festival FanCine, Iván Patiño, todos vinculados ao sector audiovisual, que explicaron o potencial da provincia como fonte de inspiración e como escenario de producións. Co proxecto Lugo, provincia de cine, a Deputación pretende consolidar “un modelo de turismo sostible, non masificado, cunha oferta de calidade e diversificada, vinculado coa natureza, o patrimonio cultural, a historia e a gastronomía”,

incorporando “ás múltiples opcións” existentes na actualidade “o turismo ligado ás rodaxes, buscando a complicidade da ilusión, o dinamismo e a maxia que sempre suxire a produción audiovisual”, explicou o Presidente. Tomé Roca lembrou que a Deputación mantén “un apoio decidido ao audiovisual, unha aposta pola cultura e pola economía, cun sector que non deixa de medrar. Pero tamén estamos convencidos de que a presenza de paisaxes da nosa provincia nas salas, nos festivais e nas plataformas audiovisuais constitúe unha vía moi interesante e fructífera para a promoción do territorio”. “Buscar a interrelación entre a produción audiovisual e o turismo pode converterse, sen dúbida, nun

factor de desenvolvemento para o rural”, incidindo en que “as rodaxes teñen un retorno económico directo e logo, o impacto da estrea abre unha nova vía de desenvolvemento, ao atraer visitas aos lugares onde se ambientaron producións de éxito, como poden ser O Sabor das Margaridas, Doghs, O que Arde ou Live is Life, por citar só algunhas das máis recentes”. Desta forma, asegurou o mandatario provincial, “o turismo convértese nun factor de equilibrio territorial, nun sector capaz de xerar emprego de calidade que permita á mocidade do rural desenvolver proxectos de vida nos seus lugares de orixe porque, ao igual que o cine é un diálogo entre o creador e os espectadores, o turismo é un encontro entre o que che-

ga e o que vive habitualmente nun lugar”. O Presidente puxo en valor a longa tradición da provincia como escenario de rodaxe de producións audiovisuais, “protagonizada por directores como Gracia Querejeta, Manuel Gutiérrez Aragón, Mario Camus ou Gonzalo Suárez, e que, entre moitos outros, renovaron máis recentemente con éxito creadores como os irmáns Coira, Oliver Laxe e Dani de la Torre”. José Tomé resaltou así mesmo o vínculo entre a ficción audiovisual e o turismo. “Son un símbolo da democratización da cultura do ocio no século XX. Saímos de viaxe coa mesma ilusión coa que nos asomamos á pantalla, para descubrir mundos novos, sentir emocións diferentes ou vivir novas experiencias”.•


6• EC // Nº 358 Xaneiro 2022

OPINIÓN

POLÍTICA LOCAL O PP considera a política de turismo da Deputación totalmente errada e propón a elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo 2022-2024

Tempos novos, tempos salvaxes? Ou non tanto Por Gonzalo L. Torres Editor de EnComún

• Redacción- MONFORTE. O PP considera que José Tomé e o seu equipo seguen unha política de turismo totalmente errada e carente da máis mínima estratexia. Á vista da situación, o grupo do PP provincial defendu na sesión plenaria unha moción para instar ao goberno provincial a aprobar un plan estratéxico de turismo 2022-2024 con obxectivos, accións e investimentos, e consensuado cos axentes implicados e cos grupos políticos que conforman a corporación provincial. A proposta popular pede que o turismo sexa obxectivo prioritario para o destino dos fondos Next Generation que recibirá a Deputación. O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, sinala:

“FITUR 2022 foi a evidencia da deriva das políticas do señor Tomé. Os feitos dan a razón ao PP cando denunciamos que era un gravísimo erro desvincularse do stand de Galicia, máis aínda cando as razóns do propio presidente da Deputación son máis propias de patio de colexio que dun presidente, poñendo como desculpa as ditosas cadeiras que tanto o preocupan dende que goberna”. Explica que “mentres o stand galego era premiado pola organización da feira, o señor Tomé sacaba fotos no stand de España cunha ministra, a de Industria, que é, do Goberno de Sánchez, a que máis leva prexudicado á nosa provincia nos últimos anos”. Para Castiñeira, “Tomé con este feito separouse do Xaco-

beo, a gran estrela de FITUR, un dos mellores reclamos turísticos para o ano 2022. Máis aínda cando pola nosa provincia pasan os tres camiños: Francés, Primitivo e Norte e, sen esquecer, que temos o obxectivo de seguir acadando os datos de antes da pandemia e tratar de chegar aos 300.000 peregrinos neste ano xacobeo”. Os populares din que “non podemos permitirnos estes tremendos erros”. Sinala: “O PP, sabedor deste fracaso, presentou unha moción para pedir no próximo pleno un cambio absoluto, un xiro de 180 grados na política de turismo da Deputación”. Ese cambio ten que estar recollido nun plan estratéxico 2022-2024, consensuado cos axentes implicados e cos grupos políticos.•

• Se primeiro foi a pandemia, que non termina de deixarnos, en plena sexta onda coa variante ómicron, despois a erupción do volcán da Palma, unha crise enerxética sen precedentes, os apagóns, as vacunas, os negacionistas, a volta do Festival de Benidorm, xusto cando Tanxugueiras pode levar as pandeiretas a Eurovisión, tócanos agora revivir en Europa a ameaza dun enfrontamento bélico en Ucraína. Aínda que revivir sería moito dicir, porque xa se foi perdendo boa parte da xeración que viviu unha guerra no noso país. Aínda que a moitos de nós, os nosos pais ou avós, que si a sufriron, trasladáronnos de forma tan directa e vívida o seu testemuño, que en certo xeito, contaxiáronnos o seu temor a que puidese volver repetirse algo parecido e vivimos con algo de medo a nosa vida. Por suposto os máis novos xa perderon este contacto directo co terror, dado que tiveron a inmensa fortuna de crecer en Occidente, nun estado próspero durante un dos períodos de paz e bonanza máis extensos da súa historia. Pero o ruído de tanques asoma de novo no horizonte, e os máis vellos do lugar cren que se achega o fin do mundo,

tantas pragas nestes tempos estraños . Pero non hai tantos anos, xa vivimos algo parecido en Europa, na antiga Iugoslavia, a poucos quilómetros da costa de Italia viviuse un auténtico masacre con miles de mortos antes os nosos ollos sen que esta Europa ilustrada fixésemos nada para evitar unha carnicería que nos salpicaba o seu sangue. Cúmprense só vinte anos do final dese masacre cara ó que non quixemos mirar. Tampouco había tantas cámaras nin teléfonos móbiles. Se xa pasou unha vez, pode volver pasar. A guerra en Europa. E tamén darlle as costas. E mentres, os máis novos, apenas levantan a vista do seu mundo de pantallas hipnotizadoras, tratando de distinguir a verdade da mentira, o real do virtual, ansiando entrar no metaverso futuro, e afastarse dun mundo invadido de fakes, no que os wokes están a crear unha nova relixión que comulga en hamburgueserías con carne de mentira, e refrescos de cola sen azucre, lixeiros e descafeinados. Si, son tempos novos e ameazantes, tempos salvaxes, como cantaba Jorge Ilegal unha noite hai anos. Tamén entón érano. Ou non.•

O BNG recolle en Sarria firmas para reclamar melloras nos servizos ferroviarios para a comarca Redacción- MONFORTE. O BNG recolleu en Sarria sinaturas para reclamar un tren digno para a comarca do interio lucense. Dando continuidade á campaña Queremos tren que están a desenvolver en toda Galicia para demandar a mellora dos servizos ferroviarios, especialmente no interior do país, a formación nacionalista recadou firmas nun posto instalado na rúa Calvo Sotelo, onde estiveron o voceiro municipal e deputado provincial, Efrén Castro, e a deputada parlamentaria, Olalla Rodil, entre outros representantes do BNG local. Olalla Rodil sinalou a necesi-

dade de sumar este apoio social para reclamar ao goberno do Estado “a mellora do sistema ferroviario galego, cun servizo de proximidade que vertebre o territorio e cohesione a sociedade galega” algo que, concluíu, coa supresión de frecuencias e o deterioro dos servizo está hoxe moi lonxe. Nesta liña, Efrén Castro apuntou que “a estación quedou case unicamente para os peregrinos e peregrinas que comezan aquí o Camiño de Santiago” xa que, explicou, “os escasos servizos que se ofrecen fan que o tren resulte inservible para que os veciños e veciños da comarca se comuniquen co resto do país ”.•

O voceiro municipal Efrén Castro na recollida de firmas en Sarria. BNG..


Os Orzamentos do Concello para 2022 superan os 15 millóns de euros para dar un mellor servizo a todos os veciños de Monforte

Principais liñas orzamentarias • Subvencións e transferencias: 1.049.184,63 €, cunha subida do 2%. • Inversións: 871.100 €, cunha subida do 72,46% (366.000 €). • Transferencias de capital a administracións: 80.680,63 € • Axuda a domicilio: 1.400.000 €. • Axudas a emerxencia social: 51.000 €, cunha subida do 2%. • Actividades no Centro Cívico e as parroquias: 90.000 €, cunha subida dun 1,25%. • Axudas a estudantes: 25.000 € para a adquisición de libros e 25.000 € para o bus universitario, un incremento do 25% nos dous casos (10.000 €).

• Axudas a eficiencia enerxética: 15.000 €, cunha subida do 50%. • Subvencións nominativas a entidades deportivas: 110.852,50 €. (+1,37%) • Entidades e asociacións: 110.853 €. • Feira Medieval e Festival do Viño: 125.000 €, o que supón 10.000 € de incremento, un 8,70%. • Festas Patronais: 350.000 euros, cun incremento de case un 17%. • Alumeado de Nadal: 70.000 €, un incremento de 20.000 €, o 40%.

Cumprindo os compromisos, seguimos mellorando Monforte


8 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022 ●●●[infraestruturas - novas - galicia]

●●●[infraestruturas- iniciativas - galicia]

A ALTA VELOCIDADE REDUCE AS DISTANCIAS DE VIAXE DESDE GALICIA A OUTROS PUNTOS DE ESPAÑA

Coas novas liñas de alta velocidade pódese viaxar de Ourense a Málaga en 5 horas e 56 minutos ou de Santiago a Valencia en 6 horas e 7 minutos. Foto RENFE.

• Redacción - MONFORTE. Renfe ampliou e mellorou as opcións de viaxe entre Galicia e o resto de España desde o pasado 21 de decembro grazas á chegada da Alta Velocidade e á ampliación de frecuencias e destinos aos que se pode viaxar mediante billetes integrados. A redución de tempos de viaxe dos trens directos desde e ata Madrid (que vai desde os 54 minutos ata 1 hora e 28 minutos) permite reducir a duración da viaxe no resto de conexións con orixe ou destino Galicia. As novas opcións de viaxe establécense mediante billetes integrados, é dicir, con títulos de transporte que enlazan dous trens cun só billete e teñen a ligazón garantida, así como un prezo inferior á suma dos dous billetes por separado. Os viaxeiros utilizan por unha banda os servizos directos entre Galicia e Madrid e, unha vez en Madrid, enlazan con outro tren ata o seu destino final. Esta opción está igualmente dispoñible para viaxeiros que teñan Galicia como destino. As viaxes con billetes integrados permiten percorrer grandes distancias nun tempo moito menor que o fan moi atractivo e competitivo

• As novas opcións de viaxe de Renfe vía Alta Velocidade facilitarán aínda máis os desprazamentos dos viaxeiros do resto de España a Galicia durante a celebración do Xacobeo 2022 respecto a outros medios de transporte por estrada. A modo de exemplo, en Ourense, punto neurálxico de todas as conexións galegas, a oferta tamén aumenta de forma notable. Conta na actualidade con 10 servizos diarios directos por sentido con Madrid. Agora pódese viaxar a Málaga en 5 horas e 56 minutos ou a Barcelona en 6 horas e 7 minutos. Desde Santiago de Compostela, que ten 10 servizos diarios por sentido (4 directos e 6 con ligazón) con Madrid, pódese viaxar en tren ata Córdoba en 5 horas e 59

ligazón) con Madrid, pódese viaxar ata a Valencia en 6 horas e 37 minutos. Desde Vigo, que conta na actualidade con 8 servizos diarios por sentido con Madrid (4 directos e 4 con ligazón) pódese chegar a Valencia en 7 horas e a Málaga en 7 horas e 38 minutos. En Pontevedra, que conta con 7 servizos diarios por sentido (4 directos e 3 con ligazón) coa capital, os viaxeiros poden desprazarse ata Córdoba en 6 horas e 43 minutos. Todas estas ventaxas non poderemos gozalas, polo de

• A Alta Velocidade non chega aínda a Lugo, polo que os lucenses non poderemos gozar íntegramente das melloras das conexións ferroviarias minutos ou a Valencia en 6 horas e 7 minutos. Desde A Coruña, que na actualidade conta 10 servizos diarios por sentido (3 directos e 7 con

agora, os lucenses, que unha vez mais, quedamos fora dos enlaces ferroviarios de alta velocidade con resto da península.•

FEIJOO E A MINISTRA RAQUEL SÁNCHEZ, PRIORIZAN A CHEGADA DOS TRENS AVRIL NO VERÁN

O titular do Goberno galego na reunión coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez. GPXG.

• Redacción - MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao Goberno central un compromiso firme para que os trens Avril cheguen a Galicia no verán e a priorización das obras das autovías na Comunidade. Durante unha reunión, mantida coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, incidiuse na necesidade de que o tren de Alta Velocidade se estenda ao resto das cidades galegas, “xa que estamos a falar dun activo extraordinario para Galicia e para o noroeste de España, tanto no eido da industria como no relacionado co sector turístico”, precisou o presidente da Xunta de Galicia. O responsable autonómico referiuse tamén ao risco de configurar unha rede ferroviaria galega de dúas velocidades na que Lugo e Ferrol queden descolgadas. Así, no caso de Lugo, ademais da planificación de modernización da liña, reiterou que sen variantes de trazado non se poderá aspirar a unha conexión con Madrid competitiva. Feijóo e a ministra Raquel Sánchez abordaron tamén

os necesarios avances nas autovías que o Goberno central está a construír na Comunidade. Ao respecto, instou ao Executivo a desbloquear as obras da autovía Lugo-Ourense, planificada hai 18 anos e

• Sobre a autovía OurensePonferrada Feijoo expuxo a necesidade de priorizar as variantes do Barco de Valdeorras e de Monforte con só o 9% do trazado executado. “Sobre a autovía Ourense-Ponferrada expuxen a necesidade de priorizar as variantes do Barco de Valdeorras e de Monforte”, dixo Alberto Núñez Feijóo. Ante a posibilidade de que o Goberno implante un sistema de pago en todas as autovías, Feijóo insistiu en que a opción do custo por quilometraxe sería discriminatoria para os territorios máis periféricos.•


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 9

●●●[iniciativas- obras - monforte] ARRINCAN OS TRABALLOS DE URBANIZACIÓN DOS TERREOS ENTRE ROF CODINA E O BARRIO DE COBAS

Imaxe da presentación dos traballos de urbanización da zona C de Monforte. GPCM.

• Redacción - MONFORTE.O Concello de Monforte ven de poñer en marcha as obras de urbanización e dotación de servizos da Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que foi adxudicado á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros. “Estas obras van permitir eliminar a balsa de maleza que existe dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, abrindo novos viais, creando novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada

arredor da Gardería Municipal” destacou o Alcalde monfortino José Tomé Roca. “Con estas obras imos cambiar a fisonomía da cidade, mellorando a trama urbana e poñemos en valor, unha zona da cidade moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte”. As obras contan cunha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento aportado polo Concello monfortino, é dicir, 618.165,09 euros, un 67,33% do total.

O remate das obras está previsto para o verán deste ano 2022. Os traballos suporán un aproveitamento urbanístico de 5.785 metros cadrados urbanizables é de 22.230 metros cadrados edificables, dos cales 4.744 metros cadrados serían baixos e 17.486 metros cadrados serán para vivendas. As edificacións serán de baixo máis tres alturas, na marxe dereita con fachada e traseira e na marxe esquerda deberán ser dobre fachada, por contar con paseos peonís entre os edificios e a zona axardinada.•

POSTA A PUNTO DA PASARELA QUE CONECTA A GARDERÍA MUNICIPAL E O PARQUE DOS CONDES • Redacción - MONFORTE. O Concello de Monforte levou a cabo traballos de mellora Concello na pasarela peonil metálica situada entre o Parque dos Condes e a Gardería municipal. “Debido a que esta pasarela é moi transitada, dende o Concello consideramos que era preciso levar a cabo nela tarefas de revisión da súa seguridade e de conservación, motivo polo cal decidimos acometer esta actuación da que estamos informando”, sinalou o rexedor municipal. Para elo, o Concello adxudicou estes traballos de

limpeza e pintado da pasarela á empresa Pinturas Lemos SC por un importe de 8.760,40 euros e abarcan un total de 200 m2 de superficie metálica. A actuación consiste na

revisión de todos os elementos metálicos que da pasarela á vez que se leva a cabo o mantemento e renovación do aspecto estético, a través do pintado da mesma.•

BREVES

• MONFORTE ALCANZA OS MELLORES DATOS DE VISITANTES REXISTRADOS NAS SÚAS DEPENDENCIAS TURÍSTICAS. Segundo os datos obtidos nas dependencias turísticas xestionadas polo Concello, en canto a número de visitantes rexistrados nos últimos anos tanto na Oficina de Turismo como na Oficina de Atención ó Peregrino, ambas dependencias alcanzan en 2021 os mellores datos da súa historia en canto a persoas atendidas. José Tomé destacou que “o verdadeiramente salientable é que, poñendo un paréntese en 2020, os datos do ano 2021 son mellores que os dos anos 2017, 2018 e 2019, anos nos que non existía a pandemia, e tendo en conta ademais que en 2021 a incidencia da pandemia seguiu afectando ó sector turístico, especialmente nos primeiros meses do ano, e hoxe en día desgraciadamente ségueo facendo e aínda condiciona as nosas vidas”. En 2021 atendéronse a 20.454 persoas. Porcentualmente, en 2021 atendeuse a un 124,10% máis de visitantes que en 2020, un 34,24% máis que en 2019, un 37,72% máis que en 2018 e un 37,07% máis que en 2017. un 122,72% máis de persoas atendidas, e con respecto a 2019, un 71,02% máis. “Creo que son uns excelentes resultados turísticos, especialmente os dos meses de xullo (4.285 persoas) e agosto (7.235) de 2021, a pesar de que a incidencia da pandemia nos obrigou a cancelar eventos tan importantes como o Festival do Viño, o Verán Cultural ou as Festas Patronais, o que significa que a xente apostou polo turismo de interior, apostou polo turismo seguro da Ribeira Sacra, e estes datos confirman a satisfacción que mostraban os hostaleiros” salientou Tomé Roca.• • ESPERTA MONFORTE PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A COLOCACIÓN DE PANEIS SOLARES EN lNSTALACIONS E EDIFICIOS MUNICIPAIS. Con esta proposta o grupo municipal de Esperta Monforte, pretende en consonancia coa loita contra o cambio climático fixado na Axenda 2030, que Monforte poida contribuir escomenzando por instalar paneis solares de autoconsumo nas instalacions e edificios publicos e minorar o gasto na cada vez mais elevada factura eléctrica que en breve debe reducirse.co cambio no alumado publico a leds. No mesmo senso Esperta Monforte propoñe traballar na instalación de paneis solares no pabillon da Pinguela, no campo de futbol e nas cubertas de alguns edificios públicos mais. Destacan o erro de non poñelos no edificio multiusos, no que pese ás recentes reformas, xa volve ter goteiras.•


10 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

SERVIZOS

BREVES

A Confederación Hidrográfica MiñoSil acondicionará a lagoa da Pinguela e construirá unha nova presa desmontable • Redacción- MONFORTE. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, compareceu en rolda de prensa para presentar o proxecto de acondicionamento da lagoa da Pinguela e a construción dunha nova presa desmontable, unha actuación que “suporá un antes e un despois para a zona desta lagoa e o parque de Cobas, e que complementará unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2”. Na súa intervención, José Tomé manifestou a súa satisfacción pola consecución deste proxecto “logo dun longo traballo de xestións que agora se converten en realidade”. Neste senso, o Alcalde explicou que “houbo que sortear moitas dificultades dende que no ano 2016 a forza da auga rompera o vello AZUD da Pinguela, dificultades que puxo a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que nos fixo modificar o proxecto e iso levou consigo un retraso de máis dun ano na licitación deste proxecto.”Neste senso, dende a rotura da vella presa da Pinguela en 2016, o Concello empezou as xestións para repoñer esa presa, co obxectivo de que nese entorno no que se estaba xa condicionando o novo parque de Cobas, houbera unha lámina de auga que lle da unha

A intervención na zona da lagoa da Pinguela complementará unha ampla área de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2). GPML..

mellor presencia ó paso do río Cabe por esa zona. O Alcalde tamén subliñou que “este proxecto, que vai supoñer un antes e un despois para a zona da lagoa da Pinguela e o parque de Cobas, complementa unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 metros cadrados) no que se inclúe a parcela que actualmente ten un establo e que vai desaparecer, o longo da primavera, xa que permutamos o terreo para suprimir o establo, e para elo xa temos elaborado o proxecto de derribo que será completado coa ampliación do estacionamento existente”. “Este magnífico proxecto que

estamos presentando”, rematou o rexedor monfortino “e que licitará nos próximos días a Confederación, ten un orzamento de practicamente 700.000 euros, concretamente 695.980,64 euros, que financia integramente a Confederación Hidrográfica, o que lle quero agradecer expresamente ó seu Presidente”. Pola súa banda, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, destacou que “unha vez licitado o proxecto e adxudicado, a idea e que se execute a finais da primavera, coincidindo coa estiaxe do río Cabe, e que rematen a principios de outono”. •

• O BNG RECLAMA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE VIVENDA PÚBLICA COS INMOBLES DA SAREB EN GALICIA. O BNG defende a creación dunha bolsa de vivenda pública cos inmobles que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB)ten en propiedade en Galiza. Nunha proposta que o goberno provincial presentará para debate no vindeiro pleno - 25 de xaneiro-, a formación nacionalista pide ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) reclamar os activos da SAREB en Galiza para artellar un banco de inmobles que facilite o acceso á vivenda da xuventude e das persoas e colectivos máis desfavorecidos. O BNG considera que deben ser as administracións competentes en materia de vivenda as que xestionen os activos da SAREB constituída con capital público como parte dos mecanismos para rescatar á banca tras a crise de 2008, empregando estes recursos para garantir o acceso a unha vivenda digna a todas a persoas.• • KATY VARELA RECLAMA UNHA SOLUCIÓN AO SANEMENTO DE MONFORTE. A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, lamenta que Tomé continúe sen dar unha solución ao saneamento da cidade. A popular tilda “de irresponsable” que o socialista, xunto ao presidente da CHMS, “se atrevan” a anunciar investimentos no río Cabe, “cando as tubaxes da cidade rachan por todas as esquinas”.•

Galicia Etiqueta Calidade para promocionar os produtos con selo de garantía do agro e do mar • Redacción- MONFORTE. A Xunta presentou en Fitur 2022 a nova campaña Galicia Etiqueta Calidade, promovida pola Consellería do Medio Rural para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro e promocionar así as 36 certificacións agroalimentarias de calidade que hai na Comunidade galega. Así, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, foi o encargado de dar a coñecer esta iniciativa, que contou cun orzamento de 700.000 euros, e que vai da man das estratexias sectoriais que ten en marcha a Xunta, permitindo avanzar nos sectores máis punteiros de

Galicia. ESTRATEXIA DO LÁCTEO E DO VIÑO José Luis Cabarcos reiterou que, para garantir o futuro dos produtores, a Xunta está a impulsar medidas como a Estratexia do lácteo e do viño xa en marcha e a da carne na que se está a traballar; a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia con figuras como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta; ou o Plan forestal de Galicia ata 2040, que aspira a mobilizar 4.900 millóns de euros entre fondos públicos e privados, entre outras accións.

GALICIA CALIDADE ALIMENTARIA Ademais, durante a súa exposición, José Luis Cabarcos puxo en valor os produtos de calidade galegos, os cales fan de Galicia un destino turístico e gastronómico por excelencia. Así, recordou que a marca Galicia Calidade contará cunha sección chamada Galicia Calidade Alimentaria. Este novo distintivo, indicou o director, agrupará os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas do agro e do mar, marcas de garantía como Galega 100%, as producións derivadas das razas autóctonas e o selo pescadeRías.•

Imaxe da presentación da campaña Galicia Etiqueta Calidade en Fitur. GPXG..


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 11

O pulso da Comarca A Deputación financia a instalación de alumeado público na zona rural de Taboada

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, na sinatura do convenio de colaboración co alcalde de Taboada, Ramiro Moure, e o presidente da Asociación de Veciños San Martiño das Dores, José Manuel Pacín Vázquez, o pasado 18 de xaneiro. GPDL

•Este convenio permitirá instalar media ducia de luminarias tipo LED no vial de acceso ao lugar de Outeiro, na parroquia do Couto

insistiron na importancia desta instalación, porque permite aproveitar mellor os recursos luminosos e enerxéticos, ao tempo que se consigue un maior aforro económico sen perda da calidade do servizo.

• Redacción- MONFORTE. A mediados de xaneiro, tivo lugar na sede da Deputación de Lugo a sinatura do convenio que permitirá mellorar as instalacións lumínicas no rural de Taboada. Na sinatura participaron o presidente do organismo provincial, José Tomé, o alcalde de Taboada, Ramiro Moure, e o presidente da Asociación de Veciños San Martiño de Dores, José Manuel Pacín Vázquez.

MAIOR CALIDADE DE VIDA PARA A VECIÑANZA E COMBATER O DESPOBOAMENTO DO RURAL No acto da sinatura do convenio, Tomé lembrou que esta obra forma parte do “compromiso da Deputación de colaborar cos concellos e co tecido asociativo da provincia para dotar de máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas”. Deste xeito, estase a avanzar no obxectivo de “mellorar a súa calidade de vida e contribuír deste xeito a fixar poboación no rural”. En relación con esta estratexia, o Plan Único 2022 da Deputación destina a Taboada 329.800,53 euros para manter infraestruturas, crear outras novas e xerar emprego no municipio.•

ALGO MÁIS DE 22.000 EUROS DO ORGANISMO PROVINCIAL PARA ESTA ACTUACIÓN O acordo suporá a aportación de 22.015 euros da Deputación ao concello para financiar o alumeado público nos accesos ao lugar de Outeiro, na parroquia taboadesa do Couto.

O convenio asinado entre ambas institucións establece ademais que será o Consistorio o encargado da tramitación administrativa necesaria para realizar as obras. EFICIENCIA ENERXÉTICA E MENOR CONTAMINACIÓN LUMÍNICA NO ENTORNO RURAL Segundo explicaron dende a entidade que preside Tomé Roca, as actuacións cubrirán unha lonxitude de 350 metros, a que ocupa a vía de acceso ao lugar de Outeiro. Este vial ten unha anchura de 6 metros, sen beirarrúas. En dito treito, vanse instalar media ducia de luminarias de tecnoloxía LED, que proxectan a intensidade da luz cara ao chan para evitar a contaminación lumínica. Os responsables provinciais

O conselleiro Conde destacou o potencial de Chantada para dar pulo ao rural

Visita do vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, ao polígono dos Acivros en Chantada, o 21 de xaneiro. GPXG

• Redacción- MONFORTE. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou Chantada este mes para facer un balance dos investimentos que o seu departamento leva realizados de cara ao impulso económico da localidade. Conde destacou a importancia do polígono industrial dos Acivros e da empresa Daveiga como dous exemplos das capacidades que existen en Galicia para xerar emprego e riqueza no rural. 1,1 MILLÓNS DE EUROS PARA A SUBESTACIÓN ELÉCTRICA E A DEPURADORA DO POLÍGONO INDUSTRIAL O titular de Economía visitou o polígono dos Acivros para supervisar as obras que se realizaron nos últimos meses cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros. Este importe foi financiado ao 80% pola Consellería de Economía, Empresa e In-

novación, e serviu para mellorar a subestación eléctrica e para ampliar a depuradora de augas. CONDE: A EMPRESA DAVEIGA É UN EXEMPLO DE COMPROMISO COA CALIDADE, OS TRABALLADORES E O TERRITORIO No mesmo polígono dos Acivros, o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación achegouse a visitar a empresa Daveiga, especializada na produción das afamadas galletas mariñeiras, e que está a ampliar as súas instalacións en máis de 5.000 metros cadrados. Francisco Conde gabou o labor desta firma instalada en Chantada, que produce 4.000 quilos de galletas mariñeiras ao día, e puxo en valor o seu compromiso coa calidade, cos traballadores e co territorio. Por este motivo, a empresa chantadina ten contado co apoio da Xunta no seu proceso de dixitalización e internacionalización. •


12 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

SERVIZOS

BREVES

As estradas da red provincial precisan máis de 500 toneladas de sal cada ano para garantir a circulación durante o inverno

Pilar García Porto, durante unha comparecencia tras Xunta de Goberno. GCDL.

• Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno a adxudicación do contrato para o subministro de 1.600 toneladas de sal para a rede provincial de estradas por un importe próximo aos 160.000€ á empresa Ibérica de Sales S.A. O material fundente é para os 12 silos que a institución ten por toda a provincia co fin de afrontar as inclemencias meteorolóxicas propias do inverno, garantindo a circulación e a seguridade nas vías durante

as tempadas deste 2022 ao 2024. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen lembrou que, ademais de atender as estradas provinciais, a Deputación tamén facilita sal no inverno aos concellos que así o solicitan cando lles resulta necesario. RUTAS FLUVIAIS A Xunta de Goberno aprobou tamén a prórroga do encargo á empresa pública Tragsa para a prestación do servizo

de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo, por importe de 685.894€ e por esta tempada 2022, coa opción de volver a prorrogarse na tempada 2023. A voceira socialista avanzou que a previsión é que esta tempada 2022 comece no mes de marzo e remate a finais de ano. Destacou que “o ano pasado foron máis de 40.000 viaxeiros os que percorreron algunha das rutas polos ríos Miño e Sil desde os embarcadoiros de Belesar e Ponte do Sil”.•

• O CONCELLO DE MONFORTE CONVOCA AXUDAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS FOGARES MÁIS NECESITADOS. O Concello destina 15.000 euros, a apoiar ás familias economicamente máis vulnerables e con dificultades económicas para afrontar os gastos enerxéticos. Poderán solicitar esta axudas as persoas ou unidades de convivencia residentes no Concello que os servizos sociais valoren que se atopan en situación ou risco de exclusión social. •

O Consello Municipal de Saúde de Monforte tratou a pandemia durante o último ano • Redacción- MONFORTE. . O Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu a sesión ordinaria do Consello Municipal de Saúde ó que acudiron representantes do eido político así como dos diferentes ámbitos sanitarios e asociativos de Monforte, co obxecto de analizar a situación sanitaria do Concello en relación coa pandemia do Covid-19 no último ano. En conxunto, os asistentes coincidiron na necesidade de reforzar con mellores servizos e con máis persoal sanitario ó eido sanitario, para poder proporcionar unha mellor atención ós cidadáns. •

Imaxe da reunión do Consello Municipal de Saúde de Monforte. GPCM.

• O BNG RECLAMA MEDIDAS CONTRA O DESMANTELAMENTO DAS OFICINAS DA AEAT. A portavoz de Facenda do BNG, Noa Presas (foto superior) preguntou ao goberno que medidas vai poñer en marcha para frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego. A nacionalista salientou a preocupación dos traballadores das delegacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria que dende o ano 2000 sufriu un recorte de persoal do 43,7% coa conseguinte “perda de calidade no servizo”.•


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 13

AXUDAS

100 millóns de euros en axudas para impulsar o emprego e a igualdade e loitar contra a violencia de xénero • Redacción- MONFORTE. A Xunta pon a disposición dos galegos no mes de xaneiro máis 100 millóns de euros en axudas para impulsar en Galicia o emprego, promover a igualdade laboral e loitar contra a violencia de xénero. Xa están abertos os prazos de solicitude dos programas Primeira experiencia profesional nas administracións públicas e Investigo; e os incentivos para as altas no emprego autónomo e para favorecer a competitividade de negocios a través do Bono Autónomo. En materia laboral, destacan programas como son o Galicia Emprega con incentivos para a contratación e a formación de menores de 30 anos, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, parados de longa duración e mulleres.•

A Xunta destinará 3,5 millóns de euros en 2022 para potenciar a adquisición de vivenda protexida, en centros históricos e no rural e a compra por parte de mozos menores de 35 anos

• Redacción- MONFORTE. O Consello da Xunta vén de analizar as tres liñas de apoio que se activarán en 2022, cun orzamento de 3,5 millóns de euros para potenciar a adquisición de vivenda protexida, así como en centros históricos e no rural, sobre todo por parte de mozos menores de 35 anos. Sobre

a primeira delas, coa que se impulsará a compra de vivenda protexida cun orzamento de 2 millóns de euros -multiplicando por cinco o do ano anterior-, explicou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que os interesados poderán dispoñer dunha axuda equivalente ao 20% do inmoble cun límite

de 20.000 euros no caso de solicitantes menores de 35 e de 12.000 a 16.000 euros no resto de casos. No tocante aos beneficiarios, sinalou que deberán ser adquirentes ou adxudicatarios dunha vivenda de protección autonómica ou ter subscrito un contrato privado de compravenda visado polo

IGVS, ou unha escritura pública que conteña cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda. Ademais, avanzou que mañá se publicará a resolución desta convocatoria e a partir do sábado se abrirá o prazo para solicitar as axudas, ata o 30 de setembro. En relación á segunda liña, Feijóo salientou que a vindeira semana se convocarán as axudas para mercar vivendas en centros históricos por medio millón de euros. Neste caso, dixo, as contías poderán chegar aos 15.000 euros se os inmobles se localizan nalgún concello con Área Rexurbe, ata 12.800 se o solicitante é menor de 35 anos e a 10.800 no resto dos supostos. Tamén indicou que os interesados terán ata o 30 de setembro para facer as súas solicitudes. Por último, referiuse a unha terceira liña de axudas por 1 millón de euros para apoiar a compra en concellos rurais para os menores de 35 anos, que se publicará en febreiro.•

Increméntanse nun 90% as axudas á prevención de danos da fauna silvestre

• Redacción- MONFORTE. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo achegouse ata unha explotación ovina (foto superior), onde sinalou que a Xunta incrementa nun 90% o orzamento das axudas á prevención de danos da fauna silvestre. Do Campo lembrou que unha das novidades da orde de 2022 é que, dentro da liña de prevención de danos ocasionados polo lobo, se considera actuación subvencionable a manutención dos cans protectores e defensores do gando. Ao mesmo tempo, destacou que se volven establecer axudas para adquirir os cans, podendo subvencionarse ata un máximo de tres por explotación, fronte aos dous da anterior convocatoria; adquisición de pastores eléctricos; cerrumes móbiles de malla electrificada; ou instalación de valados. a liña de prevención de danos do xabaril comprende un orzamento de 286.438 euros, que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos; e a do oso, un total de 20.000 euros co mesmo destino, principalmente en explotacións apícolas. •


14 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

O pulso da Comarca Sarria, “lugar simbólico” na presentación en Santiago da volta O Gran Camiño

A nova dotación de vehículos da Garda Civil inclúe aos postos de Monforte e Chantada

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na presentación dos seis novos vehículos da Garda Civil. SDGL

O deputado Efrén Castro, na presentación en Compostela da ronda galega O Gran Camiño, que terá a Sarria como etapa lucense o vindeiro 27 de febreiro. GPVDL

• Redacción- MONFORTE. Sarria será a etapa lucense da proba profesional ciclista O Gran Camiño, circuíto que percorrerá a vila xacobea o 27 de febreiro. Na presentación deste evento en Compostela a mediados de xaneiro, o deputado Efrén Castro destacou

que Sarria “xunta todos os ingredientes para acoller o desenlace dunha proba coma esta, pola forte paixón que sente a veciñanza polos deportes, e por estar situada en pleno Camiño de Santiago”. A parada en Sarria será a cuarta e última desta

ronda galega, cunha contrarreloxo de 15,9 quilómetros e 240 metros de desnivel, dentro do término municipal. Os primeiros quilómetros serán por estradas secundarias e tramos do Camiño, para rematar no casco antigo da vila, na rúa Castelao.•

• Redacción- MONFORTE. A Garda Civil de Lugo disporá de oito novos vehículos para renovar o seu parque móbil. Así o anunciou este mes a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, na presentación de seis unidades deste novo equipamento móbil. MODERNIZACIÓN DOS MEDIOS DA GARDA CIVIL Rodríguez, que estivo acompañada polo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Ángel González Arias, anunciou que en breve se incorporarán dous vehículos híbridos, co que

o Ministerio do Interior avanza na modernización dos medios cos que conta a Garda Civil na provincia de Lugo. O lote inicial de seis vehículos, dos que catro son turismos, outro un monovolume e un todoterreo, van destinados á Comandancia, para a Sección de Intervención Rápida, así como aos postos de Vilalba, Chantada, Monforte, Foz e Palas de Rei. Rodríguez agradeceu ao Ministerio esta aportación, e destacou a importancia de que as forzas de seguridade dispoñan dos medios necesarios para desenvolver o seu traballo.•

O PP de Samos pide arranxar nove pistas con fondos do Plan Único • Redacción- MONFORTE. O portavoz do Partido Popular en Samos, José Fernández Vázquez, propuxo ao Concello que se melloren nove pistas con cargo aos fondos que recibe o Consistorio do Plan Único da Deputación, e que este ano suporán unha dotación de 282.251,29 euros. QUEIXAS DE VECIÑOS “POLO MAL ESTADO DAS VÍAS” Segundo indicou o voceiro popular, a proposta responde ás queixas recibidas de veciños “polo mal estado das vías”. Fernández Vázquez informou da relación de pistas que precisan ser melloradas, e que foi elaborada en función das queixas dos veciños.

DETALLE DAS ACTUACIÓNS SOLICITADAS AO CONCELLO POLOS POPULARES A petición dos populares inclúe así o acondicionamento de A Calella, no lugar de Proucelo, a pavimentación da praza en San Cristóbal de Loúzara, e acondicionamento de camiños interiores en Lourido. Así mesmo, precísase a mellora da vía municipal dende Manxar a Samos, e tamén dende o lugar de A Cruz hasta Pascais. Por outra banda, tamén se propón arranxar o acceso dende a estrada de Samos a Zoo ata a igrexa de Loureiro, así como o acondicionamento do acceso a casa Fidalgo dende o Cerro no lugar de Teivilide. Por último, a solicitude que reclaman os res-

ponsables do Partido Popular en Samos incorpora a reparación do firme da vía de acceso ao lugar de Portela-Loúzara, e varias accións no camiño de acceso aos pasteiros de Zoo, que incluirían o tapado de fochancas e a limpeza de cunetas. FERNÁNDEZ VÁZQUEZ: OS ARRANXOS SON “PRECISOS” PARA MELLORAR A SEGURIDADE DE VEHÍCULOS E PEÓNS POR ESTAS VÍAS Todas as obras que se solicitan na moción ao Concello, segundo precisou Fernández Vázquez, son “precisas para mellorar a seguridade vial, tanto para o tráfico rodado como para o peonil”. •


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

SOSTIBILIDADE A Reserva de biosfera Ribeira sacra e Serras do Oribio e Courel opta a 1,5 millóns de euros para poñer en valor o seu patrimonio natural

Francos de Proendos en Sober nova aldea modelo de Galicia

Núcleo de Proendos, no que se están a levar a cabo traballos de prospeción. Foto C.Sober..

A directora xeral de Patrimonio Natural durante a sua intervención en Fitur na presentación ‘Ribeira Sacra, agora si, destino Reserva de Biosfera’. GCXG

• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia quere reforzar a súa aposta pola promoción económica e turística e o desenvolvemento sostible da Ribeira Sacra logo da súa recente declaración como reserva de biosfera, un obxectivo ao que destinará nos dous próximos anos un investimento de ata 1,5 millóns de euros para actuacións que contribúan á posta en valor do seu patrimonio natural. O compromiso do Goberno

galego con este territorio de gran riqueza e que se estende entre as provincias de Lugo e Ourense foi unha das ideas que destacou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, na presentación Ribeira Sacra, agora si, destino Reserva de Biosfera no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur). O incalculable valor patrimonial e turístico e a colaboración de moitos e moi diversos actores públicos e privados,

culminouse coa declaración en setembro do ano pasado da Reserva de Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. Este recoñecemento por parte da Unesco súmase ás outras figuras de protección a nivel nacional e internacional das que xa gozaba un territorio que forma parte xa da Rede Natura 2000 e o único Xeoparque Mundial declarado ata o momento en Galicia, o de Montañas do Courel.•

• Redacción- MONFORTE. A Consellería do Medio Rural vén de declarar o núcleo de Francos de Proendos no concello de Sober como nova aldea modelo de Galicia. Acádanse así as 17 aldeas con estas características na comunidade galega. Trátase dunha iniciativa da Xunta e do Concello co obxectivo de recuperar as terras en estado de abandono ou infrautilización na contorna das aldeas, para así contribuír á súa posta en valor fixando poboación e mellorando a calidade de vida nesas zonas, ao tempo que se reforza a prevención dos lumes na proximidade das vivendas.

Concretamente, a aldea modelo de Francos de Proendos, en Sober, abranguerá unha superficie de 16,81 hectáreas deste núcleo de poboación, actuando en arredor de 119 parcelas de 70 propietarios. Realizaranse traballos de limpeza e recuperación en todas as parcelas incluídas para poñelas a producir mediante a actuación da AGADER en colaboración cos agricultores, gandeiros ou silvicultores interesados no seu aproveitamento. Os terreos recuperados serán incorporados ao Banco de Terras de Galicia, de maneira que as persoas titulares reciban unha compensación económica anual.•

O TEMPO

O Sur de Lugo en alerta amarela polas baixas temperaturas • Redacción- MONFORTE. Non é nada novo na nosa comarca, a néboa e as baixas temperaturas son habituais nestas datas, por iso non adoitan destacarse como noticia, con todo esta semana a axencia Meteorolóxica de Galicia, MeteoGalicia, tiña activada a alerta amarela para a noite do luns por temperaturas moi baixas na zona sur de Lugo que entre a medianoite e as nove da mañá poidesen alcanzar valores que incluso puideran descender por debaixo dos seis graos baixo cero, o que de feito ocorreu en moitos lugares da comar-

ca. Monforte rexistrou unha mínima de -7º, a estación que MeteoGalicia ten na Conchada en Quiroga rexistrou unha temperatura de -4’67 º, Sarria temén se acercou aos -7º e Chantada chegou ós -2º. O frío no só se reflexa no termómetro, se non tamén nas paisaxes xeadas coas que nos atopamos estes días e que sobre todo afectan a circulación naquelas zonas máis sombrizas, polo que nalgúns puntos dos municipios da comarca tiveron que votar sal. E como prevían en Xogo de Tronos, chegou o inverno, e aínda queda. •

Monforte un día de néboa e xeada. Foto PILI CHAOS.


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 17

CULTURA Esgrafiado estilo gallego. Las claves de su descubrimiento Mar LÓPEZ SOTELO Investigadora y divulgadora cultural

• El término Esgrafiado Estilo Gallego quedó acuñado en el libro López Sotelo, M. (2021) Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago. Obras de Arte y Simbolismo en las paredes, Lugo: Agrasar Editores, y registrado junto con las fotografías en julio de 2021 en Santiago de Compostela. Años de investigación dentro del proyecto “ La Influencia del comportamiento humano en el patrimonio cultural gallego” me llevó a descubrir un tipo de decoración en las fachadas de prácticamente todo tipo de edificaciones, tanto civiles como religiosas del rural de Galicia, en las que se realizaban unos diseños que en ocasiones me recordaban los observados en el arte parietal o rupestre, con diseños rudimentarios de animales, figuras antropomorfas, escenas de caza, figuras vegetales o símbolos concéntricos, entre otros. ¿Pero qué fue lo que me llevó a descubrir y determinar la existencia de un estilo de esgrafiado propio gallego? La observación y descripción detallada y minuciosa de los elementos más característicos y representativos de las decoraciones esgrafiadas se mostraron como uno de los elementos distintivos en comparación con el resto de estilos estudiados, donde aprecié la

existencia de notables diferencias culturales y tradicionales reflejados, no sólo en los diseños decorativos dependiendo de la zona donde se localicen, sino que también de la influencia que haya recibido de otros estilos artísticos, haciendo de cada uno de ellos un estilo único. Pero realmente fue la visión antropológica basada en el Materialismo Cultural, la que me permitió determinar la existencia de un estilo gallego en las edificaciones donde se encontraban dichos diseños, donde los canteros realizaban sus trabajos centrándose en el naturalismo y la imitación de la naturaleza con una clara influencia heredada del arte decorativo parietal en su diseño y simbología. La visión antropológica me permitió ofrecer distintas explicaciones sobre la conducta social, y responder a las preguntas de cómo y por qué se habían realizado las decoraciones esgrafiadas en determinadas zonas geográficas, así y no de otra manera. Aunque cada uno de los estilos de esgrafiados que investigué hagan uso de los mismos materiales (agua, arena y cal), utilicen la misma técnica, repitan o copien diseños y se distribuyan en los paramentos de formas similares, podemos apreciar la impronta y las influencias recibidas del maestro esgrafiador según la zona donde este realice su trabajo. En el Estilo Gallego recientemente descubierto, los esgrafiadores realizaban estos trabajos principalmente en la Ribeira Sacra y el Camino de

Cuence- Gonta (Palas de Rei). (Foto: MAR LÓPEZ SOTELO)

Ouriz - Cicillón (Taboada). (Foto: MAR LÓPEZ SOTELO) La autora del libro “Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago. Obras de Arte y Simbolismo en las paredes”, en la librería Agrasar. (Foto cedida: MLS)

Santiago, dando mucha importancia a la decoración de construcciones civiles del rural como pazos, casas grandes, casas labriegas, alpendres, hórreos, palomares, muros, bodegas, etc., y en construcciones religiosas como monasterios, iglesias y pequeñas capillas. El Estilo Mudéjar, conocido también como estilo HispanoMusulmán, se encuentra entre el estilo islámico y cristiano y no es unitario, su arte posee peculiaridades de la región donde se ubican y en los elementos arquitectónicos, decorándose grandes edificaciones como palacios, alcázares y castillos. El Estilo Neomudéjar es un estilo propiamente hispánico del siglo XIX y XX , además de ser una arquitectura historicista y asociada a construcciones de ocio como casinos, plazas de toros, estaciones de tren, etc. El Estilo Segoviano recibe el nombre de la ciudad de Segovia, donde existe mayor concentración del mismo. En el siglo XIX se publicó un bando en el que recomendaba su utilización en fachadas de enlucidos y revestimientos de muros.

En el Estilo Catalán se desarrolló con el auge de la burguesía catalana para decorar y dignificar sus viviendas, con la rehabilitación de las fachadas del casco histórico de Barcelona, haciendo uso de una decoración geométrica y de cenefas. Los estudios etnográficos tuvieron como objetivo principal facilitarme el trabajo activo en la búsqueda de documentación etnográfica que tanto a los educadores sociales como a los antropólogos nos permite introducirnos en un estilo de investigación que representa históricamente a estos colectivos y con la aplicación de la etnografía en los procesos educativos y de socialización que culminaron con el descubrimiento científico de un estilo gallego de esgrafiar. Así fue que desde la presentación del libro en el Instituto Europeo Campus Stellae en julio de 2021 y la inauguración de la exposición fotográfica realizada ex profeso en su Galería de Arte, con el apoyo del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia y la Asociación para la Defensa del Patrimonio Cultural Gallego, los logros más

importantes obtenidos al dar a conocer el descubrimiento del término Esgrafiado Estilo gallego fueron: •Su inclusión en el Archivo Histórico Provincial de Lugo, en la Real Academia de las Bellas Artes de Galicia, Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, en la Escuela Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos. •Se puedan observar en Museos, como el Etnográfico Liste de Vigo, Etnológico de Ribadavia y Museo da Terra de Melide y en la Galería de Arte del Instituto Europeo Campus Stellae donde se encuentra la Exposición Permanente “Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago”. •Se imparte formación sobre el tema en centros educativos, como IES A Pinguela de Monforte de Lemos o el IES Monte Castelo en Burela, en sus bachilleratos de arte, el Instituto Europeo Campus Stellae o el Ceip O Toural de Vilaboa. •También son varias las bibliotecas donde se puede consultar, como la Municipal de Mondoñedo, Universidad de Santiago de Compostela o la Municipal de Castro Caldelas. •Se dio a conocer en centros culturales como el Círculo Saviñao del ayuntamiento del mismo nombre, en el Ateneo Casino de Monforte de Lemos o el Casino de Ourense, donde se realizaron sendas presentaciones y conferencias sobre dicho descubrimiento. Todo ello facilitó que a los tres meses de la presentación del libro, dimos por finalizada la primera edición y se llevó a cabo una reedición mejorada del mismo, de la que ya quedan pocos ejemplares. Nuevas localizaciones me están permitiendo que sigan activas las investigaciones que llevo a cabo a través del Instituto Europeo Campus Stellae, proporcionándome nuevas informaciones y conocimientos sobre este elemento decorativo recientemente descubierto, con el objetivo de preparar la segunda edición que esperamos vea la luz este año. Para más información, puede consultarse el enlace: https:// redribeirasacra.blogspot. com/•


18 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

O pulso da Comarca A Ribeira Sacra aposta polo vehículo eléctrico co Plan de Mobilidade Sostible

Ribas de Sil, berce dos ensaios da comedia “Hotel Europa” da compañía Señora Supina

A obra “Hotel Europa” estrearase no Auditorio Municipal de Vigo o 18 de febreiro. (Foto cedida: Compañía Señora Supina).

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, na presentación en Sober do Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra. GPXG.

• Redacción- MONFORTE. Sober acolleu este mes a presentación do Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra, que amosa o compromiso deste territorio co vehículo eléctrico. Así o anunciou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, logo de cualificar á Ribeira Sacra como abandeirada da mobilidade eléctrica e sustentable. UN PLAN QUE APOIA Á RIBEIRA SACRA PARA SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE Conde precisou que este plan contribúe a acrecentar as calidades medioam-

bientais e paisaxísticas desta paraxe natural, sobre todo de cara á obtención da categoría de Patrimonio da Humanidade. Neste sentido, Francisco Conde salientou “o orgullo que para todos significa estar traballando dende a Ribeira Sacra no impulso dunha Galicia máis sustentable e comprometida coas enerxías renovables”. ELECTRIFICAR O AUTOBÚS E O CATAMARÁN TURÍSTICOS O conselleiro avanzou as claves do Plan de Mobilidade Sostible, que busca electrificar o transporte colectivo, tanto o autobús

como o catamarán, que dá servizo ás dúas marxes do río e conecta os principais puntos de interese turístico. Con esta finalidade, realizaranse obras nos pantaláns para instalar puntos de recarga que atendan as necesidades dos autobuses lanzadeiras e dos propios catamaráns. Conde agradeceu ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra a súa iniciativa e espírito de colaboración coa Xunta, organismo que apoia tanto a compra dun vehículo híbrido enchufable como a elaboración do Proxecto Fluvial-Eléctrico, axudando para que poida optar ás axudas do programa Moves do Goberno.•

• Redacción- MONFORTE. A compañía teatral Señora Supina escolleu Ribas de Sil para traballar os ensaios da comedia “Hotel Europa”, que se estreará no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro 18 de febreiro. O APOIO DO CONCELLO DE RIBAS DE SIL, “FUNDAMENTAL” PARA LEVAR ADIANTE ESTE PROXECTO O motivo desta decisión foi fuxir da sexta vaga da covid-19, “e facer burbulla nunha vila do rural para que o virus non nos paralizase o proxecto”, explicou Javier Lojo, director desta proposta escénica. Para levar a cabo a idea, Lojo destacou “o apoio do Concello de Ribas de Sil, que foi fundamental para nós”.

REFLEXIÓN IRÓNICA E DIVERTIDA SOBRE A PERDA DE IDENTIDADE NAS VILAS GALEGAS ACTUAIS A obra, escrita por Ernesto Is e dirixida por Javier Lojo, é unha comedia áxil e divertida que busca reflexionar sobre os procesos de transformación e perda da identidade que están a sufrir as vilas galegas nos últimos anos. CATRO ACTRICES PARA DAR VIDA A 15 PERSONAXES O plantel de actrices está composto por Raquel Crespo, Nola Drake, Raquel Ferraz e Alba Outeda, que darán vida a unha morea de peculiares personaxes, ata quince, que se moven dentro dunha obra moi na liña dos sitcoms televisivos.•

Mellora dos montes en Folgoso cun investimento autonómico de 80.000 euros • Redacción- MONFORTE. A Xunta destinou preto de 80.000 euros en varias actuacións de prevención de lumes en montes de xestión pública localizados no municipio de Folgoso do Courel. O balance foi realizado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, despois de supervisar algunha destas

obras durante a visita a este concello o pasado 14 de xaneiro. As obras realizadas abranguen unha superficie total de 84,8 hectáreas, situadas nas parroquias de San Silvestre, San Vicente, Santa María e San Xoán. Rodríguez, que estivo acompañado pola alcaldesa de Folgoso, Lola Castro,

precisou que os traballos consistiron na creación e mellora de cortalumes, o mantemento de infraestruturas preventivas, como pistas forestais, mediante a colocación de pasos de auga, a creación de novas vías e mellora das existentes.Tamén se melloraron as pistas forestais, os puntos de auga e as devasas.•


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 19

ENTROIDO

INICIATIVAS

Monforte recupera o Entroido, que non se celebrou en 2021 por culpa da pandemia da Covid-19

Conde e o Alcalde de Pantón impulsan a cooperación institucional

O vicepresidente económico Francisco Conde co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. GCXG.

Logo de que o pasado ano 2021 non se puidera celebrar o Entroido por mor da pandemia da Covid-19, o Concello recupera esta festividade. Foto ENCOMÚN ARQUIVO..

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte ven de aprobar as bases que van regular as actividades do Entroido deste ano 2022, un certame que non puido ser celebrado en 2021 por mor da pandemia da Covid-19, e que o Equipo de Goberno recupera, sempre que as condicións sanitarias permitan finalmente a súa celebración. O primeiro dos eventos festivos programados para o Entroido monfortino é o tradicional concurso do Xoves de Compadres, que se vai celebrar o 17 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 24 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá o no menos imprescindible Xoves de Comadres. Finalmente, o Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 1 de

marzo. Tanto para o concurso do Xoves de Compadres como para o de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España. O prazo para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres rematará o 16 de febreiro ás 14 horas. No caso do Xoves de Comadres, xa está tamén o prazo aberto e o último día para inscribirse é o 23 de febreiro ata as 14 horas. O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 1 de marzo. Xa está aberto o prazo de inscrición no desfile de comparsas e disfraces, e o

derradeiro día para poder inscribirse neste concurso, é o 24 de febreiro ata as 14 horas. O Concello establece dúas modalidade: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade. O primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros. Por outra parte, haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade. O desfile de comparsas e disfraces comezará o 1 de marzo ás 17:00 h na praza da Estación.•

• Redacción- MONFORTE. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo recentemente un encontro -celebrado en Santiago de Compostela- co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, no que ambos os dous puxeron de manifesto a importancia da cooperación institucional para impulsar o tecido empresarial e avaliaron novas vías de colaboración para seguir potenciando o emprendemento e os novos investimentos no municipio lucense. VENTAXAS PARA OS CONCELLOS EMPRENDEDORES Neste sentido, desde 2009 a Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoiou ao Concello, empresas e veciños de Pantón con axudas por máis dun millón de euros, que permitiron mobilizar 2,5 millóns en eidos como o impulso ao sector comercial e á industria forestal, o apoio ás pemes ou no ámbito da mellora da subministración eléc-

trica e a eficiencia enerxética. Neste sentido, no marco deste espírito de cooperación institucional, a Xunta ten posto tamén en marcha outras iniciativas ás que Pantón se pode adherir. É o caso das vantaxes coas que contan os Concellos Emprendedores, unha figura creada polo Goberno autonómico coa colaboración da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Ser Concello Emprendedor implica que colaboran coa Administración galega na captación de novos investimentos para Galicia, contribuíndo a alcanzar tres grandes retos: máis simplificación administrativa, máis facilidades de acceso a solo industrial, e máis incentivos fiscais. A cambio, os Concellos Emprendedores teñen prioridade en convocatorias de ordes de axudas da Xunta de Galicia dirixidas, por exemplo, á mellora dos parques empresariais, a posta en marcha de viveiros industriais ou o impulso da biomasa. Deste xeito, contribúese tamén á creación de emprego.•


20 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022

CULTURA

A Deputación de Lugo expón na súa web as imaxes do VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera • Redacción- MONFORTE. As instantáneas admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera. A mostra pódese visitar no seguinte enlace: https:// www.deputacionlugo.gal/ gl/temas/medioambiente/ concursofotografiaRRBB/ VIIexposicion. Entre as fotografías atópanse as tres vencedoras desta edición: Camiño Primitivo, de Lina Iglesias; Lagoa de Cospeito, Germán Limeres López, e Cores de inverno na senda dos muíños, de Manuel María Balbas Naveira. •

Fotografía gañadora desta edición do Concurso de fotografía “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”: Camiño Primitivo, de Lina Iglesias

Cinema galego en Chantada, Sarria e A Pobra do Brollón • Redacción- MONFORTE. A Área de Cultura da Deputación de Lugo xunto á Academia Galega do Audiovisual ven de presentar un ciclo de cinema galego que chegará a Chantada, Sarria e A Pobra do Brollón. As tres localidades do sur de Lugo acollerán proxeccións das oito longametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categoría de ficción e documental. A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, valorou a continuidade desta colaboración que "contribuirá á difusión e ao recoñecemento do cine feito no país", achegando o cinema a localidades que non dispoñen de salas comerciais. A deputada de Cultura estivo acompañada polo guionista lucense e vicepresi-

dente da AGA, Pepe Coira, así como representantes de concellos e asociacións que colaboran no ciclo, entre eles o alcalde do Concello A Pobra Do Brollón , Xose Lois Maceda; Luis Díaz e José López do Cineclube Leslie Nielsen de Sarria, tamén colabora Airoá Comunicación de Chantada. Fernando Alfonsín, en nome da Academia Galega do Audiovisual, agradeceu o apoio da institución provincial e a súa colaboración para "abrir os Premios Mestre Mateo ao público e darlle vida levándoos por todo o territorio galego". Aínda descoñécense as datas exactas para as proxeccións dun ciclo que comezará o 26 de marzo e finalizará en decembro. Serán de acceso gratuíto. •


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 21

DEPORTE

ATLETISMO: A edición número XII da Carreira Popular de Monforte celebrarase o domingo 3 de abril • Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2022, e tal como ven de anunciar o Alcalde, José Tomé Roca, será o domingo 3 de abril. Tratase da edición número XII deste xa tradicional evento, logo de que a pandemia do COVID-19 obrigara a suspender a edición do ano 2020, a una semana da súa celebración, e non permitira a súa organización no ano 2021. Neste senso, o rexedor monfortino subliñou que “se as circunstancias sanitarias nolo permiten, celebrarémola co obxectivo de ir recuperando a normalidade no calendario de actividades anuais do Concello, despois do parón a consecuencia da pandemia da COVID-19”. O evento, organizado polo Concello a través da Concellería de Deportes, con-

tará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias. Tendo en conta a situación sanitaria actua, deseñerase un protocolo ante o coronavirus para que o evento sexa totalmente seguro, tanto para as persoas participantes como para o público asistente, tendo en conta tanto a normativa sanitaria vixente en cada momento, como o protocolo específico para probas atléticas. “Nos vindeiros días, iremos informando sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o Alcalde.•

Imaxe da saida duna edición anterior da Carreira popular de Monforte. Foto Arquivo..

Unha lembranza de cando o fútbol sala enchía a pista da compañía nos torneos das festas patronais • Por Gonzalo L. Torres. Hoxe nun dos caixóns do meu escritorio atopei unha foto vella, do Petapouco, equipo de fútbol sala no que xogaba de porteiro fai case corenta anos. Recordo que entón todo o deporte era moito menos organizado que agora. Os equipos faciámolos os propios xogadores, non os pais, non había adestramentos, aínda se xogaba espontaneamente na rúa. . Lembro a rivalidade que mantiñamos por ser os mellores en categorías inferiores fronte a equipos como o Pioucas. Habitualmente os torneos gañabámolos nós ou eles, co permiso do Viveiro ou o equipo de Carud. Mesmo lembro unha vez enfadarme cos meus compañeiros, e xogar o torneo de San José no Viveiro co noso rival, o Pioucas, porque Guntiñas, o seu porteiro non podía asistir. Gañamos na final na quenda de penaltis ao meu equipo de sempre, parándolles eu un par deles. Disfrutei, pero eran os meus amigos, e o enfado pasou

e volvín ao Petapouco para seguir competindo e gañando torneos. Vestiamos de verde e branco, coas camisetas que nos prestaba o Arboleda, equipo de fútbol de Ramberde que tiña a súa sede no Rapetas. Tiñamos equipos en todas as categorías, desde alevíns a xuvenís, e levabámolos os maiores, que apenas tiñamos quince ou dezaseis anos. As finais do Torneo das Festas eran o máximo, xogábanse de noite na Pista da Compañía, que se abarrotaba para ver uns partidos que eu lembro apaixonantes. Tamén xogamos sendo aínda cadetes, un maratón, e tocounos enfrontarnos, non recordo se ao Mesón JM ou Holiday, era o mellor equipo senior da comarca, no que xogaba Meji, un xogador fantástico. E adiantámonos e competimos con eles aínda que terminamos perdendo a pouco do final. Doume conta que non había móbiles entón,. Non hai vídeos, e poucas fotos. Quizá fosen tempos mellores. Ou non. •

O equipo do Petapouco. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Manolo, Kiko, Vicente, Casar, Gonzalo, Jijí, Tabi, Luís Vicente y Peixe. FOTO EnComún..


22 • EC // Nº 358 Xaneiro 2022 ●●●[cultura - música - provincia]

●●●[educación- monforte]

XA SE PODEN ESCOITAR OS POEMAS MUSICADOS DO PROXECTO “MULLERES NA MEMORIA”

ESTUDANTES DA PINGUELA VISITAN O PARLAMENTO DE GALICIA

• Redacción - MONFORTE.

Xa están dispoñibles para escoita os poemas musicados do proxecto “Mulleres na memoria”, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración da área de Cultura da USC, en memoria das mulleres represaliadas e asasinadas polo franquismo. Abrigueiro Estudios encargouse da produción e gravación dos temas, con letras do poemario de Claudio Rodríguez Fer “Ámote Vermella” (Xerais, 2009) musicadas e interpretadas por bandas e músicos lucenses. As pezas presentáronse nun concerto o pasado mes de outubro na Casa do Saber e agora difúndense a través das plataformas dixitais. A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, destaca a “selección dos poemas e a calidade sobresaínte da musicación, que dá sentido á proposta realizada aos grupos e que pon en valor o talento que temos na provincia”. Agradece “o compromiso dos artistas coa memoria histórica desde unha perspectiva de xénero máis necesaria que nunca, visibilizando unha realidade agochada e esquecida por un relato distorsionado da nosa historia”. O grupo Hit the Beat puxo música ao poema “A Juana Capdevielle”, bibliotecaria asasinada no 36 en Rábade. “Un tranvía chamado Urania”, con música de Olalla Caamaño. “Mulleres libres no monte”, musicado por Iria Estévez e Gonzalo Piña. “E aínda lle chaman comunista”, con música do grupo Los Zorros, en memoria de Con-

• Redacción - MONFORTE. Alumnado de 1º curso dos ciclos de Administración e Finanzas dual e ordinario e Xestión Administrativa do

IES A Pinguela ven de visitar o Parlamento Galego e a empresa láctea CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas: Clesa, Únicla e Feiraco). •

●●●[sustentabilidade- galicia] O XACOBEO, PREMIO AIRE LIBRE Á MELLOR INICIATIVA COMPROMETIDA COA SUSTENTABILIDADE

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o recoñecemento. GCXG; suelo Alonso, vendedora de xornais en Monforte de Lemos fusilada no 38. “As tres mapoulas de Montecubeiro”, da cantautora folk Paloma Suanzes, poema escrito en memoria da traballadora Virxinia Meilán Varela e das mozas Carmen Sarille Lenceiro e Manuela Graña Rico, asasinadas en Montecubeiro, en Castroverde, en agosto do

37. As cancións con versos de Carlos Rodríguez Fer súmase o tema “Meu amor”, gravado de novo tras publicarse por primeira vez no cd “Músicas na memoria” (2007) incluído o proxecto Nomes e Voces. Trátase dun tema con letra baseada na correspondencia entre os pais da poeta Luz Pozo Garza e con música de Carlos Díaz.•

• Redacción - MONFORTE.

A celebración do Xacobeo 21-22 ven de recibir o recoñecemento da revista especializada Aire Libre como iniciativa sostible destacada no marco da VI edición de Recoñecementos Comprometidos co Turismo Sostible, uns galardóns outorgados a persoas, empresas e entidades

comprometidas co turismo e o medio ambiente. No caso do Xacobeo, a revista recoñece que o seu valor por ser “o camiño máis universal e a máxima expresión da sostibilidade no seu ámbito social e e cultural”. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o recoñecemento.•

●●●[música - iniciativas - ribeira sacra] A SEXTA EDICIÓN DO 17º RIBEIRA SACRA FESTIVAL CELEBRARASE DO 29 AO 31 DE XULLO DE 2022 • Redacción - MONFORTE. A sexta edición de 17° Ribeira Sacra Festival ultima preparativos para volver cunha proposta adaptada a unha edición cun programa formado por máis artistas de gran calidade, novos escenarios e actividades vinculadas ao patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra. Desde o venres 29 ata o domingo 31 de xullo, diferentes localizacións da Ribeira Sacra acollerán a

sexta edición do recoñecido Mellor festival de pequeno formato de España en 2020 e que novamente está nomeado en catro categorías dos Iberian Festival Awards, os galardóns que recoñecen aos mellores festivais da península ibérica. Ao longo dunha fin de semana, música, viño, gastronomía e patrimonio convivirán nun marco natural de excepción como é a Ribeira Sacra.•


EC // Nº 358 Xaneiro 2022 • 23

En aberto Xa está aberto o prazo de inscrición para a segunda tempada do Coñece a túa provincia • R.- MONFORTE. A Deputación de Lugo manterá aberto ata o día 1 de febreiro, o prazo de presentación de inscricións para participar na segunda edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia, unha iniciativa que a institución decidiu renovar tras a gran acollida da primeira edición. Ofrécense ata 37 intinerarios a elexir, entre eles 10 rutas son pola Ribeira Sacra, permitindo visitar concellos como Monforte de Lemos, Portomarín, Sober ou A Pobra do Brollón, entre outros. Tamén se visitarán algunhas das igrexas incluídas na Ruta Transrománica. Outros 8 itinerarios pasan pola zona de Ancares-Courel, e achegarán aos participantes ás Terras de Burón e ó Camiño Francés na comarca de Sarria. As rutas restantes achegan á Mariña e ás comarcad de Lugo e a Terra Chá.•

Sober presenta a mostra "Express-Arte. 15 Visións" • R.- MONFORTE. A mostra fotográfica "Express-Arte. 15 Visións", poderá verse na Casa da Cultura de Sober ata o 6 de febreiro. Está composta por quince fotografías realizadas dende un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses, fomentando o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego, e desenvolver as súas capacidades e potencialidades.•

Monforte presenta a súa programación teatral para o primeiro semestre de 2022

O Presidente da Deputación de Lugo na presentación do programa Coñece a túa provincia. GCDL..

• R.- MONFORTE. O Concello de Monforte ven de presentar a súa programación de teatro para o primeiro semestre do ano. As sete obras, representaranse no no Edificio Multiusos, en horario de 20:15 horas as dirixidas a público adulto e ás 18 horas as dirixidas a público infantil e familiar, e contarán cun protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19. O prezo das entradas será de 5 euros, sendo para nenos, estudantes, desempregados e xubilados de 3 euros. O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias

para garantir a súa seguridade ante a Covid-19. PROGRAMACIÓN PÚBLICO ADULTO • Libre como os paxaros de Teatro do Atlántico, o xoves 10 de xaneiro. • A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria, o xoves 10 de marzo. • Cigarreiras da compañía Contraproducións, o xoves 24 de marzo. • Tabú da compañía Tarabela Creativa, o xoves 7 de abril. • As que limpan da compañía A Panadería, o xoves 19 de maio. PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR • Saga de Flin Havardr, da compañía Trécola Monicreques, o xoves 31 de marzo. • Quixote, da compañía Pedras de Cartón, o xoves 28 de abril.•


24• EC // Nº 358 Xaneiro 2022

PROTAGONISTAS●●● ●●● Pili Chaos gaña o V certame FOTOXÉNICA-MENTE coa fotografía titulada “Como tú”

Foto superior esquerda, “Como tú” de Pili Chaos. Foto inferior esquerda “Soga e Vida” de Juan Rodríguez Bas e foto superior dereita ““Espiñas para alcanzar os pétalos” de Óscar Santos Vázquez

• Redacción- MONFORTE. Un ano máis e xa van cinco edicións, tivo lugar o fallo do concurso de fotografía organizado pola Asociación Albores Saude Mental, cun notable éxito tanto polo número como pola calidade das fotografías presentadas. E a gañadora cun premio de 200 € máis diploma foi para Pili Chaos coa fotografía “Como tú”. Daquela, a fotógrafa monfortina volve a gañar un concurso que xa obtivera na pasada edición, entón ca obra “Fluir”. O segundo premio, de 75€ máis diploma fori para o traballo de Juan

Rodríguez Bas titulado “Soga e Vida”. O terceiro premio foi o obtido pola fotografía “Espiñas para alcanzar os pétalos” de Oscar Santos Vázquez. Ademáis dos traballos premiados, foron seleccionadas outras fotografías, coas que a Asociación Albores levará a cabo unha exposición itinerante. Parabéns para a organización, para todos os participantes e premiados, e especialmente para Pili Chaos, un luxo de colaboradora do noso medio, que se supera cada días cos seus traballos detrás da cámara.•


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.