EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 360, 2ª Quincena Febreiro 2022

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 17 - nº 360

2ª Quincena Febreiro 2022

Protagonistas Zeltia Montes Goya á mellor música orixinal e Chechu Salgado, Goya ao mellor actor revelación

Quincenal comarcal gratuíto

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica do Sur de Lugo

Sentenza favorable ao Concello no caso Aqualia Ademais, o Concello tamén vén de recibir unha resolución positiva pola rescisión da obra do novo Parque do Hospital MONFORTE

P.4

Foto MONTERO

NOVAS

Homenaxe do BNG á militancia nacionalista histórica CULTURA P.18

Política Local

P.9

José Tomé, Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo

ARRINCA O ENTROIDO Tras dous anos suspendidos comezan as festas cos tradicionais Xoves de Compadres e Comadres

Opinión Turismo e Viño non poden ser a única saida Gonzalo L. Torres

Entrambasaugas A presenza frustrada de Rosalía de Castro en Chantada Xosé Lois García


2• EC // Nº 360 Febreiro 2022

AXUDAS que teñen impacto sobre a poboación e o territorio como poden ser a vivenda, os servizos públicos e o impulso a actividade empresarial.

Nova liña de axudas para fomentar o acceso á vivenda de mozos e mozas

• Ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes

• Redacción. MONFORTE A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou nunha reunión mantida no concello de Ribas de Sil, a alcaldes e responsables municipais das comarcas de Lemos e Quiroga da nova liña de axudas creada polo Goberno para fomentar o acceso á vivenda a mozos e mozas nos concellos que teñen unha poboación inferior a 10.000 habitantes. No acto estiveron presentes os alcaldes de Ribas de Sil, Pantón, Sober, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Bóveda e O Saviñao e co concelleiro de Xuventude de Quiroga. Isabel Rodríguez explicoulles que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e A Xunta ven de informar aos concellos galegos que proximamente terán á súa disposición dous programas de participación directa das entidades locais, cun orzamento total de 39 millóns de euros de fondos europeos, para facilitar traballos de construcción e rehabilitación de vivenda pública sostible e eficiente. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remitiu unha carta aos 313 alcaldes e alcadesas galegos, na que lles avanza que nas vindeiras semanas se publicará a convocatoria de 2022 de dúas liñas de axuda e lles traslada a dispoñibilidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo para aclarar as posibles dúbidas.

EnComún Depósito Legal: LU 150-06 Cartas al Director: lectores@encomun.es

Axenda Urbana creou este programa de subvencións co dobre obxectivo de facilitar o acceso á vivenda da xente nova ao tempo que trata de axudar a atraer poboación aos concellos con menos habitantes. AXUDAS PARA MOZOS E MOZAS DE 18 A 35 ANOS O Goberno concederá unha axuda de ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta subvención tamén se estende á mocidade que opte polo alugueiro no lugar de comprar vivenda. Os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos. No caso dos conce-

A subdelegada reuniuse cos alcaldes de Ribas de Sil, Pantón, Sober, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Bóveda e O Saviñao e co concelleiro de Xuventude de Quiroga. Foto GPSGL..

llos de Lemos e Quiroga, agás Monforte de Lemos que supera os 10.000 habitantes, son arredor de 2.000 mozos maiores de 18 anos e menores de 35 os que se poden acoller a este novo programa de axudas. APOSTA POLA VIDA NOS PEQUENOS CONCELLOS A subdelegada destacou que este programa “facilitará que a mocidade opte polas vilas e os pequenos municipios á hora de iniciar o seu proxecto de vida” e destacou o impacto que pode

ter esta medida na nosa provincia na que “61 dos 67 concellos entran dentro desta categoría de poboación”. RETO DEMOGRÁFICO Isabel Rodríguez incidiu en que o obxectivo que se fixa o Goberno con estas novas axudas é axudar a asentar poboación nova nos pequenos concellos para frear o seu declive. Lembrou que o reto demográfico é una política transversal do Goberno de España, que se reflicte naqueles programas e medidas

• Incentivos de ata 50.000 € por inmoble para a construción de vivenda en alugueiro social, e de 25.000 € por obra para a rehabilitación a nivel de barrio

Chegan fondos europeos para unha vivenda pública sostible e eficiente

Concretamente, o programa de construción de vivendas de alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, prevé axudas de 700 euros por m2 útil —e ata un máximo de 50.000 euros por vivenda— que poden ser atractivas para crear, incrementar ou mellorar o parque público de vivenda en

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

• Redacción. MONFORTE alugueiro de titularidade municipal. Estes incentivos, con 8,1 millóns de euros para os concellos —e o mesmo orzamento para as empresas públicoprivadas—, permiten construír novos inmobles ou rehabilitar

Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

os existentes, sempre que manteñan o réxime de alugueiro por un mínimo de 50 anos. O segundo dos programas, con 22,9 millóns de euros, é o de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel barrio, que permitirá subvencionar obras conxuntas de recuperación en edificios residenciais, así como

@Ineditor https://issuu.com/gltecmon https://www.youtube. com/channel/UCbOsQ1idtVPAooOhhXFFfQ

AXUDAS PARA COMPRA E ALUGUER O Programa de axuda ás persoas mozas para contribuir ao reto demográfico é un dos trece programas que forman parte do novo Plan estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025, aprobado polo Goberno. O obxectivo deste programa é atraer xente moza aos concellos máis pequenos, facilitando o asentamento de poboación nestes territorios. Para isto contémplanse dúas axudas: - Unha axuda á compra de vivenda, de ata 10.800 euros ou ata o 20% do total de prezo da vivenda. O prezo da vivenda non deberá ser superior a 120.000 euros. -Unha axuda ao alugueiro por cinco anos. Será una axuda mensual que cubrirá ata o 60% da renda mensual, ata un máximo de 360 euros. Esta axuda será compatible co bono de alugueiro xove de forma que pode cubrir ata o 75% do custe do alugueiro. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, dispón dos fondos nas partidas orzamentarias deste ano que serán transferidos á Xunta, que ocuparase da convocatoria das axudas.• de mellora e urbanización de espazos públicos dentro das novas contornas residenciais de rehabilitación programada, que deberán ser declaradas pola Xunta ou os polas propias entidades locais. Neste caso, os incentivos poderán chegar ata máis de 25.000 € por vivenda. Así mesmo, cómpre lembrar que as actuacións en áreas de rehabilitación integral (ARI) e áreas Rexurbe poderán financiarse tamén a través desta liña, grazas ás xestións realizadas polo Goberno galego. Así, a Xunta anima aos concellos a presentar solicitudes a estes programas e acceder aos recursos públicos que teñen por obxectivo facilitar o acceso a un fogar aos galegos.•

Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 3

TURISMO Opinión

O tempo pasa moi rápido. O xornal EnComún estamos a piques de cumprir 18 anos, aínda que parece que foi onte cando Turismo e Viño emprendemos esta aventura persoal e temeE repasando a nosa hemeroteca, había non poden ser raria. nos primeiros números unha preocupación evidente polo futuro da comarca. Facíamoa única saida nos eco dun desasosego na sociedade, un desánimo, unha falta de expectativas e esperanzas, que facía que nos mozos fose crecendo un desexo irrefreable de abandonar a súa terra pola falta de horizonte e oportunidades. E tratabamos de combatelo, lembrando que as oportunidades non chegan, hai que crealas. Como digo case pasaron 18 anos, e moitas cousas cambiaron, pero non todas no camiño desexado, e hoxe seguimos vendo nas novas xeracións as mesmas ansias de fuxida que entón, senón máis. Por aquel Por Gonzalo L. Torres ano, acabábase de crear o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, coa idea de coordiEditor de EnComún nar as accións das distintas administracións e entidades implicadas na promoción do turismo. Sen dúbida sóubose ver un camiño proveitoso, en certo xeito, ao rebufo da

prosperidade que estaba a asomar no mundo do viño, da man de viticultores e adegas do CRDO. Sen dúbida a creación do Consorcio foi todo un acerto, actualmente a Ribeira Sacra é unha referencia no turismo rural e de interior en Galicia. O balance é positivo, sen dúbida. Tamén é destacable, o traballo na mellora e posicionamento dos viños da Ribeira Sacra. Turismo e Viño, foron apostas que sen dúbida evolucionaron correctamente durante estes últimos case 18 anos. Ambos son bos exemplos do que demandabamos naqueles primeiros números de EnComún. Pero estes logros non serviron para frear o despoboamento da comarca, nin para substituír a capacidade de creación de riqueza que tíñamos en tempos pretéritos. Quizá haxa que ver as cousas coa adecuada perspectiva que dan os números: en 2021 recolléronse aproximadamente 6,5 millóns de kg de uva na Ribeira Sacra, cos que se elaborarán ao redor de 4.485.000 litros, que se fosen vendidos na súa totalidade terían un valor aproximado de 30.000.000€. Para que nos fagamos

unha idea de onde estamos, por exemplo, só a Adega Marqués de Riscal, situada en Elciego, na Rioxa, tivo unhas vendas de 63.415.000€ en 2019. Máis do dobre que toda a Ribeira Sacra, e non está entre as maiores da Rioxa. En canto ao turismo, en 2019 antes da pandemia, estimouse que nos visitaron 150.000 turistas, dos cales ao redor de 44.000 fixeron, polo menos unha noite. Calculando que se gastasen ao redor de 135 € por persoa e día, a cifra de negocio que deixaría este sector estaría entre 17 e 30 millóns de euros. De novo hai que poñer esta cifra en contexto. En Chiclana de la Frontera, Cádiz, cidade de 83000 habitantes, só en xullo e agosto, xeran unha cifra de negocio valorada en 697 millóns de Euros. É só un exemplo, un triste exemplo, pero que nos di onde estamos realmente. Pero hai máis, as 25 primeiras empresas da comarca do Deza e Tabeirós, puro interior, próximoa nós, facturan máis de 500 millóns de euros. As cifras nunga enganan. Turismo e Viño, non é suficiente. •

Turismo interno

En marcha o lanzamento do bono turístico 2022

• A idea da Xunta é abrir a comezos de marzo o prazo de adhesión das empresas turísticas e lanzar a nova convocatoria a mediados dese mes

• Redacción. MONFORTE Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, participou nun acto promocional da nova Volta a Galicia O Gran Camiño, que terá a sua etapa final en Sarria o próximo domingo 27 de febreiro. O vicepresidente fixo en bicicleta, desde O Porriño parte da primeira etapa desta volta que está a desenvolverse en Galicia esta semana. Na saída desde o concello estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López e o alcalde Alejandro Lorenzo e realizou o traxecto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz e ciclistas como Ezequiel Mosquera, Samuel Blanco, Álvaro Pino, Carla Fernández, Miguel Rodríguez, José González ou Rafa Sáez. Neste evento, o vicepresidente avanzou que a Xunta xa ten en marcha o proceso para o lanzamento da nova convocatoria do bono turístico, que xa está activo o proceso de selección da entidade financeira colaboradora na xestión da nova edición do bono turístico,

O vicepresidente Alfonso Rueda, facendo parte da primeira etapa. Foto GCXG.

coa previsión de que quede resolto en cuestión de días. Deste xeito, está previsto tamén que sexa posible abrir a comezos de marzo o prazo de adhesión das empresas turísticas interesadas para que a mediados dese mes se poida publicar xa a nova convocatoria. Alfonso Rueda confía en que se repita a historia de éxito de principio a fin da anterior edición, que foi moi ben acollida esgotando en 12 horas as 12.300 tarxetas dispoñibles e con case 1.200 establecementos turísticos adheridos. Esta iniciativa pioneira permitiu inxectar 7,7 millóns de euros ao sector converténdose nun balón de osíxeno para inxectar liquidez sobre todo na tempada baixa a través do turismo interno dos propios galegos e galegas que se animaron a descubrir a súa comunidade. De feito, os meses de maior consumo foron os de terceiro trimestre, o que da unha idea da capacidade de desestacionalización desta medida. O vicepresidente primeiro da Xunta aproveitou para destacar o evento deportivo de primeiro nivel e de impacto internacional que da man do Xacobeo está a discurrir polas carreteras

galegas. A Xunta apoia a celebración desta carreira ciclista na que a organización promove a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. Entende Rueda que, ao igual que o verán pasado con La Vuelta 2021, será unha importante plataforma para amosar Galicia e o Xacobeo a nivel internacional. Nesta liña, amosou a súa satisfacción pola recuperación dun evento que, como o Camiño de Santiago, percorrerá todas as provincias galegas cunha etapa por cada provincia e atravesando distintos tramos de distintas rutas xacobeas: parte do Camiño Portugués na etapa entre O Porriño e Vigo; do Camiño de Fisterra e Muxía no percorrido entre Bertamiráns, en Ames, e o mirador do Ézaro, en Dumbría; paisaxes da Vía da Prata o sábado no tramo entre Maceda e Luíntra; mentres que o Camiño Francés estará presente o domingo na última xornada coa contrarreloxo en Sarria.•


4• EC // Nº 360 Febreiro 2022

SERVIZOS Litixios gañados

Sentenza favorable ao Concello de Monforte no caso Aqualia

• Ademais, o Concello tamén vén de recibir unha resolución positiva pola rescisión da obra do novo Parque do Hospital

Imaxe de arquivo do José Tomé, alcalde de Monforte, satisfeito coas sentenzas e resolucións favorables. Foto ENCOMÚN.

• Redacción. MONFORTE O Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 1 de Lugo, ven de dictar sentenza nº 269/2021 na que se desestima o recurso interposto por FCC Aqualia S.A. contra os acordos do Pleno do Concello de Monforte do 24 de febreiro e do 27 de xullo 2020, polos que se requiría a esta empresa a cantidade de 2.221.980,36 euros, máis os intereses de demora, correspondentes ás obrigas contractuais pendentes de executar por esta empresa, en concreto, nos anos 2001 a 2003. Procede lembrar que a empresa FCC Aqualia S.A tiña formalizado un contrato co Concello para o concesión do servizo de abastecemento de auga, toda vez que gañou o concurso correspondente. Para elo, Aqualia ofreceu unha serie de melloras, que lle permitiron obter a pun-

tuación máxima nese concepto. As melloras ofertadas pola empresa como “Plan de Investimentos”, consistían na execución de obras por importe total de 400.316.000 pesetas (2.405.947,68 euros), que debían comezar a executarse ós 3 meses da entrada no servizo. Eses traballos adicionais consistían nun estudo de melloras para a adecuación técnica da ETAP de Ribasaltas, a mellora nos depósitos de San Vicente, a execución de fontes cibernéticas modulares, a execución dun parque acuático en Monforte, así coma outras melloras que favorecesen a prestación do servizo. Con todo, unicamente realizou de maneira parcial, o estudo de melloras para aadecuación técnica da ETAP de Ribasaltas, investindo a cifra de 40.784,96 euros (dos 378.803,49 ofertados) e respecto da construción do parque acuático para Monforte, apor-

tou soamente 143.182,29 euros para a compra de terreos, dos 1.594.236,34 euros previstos para para este proxecto. Á vista da situación exposta, o 19 de marzo de 2018, o actual

• José Tomé leva anos defendendo a procedencia da reclamación a Aqualia polo incumprimento do contrato Alcalde elevou ó Pleno da Corporación a proposta de requirir á empresa demandante o abono da cantidade de 2.221.980,43 euros, máis os intereses legais, en concepto de importe pendente de executar das obrigacións de investimentos contrac-

tuais desta empresa, pero non foi aceptada. Finalmente, o 24 de febreiro de 2020 foi de novo levada a Pleno e aprobada. Ante esta situación, Aqualia interpuxo un recurso contenciosoadministrativo no que pedía a impugnación por defecto de forma da decisión acordada polo Pleno do Concello, argumentando a caducidade do expediente, ó que a sentencia do Xulgado responde que “non procede apreciar a caducidade en tanto en canto non nos atopamos ante un procedemento autónomo senón que se trata dunha incidencia na execución do contrato”. Por outra banda, a empresa tamén alegou que desenvolveu obras, en función das necesidades prantexadas, que aínda que non estaban incluídas no Plan de Mellora, si foron obras de mellora executadas. Neste senso, recoñécese por parte da sentenza obras por importe de 734.276,46 euros,

das cales corresponden ó Plan de Mellora 183.967,25 euros. Deste xeito, a sentencia entende “que a empresa actora está obrigada a abonar a cantidade de 1.671.671,22 euros tras haberse recoñecido ó seu favor a cifra de 734.276,46 euros en concepto de obras realizadas e achegas a cargo do Plan de Investimentos.” A estes máis de 1,6M€ deberase engadir “o interese legal do diñeiro a computar desde a data do requirimento formal á empresa (21/03/2018)”. O CONCELLO TAMÉN RECIBIU RESOLUCIÓN FAVORABLE Á RESCISIÓN DO CONTRATO DO PARQUE DO BARRIO DO HOSPITAL O Consello Consultivo de Galicia lle tamén ven de dar a razón ó Concello na rescisión do contrato do Parque do barrio do Hospital, logo de que a empresa adxudicataria non cumprira co establecido en dito contrato. Nas súas conclusións, o Consello Consultivo sinala que “cabe apreciar un suposto incumprimento contractual imputable ao contratista, quen desatendeu de xeito inxustificado a súa obriga de executar as obras no prazo establecido”. Por este motivo, o Consello “informa favorablemente a proposta de resolución deste expediente” avalando así a decisión do Concello de rescindir o contrato establecido coa empresa adxudicataria, Zona de Obras O Rosal S.L.. Para a construción do novo Parque do Hospital, o Concello dispuxo un orzamento de 555.934,16 euros, e establecía un prazo de execución da obra de catro meses. A adxudicación levouse a cabo o 21 de abril de 2021 á empresa Zona de Obras O Rosal S.L., data en que Concello e empresa asinaron o contrato administrativo. A acta de comprobación de replanteo asinouse o 26 de xullo de 2021, co cal a obra tiña que ter finalizado a finais do mes de novembro do pasado ano, concretamente o 26 de novembro do 2021. José Tomé, amosou a súa satisfacción por esta resolución do organismo autonómico e indicou que unha vez se resolva definitivamente o contrato “dende o Concello poderemos volver a sacar a concurso o que queda por executar das obras deste novo parque, e poñelas de novo en marcha, unha vez que sexa adxudicado o novo contrato. Para elo, elaboraremos un novo proxecto no que incluiremos o que resta por facer para finalizar o novo parque”.•


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 5

ECONOMÍA Monforte • O Concello fixo os trámites ante a Deputación de Lugo para solicitarlle a cesión en propiedade das parcelas que posúe no Polígono do Reboredo, cunha superficie de 111.000,00 m2, adquiridos en 2011 pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A.

Máis terreo para o polígono do Reboredo Plan Parcial que, terá que conseguir a aprobación da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Polo tanto, ainda son moitos os trámites pendentes e o prazo para a súa consecución.

• Redacción. MONFORTE O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, anunciou en rolda de prensa a petición que o Concello monfortino tramitou ante a Deputación de Lugo para solicitarlle a cesión en propiedade das parcelas que o ente provincial posúe no Polígono do Reboredo, co obxectivo, según sinalou o alcalde José Tomé, de “dar resposta ás necesidades de suelo industrial que actualmente as empresas nos están demandando no Polígono do Reboredo”. En concreto, aclarou o Alcalde, “á entrada do Polígono, na súa marxe esquerda, a Deputación de Lugo conta cunha superficie aproximada de 111.000,00 m2, adquiridos pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA), en cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial , de data de 29 de abril de 2011, que se distribúen en 15 parcelas”. A estas 15 parcelas hai que engadir tres ou catro parcelas privadas e unha que é propiedade do Concello, sen esquecer as 3 que ten dispoñibles Suelo Empresarial del Atlántico, así como as parcelas que resultarán logo do proceso de revocación anunciado polo Alcalde a pasada semana, e que superan os 14.000 m2 (incluíndo aquí as 11 parcelas revocadas e dúas de titularidade municipal. A decisión de solicitarlle á Deputación Provincial de Lugo estas parcelas da súa titularidade foi acordada por unanimidade na Xunta de Goberno Local de Monforte, celebrada o pasado luns 7 de febreiro. “Esta petición, que xa procedemos a cursar dende a Secretaría deste Concello, suporá que poidamos acometer a ampliación do Polígono Industrial do Reboredo, sendo as novas parcelas

O FIASCO DE PACADAR Con todo estamos ante unha boa noticia, pois estas xestións abren a posibilidade de facer algo cuns terreos que levaban máis de dez anos no limbo, desde que a Deputación, entón presidida por Besteiro, levara a cabo a súa compra, coa intención de facilitar a implantación de Pacadar, do grupo Villar Mir no Concello de Monforte, feito que entón se presentou como unha exitosa xestión que desgraciadamente quedouse en nada. A intención do Concello, e do seu alcalde José Tomé, e non repetir erros, e tan pronto como se lles habilite o uso industrial, o Concello licitará a súa venta ós empresarios interesados en adquirilos, a través dun concurso público, no que según o alcalde “incluiremos a condición de que os proxectos para os que se soliciten eses terreos terán que levarse a cabo nun tempo prudencial, que concretaremos no seu momento”. Vista aerea da nova rua do Polígono do Reboredo, lindante coas parcelas propiedade da Deputación de Lugo. Foto EnComún.

industriais propiedade do Concello cando rematen os trámites administrativos” subliñou o rexedor monfortino. A solicitude cursada dende o Concello solicita ó ente provincial a cesión en propiedade de ditas parcelas, co obxectivo de destinalas a usos industriais. “Polo tanto”, indicou o Alcalde, “as parcelas que solicitamos á Deputación Provincial, van permitir ampliar o polígono, dar resposta á demanda de solo industrial e posibilitar, así, o desenvolvemento industrial do

• José Tomé: Este parque está sendo e vai ser moito máis aínda, o motor da dinamización económica do Concello e escenario esencial para a creación de emprego

municipio, a creación de emprego e impulsar a dinamización económica da comarca. APROBACIÓN E RECALIFICACIÓN DAS PARCELAS Unha vez levada a cabo a solicitude dende o Concello, esta ten que ser aprobada polo Pleno da Deputación, para posteriormente iniciar un proceso de recalificación como industriais dunhas parcelas, que actualmente están catalogadas como rústicas, o que fará necesario elaborar un

A URBANIZACIÓN XA ESTÁ FEITA A ventaxa é que os traballos dee urbanización xa están feitos, porque todos os terreos lindan con vías públicas, dotadas de servizos. Recorda Tomé que “no pasado ano 2021, dotamos a este polígono dunha nova calle, de aproximadamente medio quilómetro e cunha anchura de 16,50 metros, dotada de beirarrúas, saneamento, abastecemento e iluminación, un vial que xa está rematado e que, sen dúbida, contribuirá a cubrir as necesidades comunicativas das empresas que actualmente teñen as súas sedes nel, e favorecerá o desenvolvemento e a ampliación deste polígono a novas empresas”. •


6• EC // Nº 360 Febreiro 2022

ECONOMÍA E EMPRENDEMENTO A mellor balanza comercial de España • Na provincia de Lugo, as exportacións creceron un 23,6%, ata os 723,2 M€

Galicia rematou o 2021 cunha cifra record de exportacións superando os 25.000 millóns de euros • Redacción. MONFORTE O director do Igape, Fernando Guldrís, presentou a información das exportacións galegas no pasado ano 2021, saientando os rexistros históricos que veñen de acadar, pechando o 2021 como o mellor ano desde que hai rexistros ao superar a barreira dos 25.000 millóns de euros. En concreto, as vendas ao exterior de Galicia acadaron os 25.269,6 millóns, un 21,1% máis que no 2020, e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia. “O noso tecido empresarial demostra, unha vez máis, a súa capacidade de adaptación e de mellora, tamén en épocas máis complicadas. E faino acadando un rexistro histórico que permite superar por quinto ano consecutivo a barreira dos 20.000 millóns”, sinalou Guldrís, quen puxo en valor que este récord se acada grazas á importante contribución das catro provincias galegas. Neste sentido, o director do Igape expuxo que todas as provincias melloran os seus rexistros elevando o teito das exportacións da Comunidade. Así, na Coruña, as vendas ao exterior acadaron os 11.457,4 millóns no 2021, o que supón un incremento do 32,3% con respecto ao ano anterior; na provincia de Pontevedra, medraron un 11,2%, ata os 12.072 millóns; en Ourense, incrementáronse un 32,1%, superando a barreira dos mil millóns (1.016,4M€); e no caso da provincia de Lugo creceron un 23,6%, ata os 723,2 millóns. Neste contexto, Guldrís detallou os sectores con máis peso nas exportacións galegas, entre os que resaltou o papel do téxtil, cun “crecemento significativo” ao acumular 5702 millóns, o que supón un 30,3% máis que con respecto ao 2020; a automoción, que amosa unha cifra acumulada no conxunto do ano de máis de 7041 millóns (+4,6%); a industria do metal, que supera os 1865 millóns (+52,8%), e o sector agroali-

Monforte acollerá a gala dos premios AJE 2021 • Terá lugar o 4 de marzo no Parador de Monforte as 19:30 h

• Redacción. MONFORTE

O director do Igape, Fernando Guldrís, informou dos resultados das vendas ao exterior no último exercicio. Foto GPXG..

mentario, con preto de 3.527 millóns e unha suba de case o 14% en relación ao 2020. Unhas industrias ás que engadiu o bo comportamento do naval, cun incremento interanual do 66,8% que lle permite superar os 583 millóns, e o aeroespacial, un sector emerxente que medra un 83,2%, situándose por riba dos 18 millóns. Guldrís detallou tamén o número de empresas galegas que exportaron durante o pasado ano, que acadou un novo récord situándose en 9360, un

31,5% máis que no 2020. En canto ás exportadoras regulares –as que venderon produtos ao exterior nos últimos catro anos de forma consecutiva-, medraron en 44 empresas e acadaron as 2563. A MELLOR BALANZA COMERCIAL Neste marco, o director do Igape destacou tamén que o incremento das exportacións permite a Galicia “contar coa mellor balanza comercial de España en termos absolutos”, cun saldo positivo de 5154 millóns de

euros entre as exportacións e as importacións contabilizadas no último exercicio. Unha situación que contrasta co conxunto estatal, que continúa en números vermellos (-26.177,9M€), case duplicando o déficit con respecto ao ano anterior. “Con este fito, Galicia aséntase como un referente, supoñendo o 8% do total das exportacións estatais, e liderando, xunto ao País Vasco, as comunidades autónomas que claramente marcan o ritmo no norte de España”, expuxo Guldrís.•

A Asociación de Novos Empresarios de Lugo celebrará os VIII PREMIOS AJE LUGO 2021 o venres día 4 de marzo no Parador de Monforte de Lemos, cunha gala de entrega de galardóns que comezará ás 19:30 h. Este evento ten como obxectivo premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na provincia de Lugo. Estes galardóns supoñen para os gañadores, a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Así como unha oportunidade de seguir formándose grazas á Escola de Negocios IESIDE, que premiará as dúas categorías principais cun cheque para formación. Desde AJE Lugo animan a todos aqueles que cumpran os requisitos expostos nas bases, publicadas na súa páxina web: www.ajelugo.com, a inscribirse e aproveitar esta oportunidade para darse a coñecer e presentar os seus proxectos. Premiaranse este ano: Premio Novo Empresario 2021, Premio Iniciativa Emprendedora 2021, Accésits de RSE e de Innovación 2021. O último día para presentar as candidaturas será o domingo día 27 de febreiro, ás 23:59 h., enviando un correo electrónico a info@ ajelugo.com. •


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 7

INICIATIVAS Sostibilidade • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade mantivo un encontro co novo embaixador de España na UNESCO

Avances na candidatura a Patrimonio da Humanidade • Redacción. MONFORTE O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse en París co novo embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, para avanzar no futuro da candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra. Ao remate do encontro, que tivo lugar na sede da Delegación Permanente de España ante a Unesco, en París, o responsable de Cultura da Xunta de Galicia explicou que a xuntanza serviu para dar a coñecer ao novo embaixador o traballo que está a facer o Goberno galego para revisar o expediente e impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial co máximo rigor e calidade. “Estamos aproveitando o aprazamento estratéxico da candidatura para fortalecer e mellorar aspectos que nos permitan acreditar con toda a forza os valores excepcionais cos que conta o territorio da Ribeira Sacra”, explicou Román Rodríguez. Neste senso, o conselleiro do Goberno galego gabou o labor e implicación coa Ribeira Sacra de Juan Andrés Perelló, anterior

embaixador de España ante a Unesco, e celebrou a a boa acollida de José Manuel Rodríguez Uribes, quen se comprometeu a seguir traballando xunto cos técnicos do Ministerio e da Consellería de Cultura neste proceso tan esixente co obxectivo de poder estar na fase final no prazo máis breve posible. “O novo embaixador comparte con Galicia o horizonte de que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial e a necesidade de consolidar o potencial deste territorio que conta cun gran futuro”, incidiu. Pola súa banda, José Manuel Rodríguez Uribes sinalou que o obxectivo da reunión mantida hoxe é pensar na Ribeira Sacra e recuperar o expediente para avanzar nunha “candidatura potente” que reflicta a importancia deste territorio “moi singular desde o punto de vista histórico, espiritual. “Comprométome a traballar desde a Unesco e xunto co Ministerio de Cultura neste expediente para que teña éxito ”, afirmou. NOVA FASE DA CANDIDATURA Ademais deste encontro, Ro-

Erasmus

Cinco alumnos da Pinguela en Perugia • Redacción. MONFORTE Cinco alumnos de 1º de Bacharelato do IES A Pinguela, veñen de regresar da estancia de Erasmus na provincia italiana de Perugia. Participaron, xunto con outros estudantes do Liceo Artístico Alpinolo Magnini de Deruta, Istituto Savatorelli Moneta de Marsciano, IES Axati

de Sevilla e IES Esprominho de Braga (Portugal), no proxecto "Cinema didactic for the development of teachers and students skills". Foron 10 días de formación intensa pero tamén con tempo para crear vínculos cos seus compañeiros. Para o próximo mes de marzo, A Pinguela, espera poder recibilos para continuar o proxecto na cidade monfortina. •

Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España ante a UNESCO, na reunión en París, para relanzar a candidatura da Ribeira Sacra. Foto GPXG.

• José Manuel Rodríguez Uribes mostrouse comprometido a avanzar xunto coa Xunta e o Ministerio de Cultura para garantir o éxito deste expediente

mán Rodríguez lembrou que Galicia abriu unha nova fase na candidatura da Ribeira Sacra ao intensificar o traballo para, da man do Icomos, o órgano asesor da Unesco, dar un novo impulso á candidatura mediante un proceso de diálogo no que están presente tanto as administracións implicadas como os veciños e membros da comunidade local. “Seguimos crendo no gran valor deste territorio e o noso propósito é intensificar a nosa estratexia mediante o diálogo e a calidade técnica”, precisou.

AMPLIACIÓN DO EQUIPO DE TRABALLO Por outra banda, a Xunta de Galicia tamén ampliou o equipo técnico que traballa na candidatura incorporando novos perfís que axuden a buscar novos e complementarios argumentos e xustificacións co fin de conseguir o máximo recoñecemento da Unesco. Trátase de incorporacións que permite sumar a algúns dos mellores expertos patrimoniais de Galicia e marca un punto de inflexión na candidatura e na vía de diálogo con Icomos.•


8 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

MÁIS NOVAS Infraestruturas

Turismo

• Chegan as primeras melloras de entidade á estrada Nacional 120 con obras de rexeneración e modernización das condicións de circulación y vialidad

Plan Camiña: axudas para consolidar a oferta turística en zonas rurais

O Ministerio de Transportes adxudicou a mellora do túnel de Montefurado • Redacción. MONFORTE

• Redacción. MONFORTE Fixéronse de rogar, pero as primeiras actuacións de certa entidade na estrada N-120, xa comezan a ver a luz. Deste xeito, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) ven de adxudicar por 8,1 millóns de euros (IVE incluído) as obras de adecuación e mellora das condicións de vialidad e circulación dos túneles de Villafranca, Trabadelo, e A Escrita, na autovía A-6, en León, e dos túneles de Piedrafita e Montefurado, na A-6 e na N-120, respectivamente, na provincia de Lugo. O anuncio publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). A actuacións, incluídas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, están encamiñadas a adaptar as infraestruturas galegas e leonesas aos requisitos de seguridade e vialidad establecidos no Real Decreto 635/2006, do 26 de maio, froito da transposición da Directiva 2004/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004. Aínda que na actualidade os túneles contan cunhas condi-

cións de explotación favorables, é necesario levar a cabo esta actuación para actualizar as súas instalacións. PLAN DE RECUPERACIÓN TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA As obras financiaranse con cargo ao PRTR, que conta con 357 millóns para adaptar as infraestruturas á normativa europea e mellorar a protección da fauna e dos usuarios vulnerables. En concreto, financiará actuacións en túneles da RCE centradas na mellora das saídas de emerxencia, a sinalización, o balizamento, a iluminación, a ventilación, a instalación eléctrica, a protección antincendios, a drenaxe, a comunicación ou a xestión do tráfico, etc.•

Na foto superior, o túnel de Montefurado, abaixo mapa das intervencións. Fotos GPSG.

Sociedade

Loito oficial polo naufraxio do Vila de Pitanxo • Redacción. MONFORTE

Ante o acontecido polo naufraxio do buque pesqueiro Villa de Pitanxo nas augas de Terranova, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, “manifestou o máis profundo e sentido pesar polo fatídico e tráxico naufraxio”. A estes efectos, o Concello súmase á proposta da Xunta de Galicia de decretar o loito oficial, publicado no DOG de data 16 de febreiro de 2022. Deste xeito, o Decreto asinado polo Alcalde declarou 3 días de loito oficial en todo o municipio dende as 00.00 horas de xoves 16 de febreiro e ata as 24 horas do venres día 18 de febreiro de 2022. Durante ditas datas ondearon as bandeiras oficiais a media hasta en todos os centros oficiais e edificios públicos do Concello de Monforte de Lemos.•

Bandeiras a media hasta no Concello de Monforte Foto GPCMs..

A Xunta destinará 1M€ á nova convocatoria do Plan Camiña para este ano coa que se pretende poñer en valor os recursos turísticos dos municipios e a súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística co obxectivo de atraer visitantes. Trátase dun programa de subvencións para a mellora de infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes. A Xunta financiou o ano pasado con esta liña de axudas ata 122 actuacións en municipios galegos. A Xunta manterá á axuda ás empresas turísticas para que melloren os seus establecementos e incrementen a súa calidade e a formación do seu persoal con medidas coma a nova convocatoria de axudas para a mellora das infraestruturas de establecementos turísticos de aloxamento e restauración, dotada con 2 millóns de euros . O Plan Camiña tamén inclúe medidas coas que fomentar o turismo familiar e destinadas ás universidades galegas e ás entidades sen ánimo de lucro. •


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 9

MÁIS NOVAS Política Local • O actual alcalde de Monforte e Presidente da Deputación Provincial acada o máximo poder provincial do PSdeG

• O congreso do PSdeG de Lugo, pon fin a un tempo de cambios e incertezas despois das primarias galegas que auparon a Valentín González Formoso

José Tomé, proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo José Tomé Roca foi proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo no IV Congreso Provincial socialista que se celebrou no hotel Torre de Núñez baixo o lema Lugo Avanza. Tomé Roca asegurou que deste congreso “os socialistas saímos unidos e máis fortes para darlle un novo impulso ó Partido Socialista na provincia, para seguir medrando, para seguir ampliando a representación institucional e para seguir mellorando a nosa provincia e a vida dos nosos veciños e veciñas. A provincia necesita máis Partido Socialista”. Dende o que Tomé considera un “bo punto de partida”, pois o PSdeG goberna a día de hoxe para o 65% da poboación lucense, con 27 gobernos, catro cogobernos, e a Deputación de Lugo, o Secretario Provincial situou como obxectivos “consolidar as alcaldías que temos, conseguir outras novas nas que temos clarísimas opcións, manter a Deputación e, con toda esa forza municipalista, axudar a renovar o Goberno de España e a recuperar o Goberno da Xunta de Galicia, que tanta falta lle fai a este país”. Para continuar avanzando, Tomé Roca establecerá no plano orgánico unha serie de me-

e todas na mesma dirección”, afirmou o Secretario Xeral, explicando que, “para empezar,

concordamos na unidade, en que queremos un partido unido porque iso é forza. E, neste sentido, creo que empezamos ben porque, gracias ao diálogo e ao acordo, houbo unha única candidatura á dirección do partido na provincia, e o compañeiro Xosé María Arias integrouse nesta candidatura que hoxe sae ratificada neste Congreso”. José Tomé agradeceu a Arias que puxese “por riba de todo, a vontade de acordo e de integración, máis alá das lexítimas aspiracións persoais a optar a un cargo que calquera compañeiro ou compañeira pode ter”. O novo Secretario Xeral fixou catro liñas de traballo: máis bases, máis cercanía e participación, máis apoio as agrupacións e máis coordinación nas mensaxes. Por outra banda as súas liñas de acción política xirarán arredor da defensa do rural, a defensa do estado do benestar, o traballo pola mocidade e a igualdade, o impulso dos sectores produtivos estratéxicos, a elaboración dun Plan Industrial, a aposta pola mobilidade, a innovación e a transformación dixital. José Tomé expresou o seu “orgullo enorme por asumir este reto d representa a Secretaría Xeral do PSdeG en Lugo.•

que é o fundamental e tena moi abandonada”. Ademáis, o portavoz popular quéixase de que “o bipartito segue empeñado, unha vez máis, en converter os plenos provinciais en debates do estado da autonomía e trae mocións e propostas única e exclusivamente para facer oposición ao goberno de Galicia, mentres competencias propias súas, como son as estradas, seguen sen resolver". Tamén chama a atención ao PP a seguinte cuestión, “Primeiro, a declaración institucional

con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8-M; o PP está a favor e participou na elaboración desa declaración institucional. Hai que aclarar que fixeron falta dúas xuntas de portavoces para fixar esa declaración, polas diverxencias entre PSOE e BNG, que quedan claras neste pleno, porque o BNG trae unha moción paralela, na que tenta facer política con este día”. Tamén discreparon pola moción en favor das reclamacións da Asociación de Xubilados contra a banca.•

• Redacción. MONFORTE

José Tomé, saudando logo da suas proclamación como secretario xeral dos socialistas lucenses. Foto GCPSdeG.

didas, que lle foi trasladando a militancia nos encontros Camiñamos Xuntos que mantivo

nas últimas semanas por toda a provincia. “Iso é moi bo, porque así é máis fácil remar todos

Máis política

Castiñeira considera que Tomé usou a Deputación como trampolín para chegar a Secretario Xeral do PSOE de Lugo • O portavoz popular, Javier Castiñeira pide a Tomé que “se poña a traballar pola provincia, que a ten moi abandonada" • Redacción. MONFORTE Javier Castiñeira, portavoz do Partido Popular na Deputación, aproveitou o Pleno do día 22 de febreiro para felicitar ao señor Tomé polo seu cargo

como secretario xeral dos socialistas lucenses, e facelo extensivo tamén aos compañeiros deputados socialistas que asumen responsabilidades na executiva provincial do POE de Lugo”. Ao mesmo tempo, os populares

consideran que “no que vai de lexislatura o principal obxectivo do señor Tomé foi usar a Deputación como trampolín político; agora que cumpriu ese obxectivo o que lle pedimos é que se poña a traballar pola provincia,


10 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

MÁIS NOVAS Tráfico • O Goberno avanza no proceso de modernización dos medios destinados ás forzas de seguridade

A Garda Civil de tráfico renova os seus vehículos • Redacción. MONFORTE A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que o Goberno avanza no proceso de modernización dos medios destinados ás forzas de seguridade na provincia coa incorporación de 11 novos vehículos para renovar a flota da Garda Civil de Tráfico. A subdelegada presentou catro dos vehículos que acaban de chegar, que se suman a tres que foron entregados hai unhas semanas e anunciou que no mes de marzo recibiranse outros catro. Dos catro vehículos que foron presentados dous serán destinados ao destacamento de Tráfico de Burela, un para o de Lugo e outro ao de Monforte de Lemos. Isabel Rodríguez destacou que o Ministerio do Interior segue a

cumprir o compromiso do Goberno de dotar de medios máis modernos ás forzas de seguridade para que poidan desenvolver o seu cometido de protección dos lucenses nas mellores condicións. Explicou que, oito dos novos vehículos foron adquiridos pola Dirección Xeral de Tráfico para os axentes que se ocupan de velar pola seguridade viaria na provincia de Lugo. Nas últimas semanas a Garda Civil de Lugo tamén incorporou novos vehículos que foron destinados á Comandancia, para a Sección de Intervención Rápida; así como aos postos de Vilalba, Chantada, Monforte, Foz e Palas de Rei. E tamén destinou á nosa provincia 110 tabletas para que os axentes que prestan servizo na provincia poidan realizar o seu traballo de xeito máis áxil e eficaz.•

A subdelegada do Goberno na presentación dos novos coches. Fotos GPSDG.

Política local

O PP de Monforte pide unha RPT • Tamén critica a contabilización de preto de 3 millóns de euros en reparos, cualificándoos como gastos sen control

• Redacción. MONFORTE O PP de Monforte solicita no Pleno que o Concello elabore unha Relación de Postos de Traballo (RPT) por medio dunha consultora externa, e co fin de que esta poida ser aprobada canto antes. Os populares adoptaron esta decisión tras un ano dende que se emitiu o informe de Intervención no que reflictía a necesidade de contar con este documento, e dado que o concello continúa sen a RPT, consideran que están incumprindo con elo o estatuto básico do empregado público, a continúa xurisprudencia e o

propio informe de do servizo de Intervención. Ademáis, critican que o Concello contabilizara en 2021 reparos de intervención por valor de 2.985.000 euros. Así o indica a voceira do Grupo Municipal do PP, Katy Varela, logo de examinar a documentación pertinente e de constatar que estes pagos se fixeron sen o procedemento legal establecido, e que corresponden na súa maior parte á licitación de servizos e de obras. Katy Varela amósase “profundamente preocupada pola xestión de Tomé” e considera “alarmante” que unha cuarta parte do Orzamento municipal se destine “a este tipo de gastos sen control”. •

Katy Varela, voceira do PP, preocupada pola xestión de José Tomé. FOTO GPPP.


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 11

O pulso do Sur de Lugo - Sarria Eventos

Todo listo para acoller a etapa final da Volta O Gran Camiño International Galician Tour

Efrén Castro visitando a Mostra. Fotos GCVDL

Máis exposicións en

Sarria

Galiza. Un pobo, unha selección • O deputado Efrén Castro inaugurou en Sarria a mostra que estará dispoñible no Chanto ata o vindeiro 3 de marzo • Redacción. MONFORTE O deputado de Deportes, Efrén Castro, inaugurou en Sarria a mostra “Galiza. Un pobo, unha selección”, organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A exposición, ubicada no Chanto, a carón da piscina cuberta da localidade, poderá visitarse ata o próximo 3 de marzo, sendo Sarria o primeiro dos destinos nos que se presentará nos vindeiros meses ao longo da provincia.

A exposición, que consta de 20 paneis deseñados para exterior, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país nos Xogos Olímpicos, na traxectoria das seleccións galegas e na mobilización social arredor do dereito de Galicia a participar con equipos propios en competicións internacionais. No acto de inauguración, no que tamén estivo presente o concelleiro de Deportes de Sarria, Félix Seijas, o deputado Efrén Castro subliñou “a importancia de que este proxecto se difunda por distin-

tos puntos da provincia, e que a xente poda atopar un anaco da historia do noso deporte na rúa”. Ademais, aproveitou para agradecer a boa acollida e desexou “que sexan moitas as persoas que se interesen polo contido destes paneis para divulgar o papel fundamental do deporte galego”. Trátase dunha exposición intinerante que iniciará un percorrido polas distintas comarcas. Nos vindeiros meses, poderase ver tamén en Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.•

• Redacción. MONFORTE O 27 de febreiro, domingo, Sarria será a protagonista na cuarta e derradeira etapa de O Gran Camiño, a renovada volta ciclista a Galicia, na que participarán douscentos corredores e dezasete equipos. En Sarria terá lugar a etapa final, unha contrareloxo individual de 15,80 km con saída na Rúa da Liberdade (Calvo Sotelo) e chegada á Rúa do Castelo. Este gran evento levará a Sarria unha

Centro Comercial Urbano Sorteados os premios da campaña “Celebremos o amor” • Redacción. MONFORTE O Centro Comercial Urbano de Sarria celebrou o sorteo para coñecer os premiados da campaña de San Valentín, “Celebremos o Amor”. A man inocente de Lola

foi a encargada de repartir os premios, resultando agraciadas Carmen Maside, Samuel, Miriam López e Conchita Rivera que gozarán das súas ceas en compaña no Hotel Alfonso IX, El Parisien, Restaurante Roma e Restaurante O Descanso.•

Sorteo e entrega de Premios. Fotos CCU Sarria

importante infraestrutura que obligou ao Concello a reprogramar outras actividades como o desfile de Entroido de 2022 (será o 6 de marzo) e provocará cortes de circulación e prohibicións de aparcamente nalgunhas rúas. A vila poderá disfrutar da caravana das probas ciclistas, profesionais, e terá unha gran promoción, pois a proba será retransmitida en directo por televisión para máis de 200 paises a través de Eurosport, ademais da TVG1 e TVG2. •


12 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

O pulso do sur de Lugo Máis música e libros en Brollón

Beatriz Busto presentou na Pobra o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens • O evento rematou coa actuación das pandereteiras de Samoeiro, e cos bailadores da Escola de música municipal

• Redacción. MONFORTE Nuns tempos en que a participación de Tanxugueiras no pasado Festival de Benidorm está a levar a música en galego, e o concepto de pandereteiras e cantureiras por toda España, na Pobra do Brollón, levouse a cabo un acto de acercamento ás

raices deste tipo de música, coa presentación pola antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes do seu libroCD Pandereteiras de Mens. O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras

mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80. UNHA HOMENAXE ÁS MULLERES PIONEIRAS DA MÚSICA GALEGA ‘Esta presentación é unha homenaxe a todas as mulleres que abriron camiño e permitiron

Fotos da presentación e a foliada na Casa de Cultura Olga Novo. Foto CAPB.

que a nosa música tradicional teña a impacto de hoxe, como estamos vendo co fenómeno Tanxugueiras,’ declarou o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. O libro contén fotografías a cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa co-

laboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa. O acto rematou nunha auténtica foliada, coa musica a cargo das Pandereteiras de Samoeiro, que levantaron a moito do numeroso público asistente. Tamén fixeron acto de presencia para sumarse á festa os bailadores da Escola municipaa de Música Samoeiro.•

Entroido no Incio

O Incio prepara o seu baile de disfraces • Redacción. MONFORTE O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado día 26 de febreiro. A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas. •


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 13

O pulso do sur de Lugo - Chantada Máis catastro en

Chantada

Os veciños de Chantada alarmados polas cartas recibidas do Catastro • O Catastro leva enviadas no termo municipal de Chantada máis de 4.600 cartas para a actualización dos valores catastrais, e segundo o BNG, hai outras 4.000 agardando en Correos para ser remitidas as seguintes preguntas ao Goberno do Estado: - Que procesos de natureza catastral se están a desenvolver no municipio de Chantada por parte da Dirección Xeral do Catastro? - A instancia de quen se promoven estes procedementos de “variación de valores catastrais”? Iniciáronse de oficio pola propia Dirección Xeral do Catastro ou a súa incoación débese a unha petición dalgunha outra administración ou organismo público? - Cal é o número total de procesos abertos polo Catastro no concello de Chantada e que tipo de expedientes se están a desenvolver? A que responden? - Como é posíbel que a ponencia de valores date do ano 1988, segundo consta nalgunhas das cartas recibidas así como na propia páxina web do catastro, cando existe a obriga de renovala como máximo cada dez anos tal e como recolle o Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario? - Por que cando aparentemente non se renova a ponencia de valores, se inicia unha subsanación de discrepancias masiva a un concello onde se teñen desenvolvido diferentes procesos catastrais nos últimos dez anos?

• Redacción. MONFORTE Nas últimas semanas, os veciños de Chantada víronse sorprendidos polo aluvión de cartas recibidas do Catastro, ata 4600 segundo estimacións de Por Chantada.CUP, dándolles un prazo de quince días para remitir a información solicitada. Todo parece indicar que se está levando a cabo un proceso de actualización catastral, tanto para recoller aqueles terreos ou inmobles que por algunha razón non figuraban inscritos ata o de agora no Catastro, como para modificar as medicións ou valores dalgunhas das propiedades xa rexistradas, proceso que está a afectar fundamentalmente ao ámbito rural do territorio, onde as coñecidas como zonas brancas, é dicir, sen inventariar son máis abundantes. Ante esta situación, os veciños deron a voz de alarma, solicitando axudas e explicacións. Por Chantada-CUP fíxose eco destas queixas, e reclamou ao Concello para que puxera os medios de asesoramiento legal precisos para toda a veciñanza que o precisara, algo que segundo Por Chantada-CUP non se está a facer. Esta formación desminte ao alcalde de Chantada, que públicamente declarou que o asesoramente xa se estaba a facer dende o Concello, e sinala que o único que se fixo foi traer un empregado da empresa responsáble de levar a cabo o traballo de actualización catastral para atender ás persoas afectadas, mais non axudan a facer alegacións, polo que considera Por Chantada-CUP que non resolve o problema nen responde ao asesoramento legal demandado polos veciños. Esta candidatura de unidade popular Por Chantada, ten a disposición de todos os afectados na súa web tres modelos para facer alegacións ante o Catastro. Están pensados para os casos de unha adega, un establo e outras construcións.

As cartas enviadas polo catastro a veciños de Chantada están a xerar dúbidas e desconfianza entre os veciños. Foto EnComún.

O BNG PREGUNTA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS O BNG tamén está a tomar medidas ante a situación plantexada. Sinala o BNG que nas cartas do Catastro que están a

chegar a titulares do concello de Chantada, pídeselles a “subsanación de discrepancias” relativas á información coa que conta a Dirección Xeral do Catastro. A casuística recollida nas misivas é moi variada, pero en todos os casos aos que tiveron acceso,

hai un incremento do valor catastral. Ao BNG cónstalle que, ademais das xa enviadas, ao redor de 4000 cartas máis están pendentes de envío en Correos. Ante esta situación, o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, rexistrou

PREGUNTAS SEN RESPOSTAS Estas preguntas que fai o BNG, non teñen polo de agora resposta. O medo en Chantada a un novo Catastrazo, como se coñeceu o actualización catastral levada a cabo polo ministro Montoro no 2008 en plena crise económica, crece cada día. Naquel 2008, a recadación anual do IBI urbano en Chantada elevouse en máis de 600.000 €. Agora, de novo inmersos nunha crise económica, parece que lle tocará ao medio rural cargar co máis que probable, novo incremento dos impostos..•


14 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

A fondo

Manifestación da Asociación de Xubilados e Pensionista de Lugo diante do Concello. Foto AJYPL

Son maior, non idiota

Segue aberto o conflito entre a banca e os maiores de Lugo • A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo non se fía da eficacia das medidas do Goberno • Redacción. MONFORTE Que a banca mira unicamente polos seus intereses, non é un novo descubrimento, é a súa razón de ser. O que cambia ao longo do tempo é a fonte deses intereses, é dicir, a fonte dos seus beneficios. Agora decidiron reducir ao máximo o número de oficinas, así como o abanico de servizos que alí se prestan, apostando por unha relación co cliente baseada nas novas tecnoloxías. En si mesmo, este argumento parece razoable, salvo por un feito incontestable, que hai unha parte da poboación,

xeralmente maiores, que non tiveron acceso ao uso desas novas tecnoloxías, persoas ás que mesmo lles custa sacar diñeiro dun caixeiro. A elas, a estratexia actual da banca deixounas desamparadas. Pero chegou un dos damnificados, Carlos San Juan, e aproveitando as oportunidades tecnolóxicas, subiu a Chance.org unha queixa baixo o lema Son maior, non idiota, polo esquecemento que están a sufrir os anciáns por parte dos bancos, que os obrigan a entenderse cunhas máquinas e con internet, e non o conseguen. Quéixase ademais da deshumanización que sofren no trato nas

Carlos San Juan, satisfeito pola campaña. Foto Chance.org

sucursais, cando teñen a fortuna de ter oficina bancaria na súa localidade. Carlos San Juan pedía a firma para solicitar que os bancos atendan ás persoas maiores sen trabas tecnolóxicas e con máis paciencia e humanidade. E que manteñan oficinas abertas onde poida atenderche unha persoa, que non todo sexa por Internet. E tivo unha repercusión brutal. Leva conseguidas 647.950 firmas, e chamou a

atención do Goberno, que de inmediato aprobou a actualización do Protocolo Estratéxico para Reforzar o Compromiso Social e Sostible da Banca, coa que se da de prazo un mes para que a banca propuxéselle un plan de medidas. Por exemplo Banco Santander, Abanca e BBVA xa ampliaron o seu horario de atención. Pero Carlos San Juan no é o único nesta loita, a Asociación de Xubila-

dos e Pensionistas de Lugo, xa leva movilizándose tempo, con manifestacións e mesmo ven de convocar un boicot a realizar operacións con tarxetas de crédito para o 5 marzo. E de momento, o manteñen, pois ainda desconfían dunhas medidas e declaracións que poideran quedar en nada, en canto este novo movemento dos maiores deixe de estar no centro de atención mediática. E fan ben.•


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

REPORTAXE FOTOGRÁFICO Festas

Arrincou o Entroido cos Xoves de Compadres e Comadres

Sober é outro dos lugares onde todavía se mantén a tradición dos xoves de compadres e comadres. Este ano, a parodia chamouse Sober Fest, no que participaban os Tanxugueiros, nos que a voz cantante tíñaa o boneco coa máscara do alcalde Luís Feernández Guitián. (Foto superior: GPCS)

Arrincaron as festas do Entroido en Monforte, co tradicional Xoves de Compadres, que congregou moita parroquia con ganas de troula na Praza de España. Tamén nos barrios como o de Carude celebrouse a festa. As Imaxes da esquerda son da Praza de España, e a superior da Capilla de Carude. (Fotos: MONTERO)


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 17

ENTRAMBASAUGAS:

A PRESENZA FRUSTRADA DE ROSALÍA DE CASTRO EN CHANTADA

Xosé Lois GARCÍA

• Hai temas tan desvariados e faltos de ética que merece a pena enumerar seus significados e símbolos burlados por directorios que se cren ter o mundo nun puño, pasar anos desapercibidos e dando saltos a lebre. Isto vén a conto polo fraude que se lle fixo a Rosalía de Castro en Chantada, e por un revelador texto que atopo nas redes, asinado por Lala, que me abre os ollos e aléntame a entrar deslizado no tema. A dita asinante sinala: “Muy cerca de la plaza de Santa Ana de Chantada se emplaza el parque Eloísa Ribadulla verdadero pulmón de la ciudad. Anteriormente se denominaba parque de Rosalía de Castro”. Este texto posicióname e, mesmo, catapúltame cara unha autodisposición de confirmar exactamente o que sinala Lala, que no antigo espazo do campo da feira configurouse un novo e agradábel parque público dedicado á poeta maior de Galiza, Rosalía de Castro. Integrándose así á enorme mobilidade universal e posta en valor, con súbita e alta visibilidade, de poder acadar no firmamento o nome de Rosalía que se lle deu a unha estrela; seu nome e imaxe vai en avións noruegueses no temón estabilizador de cola, así como noutros avións de Iberia; o aeroporto de Compostela leva o seu nome; teatros, bibliotecas, institutos de ensino; prazas, parques, estatuas, placas lembradoiras, tamén alí ten presenza Rosalía. Isto culmina dignidade vinda de tódalas latitudes cara Rosalía. Todos estes resplandores da nosa poeta, tamén se recollen extraordinariamente nas vilas de maior rango institucional e transcendencia de Galiza. Chantada está dentro dese organigrama de ático rango como vila importante e cabeceira e capital de Comarca, de Partido Xudicial, e nutrida dunha vasta historia que enxalza o seu territorio. Mais ao pouco tempo de ou-

Busto de Rosalía de Castro. (Foto: MODESTO VARELA). (Aportada por XLG)

torgarlle a este espazo feiral o nome de Rosalía, o consistorio o retira e o cambia polo da pediatra e doutora Eloísa Rivadulla. Sinxelamente a un venlle á cabeza unha ocorrencia moi doméstica: “Santa Rita, Rita; o que se dá non”... Que seriedade ten unha institución municipal que debe proceder en rigor con estas cousas tan serias e tratándoas frivolamente, referíndose a unha personalidade tan relevante como é Rosalía. Trasladando o seu nome a unha pequeneira rúa na periferia de Chantada, no barrio da Lama das Quendas. Mesmamente enténdese como unha depreciación e, aínda máis, como un acto de minimizar o potencial creador do espírito universal rosaliano. Isto clarifica o talante cultural e político que locen non poucos rexedores públicos. Un remoe estas cousas valéndose dun refrán moi atinado e significativo, na medida e talla de certas conductas: “Onde non hai cepos, non se poden facer achas”. Mais a catadura das persoas que conseguiron reducir a Rosalía en Chantada, moitos deles están mortos, aconteceu a finais do século XX. Viñeran do leste ou do oeste, foran encarnados ou marróns, non se distinguen nas elocuentes impertinencias e dos sen sabores que deixan uns e outros cando pasan pola casa grande do fondo do Cantón. Quero retomar a figura indispensábel para Chantada da pediatra Eloísa Rivadulla (Lilita), que fixo severa irmandade en salvar vidas infantís en anos deprimen-

tes e inseguros. Eu fun un daqueles nenos do último lustro da década de 1940 e do primeiro de 1950, encollido na pelame daqueles anos escuros e reprimidos, en que a Doutora Rivadulla non se afastou dos perigos que lle acontecía á súa irmandade infantil, realizando prodixios e protexendo, non en son de caridade, a familias con fillos nun estado de carencias sanitarias moi acentuadas e que ela superou estes extremos deficitarios. Eloísa Rivadulla (Sada, 1911-Chantada, 1987), era filla de Benito Rivadulla, director da filial do Banco Pastor en Chantada, activista político e fundador do Partido Galeguista chantadés. Na guerra civil e posfranquismo tivo graves problemas co réxime. Teño elocuentes informacións das penumbras da familia Rivadulla, contadas polo meu saudoso amigo, Leonardo Fernández Souto (o Garrido de San Pedro de Líncora), que foi o secretario xeral do Partido Galeguista chantadés. Na morte da miña mai apareceron na miña casa Leonardo e Lilita, deume unha nova que eu non sabía: que era amiga da miña proxenitora e a min salvárame a vida dunha manifestación inicial de meninxite. Quedamos de vernos os tres e ao pouco tempo finou. Dados os precedentes humanistas e existenciais desta benquerida e popular pediatra, era merecente dun espazo co seu nome, que agora ten nese parque e, mesmo, o Colexio Público Eloísa Rivadulla, que posúe por seus méritos exemplares. Ao contrario, sería unha deslealdade á persoa eficiente que salvou moitas vidas. Até aquí moito ben. Mais qué é iso de espir a un santo para vestir a outro? Só unha mente reducionista e de mal tempero fai estas cousas de mala catadura. Ao marxe do parque de Rosalía de Castro, non pensaron os rexedores doutro espazo, incluso superior ao mencionado? Para dar o nome da doutora Rivadulla revocaron o parque consolidado e normalizado co nome de Rosalía. Extraordinaria falcatruada tan avultada por parte do alcalde e consistorio de quenda, que determinaron ese proceder.

A pediatra Eloísa Rivadulla. (Foto: ROI FERNÁNDEZ). (Aportada por XLG)

Non me interesa indagar nin o nome dos que tomaron esa decisión de mudanza, nen a afiliación política á que pertencen. Ao final todo fica en cacicada e revoltos no mesmo cesto. A presenza de Rosalía ficou deostada en Chantada. Con todo ábrese outro capítulo de sorpresas ao redor da nosa poeta. Fai poucos meses que fun convidado a Padrón pola Fundación Rosalía de Castro á presentación dun libro de Carlos Rodríguez Dacal, titulado: Rosalía en verde (Xardíns, Monumentos e Plantas). Nestas páxinas sorprendeume a presenza dun busto de Rosalía nun reducido e apartado lugar, preto do campo de fútbol de Sangoñedo, a un quilómetro de Chantada, e xa en territorio da parroquia de San Xurxo de Asma (Centulle). Tal escultura foi tallada por un dos alumnos do obradoiro de cantería que deixou no recinto da obra. Atopándose coa sorpresa, Araceli Gómez, o xardineiro Modesto Varela e algún responsábel máis, levárona ao espazo indicado, preto do río Asma. Ao pouco tempo desapareceu. Modesto procurárono no río, até que despois de moitos anos, en 2019 apareceu nese lugar en que fora depositado e non moi apropiado para darlle visibilidade a Rosalía. Mais a euforia deste profesional da xardinería polo reencontro vital con ese busto, mobilizou as súas emocións líricas e compuxo o seguinte poema, titulado: “A Rosalía grazas por voltar”, sigue o poema: “Douche as

grazas por voltar, / de onde nunca te deberan de sacar, / Onde andarías?, onde estarías agochada? / Co ben que estarías aquí chantada... // Vendo aos paseantes, / ollando aos pescadores / como estabas antes... / Por qué te secuestraron eses atracadores. // Desfruta libre, do verde que tes ao redor, / Escoita o cantar das mansas augas do Asma, / Deséxoche isto, Rosalía con amor, / E sen perder nunca a calma. // Que praza máis fermosa tes... / Que grande ti es... / Segue aquí sempre encantada, e desfruta sempre de Chantada”. Fala mais a épica dos sentimentos populares que a combustión lírica que tantas veces nos atrapalla e nunca profana. Síntome representado nestes versos do xardineiro Modesto Varela. Mais Rosalía aínda non foi reparada dese agravio cometido por burócratas secundarios. Por urbanitas que consideran que o mundo está a seus pés. En Chantada temos catro trobadores do século XII e XIII, ningún político ten considerado esa presenza e nada teñen feito por darlles visibilidade. Até que uns produtores de queixos do noso rural déronlle o nome dun dos trobadores chantadeses: “Queixería Airas Moniz”, cuxos produtos recollen méritos e premios nacionais. Así é como se fai país, dando relevancia a un cantor da terra como foi Airas Moniz de Asma. Mentres os desnortados descodifican a ovación dos poetas, en vez de evocalos. •


18 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

CULTURA

O BNG tamén conmemorou o centenarioa da IV Asemblea Nacionalista. Foto Montero.

Centenario IV Asemblea Nacionalista de Monforte • O BNG sumouse á conmemoración cunha charla coloquio na Casa da Cultura Lois Pereiro

Homenaxeouse á militancia histórica no Sur de Lugo

• Redacción. MONFORTE

O BNG sumouse aos actos de conmemoración da IV Asemblea Nacionalista de Monforte que se celebraban o pasado sábado da man do Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedrayo e Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Concello de Monforte, a Deputación de Lugo, Vicepresidencia de Cul-

tura e Rurallure. E fíxoo organizando unha xornada cun interesante programa que tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte, ao que só faltou Ana Pontón, debido ao naufraxio do Vila de Pitanxo, e que incluíu unha conferencia do director dá Cátedra de Memoria histórica dá UDC Uxío-Breogán Diéguez Cequiel sobre "A IV Asemblea Nacionalista e as Irmandades da Fala" e un coloquio no que se de-

bateu sobre a militancia política durante a ditadura, nunha mesa conformada por Jose Manuel Rodríguez Martínez, Lois Dieguez Vázquez, Marisa Vázquez Barqueiro e Olalla Rodil, moderado por Rosa Ana Prieto. Con posterioridade, tivo lugar ás portas de entrada do antigo mosteiro de San Vicente do Pino, unha homenaxe á militancia histórica no nacionalismo no sur de Lugo, no memo lugar no que se

fixo a mítica foto da IV Asemblea Nacionalista en 1922, coa presenza de persoaxes tan significativos para á historia do nacionalismo galego como Castelao, Otero Pedrayo, Villar Ponte, Ánxel Casal, Antón Losada Diéguez, Manuel Antonio e Roberto Blanco Torres, entre outros. Coa presenza da vicevoceira nacional do BNG, Olalla Rodil, fíxose entrega dunha rosa a algúns dos principais protagonistas da militancia nacionalistano sur de Lugo durante as últimas decadas. Quixo o BNG render homenaxe a figuras coma Xosé Lois Cortés, Francisco Costa, Lois Diéguez, Alfonso Eiré, Xosé Estévez, Branca Neves Fernández, Manuel Figueiras, Xosé Figueroa, Saleta Goi, Xosé Lois López de Prado, Xosé Manuel López, Emilio López, Fina López Sueiro, Emilio Martínez, Francisco Xavier Moure,

José Manuel Moure, Dores Nieves García, Xosé Manuel Pavón, Francisco Pardo Capón, Vicente Pardo Capón, Cosme Eladio Pombo, Xosé Manuel Rodríguez, Manuel Rodríguez Mosquera, Xan Antón Rodríguez Vázquez, Pilar Saavedra Codesido, Xosé Lois Soutelo Goiáns, Celsa Varela García, Fernando Carlos Varela García, Marisa Vázquez Barquero, Laura Vázquez Sobrado, Manuel Veiga Taboada ou Xesús Verao Pérez. Converteuse o evento nunha honra á memoria de outros moitos que tamén traballaron durante o franquismo abrindo o camiño nuns tempos difíciles. Algúns dos homenaxeados, que estaban presentes no acto, posaron nas escadas de entrada do actual Parador, emulando a aqueles que fai cen anos lles marcaron o camiño que percorreron na súa vida.•


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 19

CULTURA

Militantes nacionalistas históricos do Sur de Lugo, emulando a mítica foto da IV Asemblea Nacionalista. Foto BNG.

Cen anos soñando o destino • Éxito da xornada de homenaxe e de estudo, coordinada, entre outros, pola profesora e poeta Olga Novo

• Redacción. MONFORTE

Imaxe do acto inaugural das xornadas de estudo levadas a cabo na Casa da Cultura Lois Pereiro. Foto GGVDL..

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou na inauguración da xornada “Cen anos soñando o destino” organizada polo Consello da Cultura Galega para lembrar o centenario da IV Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Maite Ferreiro destacou “a necesidade deste tipo de actos de homenaxe, estudo e análise para ampliar e socializar o coñecemento do traballo que se levou adiante no ámbito das Irmandades da Fala e nas sucesivas asembleas nacionalistas, brutalmente interrumpido polo golpe de Estado do 36 e polo franquismo,

que afogou o devir político, económico e cultural de Galiza”. Tamén interveu a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que destacou a implicación do Concello, “mantemos un compromiso coa cultura firme e decidido, e apoiar e fomentar xornadas como esta, que nos achega de forma directa o noso pasado, é fundamental, porque so coñecendo a nosa historia, poderemos construír axeitadamente o noso futuro”. Houbo tamén unha lectura pública por parte de alumnado do IES A Pinguela de Monforte que, fronte ao Mosteiro de San Vicente, declamaron textos das persoas que participaron na IV Asemblea Nacionalista. •


20 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

CULTURA • Redacción. MONFORTE O vindeiro sábado 26 de febreiro, ás 20 horas, con entrada libre, o Auditorio Municipal de Chantada acollerá a estrea da curtametraxe A rosa incandescente, dirixida por David Vázquez. O filme, que está baseado nun guión de Anxos García, quen tamén asume o labor de produción, rodouse no Pazo de Sabadelle, en Chantada, e no seu contorno. A guionista e produtora, Anxos García, profesora en Pontedeume, ideou durante o confinamento un proxecto didáctico e cultural baixo o nome de A rosa incandescente, que inclúe moito maís ca película, trátase de toda unha aventura de investigación e creatividade, vinculado ao mundo de Rosalía, que dalgún xeito, Anxos García asumíu como propio, e quixo reflexalo ben a través das redes, a través do libro Encanta se ri, conmove se chora, do que é coautora xunto con Glafira Fernández-Campoamor, e no que se recolle de forma explícita todo o proceso creativo que a levou ao desenrolo do proxecto de curtametraxe que agora estréase en Chantada. Pero neste proceso, non camiñou soa, de feito, A rosa incadescente é antes que nada un proxecto colectivo, o fruto dun traballo en común levado a termo por persoas entusiastas e aplicadas. Unha delas, figura que a autora atopou por casualidade cando buscaba localizacións para a rodaxe da sua historia, é David Vázquez, Pinancho, un cineasta xa moi recoñecido no mundiño audiovisual galego, tanto en ficción como en traballo documental, especialidade coa que obtivo un especial recoñecemento en festivais de todo o mundo coa exitosa longametraxe Asolagados. Pero non é o único, en A rosa incandescente, hai que destacar o impecable traballo de pescuda e deseño de vestuario de Ana Gesto e Leonor Beiroa, na búsqueda da moda dos anos 60 do século XIX. Tamén é sustancial a dirección de fotografía que correu a cargo de Bruno Maez, que a pesar de que estamos ante unha produción de medios modestos, conseguiu unha textura de cor impecable, tal e como se aprecia no trailer xa presentado. A banda sonora é obra da pianista ortegana Tamara Lorenzo Gabeiras. E finalmente hai que destacar o notable traballo interpretativo da chantadina Alba López, que encarna de xeito brillante o papel dunha Rosalía de Castro máis xove do que estamos acostumados a ver, un reto que afrontou con respeto e ilusión. •

Cine

Chantada acolle a estrea de A rosa incandescente • A curtametraxe, dirixida por David Vázquez, achégase á figura dunha xove Rosalía de Castro


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 21

DEPORTES

Novas en breve

O Neka quere competir no Mundial de Corea

O Ucoga CB Chantada gañou en León 61-65

O Neka está traballando arreo para conseguir os cartos que lle permitan competir no Mundial de Corea en Abril, despois dos éxitos acadados por Aitor Teijeiro, Alex Camba, Lucía Roca, Carlos Rey, Laura Álvarez, Marco García, Karla Novo e Dani Areán.

Ucoga Chantada visitaba León para xogar contra o Leclerc, segundo clasificado, partido aprazado da xornada 17, e conseguiu unha moi traballada vitoria cun gran partido de Rui Nery (17 pt, 4 reb, 6 as), o que lle permite non descolgarse da loita polos postos altos.

Atletismo

Volve a carreira popular a Monforte • Tratase da edición número XII deste xa tradicional evento deportivo logo de que a pandemia de Covid-19 non permitira celebralas nos anos 2020 e 2021 • Redacción. MONFORTE Aos poucos, a pesar de que o número de contaxios da nova variante Omicron segue sendo moi elevado, e o número de falecidos moito maior do que puidese parecer a primeira vista, dada a considerable menor atención que os medios de comunicación estamos a dedicarlle a esta sexta onda, a sociedade, cansada de restricións, volve paulatinamente a recuperar costumes e eventos anteriores á pandemia. Un dos que tamén agora recupérase é a tradicional Carreira Popular de Monforte, que despois de verse suspendida en 2020, e cancelada a súa organización en 2021, alcanzará este ano 2022 a súa XII edición. Así o confirmou o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois da aprobación, na sesión da Xunta de Goberno municipal, do regulamento correspondente á “XII Carreira Popular Concello de Monforte 2022”, que se celebrará o domingo 3 de abril de 2022. O Alcalde monfortino sinalou que “seguimos adiante coa organización do que é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello, e celebrarémola, se as circunstancias sanitarias nolo permiten, co obxectivo de ir recuperando a normalidade no calendario de actividades anuais do Concello, despois do parón a consecuencia da pandemia da COVID-19”. O evento, organizado polo

Concello, a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade dos participantes. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN Todas as persoas interesadas en inscribirse no evento poderano facer, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web www.monforte10k.com ou da plataforma de inscricións www. ccnorte.com. É precisamente a estrea da páxina web www.monforte10k.com unha das novidades na edición da carreira popular deste ano. Trátase dun espazo específico que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.). Ademais da carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, haberá catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios. Haberá premios económicos: para os tres primeiros clasificados da carreira absoluta nas categorías masculina e feminina de 300€, 200€ e 100€.•


22 • EC // Nº 360 Febreiro 2022

SOCIEDADE Cine

Protagonismo do sur de Lugo na gala dos Premios Goya deste ano • O soberino Chechu Salgado obtivo o

Goya como mellor actor revelación e Zeltia Montes do Saviñao, o Goya á mellor música orixinal, nunha gala dirixisa polo monfortino Dani de la Torre

• Gonzalo L. Torres.

Non é algo que pase todos os días, así que o ocorrido nos Premios Goya deste ano, é un motivo máis que suficiente para que neste recuncho do sur de Lugo, aproveitemos e saquemos peito, que non sempre atopamos motivos para facelo. E é que a cousa xa empezaba ben, pois a Academia de Cinema, encargara ao monfortino Dani de la Torre a dirección da gala, traballo complexo e difícil e suxeito habitualmente a duras críticas. Este ano o realizador tentou axilizar e mellorar o ritmo da entrega de premios, o que sen dúbida conseguiu, o que non é pouco, e apostou por que non houbese un presentador ou condutor da gala, o que non parece que terminase de convencer, a teor do visto nas críticas e opinións dos concienzudos expertos en televisión. En todo caso, parabén a Dani de la Torre, por atreverse con este reto maiúsculo e saír airoso. Pero o noso gozo non terminaba aquí, tiñamos a dous paisanos nomeados. O actor soberino Chechu Salgado, ao Goya ao mellor actor revelación polo seu papel en Las leyes de la frontera, e a compositora Zeltia Montes, orixinaria do Saviñao, á mellor música orixinal, pola súa participación na película El buen patrón. E obtivemos un pleno. Os dous resultaron gañadores dos seus respectivos Goyas. Chechu Salgado é xa un actor moi recoñecido en Galicia, sobre todo a partir da súa participación en Serramoura da TVG, que lle serviu de trampolín para dar o salto a nivel nacional, con papeis en series tan míticas como Fariña, e multitude de películas. O Concello de Sober, ven de elexilo para ser o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 9 e 10 de abril. O actor manifestou sentirse moi agradecido e “desexando que chegue ese día que vai ser inesquecible”. Tamén O Presidente da Deputación José Tomé, fixo un “recoñecemento aos seus talentos e traballos, que son un orgullo para a provincia. Grazas a persoas como vós, Lugo é unha provincia de cine”. •

Zeltia Montes e Chechu Salgado cos seus respectivos Premios Goya


EC // Nº 360 Febreiro 2022 • 23

En aberto Música • Esta nova edición que se recupera despois de dous anos suspendida pola pandemia do Covid-19, desenvolverase o sábado 19 de marzo

O Concello de Quiroga recupera a antiga tradición dos Cantos de Taberna O Concello de Quimento vellas cancións • Redacción. MONFORTE roga, a través da Área e chanzas agora case de Xuventude, orgaesquecidas. Esta nova niza unha nova actuaedición que se recución dos "Cantos de Taberna", co pera despois de dous anos desenvolobxectivo da recuperación das no- verase o sábado 19 de marzo. Nestes sas tradicións musicais. Os cantos V Cantos de Taberna cada agrupanas tabernas foron unha maneira ción musical participante realizará de divertimento, de ocio e un xeito unha actuación de 20 a 25 minutos de producir e manter a tradición en cada establecemento, e rematamusical da comarca. rán todos xuntos cunha gran foliaOs cantos de taberna tiñan unha da.Poden participar gratuitamente gran tradición en Galicia, eran o todas as agrupacións que o desexen modo de entretemento tradicional cun mínimo de 5 participantes e nas cantinas, onde era típico que un máximo de 12. Para inscribirse pandas de amigos non só compar- teñen que anotarse na Casa da Cultisen as súas cuncas de viño, senón tura antes do día 15 de marzo, ben que tamén cantaban a capela ou ás persoalmente ou a través do telf: veces acompañados dalgún instru- 982.43.51.25.•

Formación

Cursos gratuitos para desempregados no IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte acolle desde marzo ata xuño 3 cursos AFD destinados preferentemente a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. Os cursos son de balde e as prazas limitadas. - Do 7 de marzo ata o 5 de xullo: Curso de Arranxos e adaptacións de prendas e artigos de téxtil e pel. 408 horas en horario de 16.00 a 21.00. - Do 8 de marzo ao 29 de xuño: Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas informáticos. 388 horas en horario de 16.00 a 21.00. - Do 9 de marzo ó 21 de xuño: Servizos auxiliares de estética. 378 horas en horario de 16.00 a 21.00. Os interesados deben de comunicalo na Oficina de Emprego de Monforte.•

Deseño

XXVII Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2022

Esíxense obras de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato será libre. A entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O prazo remata o 24 de abril. Establécese un único premio que será o cartel e a portada do programa das Festas 2021 e dótase con 1.000 euros.•


IES Daviña Rey Oferta educativa 2022-2023 ESO: Reserva en ESO e BAC: Optativas ● Programación

DO 1 AO 20 DE MARZO Aulas dixitais todos os grupos ESO e BAC Reserva en ciclos de FP Programas Europeos #FPGalicia

A PARTIR DE XUÑO ESO Proxecto Edixgal Abalar móbil Seccións bilingües Proxecto libros dixitais Aulas dixitais PMAR (Programa para a Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento)

● ●

Promoción de estilos de vida saudables Ensinanzas académicas e aplicadas

Optativas Bacharelato: ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ●

Bacharelato STEM Ciencias, Humanidades, Ciencias Sociais Tecnoloxía industrial / Electrotecnia Debuxo Técnico / Artístico Linguaxe e práctica musical Anatomía aplicada Tecnoloxías da información 2ª Lingua estranxeira, Francés Deseño e impresión 3D Robótica Psicoloxía Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Métodos estatísticos e numéricos Literatura clásica grecolatina

F.P. Básica Mecánica do automóbil / Electricidade

Ciclos formativos (grao medio) Coidados auxiliares de enfermería Electromecánica de vehículos Instalacións de telecomunicacións Atención a Pers. Sit. Dependencia (réxime modular nocturno)

Bacharelato

Ciclos formativos (grao superior)

Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais Aulas dixitais

Sistemas de telecomunicación e informáticos Educación Infantil

Aula MENTOR: máis de 150 cursos de formación on line Teléfono: 982 82 82 00 @ies.francisco.davina@edu.xunta.gal http://www.edu.xunta.es/centros/iesfranciscodavinarey https://twitter.com/IESDAVINAREY https://www.instagram.com/iesdavinarei/ https://www.edu.xunta.es/fp/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.