EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 359, 1ª Quincena Febreiro 2022

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 17 - nº 359

1ª Quincena Febreiro 2022

Protagonistas Lemos Sarria Chantada Quiroga

Os chantadinos Fábrica de Espejos, primeiro grupo galego confirmado no 17º Ribeira Sacra Festival

Quincenal comarcal gratuíto

EnComún // Crónica do Sur de Lugo

Monforte conmemora os cen anos da IV Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala Celebrarase unha xornada de homenaxe e de estudo o día 19 de febreiro na Casa da Cultura Lois Pereiro

ESPECIAL FITUR 2022 Galicia e o Sur de Lugo amosan o seu potencial turístico

MONFORTE

Novas Monforte

O Polígono do Reboredo terá 14.000 m2 dispoñibles para a súa venda ECONOMÍA P.6

P.19

As obras na Estación de Sarria inclúen unha nova pasarela peonil Adif adxudicou o tratamento de plataformas e cruces nas estacións ferroviarias de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa P.9

A voltas co médico en Pantón A Xunta insiste en que o centro de saúde de Ferreira de Pantón mantén e manterá a tres prazas de facultativo asignadas P.14

Presentación Alejando Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos Entrambasaugas Os Pardo de Nogueira de Miño, estirpe de rebeldes en Cuba Xosé Lois García


2• EC // Nº 359 Febreiro 2022

AXUDAS

Ata 25.000 Euros para rehabilitación de vivendas na Ribeira Sacra

• Este programa de recuperación de inmobles, dotado de 570.000 euros, está dirixido aos 25 concellos que integran este ámbito supramunicipal

• Redacción. MONFORTE Os veciños da Ribeira Sacra que desexen mellorar o estado actual das súas vivendas dispoñen de axudas de ata 25.000 euros, que xa poden solicitar dende ata o 30 de setembro a través da Sede electrónica da Xunta. Os delegados territoriais da Xunta en Lugo, Javier Arias, e en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá dous inmobles localizados en Ribas de Sil e Esgos que se beneficiaron dunha subvención desta liña de rehabilitación ao abeiro da convocatoria de 2021. Este programa de recuperación edificatoria xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo está dirixido especialmente aos veciños dos 25 concellos O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou que a Xunta convocará este ano un total de 30 millóns de euros en axudas destinadas á transformación e á comercialización de produtos agrarios, o que supón un 15% de incremento con respecto ao consignado na última convocatoria. Así o dixo, nunha charla informativa na que se deu conta desta orde de achegas que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, e na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. José Balseiros puxo de relevo que estas axudas perseguen que se creen novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa

EnComún Depósito Legal: LU 150-06 Cartas al Director: lectores@encomun.es

das provincias de Lugo e Ourense, que conforman esta área supramunicipal, e que disporán dun orzamento de case 570.000 euros para o actual exercicio. Os delegados territoriais recordaron que as actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade. Nese sentido, invitaron aos propietarios de edificios ou vivendas situadas nesta ARI a acollerse a estes incentivos. BALANCE DA CONVOCATORIA 2021 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras

Os delegados territoriais da Xunta en Lugo e Ourense visitaron os traballos de mellora dun inmoble en Ribas de Sil que recibiu unha axuda o pasado ano. Foto GPXG.

nun edificio de cinco vivendas en San Clodio (Ribas de Sil), onde se instalou un ascensor grazas a unha achega de 26.500 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias explicou que nos últimos meses se executaron catorce proxectos de construción ou reforma en sete municipios lucenses ao abeiro do ARI da Ribeira Sacra. Ribas de Sil rexistrou cinco iniciativas, cun total de nove vivendas beneficiarias; en Monforte de Lemos leváronse a cabo tres actuacións, dúas en Taboada, e as

demais en Quiroga, O Saviñao, Chantada e Pantón. Suman un orzamento total de 136.700 euros en axudas. Asemade, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, Mario Rodríguez, visitou esta mañá á comunidade de propietarios de Saramagal, en Esgos, que recibiron unha axuda -de 24.150 euros- para instalar un ascensor nun edificio de doce vivendas. Nesta provincia, a convocatoria pechouse coa concesión dun total de vinte expedientes en nove

• A Xunta investiu preto de 180 millóns de euros nos últimos 10 anos, co gallo de consolidar o carácter estratéxico das industrias agrarias para o desenvolvemento do sector primario

Unha aposta pola transformación e a comercialización de produtos agrarios

existentes na nosa comunidade. O director xeral sinalou que a referida orde ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. Así,

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

• Redacción. MONFORTE poderán optar a estas achegas tanto empresarios individuais como sociedades. Na súa intervención, José Balseiros sinalou que o Goberno galego investiu arredor de 180 millóns de euros nos últimos

Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

10 anos no marco desta liña de achegas , co gallo de consolidar o carácter estratéxico das industrias agrarias galegas. Nesa liña, destacou que as instalacións de transformación e comercialización de produtos agrarios posibilitan a viabilidade das explotacións agrarias, dando valor engadido ás producións

@Ineditor https://issuu.com/gltecmon https://www.youtube. com/channel/UCbOsQ1idtVPAooOhhXFFfQ

municipios ourensáns que integran a ARI. Destacan os concellos de Nogueira de Ramuín, Montederramo e Castro Caldelas, onde tres veciños de cada concello recibiron unha axuda, mentres que nos municipios de Esgos, Parada de Sil, A Teixeira, A Peroxa e Xunqueira de Espadañedo se concederon dúas subvencións en cada un. Pecha a lista A Pobra de Trives coa concesión dunha axuda. En total, os concellos ourensáns desta ARI recibiron un orzamento de 156.511 euros.• e facilitando o seu acceso aos mercados, fomentando ademais a creación e mantemento de postos de traballo, beneficiando o tecido económico das zonas rurais. Na mesme liña manifestouse o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, subliñando que entre 2016 e 2020, preto de 400 proxectos recibiron estas achegas, que contaron cun investimento de máis de 100 millóns de euros, Feijóo aseverou que o Goberno seguirá comprometido co sector: defendendo os seus intereses na negociación da futura PAC; fomentando a súa profesionalización, a través da formación empresarial; ou coa Lei de recuperación da terra agraria, que permite mobilizar terras abandonadas ou infrautilizadas.•

Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 3

TURISMO E SOSTIBILIDADE Calidade Aumentan as empresas co distintivo "Compromiso de Calidad” na Ribeira Sacra • Redacción. MONFORTE

Imaxe do acto no que a Deputación de Lugo, informou sobre as axudas para os anos 2022-2023 ás Reservas da Biosfera. Foto GPDL.

Reserva da Biosfera

Fondos europeos para as Reservas da Biosfera da provincia • En total, as sete reservas de biosfera declaradas en Galicia disporán de máis de 6,4 millóns de euros procedentes do plan de recuperación da UE para investir nestes espazos

• Redacción. MONFORTE A comunidade autónoma percibirá preto de 6,5 millóns de euros grazas a ao plan da UE para o impulso das Reservas. Das catro Reservas da Biosfera da provincia de Lugo, dúas delas, a do Eo, Oscos e Terras de Burón e Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel disporán xunto coa a Reserva de Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerês de ata 1,37 millóns de euros que se canalizarán a través dun plan de actuacións no que xa está a traballar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que incluirá medidas de impacto nos tres ámbitos. XESTIÓN DA DEPUTACIÓN As outras dúas, Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá ambas xestionadas pola Deputación provincial, tamén poderán optar aos fondos europeos do programa Next Generation reservados para a mellora e posta en valor destes espazos naturais. Así llo trasladou aos seus órganos xestores a directo-

ra xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo. Haberá un importe global de 1,85 millóns de euros reservada a aquelas reservas de biosfera que non xestiona de forma directa a Xunta e que as actuacións elixibles ao abeiro desta convocatoria — que se fará en réxime de concorrencia competitiva— deberán ir dirixidas á xestión, promoción e xestión destes espazos, podendo cubrir ata o 100% do seu custo. As catro reservas de biosfera da provincia, de calquera xeito, tamén se poderán beneficiar dunha segunda orde de axudas dirixida a concellos e asociacións ou comunidades de montes que promovan accións de conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, de fomento do desenvolvemento sustentable e da mellora do patrimonio cultural. INFORMACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a pasada semana unha reunión para informar aos concellos e ás entidades asentadas no territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares

Lucenses das características, condicións e requisitos necesarios para concorrer ás liñas de axuda que convocará proximamente a Administración autonómica cos fondos da Unión Europea que recibirá Galicia especificamente para estes espazos naturais a través do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia. CAPTACIÓN DE FONDOS DA UNIÓN EUROPEA Co encontro celebrado, a Deputación cumpre co seu compromiso de informar de primeira man aos axentes asentados no territorio das Reservas sobre as convocatorias de axudas da Xunta con fondos europeos. Así mesmo, segundo destacou o Presidente, a reunión enmárcase no traballo que fai a institución “para captar a maior cantidade posible de recursos da Unión Europea, tanto por parte da propia Deputación, como dos concellos e entidades que forman parte das Reservas da Biosfera, co obxectivo de seguir impulsando o seu desenvolvemento sostible, a nivel social e económico”. “Para nós, é fundamental que os fondos

que chegan de Europa a través do Goberno do Estado se invistan no territorio, sobre todo no rural, porque só así serán realmente eficaces”, asegurou José Tomé. XESTIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS RECURSOS NATURAIS Os fondos do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia para as Reservas da Biosfera están vinculadas á consecución de obxectivos mediante a cuantificación de indicadores e medicións, sendo necesario incluír actuacións de conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais. Trátase dunha axuda de concorrencia competitiva subvencionada ao 100%. Os concellos incluídos no ámbito territorial das Reservas da Biosfera galegas poderán optar a axudas de entre 40.000 e 80.000 euros, mentres que outras entidades como como as comunidades de montes veciñais en man común, asociacións ambientalistas, ONG’s ou entidades de custodia do territorio, contarán con achegas de 10.000 a 25.000 euros.•

Ven de darse a coñecer o informe do comité SICTED 2021 (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo), no pasado mes de decembro, no que se relacionan os establecementos e empresas de servizos turísticos que renovan o distintivo “Compromiso de Calidad Turística” na Ribeira Sacra, así como aqueles que se adhiren por primeira vez. A Ribeira Sacra incorporouse á rede de Destinos SICTED de España en 2020, e entón foron vintecatro as empresas ás que se lle otorgou o distintivol. No informe do 2021, deixa clara a aposta pola calidade do tecido empresarial da Ribeira Sacra, todas as empresas consguiron renovar o seu distintivo de calidade. Ademais, nove conseguiron superar o proceso de evaluación e obtiveron por primeira vez o seu distintivo de calidade turística. Constrúese así unha rede que engloba a diferentes actores e subsectores do turismo comprometidos pola mellora continúa, axudando á diferenciación. As empresas son: Bodega Proencia, Casa das Xacias, Casa de las Flores, Casa do Polo, Casas Quo Vadis, Eurotaxi Quiroga, genuine Galicia, Monasterio de Santa Cristina de Ribas de Sil, Viajes Hemisferios, Adega Condado de Sequeiras, Apartamentos Ribeira Sacra, Apartamentos Río Sil, Casa Darío, Casa do Romualdo, Casa Grande de Covas apartamentos turísticos, Casa- Museo Fábrica de Chocolate, Casa Rural O Canto da Terra, Casa Santiago, Casa Solveira, Casa Vistaboa, Enoturismo Galicia, Hotel Condes de Lemos, Hotel Mogay, Máis que Románico Rutas, Novas Rutas, Remanso dos Patos, Oficina de Turismo Concello de Chantada, Oficina de Turismo Concello de Parada de Sil, Portomiño, Restaurante A Cantina, Rural Luxury Pombar y Siltrip.•


4• EC // Nº 359 Febreiro 2022

INICIATIVAS Entroido

O Alcalde anima a participar no Entroido de Monforte

• Logo da publicación por parte da Consellería de Sanidade do protocolo de medidas básicas para o desenvolvemento do Entroido, este permite a celebración desta festa • Redacción. MONFORTE O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anima á participación de todos os monfortinos e monfortinas na celebración do vindeiro Entroido, logo de que a Consellería de Sanidade publicase o protocolo de medidas

básicas para o desenvolvemento do mesmo, protocolo que permite a celebración desta festa. UN ENTROIDO SEGURO José Tomé sinala que “dende o Concello seguimos traballando para desenvolver con normalidade o noso calendario anual

de actividades. E tal e como xa fixemos coa Cabalgata de Reis, desenvolveremos un Entroido seguro, dacordo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias”. MASCARILLA OBLIGATORIA O protocolo ditaminado polas

autoridades sanitarias recolle unha serie de medidas básicas encamiñada a garantir o uso seguro dos espazos públicos no exterior. Neste senso, incide na obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, a distancia interpersoal ou a hixiene de mans. Da mesma forma, a utilización

Imaxe de arquivo do Entroido de Monforte do ano 2020, pouco antes da declaración de estado de alarma. Foto ENCOMÚN.

XVIII Feira Medieval

Aberto o prazo para solicitar a participación

• Celebrarase o sábado día 16 e o domingo 17 de abril de 2022, coincidindo co fin da Semana Santa • Redacción. MONFORTE Aínda que paradoxalmente, o número de contaxios por Covid-19 está alcanzado as cifras máis elevadas durante toda a pandemia, o Concello, está paulatinamente recuperando os eventos festivos tradicionais de Monforte. En Nadal celebrouse cabalgata, recupérase o

Entroido e xa está en marcha a preparación da XVIII Feira Medieval. O dous pasados anos non se puido celebrar, pero agora xa se traballa nunha das propostas máis exitosas do panorama festivo monfortino. Como ben sinala o seu alcalde José Tomé, “A Feira Medieval de Monforte é un dos maiores eventos da cidade a nivel cultural e comercial, xa que represen-

ta un atractivo turístico e axuda a atraer visitantes a Monforte e o conxunto da Ribeira Sacra. Queremos que a xente a poida seguir incluíndo dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa, e traballamos para que así sexa”. Lembra o mandatario monfortino que "por mor da pandemia non se puido celebrar nin en 2020 nin en 2021 o

que é un dos eventos máis destacados e que máis xente atrae a Monforte, pero o pasado ano dende o Concello elaboramos dous vídeos promocionais con actores de renome co obxectivo de non esquecernos da Feira Medieval e que servisen de impulso para volver con máis forza neste 2022”. E comeza xa o Concello a traballar, de xeito xa está aberto o prazo para solicitar a participación na XVIII Feira Medieval de Monforte que se celebrará o sábado día 16 e o domingo 17 de abril de 2022. Segundo se especifican nas bases da convocatoria, o 28 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 16 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedele-

da vía pública para a celebración de desfiles ou exhibicións de música ou baile deberá desenvolverse nas condicións que determine a autoridade municipal correspondente, polo que dende o Concello traballase para garantir a celebración dos mesmos, velar polo cumprimento das medidas de seguridade, hixiene e distancia interpersoal vixentes. 18.000 € EN PREMIOS “Os nosos veciños poden estar tranquilos, que dende o Concello traballamos para que o Entroido deste ano, logo de que o ano pasado non o puideramos levar a cabo, se celebre de xeito seguro”, subliñou o rexedor monfortino.“Por iso, animamos ós veciños e veciñas de Monforte a que participen nos diferentes concursos convocados polo Concello para este Entroido 2020”. Hay 18.000 € en premios. O primeiro dos eventos do Entroido monfortino será o concurso do Xoves de Compadres, que se celebrará o 17 de febreiro. O 24 de febreiro, acollerá o Xoves de Comadres. Finalmente, o Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 1 de marzo. As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán de data límite para ser presentadas o vindeiro 16 de febreiro ás 14 horas; no concurso do Xoves de Comadres, o último día para inscribirse será o 23 de febreiro ás 14 horas; e finalmente para o desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido, o prazo rematará o 24 de febreiro ás 14 horas.• mos.es) a listaxe de admitidos e admitidas, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición. Admitiranse tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. E darase prioridade ás solicitudes de vendedores de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá. O Alcalde salienta que “con esta convocatoria seguimos traballando na organización das actividades propias do calendario de eventos anual do noso Concello, neste caso a Feira Medieval, cumprindo así co noso compromiso de volver a recuperar a normalidade fronte a covid-19, sempre que sexa posible segundo evolucionen as circunstancias determinadas pola pandemia”.•


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 5

AXUDAS

A Xunta aposta polo ‘fermosismo’ en edificacións particulares e municipais de toda Galicia • O Goberno galego

puxo en marcha en 2021 estas novas liñas de subvención, coas que axudou nun total de 222 municipios • Xa está aberta ata o 21 de febreiro a convocatoria para particulares deste ano, no que se simplifican os trámites • Redacción- MONFORTE. A Xunta achegou, ao longo do pasado ano, 2 millóns de euros a 445 familias e 66 concellos para corrixir impactos paisaxísticos de edificacións particulares e municipais en toda Galicia e, polo tanto, para apostar polo fermosismo. Tratouse dun programa pioneiro, impulsado por primeira vez en 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e cuxa convocatoria inicial foi moi ben acollida tanto por parte dos cidadáns como polas entidades locais galegas, recibindo máis de 800 solicitudes en poucos días. Foron un total de 445 particulares de 178 concellos os beneficarios das axudas para acometer diferentes obras sobre os seus inmobles, incluíndo traballos de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas ou acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento, recibindo preto de 1,2 millóns de euros, cun importe equivalente ao 70% do orzamento do investimento subvencionable e un límite máximo de 3.000 euros por persoa. En canto á orde dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes, 66 municipios recibiron o apoio económico da Xunta en 2021 para levar a cabo diferentes intervencións

de mellora sobre edificios e outros equipamentos baixo a súa titularidade. A convocatoria tiña dúas liñas diferenciadas: unha para actuacións en edificios ou dependencias destinadas á prestación de servizos municipais e outra para melloras en equipamentos públicos como fontes, lavadoiros, palcos de música e hórreos. Os 800.000 euros dispoñibles para ambas liñas tamén se esgotaron e as entidades locais beneficiarias recibiron ata un máximo de 25.000 euros se a actuación subvencionable tiña como fin intervir sobre un edificio municipal, e de ata 10.000 euros en caso de que o ben obxecto de acondicionamento, reparación ou rehabilitación fose unha fonte, un lavadoiro público, un

palco da música ou un hórreo. NOVA CONVOCATORIA DAS AXUDAS En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta volveu apostar este ano por brindar o seu apoio económico a aqueles cidadáns e concellos que executen actuacións de renovación, mellora e acondicionamento sobre edificacións e equipamentos que repercutan de forma positiva na súa contorna. De feito, xa convocou de novo as dúas ordes de axudas dirixidas a propietarios particulares e concellos co fin de apoialos na execución de actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos en vivendas, edificios e equipamentos públicos de titularidade municipal pro-

Imaxe do estado anterior e posterior á actuación de mellora subvencionada polo IET nunha vivenda de Melide. (Fotos : GCXG)

vocados polo paso do tempo ou unha mala conservación. Volverán contar cun orzamento de 2 millóns de euros. Na convocatoria de 2022 simplifícanse os trámites, redúcese a documentación a presentar e amplíase o ámbito das actuacións subvencionables. As ordes de axudas xa saíron publicadas no DOGA e, no caso dos particulares, o prazo de solicitude, a través da Sede Electrónica, remata o día 21 de febreiro. A PAISAXE, FACTOR CLAVE NA CALIDADE DE VIDA E O BENESTAR A paisaxe contribúe a mellorar a calidade de vida e o benestar dos cidadáns xa que a contorna das persoas inflúe na súa acti-

vidade diaria, polo que é importante protexer a diversidade paisaxística de Galicia. A tal fin, este ano vólvense convocar estas axudas xa que, por unha banda, repercuten directamente na economía dos galegos, que poden obter así unha subvención para corrixir impactos paisaxísticos nos seus inmobles; e por outra, contribúen a que teñan unhas óptimas condicións de vida, mediante o apoio aos concellos a través do financiamento de actuacións de renovación, remate e mellora en edificios destinados á prestación de servizos municipais e en equipamentos que, sendo de titularidade municipal, son de uso ou desfrute para o conxunto da poboación.•


6• EC // Nº 359 Febreiro 2022

POLÍTICA LOCAL

ECONOMÍA

Monforte • O pasado 31 de xaneiro, o Concello de Monforte sufriu un ataque á web oficial municipal

Os hackers rusos tamén atacan aos concellos do rural galego • Redacción. MONFORTE Coa situación que se está a vivir na fronteira entre Rusia e Ucraína, todos estamos familiarizados coas características das novas guerras do século XXI, nas que non só hai tanques e soldados por todas as partes, senón que tamén se libran no ciberespazo, ámbito no que Rusia é tamén unha gran potencia. Son coñecidos os ataques de hackers rusos a entidades públicas. Lembramos a súa influencia nas eleccións norteamericanas, e tamén o colapso que produciron en en SEPE hai uns meses. Agora o Concello de Monforte viu como a súa web municipal oficial sufría un ataque informático, previsiblemente a cargo dun hacker ruso que inhabilitou esta web durante varios días. Os técnicos informáticos do Concello sinalan que en ningún momento se roubaron datos de ningún usuario ou cliente, nin datos da web; tratouse dun ataque de spam, por iso aparecía publicidade non desexada na páxina de inicio da web e que a Sede Electrónica do Concello non se veu afectada por dito ataque en ningún momento, sendo o seu funcionamento normal. •

O Polígono do Reboredo terá 14.000 m2 dispoñibles para a súa venda • Despois de que o Concello decidira revocar os contratos de compra de nove parcelas • Redacción. MONFORTE O Equipo de Goberno doConcello de Monforte acordou revocar os contratos de venda de nove parcelas do Polígono do Reboredo que se firxeron nos anos 2006 e 2007. Os compradores, asumiran entón en base as cláusulas fixadas, a obriga de materializar os seus proxectos industriais nun prazo máximo de cinco anos. Pero estes compromisos xamáis se cumpriron. A intención do Equipo de Goberno é facer valer os contratos asinados e revertir ao Concello a propiedade das parecelas.

Tan pronto se complete este proceso administrativo, a idea e facer un novo concurso para a sua venda, e que estén dispoñibles para todos aquelees interesados. Sinala o Alcalde José Tomé que “as 9 parcelas que poremos a disposición de todas estas empresas interesadas, suman un total de 11.749,56 metros cadrados, ós que hai que sumar outras 2 parcelas de titularidade municipal, unha de 1.076,95 m2 e outra 1.150,91 m2, o que suma en total 13.977,42 m2, o que creo que é unha superficie certamente importante que contribuirá a seguir aumentando o listado das empresas que conforman este polígono”. •

PP Monforte

O PP reclama a creación dunha unidade de atención temperá municipal

• Celebrou unha reunión de traballo coa participación de Elena Candia e Francisco Conde • Redacción. MONFORTE O Partido Popular de Monforte celebrou unha reunión de traballo cos seus militantes que contou coa participación da presidenta provincial, Elena Candia; o vicepresidente, o monfortino Francisco Conde; e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro. Por outra banda, Katy Varela lamenta que o alcalde “continúe

enrocado” en non solicitar as axudas para crear unha unidade de atención temperá neste municipio. Segúna a portavoz do PP, Tomé “mentiu” cando dixo publicamente que esta unidade do hospital de Monforte estaba pechada. “Non o está e, aínda que o seu desenvolvemento se viu interrompido pola crise sanitaria, actualmente continúa en formación, pero en absoluto se pechou”.•

Katy Varela sinala que a Xunta subvenciona un 90% dos salarios dos traballadores, “polo que é inadmisible non aproveitar estes recursos” para crear unha unidade de atención temperá. Foto GPPP.



8 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

MÁIS NOVAS Servizos

Infraestruturas

• Son alumnos da 13ª promoción de Policía Local que remataron en decembro a súa formación teórica na Academia Galega de Seguridade Pública

Roza e limpeza na vía de altas prestacións CG-2.1, en Monforte e en Chantada

Monforte incrementa o persoal da súa Policía Local con tres novos axentes • Redacción. MONFORTE Dos 98 alumnos da 13ª promoción da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP ), que remataron a súa formación teórica na academia o pasado decembro, tres deles remataron as súas prácticas no Concello de Monforte, onde tomaron posesión o como funcionarios de carreira. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, sinalou o importante labor que presta a AGASP na formación das novas promocións de Policía Local e na súa selección a través das oposicións unificadas a través do convenio asinado en 2017 coa FEGAMP para colaborar cos concellos galegos que dedican delegar no Goberno galego a selección e formación das súas plantillas de Policía Local. Ata agora, 89 concellos dos 129. A AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar ás novas promocións de Policía Local ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que traballan na comunidade para garantir a se-

Na foto superior, a toma de posesión como funcionarios de carreira dos tres axentes no Concello de Monforte. Na inferior, o acto de graduación da AGASP. Fotos GPXG-CM..

guridade dos galegos e galegas. Pola sua banda, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu a toma de posesión

coma funcionarios de carreira dos tres novos policías municipais, que pasan a pertencer ó cadro de persoal funcionario

Xa lucen as novas vías na Estación de Monforte • Redacción. MONFORTE Xa se poden ver na Estación de Monforte as novas vías e travesas, unha das intervencións que Adif adxudicou ao longo do pasado ano para levar a cabo a modernización e mellora dos tramos das liñas Monforte-Ourense e Monfote-Lugo. Ademáis Adif intervendrá nas plataformas e cruces entre plataformas da estación de Monforte de Lemos según adxudicación do pasado mes de outubro .•

Vista das novas vías na estación de Monforte. Foto Pili Chaos..

do Concello de Monforte de Lemos. No acto estivo acompañado da 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez. Os tres novos axentes da Policía Local de Monforte son Iván Pérez Nogueira, de O Carballiño, Francisco Cao de Jesús, de A Estrada, e Adrián Conde Castro, natural de Lugo. Ocupan a súa praza no Concello na escala de Administración Especial, escala básica, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1. Neste acto, o Alcalde aproveitou tamén para departir cos novos axentes sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas futuras funcións na cidade e no conxunto do Concello. E tamén lles desexou moita sorte nesta nova etapa que comezan ó servizo dos cidadáns de Monforte. Os tres axentes despois de pasar pola Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada levaron a cabo un último período de prácticas dende o 23 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2021, superando todo o proceso de xeito satisfactorio.•

• Redacción. MONFORTE A Xunta continua coas tarefas que se están a desenvolver na L na vía de altas prestacións CG2.1, en Monforte e en Chantada e na OU-636, ao seu paso polo concellos da Pobra de Trives, Quiroga, Larouco e Petín. Estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”. O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos realizados eliminan árbores que poderían caer á vía en caso de temporal e evitan que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Tamén serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da vía animais como os xabarís. •


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 9

MÁIS NOVAS Infraestruturas • Adif adxudica o tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións ferroviarias de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa

• O contrato adxudicado á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas, supón un investimento de 3.604.833,06 euros

As obras na estación de Sarria inclúen unha nova pasarela peonil Adif aprobou a adxudicación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa, todas elas situadas na provincia de Lugo, no tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional León-A Coruña. O contrato foi adxudicado á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas, por un importe de 3.604.833,06 euros (IVE incluído). MODERNIZACIÓN DO TRAMO MONFORTE DE LEMOS - LUGO Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Monforte de LemosLugo e permitirán mellorar a seguridade de circulacións e usuarios. Á súa vez servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerá consigo a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo. ACTUACIÓNS PREVISTAS O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa.

SOSTIBILIDADE Estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles). Vista virtual da pasarela peonil que se construirá en Sarria. Foto ADIF..

O obxectivo é adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo aos cruces de vías entre plataformas, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria

galega. PASARELA PEONIL EN SARRIA Por outra banda, na estación de Sarria inclúese a execución dunha pasarela peonil sobre vías, que permite tanto o paso de persoas dun a outro lado

Monforte

• A Deputación de Lugo financiará tres desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional en Lugo, Monforte e Viveiro

A Deputación de Lugo financiará a dotación de tres desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional da provincia, en Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro.

da poboación (permeabilidade urbana entre o núcleo urbano de Sarria e o barrio de O Mazadoiro) como o paso entre plataformas. Tanto os labores de rehabilitación, como estes labores de mellora ou adaptación das infraestruturas, contribúen a mellorar a seguridade na

REDUCIR OS TEMPOS DE VIAXE As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, nas que se enmarca esta adxudicación, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe..• Foto GCDL.

Un novo desfibrilador para a Comisaría • Redacción. MONFORTE

circulación e a seguridade dos usuarios, evitando ou suprimindo desta maneira posibles riscos para a seguridade. Debido a que no contrato prevese a construción dunha pasarela peonil que permite tamén unha permeabilidade entre distintas zonas urbanas, estas obras contribúen á cohesión social e o desenvolvemento sostible, potenciando adicionalmente a integración da estación na súa contorna urbana.

• Redacción. MONFORTE

José Tomé enmarcou esta medida no compromiso da institución de colaborar con outras administracións e cos corpos e forzas de seguridade do Estado. O Presidente anunciou este compromiso nun encontro coa

Subdelegada do Goberno, o Comisario Xefe de Operacións da Policía Nacional, os inspectores xefes das comisarías de Monforte e Viveiro, o Subinspector da Comisaría Provincial e un representante do SUP.•


10 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

INICIATIVAS Política Local • Propón no Parlamento unha iniciativa para que Lugo dispoña de ligazóns en horarios racionais cos trens de alta velocidade que circulan por Ourense e que se incremente o número de servizos directos a Madrid que actualmente están reducidos a un ao día

O PP insiste cos servizos ferroviarios O PP mantén a sua postura de reivindicación ante o Goberno Cerntral dunha mellora dos servizos ferroviarios na provincia de Lugo, unha vez que a chegada da alta velocidade a Ourense deixou constancia do illamento de Lugo en materia ferroviaria. A súa última iniciativa tivo lugar no Congreso dos Deputados cunha Proposición non de Lei relativa á mellora dos actuais servizos ferroviarios entre Lugo e Ourense, para o seu debate na Comisión de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana. A iniciativa expón, unha vez finalizadas as obras en curso que manteñen cortada a circulación ferroviaria entre Lugo e Monforte ata o próximo 10 de maio, adoptar medidas para implantar novos servizos matinais que permitan utilizar os trens que teñen a súa saída desde Ouren-

• Redacción. MONFORTE se a Madrid a primeiras horas da mañá e tamén en sentido inverso, así como mellorar os actuais horarios para reducir ao mínimo os tempos de espera nas ligazóns de Ourense, xa que na actualidade prodúcense esperas nalgúns casos de máis dunha hora. Tamén propñen os populares introducir, tras a posta en servizo dos trens Avril prevista a finais de 2022, un segundo servizo con trens do tipo S-730 ou similares, que permitan a conexión sen transbordo en Ourense e realizar a viaxe directa, aínda que non permitan alcanzar as velocidades da novos AVE. A Proposición non de Lei vai subscrita polos deputados por Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García, polos

deputados por Ourense, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez Segundo os populares, os lucenses que queiran desprazarse a Madrid contan con 4 servizos diarios, dos cales 3 son trens de media distancia con final de traxecto en Ourense e cambio de tren nesa cidade para tomar un tren de alta velocidade ata Madrid. O cuarto servizo é un tren Alvia, a única conexión directa, podendo realizar o traxecto en preto de 5 horas. E o actual cadro de horarios dificulta os enlaces en Ourense cara a Madrid e viceversa nalgúns tramos horarios. Non e posible enlazar co primeiro AVE da mañá que ten a súa saída de Ourense ás 6:30 ni co segundo ás 7:18 e con chegadas a Madrid ás 8.45 e ás 10:20 respectivamente, aoo non contar con ningunha ligazón desde Lugo.•

Os deputados do PP no Parlamento en Madrid. Fotos GCPP.

Monforte recicla cada día máis

Servizos

Record de usuarios do Bus Urbano • O servizo gratuito de Monforte alcanzou, en 2021, os 52.685 viaxeiros, cunha media mensual próxima ós 4.400

• Redacción. MONFORTE O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer os datos correspondentes ó número de pasaxeiros que utilizaron o Autobús Urbano de Monforte no pasado ano 2021, que alcanzou os 52.685 usuarios. Un dato relevante porque “a media mensual neste 2021 supera ás 4.400 persoas ó mes, polo que podemos dicir que estamos ante un ano histórico no que superamos a cifra de 52.000 viaxeiros”, destaca o Alcalde. Do mesmo xeito, o Alcalde subliñou que “o novo bus urbano gratuíto de Monforte transpor-

tou, en 2020, un 140% máis de persoas que en 2019, e en 2021, supuxo o 265% máis de viaxeiros, o que significa todo un éxito para este servizo de trasporte público municipal dende que comezou a funcionar cun novo vehículo e de xeito gratuíto en febreiro de 2020. Os excelentes datos de usuarios que vimos de comunicar hoxe permítennos afirmar que este novo autobús de transporte municipal público e gratuíto está a cumprir co fin social para o que foi ideado.” Para o Equipo de Goberno de Monforte, o fomento do transporte público forma parte esencial das políticas sociais do goberno municipal.•

• Redacción. MONFORTE

Acto da presentación do novo Bus Urbano. FOTO ARQUIVO.

Segundo os datos dos residuos recollidos tanto s no pasado ano 2021, os monfortinos están cada vez máis concienciados na separación selectiva do lixo doméstico, xa que as cifras de reciclaxe no ano 2021 melloran con respecto ás acadadas en 2020. Deste xeito, os veciños reciclaron máis vidro, papel e cartón, roupa, pilas e enseres domésticos que en 2020, e mantéñense cifras similares na recollida de envases e aceite doméstico. Dende o Concello agradecen ós cidadáns “a súa concienciación xa que están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección do medio ambiente”, sinala o seu Alcalde José Tomé.•


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 11

O pulso da Comarca - Quiroga Obras

380.000 € do Plan Único para melloras nos núcleos do Concello

• Redacción. MONFORTE

Plano da Fortaleza de Montefurado Fotos C.Q.

Máis historia de

• Redacción. MONFORTE Por riba do túnel romano de Montefurado levantouse en tempos unha fortaleza, coñecida como o castelo da Pena do Corvo, segundo a tradición oral e do que existe abundante documentación, ainda que ata o de agora non se puideron localizar restos arqueolóxicos desta suposta construción desaparecida. O suposto castelo non tería unha orixe certa, especúlase con que poderia ser romano, pero outros investigadores falan dun orixe máis recente, próximo ao século XIX. Existen referencias á misma nun gravado realizado polo artista José Cappa publicado en 1888 no número 38 da revista “A Ilustración Española e Americana” que amosa o que parecen ser as ruinnas dunha estrutura fortificada coroando o túnel. Outro gravado do século XIX, do pintor Daniel Urrabieta Vierge, mostra o túnel e o castelo vistos desde Anguieiros. E tamén nun gravado que acompaña un artigo literario

Quiroga

Novos documentos sobre o Castelo de Montefurado • O párroco Jesús Río, aficionado a historia , traballando sobre heráldica de Quiroga, atopou na Biblioteca Virtual de Defensa un documento e uns planos da construción dunha fortaleza encima do túnel de Montefurado de 1811 sobre Montefurado do xornalista José Rúa Figueroa que foi publicado en 1851 polo Semanario Pintoresco Español. Ou o mapa da provincia de Lugo realizado por Francisco Coello no que se poden ver unhas ruinas por riba do túnel de Montefurado antes do seu derrubamento no ano 1934. Estas eran as poucas imaxes que se atoparan sobre as ruínas que coroaban o túnel de Montefurado. E agora nova documentación

mostra algo de luz respecto diso, grazas aos traballos do párroco de varias parroquias no municipio, Jesús Río, gran aficionado a historia, que durante a súa busca de documentación sobre heráldica de Quiroga para un master sobre heraldica, atopou na Biblioteca Virtual de Defensa un documento e uns planos da construción dunha fortaleza encima do túnel de Montefurado de 1811. Jesús Río considera que esta constru-

ción comezou a levantarse despois de 1809 posto que ese ano foi cando pasaron pola comarca as tropas francesas. Na memoria militar atopada considérase Montefurado como un lugar estratéxico, no que o Nacional Corpo de Enxeñeiros construíu unha obra pechada, “aspillerada”, con troneiras e en parte cuberta para servir de aloxamento ás tropas. Descoñecese que pasou logo coa fortaleza, logo do derrube da boca do tunel.•

Entroido Quiroga O 27 de febreiro celebrará o seu desfile de comparsas • Redacción. MONFORTE Está aberto o prazo para que as comparsas que desexen participar no desfile, así como os disfraces individuais, poidan facelo. Haberá 600 euros de pre-

mio para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e 200 para a terceira. Aparte destes tres premiados, o resto das comparsas participantes recibirán 100€ e haberá un único premio de 60 € para o mellor disfrace individual.•

Desfile de Quiroga. Foto EnComún Arquivo.

A Deputación de Lugo investirá máis de 6 millóns de euros na zona sur da provincia a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022. De eles, 380.000 euros corresponden ao Concello de Quiroga. Unha parte destínase ao Servizo de Axuda no Fogar . A Xunta de Goberno Municipal ven de reunirse para o estudo e aprobación da devandita subvención do Plan Único. A obras, dedicaranse 250.000€, dos cales o 60% ten quer dedicarse a reparacións. Limparase a totalidade das pistas asfaltadas do municipio, algo que xa require uns 48.000 €. Melloraranse infraestruturas en Pacios de Mondelo, Vilarbacú, a Seara, a Cruz de Outeiro, Vieiros, Bustelo de Lor. Tamén se realizarán melloras en Carballo de Lor, Parteme, Aldea, a Vaqueriza, Meiral, a Enciñeira, Bendollo e Sexmil. Asfaltado e rexeneración do acceso a Pacios da Serra, Vilar de Mondelo, Bendilló, Chao da Casa, Vilañán, San Xulián e as Estradas, así como a pista de Xestoso a Castro Portela. Realizaranse melloras en rúas e camiños rurais en San Vitoiro, Castí de Lor, o camiño da auga de Sequeiros, Bendollo e o Ibedo. Tamén haberá melloras en Centeais e no camiño entre Vilanuide e Seadur. Haberá obras menores en Montefurado e Centeais e arranxarase o centro social de Vilaester. Ademais hai prevista algunha intervención na Ermida e en San Vitoiro. Na vila de Quiroga contarase con 48.000 € para o equipamento da nova rúa que se está abrindo entre as rúas Tallos e Rego da Silva. E outros 48.000€ para mellorar o equipamento da vila que se atope máis deteriorado. Atendendo a petición da asociación Quiroga en Marcha pintarase a fachada da Casa da Cultura. •


12 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

O pulso da Comarca - Bóveda Bóveda dispón dun punto limpo móbil grazas a unha axuda da Xunta

As axudas para comprar un taxi adaptado e sostible chegaron a Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, presentou o novo punto limpo móbil durante a visita que realizou ao Concello o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias (á dereita da imaxe). GPDTL

• Redacción. MONFORTE O Concello de Bóveda presentou, a finais do mes pasado, o novo equipamento para facilitar á veciñanza a separación do lixo nos correspondentes depósitos. Trátase dun punto limpo móbil, custeado grazas a unha achega de 57.100 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 1,1 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A XESTIÓN DO LIXO DENDE 2020 Na presentación deste equipamento, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que a compra foi financiada pola orde de axudas de 2021 que

• A Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas achegou ao Concello 57.100 euros para a compra deste equipamento, que busca facilitar a xestión de residuos aos pequenos concellos o Executivo autonómico puxo en marcha para colaborar cos concellos na adquisición deste tipo de instalacións. O delegado, que durante a súa visita a Bóveda estivo acompañado polo alcalde, José Manuel Arias, puntualizou que nos últimos dous anos, a Xunta leva investidos 1,1 millóns de euros na mellora da xestión de residuos en 31 municipios da provincia de Lugo. Estes fondos

serviron para custear a habilitación de puntos limpos móbiles, como o que acaba de entrar en funcionamento en Bóveda, ou na posta en servizo de espazos de autorreparación, o fomento da compostaxe ou a implantación da recollida separada da fracción orgánica. As novas convocatorias, cuxo prazo rematou en xaneiro, contan cun orzamento de 15,7 millóns. •

Bóveda, en breves • DÍA DA PAZ. No Centro Sociocultural de Bóveda, tivo lugar a comezos de febreiro un obradoiro para conmemorar esta celebración. Os participantes escribiron a palabra “Paz” en distintos alfabetos, para dar conta do carácter universal deste concepto en todas as culturas. A actividade formou parte da programación do Centro

Sociocultural de Bóveda, que este ano está centrada nos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030. •

EXPOSICIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL. Este espazo aco-

lle ata o 26 de febreiro a mostra titulada “O home que falaba vegliota, 1972”, que inclúe 12 pinturas

integradas no cómic do mesmo título de Reimundo Patiño. As imaxes relatan, dun xeito metafórico, as agresións que reciben as linguas minoritarias. O vegliota é unha lingua románica en extinción que se falaba na zona de Dalmacia, na actual Croacia. A mostra está aberta de luns a venres, de 9:30 a 14:30 horas.•

O delegado territorial da Xunta en Lugo supervisou na capital provincial un dos 23 taxis adaptados que se financiaron coas axudas autonómicas. GPDTL

• Redacción- MONFORTE. A Xunta concedeu nos últimos meses un total de 30 axudas para a compra de vehículos de taxi adaptados e de baixas emisións na provincia de Lugo. Bóveda estivo entre os 16 municipios nos que houbo beneficiarios desta quenda de incentivos, que sumaron 224.000 euros. En total, foron 24 os taxistas beneficiados en toda a provincia, xa que varios deles recibiron apoios por sumar accesibilidade e consumo eficiente. AXUDAS PARA UN TAXI MÁIS EFICIENTE E ACCESIBLE EN BÓVEDA, PANTÓN, CARBALLEDO, A POBRA DO BROLLÓN E SARRIA Destes 24 profesionais do taxi, 12 están ubicados nos municipios de Abadín, Bóveda, Carballedo, Castroverde, Foz, Friol, Láncara, Meira, Palas de Rei, Pantón, A Pobra de Brollón e Sarria. Outros seis están en Baleira, A Pontenova e Mondoñedo, con dous taxistas beneficiados

• A nova convocatoria desta liña de axudas apoiará a compra de vehículos para taxi realizada entre o 1 de outubro de 2021 e o 31 de outubro de 2022 en cada un destes concellos. Os cinco restantes corresponden ao concello de Lugo. IMPORTES En concreto, aprobáronse 17 axudas para eurotaxis, que son aqueles adaptados para persoas con mobilidade reducida, cun importe de 10.000 euros por vehículo. A compra dun taxi con cero emisións obtivo unha achega de 6.000 euros, mentres que o importe para adquirir taxis de baixas emisións foi de 4.000 euros por vehículo.•


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 13

O pulso da Comarca - Sober Política Local

Luís Fernández Guitián, presidente do PP de Sober • A presidenta saínte, Raquel Arias, destacou “a capacidade de traballo, a lealdade e a xenerosidade de Luis” • Redacción. MONFORTE

O grupo Rhea Quartet, teñen unha proposta innovadora. Foto Rhea Quartet.

Máis música en

Sober

Concerto de Rhea Quartet o sábado día 12

Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober dende o 2011, foi elixido presidente do PP local por aclamación no congreso do partido celebrado na localidade e no que a súa candidatura foi apoiada polo 100% dos afiliados. O comité local complétase con Raquel Arias, vicesecretaria de Infancia, Mocidade, Políticas Demográficas e de Xénero; Domingo López Fernández, de Política Agroforestal e Viticultura; Francisco Vázquez Pérez, de Promoción do Emprego, Artesanía e Industria; Sonia Fernández Martínez, de Mobilidade e Promoción Turística; Carmen Pérez Pérez, de Políticas Sociais, Maiores e Sanidade; Abel López Fernández, de Infraestruturas, Vivenda e Medio Ambiente; e José Quevedo Pérez, de Cultura, Ensino, Deportes e Novas Tecnoloxías. RENOVACIÓN O Partido Popular continúa a renovar os órganos de dirección

a nivel local tralos conclaves autonómico e provincial. Ata Sober achegáronse o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; a presidenta provincial, Elena Candia; o vicepresidente do PP na provincia, Francisco Conde; o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o secretario de organización, Javier Vázquez Prado e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro. O novo presidente agradeceu o apoio da “familia do PP de Sober” á súa candidatura integrada polas persoas que conforman o goberno municipal: “somos un equipo con ilusión polo futuro e que se esforza diariamente por atención aos veciños e ao noso concello. Creo que debemos ter vocación de servizo público”, engadiu. A presidenta saínte, Raquel Arias, destacou durante a súa intervención “a capacidade de traballo, a lealdade e a xenerosidade de Luis. Síntome tremendamente orgullosa de que me teña relevado na alcaldía, agora á fronte do Partido Popular de Sober.•

• O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan a actuación que será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural • Redacción. MONFORTE Todo un luxo a oferta musical que ofrecen o Concello e as Xuventudes Musicais de Sober, organizadores do concerto do grupo ‘Rhea Quartet’, formado polos intérpretes Pablo Fernández Baladrón, saxofón soprano; Iris Guzmán Godia, saxofón alto; Luís Garvía Cabañas, saxofón tenor e Jaime Serrano Fernández, saxofón barítono. Foron galardoados a nivel nacional e internacional, destacando os seus premios en Bydgoszcz Chamber Music Competition, Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Certame ‘Pedro

Bote’, Concurso ‘Antón García Abril’ ou Certame ‘Jacobo Soto Carmona’. O cuarteto interpretará o programa ‘Terra’ que reivindica a importancia de coidar aquilo

"Apostamos por contribuir a la divulgación de la cultura desde la música de cámara, en toda su variedad y estilos" que nos dá a vida e que nos permite respirar a través de dúas viaxes por algúns dos lugares máis recónditos do noso planeta.

Esta proposta musical promove o intercambio cultural e a responsabilidade do ser humano por coidar a nosa contorna en lugar de seguir tratando de someter á natureza aos nosos desexos e necesidades materiais. Por unha banda, preséntase a viaxe do compositor Guillermo Lago e, por outra, a viaxe do personaxe Klim na obra do dramaturgo Ludvig Holberg. Como interludio entre ambas as suites, preséntase a música Klemzer, sobre a que Alexis Ciesla compón a súa obra para cuarteto de saxofóns “Rhapsodish”. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta.•

Luís Fernández Guitián durante a sua intervención no Congreso do PP de Sober. Foto GCPP.


14 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

O pulso da Comarca - Pantón Sanidade en

Pantón

A voltas coa terceira praza de médico en Pantón • A Xunta insiste en que o centro de saúde de Ferreira de Pantón mantén e manterá a tres prazas de facultativo asignadas • Redacción. MONFORTE Xa pasaron máis de dous meses desde o comezo das mobilizacións na comarca de Pantón para que o Sergas mantivese as tres prazas de médico de Familia, tras a xubilación da doutora Rosa Mareque. FALSIDADES E PROCLAMAS POLÍTICAS Entón o delegado provincial da Xunta en Lugo, Javier Arias denunciou o que consideraba “falsidades e proclamas políticas que non teñen máis fundamento que o de prexudicar ao Goberno galego pero o que logran é xerar preocupación entre os veciños”. Arias aseguraba entón que non se iba a amortizar ningunha das prazas, e que, lonxe de empeorar, están previstas melloras na atención sanitaria no municipio coa construcción dun novo centro de saude. E finalmente, a primeiros de este mes de febreiro, a xerencia sanitaria de Lugo, • Redacción. MONFORTE A deputada nacionalista Carme Aira recriminou á Xunta no Parlamento galego o anuncio realizado da cobertura estable da terceira praza de médica no centro de saúde de Pantón, “dun modo oportunista, efectista e propagandístico”, xa que, curiosamente, prodúcese o mesmo día que o Parlamento galego debatía unha iniciativa do BNG na que se instaba ao Goberno galego a repoñer a totalidade do persoal facultativo do centro. “Vese que médicas e médicos hai, o que pasa é que o Sergas espera a que se traian

que segúnb sinala o Concello de Pantón, levaba semanas traballando e realizando os trámites necesarios para lograr cubrir de xeito continuado cun mesmo facultativo a praza que quedara vacante por un concurso de traslados, estárá en condicións de cubrir esa terceira praza de modo continuado en breve. COMPROMISO DA XUNTA NO MANTENEMENTO DAS TRES PRAZAS A Xunta insiste en que o centro de saúde de Ferreira de Pantón mantén e manterá a tres prazas de facultativo asignadas, tanto na actualidade como cando comece a funcionar o novo centro de saúde que o SERGAS construirá no concello. Desde a Xunta insisten que “malia as continuas críticas e a utilización política dunha situación provocada, exclusivamente pola escaseza de persoal nas listas de contratación que imposibilita cubrir todas as ausencias, permisos, vacantes e outras situacións laborais que se producen a diario nos centros de saúde e

hospitais, a xerencia sanitaria de Lugo mantivo en todo momento o seu compromiso de cubrir cun mesmo facultativo a praza vacante de Ferreira de Pantón. Con todo, mentres non foi posible a cobertura desta praza de xeito continuado, foise cubrindo sempre que foi posible conseguir un substituto.” NOVO CENTRO DE SAUDE O Sergas construirá un novo centro de saúde en Ferreira de Pantón que incrementará a superficie do actual ao tempo que permitirá mellorar a organización funcional do centro creando espazos máis amplos,

As reaccións

O BNG califica o anuncio de propagandístico • Carme Aira afea o compromiso da Xunta por coincidir coa proposta do Bloque no Parlamento: “mentres non se materialice, é un médico de nota de presa”

modernos e funcionais. O centro de saúde de Pantón ten adscritas 2.100 tarxetas sanitarias, unha media de 700 cartillas por facultativo, mellorando significativamente a ratio considerada ideal polas sociedades científicas. DEBATE NO PARLAMENTO DE GALICIA A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, incidiu no Parlamento galego no compromiso da Xunta coa sanidade no concello de Pantón, “que se manifesta co cumprimento da reposición do terceiro médico sen amortizar

a praza e coa construción dun novo centro de saúde”. Encarna Amigo cualificou a BNG e PSdeG de “oportunistas” ao debater esta no Parlamento unha iniciativa sobre a atención sanitaria en Pantón, porque “válelles todo para desprestixiar a sanidade en Galicia”. Salientou que “o propio conselleiro xa anunciou que se poñerá un terceiro médico, que substituirá ao facultativo que se xubilou e que tiña alí a súa praza”. “Esta praza do médico xubilado non se amortizou, o que pon de manifesto o compromiso de continuidade dun terceiro médico en Pantón”, salientou a portavoz popular. •

ao Parlamento iniciativas deste tipo para inactivalas prometendo estabilidades para as e os profesionais e para atención sanitaria, aínda que nesa nota de prensa se subliña que será realidade nas vindeiras semanas”, reprochou, para advertir a continuación das promesas realizadas previamente en numerosas ocasións polo Goberno do PP e que foron incumpridas. “Mentres non se materialice esta decisión e o ou a facultativa estea desenvolvendo o seu labor no centro de saúde, este é un médico de nota de prensa”, concluíu con severidade do anuncio que, ao seu xuízo, “é para deixar tranquilo ao alcalde, que andaba algo atribulado

con este tema, e veremos en que remata esta promesa” e que, segundo recalcou tamén, “non invalida por tanto a iniciativa parlamentaria do BNG”, que foi aprobada finalmente por unanimidade na Cámara galega. Aira apuntou os problemas que ten unha poboación dispersa (2.500 habitantes distribuídos en máis de 200 entidades de poboación repartidas en 147 quilómetros cadrados) e cunha elevada media de idade para recibir atención sanitaria no concello, o que a obriga moitas veces a pagar taxi, porque non existen medios de transporte público, “para ir á médica, que se non está en Pantón, teñen que ir ao PAC a Monforte”. •


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

REPORTAXE

O pobo de Monforte acudiu a recibir a bendición do San Brais

A igrexa da Régoa acolleu unha das celebracións do San Brais, á que acudiron numerosos monfortinos para recibir a bendición que protexe dos males da gorxa. En representación da Corporación Municipal estivo a tenente de alcalde Gloria Prada. (Fotos: MONTERO)

Tamén foi moi numerosa a asistencia á celebración do San Brais na parroquia da Estación. Os fieis presentaron ao santo as rosquiñas e as clásicas cintas para a bendición, co fin de quedar protexidos todo o ano contra as enfermidades que atacan á gorxa. Os monfortinos cumpriron cun dos rituais emblemáticos da cidade. (Fotos: MONTERO)


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 17

ENTRAMBASAUGAS:

Xosé Lois GARCÍA

As fotos deste artigo pertencen ao libro “Estirpe de leones”, de MAURY RODRÍGUEZ MATOS. (Aportada por XLG)

• Na “X Feria Internacional del Libro de la Habana” de 2001, na recepción aos convidados no Ministerio de Cultura, o viceministro de Cultura de Cuba, Luís Felipe Vázquez, sorpréndeme: “Toma este libro y léelo, habla de un paisano tuyo”. O libro é “Estirpe de Leones”, da xornalista cubana Maury Rodríguez Matos (Ediciones Verde Olivo, 1998), prologado polo comandante Juan Almeida Bosque, terceiro no cadro de mando despois de Fidel e Raúl. De pronto leo: “Corre el primer año de este siglo y están en la iglesia parroquial de Santa María de Nogueira de Miño, un recinto donde parece respirarse el aire de los tempranos 1200, cuando el templo era nuevo”. E segue: “Los Pardo son de Soto, una aldehuela olvidada de la mano de Dios. El mundo, para ellos, se estructura según este orden: Soto, la aldeíta donde -claro, si son un puñado- todos se conocen; Nogueira, que es parroquia; Chantada, municipio y arciprestazgo, a tres leguas, que les parece una gran urbe, y más allá, una Galicia de la cual sus paisanos están emigrando en masa”. Maury Rodríguez, despois de pór pé e ollada no microcosmos de Nogueira de Miño, onde comeza o relato sobre Manuel Pardo Vázquez, natural do mencionado lugar de Soto, fillo de Generoso e

OS PARDO DE NOGUEIRA DE MIÑO, ESTIRPE DE REBELDES EN CUBA

de Josefa, emigrados a Santiago de Cuba, continúa o relato de Manuel que, atado ás cadeas da miseria, emigra a Cuba: “Él mismo, jamás irá a la escuela. En aquella atmósfera gris esplenden, no obstante, algunos rayitos de sol. Cuando hay boda o velatorio en las familias pudientes -los López, los Tejeiros, los Celas- el niño jornalero se atraca de manjares gratuítos”. Con 15 anos chega a Cuba en 1917, xunto con outros tres de Nogueira. Manuel é internado no campo de concentración de Triscornia onde paraban os emigrantes indocumentados. Mais seus pais procúrano e chega a Santiago de Cuba 20 días despois de ser internado. O relato de Manuel Pardo é moi parecido ao de Manuel Ruiz, o persoeiro de ficción da novela “Gallego” de Miguel Barnet, que chegou a Cuba en 1917, de adolescente. Esta era sangría da Galiza emigrada. Manuel Pardo, analfabeto e braceiro de pro, instálase en Sierra Maestra facendo e vendendo carbón. Unha profesión moi rudimentaria e de pouco alcance monetario, ao que se sumaron as malas relacións con Generoso, seu pai, de oficio carboeiro e con problemas mentais. Josefa, a súa muller, con seus 3 fillos regresa a Nogueira de Miño e logo volta a Santiago de Cuba. Manuel fica en Cuba co seu mísero traballo e cos medos de ir á guerra de África. Coñece a Eufrocina Guerra, unha adolescente guajira (campesiña) bizneta de mambises (insurrectos que loitaron pola independencia de Cuba), que era a parteira naquela serra. Manuel e Eufrocina casaron e fixeron acomodo en Sierra Maestra para eles e seus 18 fillos, dos que morreron 5. Con 13 estómagos non se desquitaron da miseria. A familia fixo asentamento en varias poboacións cambiando de traballo e ampliando esforzos, até que os colleu e acolleu a Revolución, Mentres os proxenitores coidaron aos fillos máis novos, os demais integráronse na guerrilla de Fidel Castro, en varias frontes dirixidas polo Che, Raúl e Juan Almeida. Os Pardo Guerra formaron parte da guerrilla de Sierra Maestra: Israel, Ramón (Guili), Samuel, Joel, Manuel e Benjamín (Mingolo). Este último foi abatido nun con-

Na foto da esquerda, Fidel Castro e o matrimonio Eufrocina Guerra e Manuel Pardo, na graduación militar de seu fillo Eduardo. (Aportada por XLG) Na foto da dereita, Manuel Pardo, natural de Nogueira de Miño. (Aportada por XLG)

Á esquerda, os 13 fillos do matrimonio Pardo Guerra, coa parella no centro. (Aportada por XLG)

Á dereita, os xenerais Ramón Pardo e Raúl Castro. (Aportada por XLG).

fronto coas tropas de Batista. Ante esta baixa, os seus pais decidiron que Eduardo, de 13 anos, fose á guerrilla a substituílo. Posiblemente en Manuel Pardo bulía a rebeldía do ADN dos herdos emancipados en Nogueira, ese núcleo de poboación tan especial e tan devoto de non soportar humillacións. Unha aprendizaxe que practicou naquela Sierra Maestra fronte a miseria, o analfabetismo e a represión que soportou a súa prole. Por varias veces foi saqueado e fustrigado, e outras aliviado polo exército de Batista, por ter unha Biblia na casa e responder as preguntas dos militares con ela na mao. A moitos militares impoñíalles respecto a presenza de Deus; outros tiñan pánico das represalias de seus fillos guerrilleiros. A Biblia viña a conto porque Manuel e Eufrocina eran da igrexa bautista dirixida polo pastor Iván Thompson. O propio Manuel Pardo construíu unha pequena escola xunto con outros veciños, para que o pastor alfabetizase á numerosa prole. Mais as ditaduras de Machado e de Batista descarrilaron as aspiracións da familia Pardo Guerra. Israel era o maior dos irmaos varóns integrado na columna do comandante Che, quen

comprobou varios éxitos de valentía e moral revolucionaria, que acadaron tamén a admiración do comandante Almeida. Israel foi un abastecido guerrilleiro de mando e sona dos honoríficos alzados de Sierra Maestra. Joel Pardo, de 18 anos, foi outro dos mandos guerrilleiros que participou no asalto ao Cuartel Moncada. Foi un verdadeiro estratega nos combates guerrilleiros, e un dos Pardo cos que o Che Guevara contou para crear dispositivos de combate. Manuel, o chamado “Ajeno al miedo” ou “el Pardito”, ao lado de Joel era un dos enlaces entre Fidel e o Che. Eduardo tamén gozou da confianza deste; pola súa curta idade brindoulle un cariño moi especial, eximíndoo de coller as armas naquel momento. Co triunfo da Revolución foi enviado a especializarse en Estado Maior a URSS, participando na guerra de Angola. Samuel foi outro do “Parditos” máis interesantes da guerrilla ao lado de Camilo Cienfuegos. Ramón -coñecido por Guilifoi o máis adiantado e protexido polo profesor e pastor Iván Thompson, acadando nivel cultural e preparación intelectual. El mesmo sinalou: “Fui un muchacho con oportunidades”, e menciona que seus irmaos eran analfabetos:

“...el Che empezó a alfabetizar allí, en la Sierra, a Joel, a Israel y a todos los demás que estaban alzados que no sabían ni la a”. Ramón estibo alzado co Che, domou Santa Clara e chegou a Xeneral de División, Xefe do Estado Maior da Defensa Civil e Membro do Comité Central, Xefe do Exército e Recoñecido como Heroe de Cuba. Os “Parditos”, esa estirpe de leóns revolucionarios, case todos con nome de persoeiros bíblicos, acadaron notabilidade pola súa firmeza e convicción de loitar polos desherdados da terra. Che Guevara menciónaos como persoeiros vitais en destacadas citas do seu libro “La Guerra de Guerrillas”. Xunto aos revolucionarios “Parditos” é digna de mencionar Esther Pardo, a máis vella das irmás, que fixo enormes servicios aos guerrilleiros, lamentando: “Cuando mis hermanos se alzaron no dejaron que las mujeres los acompañáramos. Yo siempre discutía y protestaba por no poder hacer lo mismo que ellos; pero ni hablar, no cedieron”. Así foi o prodixio dun fillo de Nogueira de Miño, Manuel Pardo, o proxenitor dunha estirpe de leóns que fixeron fidelidade na historia en Cuba.•


18 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

CULTURA 17º Ribeira Sacra Festival • O grupo publicou en 2021 o seu traballo discográfico: Mundo Incierto

Os chantadinos Fábrica de Espejos, primeiro grupo galego confirmado no Festival • Redacción. MONFORTE Fábrica de Espejos son os representantes galegos desta primeira quenda de confirmacións do 17º Ribeira Sacra Festival. Sen perder de vista a new wave dos oitenta e o indie español dos noventa, os chantadinos reafirman o seu estilo propio no seu primeiro longa duración "Mundo Incierto"'. Un traballo redondo, impregnado de cadencias shoegaze, atmosferas synthpop e intensas emocións. Os seus integrantes (Leticia Iglesias, Isaac Ferreiro, Alex Pacheco, Hum Novoa e Anxo Novoa) lévannos da man a un reflexo incandescente de novas emocións atopadas, unha viaxe que ten como apoio a sensibilidade en cada letra. Ese íntimo momento

en que nos atopamos connosco mesmos é posto nunha esfera onírica, en cada canción, en cada ritmo que se sucede, en cada palabra pronunciada. VENTA DE ABONOS A sexta edición de 17° Ribeira Sacra Festival celebrarase do 29 ao 31 de xullo de 2022 . Un ano máis, este territorio converterase nun encontro único que maridará ao longo dunha fin de semana, música, viño, gastronomía e patrimonio. Unha experiencia única ao redor da música en directo e da cultura do viño nunha zona de excelencia vitivinícola.. Xa está dispoñible para a venda dende o pasado día 3 de febreiro, un segundo tramo de abonos promocionais a un precio de 58 €. O abono da acceso á progra

Foto Fábrica de Espejos

mación musical del viernes 29 de julio al domingo 31 de julio de 2022. Non inclue o transporte do festival nin o resto de actividades previstas: concertos no catama

rán, catas, roteiros. Os abonos serán nominativos e poderanse adquirir máximo de dous por compra. Ademais de Fábrica de Espejos,

os outros grupos confirmados para o 17º Ribeira Sacra Festival son ata o de agora Teenage Fanclub, Lola Marsh, Maika Makovski e Amorante.•

Máis música • Despois de chegar a un acordo con Hermanager Producións

Doc Magoo's tras máis de vinte anos, inicia unha nova etapa • Redacción. MONFORTE A senlleira banda monfortina de Rock & Roll avalada por unha traxectoria de máis de 20 anos rodando polos escenarios de toda Galicia, especializada en versionar dos grandes de todos os tempos, ven de iniciar unha nova etapa, chegando a un acordo de representación coa empresa Hermanager Producións, marca que se dedica á distribución de espectáculos e á colocación de artistas. O motivo do acordo e liberar aos propios

músicos da xestión de comercialización, negociación, xestión de axenda e folla de ruta das actuacións tal como viñan facendo ata agora e centrarse na sua faceta musical. Doc Magoo's está composto por Franki á guitarra, Piérrez aos teclados, Napo co Baixo, Pistón á Percusión, Luaña armónicas e Izzy como cantante. Nos seus potentes concertos, pódense escoitar temas míticos de Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, ou Bob Dylan, entre outros.•

Franki e Izzy, guitarrista y cantante dos Doc Magoo's. Foto Hermanager.


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 19

CULTURA

Entre o 18 e o 20 de febreiro do ano 1922 tivo lugar en Monforte de Lemos a IV Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala. Na orde do día, seguramente neboento, mentres os bois araban tras a Candeloria, o incipiente nacionalismo galego dispúñase a debater sobre a organización definitiva das Irmandades, o plan de propaganda nacionalista e os estudos que realizar desde as fileiras dos Amigos da Fala. Nos chanzos do mosteiro de San Vicente, hoxe Parador Nacional, e a carón do pazo dos Condes de Lemos, os asistentes á Asemblea realizaron un retrato de grupo no que podemos ver, entre outros, a Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Casal ou Manuel Antonio. Ao fondo do val asubiaba o tren e chegaba ao curuto do antigo castro o bulicio dos traballadores daquela estación que era o gran nó ferroviario de Galicia. Tras daquel tren non viñan abades nin cregos, senón a luz e o progreso. Ficaron quedos un intre ante o aparello do fotógrafo e na placa de xelatina de bromuro de prata podía percibirse á perfección o soño común do destino libre para a terra que se albiscaba

Monforte conmemora os cen anos da IV Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala • Celebrarase unha xornada de homenaxe e de estudo o día 19 de febreiro na Casa da Cultura desde aquel outeiro. Mais a xuntanza nas terras do Cabe evidenciaría as tensións internas no seo das Irmandades, que finalmente acabarían na escisión entre a tendencia liberalprogresista —liderada pola Irmandade d’A Coruña— e a máis conservadora, a cuxa fronte se achaba o grupo ourensán liderado por Vicente Risco e que levaría á creación da Irmandade Nazonalista Galega. A histórica Asemblea de Monforte marcaría, pois, un fito na historia do galeguismo e sería decisiva no decorrer deste naqueles anos de preguerra, onde aínda todo era posible, mesmo a utopía. Organizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación

• Redacción. MONFORTE Otero Pedrayo e Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Concello de Monforte, a Deputación de Lugo, Vicepresidencia de

As tensións no seo das Irmandades acabarían na escisión entre a tendencia liberal-progresista e a máis conservadora Cultura e Rurallure, a xornada que se vai celebrar o día 19 de febreiro deste 2022 en Monforte constitúe unha nova xuntanza de homenaxe e de estudo, na cal di-

versos historiadores se ocuparán da análise do movemento das Irmandades e en especial do acontecido na IV Asemblea, así como da centralidade proletaria do lugar de Lemos naquela Galicia de comezos de século. Unha xornada tamén festiva, aberta a toda a veciñanza e con participación da mocidade monfortina. PROGRAMA DE ACTIVIDADES 10:00 h: Inauguración. 10:30 – 11:00 horas: Construíndo identidade entre cultura e política: as Irmandades da Fala, con Xosé Ramón Quintana Garrido, presentado porEduardo López Pereira. 11:00 – 11:15 horas: Coloquio.

11:30 - 13:30 horas: Obradoiro de creatividade Ultreia para público de 5 a 12 anos e zona de recreación dos anos 20 (Praza de España), con Iris Branco, presenta Óscar Penín. 12:00 - 12:30 horas: Lectura pública de textos das persoas que participaron na Asemblea Nacionalista en San Vicente do Pino (se chove farase na Casa da Cultura Lois Pereiro). 13:15 - 13:45 horas: A Irmandade que viaxaba en comboio: contextos da Asemblea de Monforte (1922), a cargo de Xurxo Ayán coa presentación de Olga Novo. 13:45 - 14:00 horas: Coloquio. 17:00 - 17:30 horas: Causas e consecuencias da ruptura das Irmandades da Fala na Asemblea de Monforte (febreiro de 1922), con Emilio Ínsua, presentado por Patricia Arias Chachero. 17:30 - 17:45 horas: Coloquio. 18:00 - 18:30 horas: Irmandiñas. Compromiso e paixón pola Terra con Aurora Marco, presenta Celia Pereira Porto. 18:30 - 18:45 horas: Coloquio. 18:45 horas. Clausura. 20:00 horas: Concerto a cargo de Uxía e Sergio Tannus.•


20 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

CULTURA Teatro

O teatro cobra protagonismo na axenda cultural

• Despois da presenza de María Barcala coa obra Libre coma os páxaros, o Concello de Monforte convoca o XXIX Certame Municipal para Centros de Ensino

• Redacción. MONFORTE O teatro recupera o protagonismo na actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro semestre do ano 2022. Asi, tras a excelente interpretación de María Barcala no papel de Rosalía de Castro na obra Libre coma os páxaros dirixida por Xulio Lago, do Teatro do Atlántico, da que se puido gozar esta semana no Multiusos, o Concello de Monforte, anúncia agora, a través da súa Concellería de Cultura, a convocatoria do XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte. Trátase dun certame que terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do 21 de abril ó 11 de maio de 2022, sempre atendendo ás medidas sanitarias vixentes polo Covid-19. No certame poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro; así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente peti-

ción e da aceptación por parte da Concellería de Cultura. INSCRICIÓN As solicitudes de inscrición para a participación no certame poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 23 de marzo. A documentación que haberá que presentar é título da obra, autor, reparto, nome do director ou directora, sinopse e duración da mesma. Todos os participantes no Certame deberán pertencer obrigatoriamente ó centro ó que representan. As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame. POSTA EN ESCENA As datas da posta en escena de cada unha das obras que se presenten, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 23 de marzo no Concello. En todo caso, todas as representacións das obras de teatro

terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 horas. COLABORACIÓN E PREMIO O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes. A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h. CICLO DE TEATRO PARA ADULTOS A seguinte das obras programadas no ciclo de teatro para adultos será A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria que representarase o xoves 10 de marzo no Edificio Multiusos ás 20:15 horas, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.•


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 21

DEPORTES

Novas en breve

O Club Lemos empata ante o Ribadeo

O CB Sarria campión da fase regular

Non poido o Lemos culminar unha semana perfecta derrotando ao Ribadeo na Pinguela no partido aprazado correspondente á xornada 16. Mereceu a vitoria, pero non tivo a sorte de cara ao gol que mostrou no derbi ante o At. Escairón no partido anterior.

CB Sarria y CB Celega Escairón, xogáronse nos dous derradeiros partidos o liderato da Terceira División, e a balanza decantouse polo equipo de Sarria, que se impuxo por 43-68 en Monforte, e por 64-55 en Sarria. Ámbolos dous equipos xogarán a fase de ascenso

A Volta Gran Camiño busca a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo ás grandes figuras mundiais do momento. Foto VGC.

Ciclismo

Sarria prepárase para a Volta O Gran Camiño •A cuarta etapa da rolda galega disputarase o 27 de febreiro, e suporá unha oportunidade única para proxectar Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago • Redacción. MONFORTE Sarria iniciou a conta atrás para O Gran Camiño cunha ruta ciclista polo trazado da cuarta etapa da volta profesional a Galicia, que se disputará o vindeiro 27 de febreiro. Ciclistas de DHG Team, Club Ciclista Cidade de Lugo e Triatlón Cidade de Lugo Fluvial participaron na iniciativa, promovida

pola Vicepresidenta da Deputación.. O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera, impulsor do Gran Camiño, sumáronse ao grupo, que percorreu o trazado previsto para a contrarreloxo que decidirá a proba.Trátase de 15,8 quilómetros con saída do casco urbano de Sarria, con tramos nas estradas LU-P-5707 e LU-P-5602,,

coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e volta á vila para alcanzar a meta, na Rúa do Castelo, fronte as icónicas letras de Sarria. Efrén Castro explicou que “a Volta suporá unha oportunidade para proxectar Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago, incluso a nivel internacional, porque a proba traerá aquí algúns dos mellores equipos do mundo”.•


22 • EC // Nº 359 Febreiro 2022

DEPORTES Motor

Eduardo Iglesias impartirá un curso de navegación off road

• Está organizado pola empresa galega CleverCap Sistemas co patrocinio da Xunta de Galicia, e contará tamen co copiloto lucense Diego Vallejo e cunha auténtica lenda do Dakar como Joan Pedrero • Redacción. MONFORTE O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo cos deportistas galegos que veñen de competir no Rally Dakar 2022. Por unha banda, o copiloto lucense Diego Vallejo rematou o rally -xunto ao piloto Óscar Fuertes- na trixésimo cuarta (34) posición da categoría de coches na que supuxo a súa sexta participación no rally. Pola outra, o piloto lucense Eduardo Iglesias concluíu a proba na septuaxésimo oitava (78) posición na categoría de motos, firmando o seu terceiro Dakar consecutivo. Para Lete Lasa, que “os dous deportistas galegos que encaraban o rally máis esixente do mundo chegaran á meta demostra a gran calidade e o gran momento que atravesa o motor en Galicia”. APOSTA POLA PRESENZA GALEGA NO DAKAR Lete Lasa asegurou que a Xunta seguirá apoiando a presenza de deportistas galegos nas probas máis importantes do mundo

como é o caso do Dakar e como ocorre con Eduardo Iglesias grazas ao patrocinio recibido da Secretaría Xeral para o Deporte e de Galicia Calidade. NAVEGACIÓN CO EQUIPO CAP ROAD Neste sentido, o mandatario galego informou que a Xunta de Galicia patrocinará o curso de navegación off road con roadbook organizado pola empresa galega CleverCap Sistemas de Información e que será impartido por Diego Vallejo, Eduardo Iglesias e toda unha lenda do Dakar como Joan Pedrero, 13 participaciones en el Dakar, dous quintos postos en 2011 e 2013 e dúas etapas gañadas no 2014 e 2017. O curso terá lugar os días 18 e 19 de marzo en Santiago de Compostela, e dará a coñecer a nova navegación aplicada no Dakar, ademais de perfeccionamento e xestión en técnicas de navegación. Ademais, o domingo 20 de marzo terá lugar unha mesa redonda na que participarán pilotos de primeiro nivel mundial e na que compartirán as súas experiencias cos participantes do

curso e o público asistente. O sistema de navegación utilizado no Dakar é produto da empresa francesa ERTF pero o seu uso está restrinxido ao propio rally. O único xeito de adestrar con este modelo é a través do equipo Cap Road, creado pola empresa galega CleverCap, e que replica as funcionalidades do sistema orixinal francés. Este equipo Cap Road será a principal ferramenta de navegación durante o curso, desenvolvido para o seu uso en eventos deportivos off road, e de forma explicita na modalidade rally raid. Nun só equipo móstranse todos os elementos e parámetros necesarios para a navegación off road: roadbook electrónico, odómetros parcial e total recalables, distancia a waypoint obxectivo, rumbo actual, rumbo a seguir, tanto en graos como con punteiro, velocidades, alertas visuais e acústicas, información GPS, etc. Un dos colaboradores neste curso, Singletrack, ofrece un agasallo a todos os rexistrados, a APP ADVENTURE GALICIA especifica de navegación off road.•

O secretario xeral para o Deporte con Diego Vallejo e Eduardo Iglesias. Foto GCXG.

Espectacular Imaxe de Eduardo Iglesias, nunha das etapas do rally Dakar 2022. Foto E.Iglesias.


EC // Nº 359 Febreiro 2022 • 23

En aberto Literatura •Contará coa presenza do autor Roberto Mera Covas, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde de Monforte, Severino Rodríguez.

Presentase o libro Alejando Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos O avogado e politó‘Schindler’ galego. • Redacción. MONFORTE logo Roberto Mera Na Europa ocupada Covas presenta este polos nazis miles de sábado 12 no exiliados republicaAteneo Casino de Monforte o seu nos españois devecían por chegar libro Alejandro Viana. Un galego á a América para salvar as súas vidas. fronte do rescate dos refuxiados re- A intervención de Alejandro Viana publicanos (Belagua Ediciones). foi decisiva para a evacuación dende Acompañarán ao autor o xornalista Francia cara a América de 17.000 Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde refuxiados republicanos tras o coSeverino Rodríguez. mezo da guerra civil española. Mera constrúe un libro ameno para En 1941, acosado pola Falanxe e a contar os dezaséis últimos anos da Gestapo, Viana emprendeu unha vida de Alejandro Viana, deputado desesperada fuxida. Logo de once republicano e tío bisavó do autor. meses de anguriante viaxe por Viana fuxiu a Francia e arriscou a África,chegou a México, onde viviu súa vida para salvar a decenas de ata o seu falecemento en 1952. miles de refuxiados republicanos, O sábado 12 ás 19:30 no Ateneo feito polo que se lle coñece como o Casino con acceso libre.•

Pintura

As acuarelas orixinais do conto Leopoldo, o pequeño monstro, de Estefanía Padullés No Espazo Xove de Chantada, poderá verse ata o 28 de febreiro a exposición de 18 acuarelas orixinais que forman os debuxos e o texto correspondente ao conto infantil “Leopoldo, o pequeño monstro”. Nada nun pequeñou pobo dos Pireneos, Estafanía Padulles licenciouse en Biología por a Universidade de Barcelona. Viaxou por distintos paí ses para completar os seus estudos con animais, e foi Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoo. Á parte do seu traballo como bióloga, nunca deixou de pintar ou debuxar. Agora vive en Galicia, e realizou varios contos ilustrados publicados por Hércules de Edicións.•

En marcha a sefunda edición do programa IlustrarNÓS

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro presentou a programación IlustrarNÓS, que inclúe actividades arredor da ilustración e das artes gráficas en centros educativos. Trátase de propostas coas que pretende ampliar o coñecemento desta expresión artística, das súas técnicas e creadores e creadoras, e fomentar a creatividade.•


24• EC // Nº 359 Febreiro 2022

PROTAGONISTAS●●● ●●● As esculturas con motoserra de Jesús Benavides sorprenden na Ribeira Sacra

As esculturas talladas con motoserra por Jesús Benavides están ao carón da estrada de Deade. (Foto: PILI CHAOS).

Escultura “Manitú”, obra de Jesús Benavides. (Foto: PILI CHAOS).

“ET”, tamén esculpido con motoserra. (F.: PILI CHAOS)

●Estudantes da Pinguela desfrutaron dos deportes de inverno en Andorra

O artista Benavides preparando o terreo para situar unha nova peza artística. (Foto: PILI CHAOS).

●Promoción do Xacobeo cun selo de Correos A Xunta e Correos suman esforzos para promocionar o Xacobeo 21-22. A entidade emitiu un selo protagonizado por “Floreano”, un querido personaxe da prensa galega, convertido en peregrino. Correos enviará un selo e tres láminas conmemorativas a case 350 asociacións de Amigos do Camiño nacionais e internacionais. GPXG

Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato do IES A Pinguela viaxaron a Andorra a finais de xaneiro. Acompañados polo varios profesores, os estudantes desfrutaron da paisaxe nevada e practicaron deportes de inverno. A actividades estivo organizada polo Departamento de Educación Física. IAP


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.