EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 356, Decembro 2021

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 16 - nº 356

Decembro 2021

Protagonistas Yolanda Castaño asiste ao club de lectura de profesores do IES A Pinguela

Quincenal comarcal gratuíto

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica do Sur de Lugo

SOCIEDADE

O PULSO DA COMARCA

• PANTÓN: Deputación de Lugo e Concello de Pantón firman o protocolo para construír o Centro de Atención a Maiores Foto: PILI CHAOS

Os concellos preparan o Nadal cun ollo posto na Pandemia de Covid NADAL

Chantada loce a súa orixinal decoración de Nadal

• CULTURA: Monforte presidirá en 2023 a Red de Juderías de España, e acollerá a sua asemblea anual

• MEDIO AMBIENTE: A Ribeira Sacra suma esforzos para ser Patrimonio Mundial da Humanidade


2• EC // Nº 356 Decembro 2021

PATRIMONIO MUNDIAL

A Ribeira Sacra suma esforzos para ser Patrimonio Mundial da Humanidade

Os Concellos afectados polo encoro de Belesar preocupados polas petensións da CHMS

• O Foro Territorios Patrimonio 2021 reuniu en Pantón a expertos vinculados á preservación do territorio • Redacción- MONFORTE. A quinta edición do Foro Territorios Patrimonio 2021 – Ribeira Sacra, reuniu ás voces máis interesantes en cuestións como patrimonio, turismo sustentable e futuro vitivinícola. Desenvolveuse un amplo programa de conferencias, mesas redondas e actividades que centráronse nos retos e oportunidades deste territorio, así como na estratexia na que traballa a Xunta de Galicia para acadar o máximo recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez repasou os plans do Goberno galego para impulsar a candidatura dunha comarca que é “un dos grandes tesouros que posúe Galicia”. “Son moitos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez na inauguración da quinta edición do Foro Territorios Patrimonio 2021 – Ribeira Sacra. GPXG

os esforzos que temos levado a cabo para enxalzar este enclave e este traballo debe ser un orgullo para os concellos que forman este territorio e para toda Galicia”. Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o compromiso da Xunta coa calidade e a sustentabilidade turística, fíos conductores do modelo futuro do turismo galego no

que o a Xunta traballa co sector no marco do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro. A Ribeira Sacra foi un dos beneficiarios dos Plans de Sustentabilidade aprobados polo Estado o ano pasado, que contou cun investimento da Xunta de 850.000 euros co obxectivo de posibilitar a creación de novos produtos e na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.•

Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo cos alcaldes dos concellos que están afectados polo embalse de Belesar. PP

• Redacción- MONFORTE. A presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo cos alcaldes dos concellos que están afectados polo embalse de Belesar. O obxecto da reunión foi analizar as alegacións a presentar polos concellos fronte a pretensión da Confederación Hidrográfica, en aplicación do previsto na Ley de Aguas para, con carácter temporal,

condicionar ou limitar o uso do dominio público hidráulico para garantir a súa explotación racional. Os alcaldes avisan de que “a non garantía de caudal de augas suficiente, levaría como consecuencia outro grave dano colateral evitable: non chegar á declaración de Ben Mundial en 2023” da Ribeira Sacra. Reivindican un marco que faga compatible o aproveitamento hidroeléctrico con outras actividades.•

AXUDAS A Xunta concede 135 axudas para rehabilitar viviendas e edificios na ARI dos Camiños de Santiago, a cifra máis alta desde a posta en marcha do programa

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita para coñecer o resultado de actuacións subvencionadas. GPXG

EnComún Depósito Legal: LU 150-06

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia concedeu este ano un total de 135 axudas para financiar actuacións de mellora e rehabilitación en vivendas e edificios residenciais de uso colectivo en 55 concellos pertencentes á Área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago. A ARI dos Camiños de Santiago foi declarada no ano 2010, converténdose así na primeira de carácter supramunicipal da Comunidade. Na actualidade existen outras dúas figuras deste tipo Cartas al Director: lectores@encomun.es Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).

—a ARI das Illas Atlánticas e a ARI de Ribeira Sacra—, xestionadas directamente pola Xunta, en lugar de polos concellos. Cómpre lembrar que as axudas de fomento e rexeneración urbana na ARI dos Camiños de Santiago permiten a propietarios, particulares e comunidades de veciños acceder a subvencións de ata 25.000 euros por vivenda co fin de financiar diferentes tipos de actuacións de rehabilitación, incluíndo obras de mellora da eficiencia enerxética ou para a eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras. No marco da última convocatoria un total de 135 familias galegas recibiron subvencións por un importe de 1,37 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora en inmobles da súa propiedade.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 3

IGUALDADE A Xunta aposta por impulsar o emprendemento feminino e a inserción laboral e seguir avanzando cara á igualdade real • Feijoo reitera o compromiso da Xunta para acabar coa fenda de xénero no sector científico e tecnolóxico • Redacción- MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou un investimento de máis de 34 millóns de euros en 2022 para impulsar o emprendemento feminino e a inserción laboral e seguir avanzando cara á igualdade real. PLAN EMPREGA MULLER Unha achega que, segundo precisou, inclúe o Plan emprega muller -34,3M€-, centrado na formación para impulsar a inserción laboral das mulleres, no que se insire o Programa Emega que, cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, aposta polo emprendemento feminino, especialmente no ámbito tecnolóxico. IGUALDADE REAL Nesta mesma liña, recordou tamén a modificación o pasado mes de xullo da normativa para garantir a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito universitario e da investigación, entre cuxas novidades está, por exemplo, acabar coa histórica discriminación que sufrían as investigadoras á hora de optar a unha praza pública polos períodos de non produción científica, por baixas por maternidade ou embarazo. Durante a entrega do Premio María Josefa Wonenburger, Feijóo reiterou o compromiso da Administración autonómica para acabar coa fenda de xéne-

O presidente do Goberno galego participou na entrega do Premio María Josefa Wonenburger. GPXG

ro no sector científico e tecnolóxico. Non en van, recordou que máis da metade dos alumnos que escollen o Bacharelato científico seguen a ser varóns; “e eles tamén son maioría no eido do I+D a nivel empresarial”, engadiu, subliñando que apenas o 7% das patentes solicitadas en 2019 foron pedidas por mulleres.

PROGRAMA MULLER E CIENCIA EN GALICIA Con este fin, confirmou que o Goberno galego está xa a traballar no deseño do III Programa muller e ciencia en Galicia 2023-2025; un proxecto que parte do organismo Unidade de Muller e Ciencia, que leva desde a súa creación desenvolvendo iniciativas no eido educativo encamiñadas á for-

mación dos docentes, co fin de impulsar a presenza feminina nas carreiras tecnolóxicas. Así, cómpre salientar que a última edición do Programa chegou a 10.000 persoas e facilitou que 524 mulleres se incorporasen ao ámbito investigador e outras 20 foran promocionadas a postos de dirección. PREMIO WONENBURGER

O titular da Xunta concluíu destacando a traxectoria da galardoada co Premio María Josefa Wonenburger: a catedrática de Medicina Legal e directora do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago, Victoria Lareu. E incidiu en que o traballo e os logros de todas as galardoadas con este premio serven como referente para as novas xeracións.•

A Deputación de Lugo comeza a traballar para ter o seu primeiro Plan de Igualdade • Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo iniciou os trámites cesarios para elaborar, negociar e aprobar o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes co que contará a institución provincial. A voceira socialista do Goberno Provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou que se trata dun instrumento de “modernización do sistema de xestión da Deputación que garanta unha estrutura interna e unhas relacións coa sociedade guiadas pola igualdade de xénero”.

O presidente José Tomé manifestou á Xunta de voceiros a vontade por parte do Goberno de elaborar un Plan de Igualdade, unha proposta que recibiu o apoio unánime dos grupos políticos representados na Corporación.Constituise unha comisión formada por 8 persoas, entre representantes da institución, persoal técnico da Deputación e representantes das organizacións sindicais. García Porto recordou que a Deputación busca “favorecer a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, utilizando para elo todas as ferramentas ao noso alcance".•

Reunión da Xunta de Voceiros e Voceiras da Deputación de Lugo, na que o Presidente manifestou a vontade do Goberno de sacar adiante un Plan de Igualdade. GPDL


4• EC // Nº 356 Decembro 2021

SAUDE - CORONAVIRUS O incremento do número de casos de Covid fai pensar en novas restricións durante o Nadal • O Sur de Lugo, con seis hospitalizados en Monforte, é unha das zonas máis afectadas da provincia

Cribado da covid-19 en Chantada para detectar casos asintomáticos e previr contaxios • A comarca de Chantada ten unha incidencia superior a 500 casos por 100.000 habitantes

Imaxe do cribado Covid levado a cabo en Chantada pola alta incidencia na comarca. GCXG.

• Redacción- MONFORTE. A sexta onda de Covid xa esta aquí. O número de casos de Covid se ha incrementando de forma exponencial durante os últimos días, ata o punto de alcanzar os 14797 casos activos en Galicia, coa presenza da nova variante omicron xa circulando por territorio galego. Unha variante cualificada pola Organización Mundial da Saude como "de preocupación", cuxo descubrimento foi reportado por primeira vez en Sudáfrica a finais do pasado mes de novembro, e que en

poucos días, expandiuse por todo o mundo ameazando con converterse na cepa dominante, dado a súa gran capacidade para o contaxio. Pouco se sabe aínda desta nova variante, pero chamou a atención o alto número e tipoloxía de mutacións que presenta respecto a as súas predecesoras. De momento os científicos consideran que esta variante é máis contaxiosa, e que haberá que esperar para ter máis información respecto a a súa letalidade ou a súa capacidade para superar as defensas que as vacinas ofrecen. Esta

realidade, na que son máis as dúbidas que as certezas, e o rápido crecemento do número de contagios, fan prever que en breve, as autoridades sanitarias véxanse obrigadas a tomar novas restricións. Non Sur de Lugo, estamos a padecer a crueza desta nova onda, especialmente na comarca de Chantada na que se dan cifras de incidencia superiores a 500 casos por cada cen mil habitantes nos últimos 14 días. Ademais, no Hospital de Monforte hai 6 pacientes ingresados. •

• Redacción- MONFORTE. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, asistiu ao cribado organizado pola Consellería de Sanidade en Chantada o pasado venres co fin de detectar posibles casos asintomáticos da covid-19 e previr contaxios. Arias apuntou que neste momento a Zona Sur ten a incidencia máis alta da provincia, con máis de 500 casos por 100.000 habitantes; mentres

que na zona centro é de 220 e na comarca da Mariña ronda os 100. Tamén salientou a boa resposta da cidadanía, que acudiu ao recinto gandeiro de Chantada desde primeira hora da mañá para realizar a PCR. O Sergas convocou a toda a veciñanza a acudir voluntariamente e seguirá tomando mostras pola tarde. Tamén se desprazaron ata o lugar onde se están a realizar as probas os alcaldes de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Taboada.•

BREVES • A ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO PIDE A APERTURA DUNHA OFICINA DE CAIXA RURAL NO CONCELLO. A Asociación Veciñal do Saviñaoa través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor dirixiuse á Dirección Comercial de Caixa Rural coa intención de solicitar a ubicación dunha oficina en Escairón, capitalidade do Concello de O Saviñao. A día de hoxe neste municipio de 3.550 habitantes tan só operan dous bancos cando ata hai pouco había catro. Comentan que as oficinas operativas estan colapsadas con longas esperas no exterior do edificio e horarios de atención ó público moi limitado, polo que hai moitos veciños

dispostos a cambiar a outra entidade bancaria se houbese esta posibilidade.• • O BONO AUTÓNOMO REFÓRZASE CUN 45% MÁIS DE ORZAMENTO CARA A 2022 PARA APOIAR A CONSOLIDACIÓN DOS NEGOCIOS E MELLORAR A SÚA COMPETITIVIDADE. Co obxectivo de apoiar a consolidación dos negocios e mellorar a súa competitividade xurde o Bono Autónomo, cun investimento de adicional de 8 millóns de euros para o próximo ano. Esta iniciativa, segundo explicou o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, incluirá dúas liñas de axudas. Unha liña

dará apoio ao desenvolvemento de plans estratéxicos, de marketing, de comunicación do negocio, proxectos de eficiencia enerxética ou de transformación dixital, entre outros. E a outra liña ofrecerá financiamento para: compra de maquinaria ou ferramentas, reformas para mellorar a eficiencia enerxética ou o local, adquisición de material de oficina ou equipamento informático, deseño da páxina web, etc. A convocatoria abrirase nas vindeiras semanas e o Bono Autónomo apoiará os gastos que se teñan realizado desde o día seguinte da súa publicación no DOGA e ata o 31 de decembro de 2022 ou ata que se esgote o orzamento.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 5

ALIMENTARIO

Galicia, unha comunidade que Etiqueta Calidade pola excelencia dos seus produtos • A Xunta ten en marcha a campaña "Galicia Etiqueta Calidade", para divulgar o bo facer das xentes do agro e do mar, e amosar a Galicia como potencia alimentaria • Redacción- MONFORTE. Galicia ofrece un amplo abano de produtos alimentarios de extraordinaria calidade. A súa magnífica despensa, que Álvaro Cunqueiro consideraba "a de maior amplitude de Occidente", ponse en valor grazas ao magnífico traballo dos grandes cociñeiros e cociñeiras. "GALICIA ETIQUETA CALIDADE" PARA PROMOVER OS PRODUTOS GALEGOS DE EXCELENCIA A promoción desta riqueza alimentaria estase a materializar en diferentes iniciativas institucionais. Así, a Xunta vén de destinar 700.000 euros na nova campaña "Galicia Etiqueta Calidade", co obxectivo de divulgar o bo facer da xente do mar e do agro. Aproveitando as datas do Nadal, a campaña quere lembrar aos consumidores que Galicia é unha potencia alimentaria. Ademais, esta acción promocional trata de recoñecer

ao sector o papel fundamental que desenvolveron os traballadores do agro e do mar durante a emerxencia sanitaria, garantindo que non faltaran os produtos alimentarios galegos nos fogares. NACE A MARCA "GALICIA CALIDADE ALIMENTARIA" Outra das accións da calidade alimentaria de Galicia é a ampliación da marca Galicia Calidade, que terá unha sección específica sobre produtos agroalimentarios, baixo a etiqueta "Galicia Calidade Alimentaria". Con esta marca, afondaráse na promoción de produtos con excelencia recoñecida. COME GALEGO, SAUDABLE E ATLÁNTICO A Xunta vén de celebrar, no Pazo de Quián, a I Mostra de Calidade Alimentaria, acollendo tres foros: “Come galego”, “Come saudable” e “Come Atlántico” que versaron

A variedade de produtos agroalimentarios de Galicia cobre as necesidades nutricionais coa máxima calidade.

sobre gastronomía e turismo, arredor da filosofía slowfood e as vantaxes dunha materia prima sen procesar, dun produto de proximidade e as fortalezas da Dieta Atlántica, a súa adaptabilidade ás diferentes necesidades nutritivas e o seu futuro dentro da promoción dos produtos de calidade

alimentaria de Galicia.. PREMIOS Á EXCELENCIA Por último, o recoñecemento ao esforzo e á innovación dos produtores toma forma a través de premios como Exceleite, que pon en valor o sector lácteo galego na aposta pola produción excelente de proximidade,

san e sustentable que sempre distinguiu a Galicia. Na mesma liña, a recente Cata de Queixos e Meles de Galicia distingue a estes dous produtos como exemplo de que Galicia etiqueta Calidade. Na Cata, participaron 30 produtores de queixos e 25 industrias de mel con selos oficiais de calidade.•

PRODUTOS GALEGOS: EXPERIENCIAS DE CALIDADE PARA TODOS OS GUSTOS

Un Nadal de excelencia con produtos alimentarios de Galicia.

•AGRICULTURA ECOLÓXICA: Esta denominación abrangue unha ampla gama de produtos producidos de calidade cun escrupuloso respecto ao medio ambiente e ao benestar animal.

•VIÑOS E AUGARDENTES: Ás cinco D.O. (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei) hai que sumar os viños das catro IXP: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense, e Ribeiras do Morrazo. Este distintivo tamén se aplica aos licores e augardentes de Galicia. •CARNES: Dende hai 30 anos, o selo Ternera Gallega é a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español, ao que se engaden Vaca Gallega e Buey Gallego. Este panorama reforzouse coa IXP Lacón Gallego e, no ámbito avícola, co selo Capón de Vilalba, e a extraordinaria calidade dos produtos derivados das razas autóctonas. •LÁCTEOS: É un dos puntos fortes do sector alimentario galego, a través do indicativo Galega 100%, que certifica o leite galego de calidade diferenciada, é dicir, un produto coa máxima excelencia e que ten como orixe explotacións da comunidade autónoma. Hai que destacar a calidade dos queixos, con catro D.O.P. (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). •HORTA: A calidade contrastada dos pementos evidénciase coa D.O.P. Herbón, e as IXP O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán. Os recoñecementos Castaña de Galicia e Mel de Galicia promoven a calidade destes produtos. A IXP Pataca de Galicia e outras denominacións como a Faba de Lourenzá, Pan Galego, Pan de Cea, ou Tarta de Santiago garanten a excelencia dos produtos. •ARTESANÍA ALIMENTARIA: pretende poñer en valor os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de forma tradicional. •PRODUTOS DO MAR: O distintivo Mexillón de Galicia certifica o produto producido, transformado e elaborado en Galicia. A marca PescadeRías, ¿de onde se non? abrangue os peixes e mariscos procendentes da frota artesanal


6• EC // Nº 356 Decembro 2021

TEMPO DE NADAL

BREVES

Monforte enche de iluminación de Nadal as rúas monfortinas • Redacción- MONFORTE. O prezo da electricidade non é obstáculo para que as rúas de Monforte énchanse de luz este Nadal. O Concello aumentou o investimento no alumeado de Nadal 2021 pasando de 28.000€ en 2020, a 50.000€ en 2021, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte. José Tomé Roca, alcalde de Monforte, resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 50.000 luces neste Nadal, pasando de 32.000 a máis de 50.000, é dicir, case 20.000 máis que en 2020, para dinamizar o Nadal da nova normalidade”. Monforte tivo tamén o seu acendido oficial, que contou coa participación do propio alcalde, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, o concelleiro de de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé. O acendido oficial tivo lugar na Praza de España, diante dun novidoso cono de 14 metros de alto a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos

Simbólico árbore de Nadal na Praza de España. Foto Pili Chaos.

transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”. A idea é contribuír a crear un ambiente

do Nadal que contribúa a que a xente salga á rúa, e goce do comercio e a hostalería local, nun intento de ir recuperando a normalidade agora de novo ameazada pola variante covid omicron.•

A pandemia condiciona a programación do Nadal do Concello de Monforte • Redacción- MONFORTE. A pandemia non impedirá que se celebren actividades como o certame de poesía infantil “Nadal 2021", Concurso de Beléns para os centros educativos de Monforte, concertos da Sociedad Filarmónica de Monforte e da Coral Polifónica os 21 e 22 de decembro, ás 20:30 e 20:15, no Multiusos. O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves,24. Haberá Teatro de Marionetas o 28 ás 18:00 tamén no Multiusos. 17:00 horas. O 5 de xaneiro terá lugar a cabalgata de Reis. •

Imaxe da Praza de San Antonio, sede do Concello coa iluminación navideña.. Foto Pili Chaos.

• BÓVEDA PROGRAMA ACTIVIDADES DE NADAL PARA TODOS OS PÚBLICOS. Haberá actividade infantís, cine e obradoiros para nenos e nenas a partir dos seis anos desde as 09:00 ás 14:00 horas. O Concello de Bóveda oferta o campamento ‘Nadal en Igualdade’ con dez prazas que se cubrirán por orde de inscrición chamando ao teléfono 982 42 61 77. E o mércores día 5 ás 18:00 horas os Reis Magos de Oriente visitarán o Bóveda. Para poder participar na recepción será preciso inscribirse. Todas as actividades se van desenvolver no Centro Sociocultural, agás a visita dos Magos de Oriente, que terá lugar na Casa Consistorial.• • O PP DE MONFORTE CRITICA “A CATIVA” PROGRAMACIÓN DO CONCELLO PARA AS DATAS FESTIVAS. A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Katy Varela, afea a Tomé “a cativa” programación do Concello para estas datas. Tal é así que indica: “Se non fose polo CCU, en Monforte non teriamos actividades de Nadal”. “Os populares botamos de menos máis actividades e, sobre todo, máis iniciativas interactivas cos veciños e as veciñas”, afirma. Dende o PP indican que son moitos os veciños que se queixaron a este respecto, sobre todo, pola falta de accións dirixidas aos máis pequenos, en comparación cos municipios limítrofes, como o de Sober, que teñen menos poboación e, por tanto, menos presuposto para este fin. “Acontece o mesmo que no verán. O equipo de goberno demostra así unha falta de creatividade sen actividades e unha escasa programación cultural para estas datas. A Covid non é escusa, pois aínda cando é necesario extremar as precaucións, certos actos poden levarse a cabo”, insiste. Por este motivo, Katy Varela manifesta que “non podemos entender como o alcalde presume de inversión de luces e logo non ten actividades”. Incluso, advirte, “a iluminación ata podería mellorarse, sendo esta tamén máis interactiva como acontece con outros lugares como Allariz ou Mondoñedo”.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 7

BENESTAR

A Deputación remata o Centro de Antención a Maiores de Becerreá • A institución

provincial dotará ao edificio dun centro de transformación eléctrica e do equipamento necesario • A apertura da residencia está condicionada á axilidade na concesión dos permisos necesarios, que dependen da Xunta • Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo vén de rematar a construción do edificio que albergará o Centro de Atención a Maiores de Becerreá. A institución provincial comezará agora o proceso de contratación dun centro de transformación eléctrica para o inmoble e do equipamento necesario para o seu correcto funcionamento. Así mesmo, a apertura da residencia está condicionada á axilidade na concesión dos permisos necesarios, que dependen da Xunta de Galicia. Este novo servizo, situado no concello de Becerreá, atenderá aos usuarios e usuarias nunha dotación social no entorno urbano da capitalidade, con modernas instalación intercomunicadas e de fácil acceso. Trátase dun edificio compacto para controlar o gasto enerxético e que está situado na zona alta dunha parcela que ten contacto directo coa rúa Ancares e con vistas ao seu entorno natural. A área destinada ao centro de día ten unha única planta baixa e o futuro centro residencial consta de cinco plantas, dúas plantas semisoto, unha planta baixa de acceso e tres plantas de habitacións. No terreo hai definida unha zoa axardinada e outra para hortos. As obras, nas que a Deputación de Lugo investiu preto de 3,5M€, leváronse a cabo nunha parcela de 1.200 metros cadrados.

dunha soa planta, situarase na zona oeste da parcela, conectando co entorno urbano para facilitar o acceso da veciñanza. Polo fronte desde rúa Ancares e na esquina oposta ten un acceso independente ao centro residencial. Conta con pequenos patios axardinados que separan e conectan esta zona da residencia, espazos tranquilos que, no caso do central sirve ademais como terraza.

CENTRO DE DÍA O Centro de Día previsto,

O edificio presenta un interior iluminado e confortable, ben integrado na contorna e de fácil acceso para usuarios e visitantes. (Fotos : COPCISA)

CENTRO RESIDENCIAL O acceso da zona residencial desde a rúa Ancares prodúcese a través dun corredor ancho que pasa pola zona de administración e atravesa entre os patios axardinados para conducir ao vestíbulo e á escaleira xeral. O corredor da acceso a un espazo amplo e flexible, compartimentable, que pode adaptarse

a diferentes usos. O fronte ten cristaleira e conta con amplas terrazas e galerías que forman acolledoras zonas de estancia, constituíndo un argumento importante para enriquecer o espazo na definición do seu límite co exterior. A zona para cociña e servizos conta con entrada independente desde o exterior para persoas e vehículos. Na planta inferior, baixo o acceso, se sitúa a área parasanitaria e de atención técnica. As salas de rehabilitación e terapia ocupacional contan cunha gran terraza exterior, cuberta e unha zona axardinada para descanso e paseo dos usuarios e usuarias. Esta planta tamén está pensada para situar os servizos xerais como vestiarios, lavandería e almacéns. As tres plantas da zona resi-

dencial vertébranse cun amplo corredor central e habitacións a ambos lados. Nas dúas primeiras hai habitacións dobres a un lado e individuais enfrontadas. A terceira só conta con habitacións dobres, algunhas delas con baños máis amplos para os residentes que poidan necesitar un espazo extra por problemas de mobilidade. CARACTERÍSTICAS, SISTEMAS CONSTRUTIVOS E ACABADOS En total, este centro contará con 22 habitacións individuais con baño, 28 dobres con baño individual e outras 8 habitacións dobres con baño asistido. Tanto no centro de día como nas fachadas laterais do centro residencial empregáronse cerámicas con acabados pétreo que garante o illamento térmico.

Un acabado que xunto coa madeira sintética tratada nas lamas de protección solar evocan a imaxe construída máis habitual da montaña lucense. As carpinterías exteriores puxéronse ao ras cos pavimentos interior e exterior para evitar obstáculos e garantir a mobilidade, facilitando o tránsito dentro e fóra. O que será centro de día conta cunha cuberta con acabado en grava e listóns de diferentes cores, mentres que no edificio destinado a residencia optouse por un panel sándwich apoiado en correas metálicas que garantan un bo illamento térmico na planta superior. En definitiva, a Deputación de Lugo construíu un edificio compacto e sostible que conta coa certificación de máxima eficiencia enerxética. •


8 • EC // Nº 356 Decembro 2021

ECONOMÍA A Deputación de Lugo e a EOI poñen en marcha un Plan de Emprego oreintado á mocidade e as novas tecnoloxías CUATRO OBXECTIVOS

Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reiníciate: enfoca o teu futuro • Redacción- MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou xunto co director do departamento de Aceleración Empresarial da Escola de Organización Industrial (EOI), Javier Benito, o Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reiníciate: enfoca o teu futuro, unha nova iniciativa dotada con máis de 1M€ de orzamento que ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo de máis de 400 mozos e mozas da provincia ofrecéndolles formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas e entidades en profesións con alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización. PLAN DE IMPULSO DA ECONOMÍA José Tomé, que estivo acompañado tamén polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, explicou que o programa forma parte do Plan de Impulso da Economía da Provincia lanzado pola Deputación para favorecer a reactivación do tecido produtivo fronte ao impacto da pandemia. O programa está promovido pola Deputación e a EOI cun orzamento de 1.082.950€, achegados nun 85,9% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo, que supón 930.254,05€. A institución provincial asume o 14,1% restante, o que supón 152.695,95€. Un programa que dá continuidade ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, que tamén puxeron en marcha ambas entidades e que está tendo moi boa acollida entre as empresas da provincia. MÁIS DE 400 PRAZAS PARA A MOCIDADE

• Axudar á mocidade a encontrar traballo. • Formación dirixida á adquisición de coñecementos en novas tecnoloxías. • A inserción laboral sexa, polo menos, dun 25% dos participantes.

José Tomé Roca, xunto co director do departamento de Aceleración Empresarial da EOI, Javier Benito, na presentación o Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. GCDL

O Presidente explicou que o Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reincíate: enfoca o teu futuro, que arrancará en xaneiro e prolongarase durante un ano, dispón de máis de 400 prazas destinadas para a mocidade dos 67 concellos da provincia que estean en situación de desemprego. Deben ter entre 16 e 30 anos e atoparse inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil para poder participar. NOVAS TECNOLOXÍAS “O obxectivo é darlles ferramentas para axudarlle a encontrar traballo ofrecéndolles para iso información especializada, teórica e práctica, naqueles ámbitos que hoxe en día máis se reclaman no mundo laboral”, explicou José Tomé. Nese sentido, manifestou que “é unha formación que responde á necesidade real de perfís profesionais que se están demandando, é dicir, os que máis expectativas de inserción laboral teñen”. A formación estará dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Os contidos das 23 accións centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.•

• Fixar a poboación do rural.

PRÁCTICAS REMUNERADAS, INSERCIÓN LABORAL E APOIO AO RURAL

•Este novo programa da Deputación e a EOI inclúe ata tres meses de prácticas non laborais que serán remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período. Tomé Roca puxo en valor que “grazas a este programa os participantes mellorarán a súa capacidade e aptitudes para encontrar un traballo e, ao mesmo tempo, as empresas e entidades da nosa provincia, coa incorporación deste tipo de perfís profesionais poderán mellorar a súa actividade, ser máis eficientes, ter máis recursos para optar a procesos de concorrencia pública e ser máis áxiles nos seus procedementos administrativos e no mundo dixital”. “A previsión coa que traballamos é que a inserción laboral deste progra-

ma sexa, polo menos, dun 25% dos participantes. É dicir, que uns 100 mozos e mozas consigan un emprego ao rematar este programa. Esta é unha previsión, pero oxalá poidamos superar esa porcentaxe”, recalcou o mandatario provincial. José Tomé recalcou que, sobre todo, este proxecto “é unha medida de apoio ao rural para que os mozos e mozas da provincia de Lugo poidan labrar o seu futuro no lugar onde viven atopando un posto de traballo no seu concello ou na súa comarca” COMO SOLICITAR ESTAS AXUDAS O prazo de inscrición xa está aberto e pódese formalizar na web: empleojovenlugo.es Habilítase o teléfono 982 26 02 04 para resolver dúbidas que poidan xurdir. A previsión é que o programa arranque en xaneiro.•


Dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte quero desexar a todos os veciños e veciñas unhas Felices Festas de Nadal. E que o vindeiro 2022 sexa un ano cheo de boas novas. José Tomé Roca Alcalde de Monforte de Lemos


10 • EC // Nº 356 Decembro 2021 ●●●[seguridade- nomeamentos - monforte]

●●●[enerxía - biomasa - monforte]

MIGUEL MARTÍNEZ TOMA POSESIÓN COMO INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL DE MONFORTE

OS ESCOLAPIOS APOSTAN POLA EFICIENCIA E O AFORRO ENERXÉTICO

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, na sua visita ao colexio. GCXG

• Redacción - MONFORTE. O vicepresidente económico Francisco Conde, visitou o Colexio dos Escolapios onde puido coñecer o funcionamento das novas caldeiras de biomasa José Tomé Roca durante a rúbrica da acta de toma de posesión de Miguel Martínez Díaz como Inspector funcionario de carreira da escala executiva do corpo de Policía Local. GPCM.

• Redacción - MONFORTE. Miguel Martínez adquire a condición de funcionario de carreira da escala executiva da Policía Local, na categoría de Inspector, subgrupo A2, na escala de administración especial

para o que foi nomeado por Decreto de Alcaldía do 10 de decembro de 2021. Miguel Martínez superou o concurso-oposición así como o curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade Pública. O

Alcalde aproveitou tamén este acto para departir co novo Inspector responsable da Policía Local sobre diversos aspectos relacionados coas súas funcións na cidade e no conxunto do Concello.•

coas que conta o centro. O proxecto, que contou cun apoio da Administración autonómica de preto de 160.000 euros, supuxo un investimento de 201.000 euros.•

●●●[medio ambiente - quiroga - ribas de sil - a pobra do brollón] O BNG URXE Á XUNTA A REMATAR A RECUPERACIÓN DOS TERREOS QUEIMADOS POLO LUME EN RIBAS DE SIL, QUIROGA E POBRA DO BROLLÓN

●●●[emprendemento- iniciativas - monforte]

O PARADOR DE MONFORTE ACOLLEU O FORO “NACER E MEDRAR”, ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN AGROALIMENTARIA DE GALICIA

A deputada Carme Aira reprocha ao Goberno galego que careza dun modelo de ordenación dos montes, de vital importancia na prevención de incendios. Foto BNG.

• Redacción - MONFORO BNG urxiu á Xunta no Parlamento galego a rematar a recuperación dos solos queimados polo gran incendio que afectou en setembro aos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Pobra do Brollón, unha recuperación que, segundo a deputada nacionalista Carme Aira, “debe ir máis alá do mulching, xa TE.

O Parador de Monforte de Lemos acolleu a presentación dun proxecto piloto para o peche de ciclos produtivos en Galicia a través do aproveitamento de produtos cárnicos e lácteos de ovino e caprino, o Proxecto Rumiantes ou “PRALEITE”. O proxecto foi presentado no Foro “Nacer e Medrar”, organizado pola Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA) co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración de Santander Agro para promover o networking e intercambio de iniciativas emprendedoras entre empresarios e outros axentes do sector agroalimentario.• FOTO GP-CEL.

que os danos provocados polos lumes van máis alá de deixar exposto o solo á erosión e ás escorrentías, senón que tamén se dá a perda de moitos microorganismos que teñen unha función fundamental no crecemento e desenvolvemento das plantas ou a perda da estrutura física de solo que precisan intervención”.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 11

O pulso da Comarca Rematados os traballos de sinalización na pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán

O concello de Quiroga, propón aos seus veciños un programa de Nadal cheo de actividades

Unha vez rematados os traballos de sinalización, unicamente está pendente de acometer o acondicionamento do miradoiro. C. QUIROGA.

• Redacción- MONFORTE. Coa colocación da sinalización, danse por rematados os traballos de acondionamento da pista de acceso aos miradoiros turísticos de Vilañán. Trátase dunha pista duns 4 km que une o núcleo de Vilañán co despegue de parapente e o miradoiro. O remate desta obra permite agora achegarse ata esta zona con calquera tipo de vehículo e non con vehículos todo

terreo como era preciso ata o de agora. Esto facilita que aquelas persoas que non queren subir ata o miradoiro ou o despegue andando o poidan facer en coche. Ademais tamén está a opción de facer as subidas ata a parte alta en vehículo e despois pasear pola cume do monte disfrutando das magníficas vistas de todo o val que se aprecian dende a pista. O seguinte paso, aínda

que sin data de inicio confirmada, é o acondicionamento do miradoiro, un saínte rochoso, dende o que se pode ver a práctica totalidade do val do río Quiroga. O miradoiro conta xa cuns chanzos colocados polos veciños para facilitar o seu acceso, pero preténdese proporcionar máis seguridade para os visitantes coa mellora dos chanzos e unha varanda.•

Bo ritmo nas obras da nova rúa e o novo cemiterio • Redacción- MONFORTE. Chega o Nadal, pero as obras non paran. Estes días trabállase intensamente na construción da nova rúa que unirá as rúas Tallos e Rego da Silva, ademais do cuartel da Garda Civil,e que ademais dará servizo ao futuro Cemiterio Municipal, no que tamén se está traballando. Nunha superficie de 3.370 m2 dotarase a Quiroga dun novo lugar de enterramento.•

Imaxe dos traballos na nova rúa de 200 metros de longo e 16 metros de ancho con todos os servizos urbanos. C. QUIROGA

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Quiroga, propón para o Nadal un amplo programa con numerosas e variadas actividades lúdicas, deportivas e culturais coa finalidade de ofrecer á veciñanza unha ampla oferta para cubrir o seu tempo de ocio e lecer, sempre atendendo ás recomendacións e limitacións que a evolución da pandemia poida esixir. Entre todas as actividades aquelas que se organizan para os máis pequenos teñen un apartado destacado: Certames de poesía e concurso de postais de Nadal, pista de xeo e inchables, o curso de cociña MiniChef, a Ludoteca de Nadal e a actividade de animación Cancións de animais para nenos case normais a cargo da Compañía Solitaria do Dr Monifate. Específico para os máis maiores están as actividades que se desenvolven no Centro Social para a Terceira Idade: un campionato de Tute, Bingos de Nadal e unha cea de Nadal con música en directo. Os máis deportistas poderán participar no Torneo de Fútbol Sala ou despedir o ano coa xa tradicional carreira – andaina solidaria de San Silvestres que se organiza o día 31. No programa había tamén teatro, ainda que a representación protagonizada por Emma Ozores e Rubén Torres, “ El último que apague la luz” tivo que ser aprazada; a obra “Borralliña”, a cargo do grupo de teatro Palimoquiño, e o concerto de Manoele da Felisa (contando coa Secretaría Xeral de Política Lingüística).. Por suposto non faltarán as tradicionais visitas máis agardadas destas datas: a de Papá Noel o día 23 e a dos Reis Magos do día 5 de xaneiro.•


12 • EC // Nº 356 Decembro 2021

O pulso da Comarca Formación aberta ‘Aula Mentor’ no Concello de Sober • Redacción- MONFORTE. O Concello de Sober vén de subscribir un convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento do programa de formación aberta ‘Aula Mentor’. Con este acordo preténdese promover ofertas de aprendizaxe flexibles que permitan a adquisición de competencias básicas e, no seu caso, as correspondentes titulacións, a aqueles mozos e adultos que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación. Concíbese como un mecanismo para achegar á poboación e con especial atención a aquela cuxa residencia se atopa afastada dos grandes núcleos urbanos, dunha oferta formativa, cultural e de difusión das tecnoloxías da información e a comunicación. Entre os seus acenos de identidade destaca o seu carácter aberto, dado que non existen requisitos de acceso e proporciona unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da

O equipo da Aula Mentor de Sober formado polo AEDL Carlos Losada, a orientadora laboral Beatriz Vivirido e a técnica de informática Rocío Fernández GPCS.

poboación adulta. A aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober porase a disposición dos interesados co obxecto de dar un apoio persoal, configurán-

dose como un centro de recursos e de socialización que permitirá, á súa vez, realizar a proba de avaliación, presencial e final, para certificar o aproveitamento dos cursos.•

Nova campaña arqueolóxica no ‘hórreum’ romano do xacemento de Proendos • Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia e o Concello de Sober siguen traballando na excavación do xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, co obxectivo de consolidar o hórreum romano saído á luz nos últimos traballos feitos polo Goberno galego neste espazo e que supón unha estrutura única na Comunidade Autónoma. Trátase dunha intervención que dá continuidade ás actuacións impulsadas nos últimos anos e nos que xa se descubriron numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V. Nesta ocasión, a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Sober, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos traballarán

Profesionais da empresa Tempos Arqueólogos. GPXG

na zona do hórreum para consolidar a súa estrutura e rematar a escavación ata o límite da parcela dispoñible. Traballan nunha superficie de 35 metros

cadrados coa finalidade de definir espacialmente o hórreum para, posteriormente, recoller mostras e tomar imaxes topográficas e en 3D. •

Actividades para todos na Programación de Nadal do Concello de Sober


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 13

O pulso da Comarca Deputación de Lugo e Concello de Pantón firman o protocolo para construír o Centro de Atención a Maiores

Aberto o prazo para participar no IV Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

Infografía do Centro de Maiores proxectado para Pantón, e da firma do protocolo para a súa construcción entre a Deputación e o Concello de Pantón. GCDL.

• Redacción- MONFORTE. O pasado mes de xuño, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou xunto ao Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o proxecto do Centro de Atención a Maiores que a institución provincial proxectaba construir no concello da Ribeira Sacra nun acto aberto ao público que tivo lugar na Casa da Cultura de Pantón. Entón o Presidente da Deputación comprometíase a ter asinado o correspondente

convenio antes de finalizar o ano. COMPROMISO CUMPRIDO E a pasada semana, cumpliuse o compromiiso adquirdo, coa firma xunto co Alcalde de Pantón do correspondente protocolo, para levar a cabo a devandita construción. José Tomé, quixo así acabar con toda as dúbidas manifestadas pola oposición respecto a a vontade da Deputación de realmente

levar cabo este proxecto Esta residencia, terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría. Ofrecerá un servizo público asistencial de calidade e personalizado aos maiores, favorecendo o seu arraigo, ademais de crear emprego sostible no rural, contribuirá a fixar poboación e suporá un importante revulsivo económico para o Concello de Pantón. •

• Redacción- MONFORTE. A Asociación Cultural Segredos de Pantón convoca o IV Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón. As fotografías de-

ben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón. O prazo de envío das imaxes rematará o 31 de decembro ás 12 h.•

A Xunta mellorará o viario entre o Balneario e a Praza de Augas Santas en Pantón, cunha inversión de preto de 100.000 euros. • Redacción- MONFORTE. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por case 100.000 euros as obras para humanizar e mellorar o estado actual do viario que conecta o balneario de Augas Santas coa praza que leva o mesmo nome no concello de Pantón. O prazo de execución previsto é de dous meses, polo que no vindeiro ano este punto da Ribeira Sacra lucirá un aspecto mellorado, ao tempo que se mellorará a accesibilidade

e conectividade, tanto rodada como peonil. Grazas a estes traballos tamén se mellorará a infraestrutura para recoller as augas pluviais, ademais de definirse un muro para delimitar o paseo, colocarse a iluminación na totalidade do viario e instalarse nova sinalización. Cómpre salientar que o contrato estaba reservado a unha empresa de inserción laboral e neste caso foi Properdis a que resultou adxudicataria. A Xunta leva unha década colaborando coas

entidades locais a través do chamado Plan Hurbe na execución de intervencións e proxectos urbanísticos como o que propón que contribúan a crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso común e colectivo. Esta liña de traballo manterase en 2022 grazas a que a Consellería de Medio Ambiente habilitou unha partida orzamentaria de 7 millóns de euros, co fin de contribuír a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.•

Imaxe aerea da zona onde se levarán a cabo os traballos de mellora do viario, entre o Balneario de Augas Santas coa Praza do mesmo nome no Concello de Pantón. GCXG.


14 • EC // Nº 356 Decembro 2021

NADAL Creatividade e tradición nos traballos presentados ao Concurso Escolar de Beléns do Concello de Monforte

As creacións de Nadal amosaron novidosas configuracións e deseños, lonxe dos formatos habituais de beléns. (Fotos: MONTERO).

O xurado valorou os traballos presentados ao Concurso de Beléns para centros educativos de Monforte, dentro das actividades organizadas con motivo do Nadal. (Foto: MONTERO).

O xurado do Concurso de Beléns para centros educativos valorou a orixinalidade, o traballo e a presentación artística de cada proposta. O fallo deuse a coñecer o 17 de decembro. O primeiro premio correspondeu ao belén presentado polo Colexio Infanta Elena, e polo CEIP Monforte, ambos galardoados con 100 euros. O segundo premio, de 80 euros, foi para o nacemento presentado polo Colexio dos Escolapios e o CEIP A Gándara. Por último, o traballo achegado por Xacas Sociedade Cooperativa Galega Gardería Infantil recibiu o terceiro premio, dotado con 50 euros, xunto ao belén elaborado pola Escola de Idiomas de Monforte. (Foto: MONTERO).

Dende o Concello, resaltaron o interese e o grado de implicación de todos os centros educativos participantes no concurso. (Foto: MONTERO).


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 356 Decembro 2021 ●●●[comercio- iniciativas - sarria]

●●●[servizos- iniciativas - provincia]

O CCU DE SARRIA PON EN MARCHA A SUA CAMPAÑA DE NADAL, APOSTANDO POR TRANSMITIR ALEGRÍA E ILUSIÓN NESTAS DATAS, A PESAR DA PANDEMIA

DEPUTACIÓN DE LUGO E CORREOS GARANTEN A PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS NO RURAL DA PROVINCIA

O Presidente asinou co presidente de Correos un protocolo para garantir a prestación de servizos públicos no rural. GCDL.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) ven de presentar a campaña de Nadal . CCU SARRIA

• Redacción - MONFORTE. O comercio e hostalaría de Sarria desexan transmitir alegría e ilusión nestas datas. Ata o 31 de decembro estará vixente na rúa de novo “O LOTÓN”, na súa cuarta edición, actividade central da campaña que permitirá que un/unha cliente do CCU de Sarria

gañe mil euros, que terá que gastar de novo no comercio asociado. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro. Haberá ademais, concurso de escaparates para os asociados e animación nas

rúas cos trasgos do Nadal do CCU, actividades convivirán coa campaña l da Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa Deputación “Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo”, no que se sortean 30.000 euros repartidos en 1.000 tarxetas prepago de 30 €.•

• Redacción - MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, Juan Manuel Serrano Quintana, asinaron un protocolo para impulsar novos proxectos que favorezan a cohesión territorial da provincia e axuden a loitar contra a despoboación ao facilitarlles que poidan realizar xestións independentemente de onde vivan. O obxectivo é ga-

rantir o acceso aos servizos públicos básicos á poboación rural nas mesmas condicións que o resto de persoas que viven nas áreas urbanas. A Deputación e Correos traballarán en proxectos que aproveiten a presenza territorial da compañía, que conta con 24 oficinas na provincia, 46 puntos de atención rural e máis de 200 carteiros e carteiras rurais que percorren a diario parroquias e aldeas lucenses. •

●●●[emprendemento - monforte]

O PP LUCENSE LEVA AO SENADO INICIATIVAS CONTRA A PERDA DE SERVIZOS FERROVIARIOS

ALUMNADO DE FP DO IES A PINGUELA VISITOU A 43RD EDITION ON THE BUSINESS STARTUP SHOW

• Redacción - MONFORTE. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano- levan á Cámara Alta o que consideran escasos servizos ferroviarios que supoñen unha “discriminación para a provincia”. Consideran os populares, que Lugo non disporá de suficientes frecuencias e conexións directas con Ourense e Madrid a través do AVE. Advirten tamén de que “a provincia de Lugo se atopa desconectada a nivel ferroviario do resto de Galicia e de España” e condenan “a perda da conexión directa de Lugo con Santiago”. Os populares defenden que “Renfe, como operadora pública, non pode

• Redacción - MONFORTE. Alumnado de FP dual de Ciclos formativos de Administración e Finanzas e de Calzado e Complementos de Moda veñen de viaxar a Londres para visitar na Excel London a 43rd Edition on The Business Startup Show.

Senadores PP Lugo - Juan Serrano, Xose Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manolo Varela . GP.-PP.

someter aos usuarios a prexuízos derivados de criterios economicistas. Non se pode poñer a suposta falta de demanda como escusa para desmantelar cada vez máis servizos e

facer non desexables os que aínda permanecen en activo con horarios imposibles, traxectos longuísimos e falta de conexións adecuadas con outras cidades”. •

Trátase dunha exposición gratuíta especialmente interesante para calquera que estea a pensar en lanzar ou facer crecer un negocio, proporcionando a calquera emprendedor o coñecemento que necesita para iniciar unha empresa exitosa e rendible.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 17

CULTURA

ENTRAMBASAUGAS

NOGUEIRA DE MIÑO, NAS “CURIOSIDADES” DO CREGO PEDRO CELA Xosé Lois GARCÍA

• Ediciones la Rectoral (Ver Sacrum) publica unha interesante descuberta sobre diversos temas da parroquia chantadesa de Santa María de Nogueira de Miño, da autoría do crego natural desta freguesía e párroco de O Salvador de Camba, Pedro Benito Vázquez Cela (1727-1798). Uns interesantísimos escritos sobre esta parroquia que avalan a precocidade e o desvelo que mostra sobre o deseño desta unidade xeográfica, en temas sociais e outros sobre esta parroquia viñateira, nos rentes do Miño, cunha xeografía e unha cultura moi particular. A nomenclatura de escritos deste crego, en súas diversas entregas e particularidades do século XVIII, no cal viviu, veñen ser descubertas por José María Lago Bornstein, natural de Madrid e residente en Os Nabás (Sober). Un madrileño que nos honra pola súa eficacia en descubrirnos misterios, transcendencias, en desvendar do silencio particulares historias. José María Lago ten aportado interesantes investigacións sacadas do lamazal da escuridade como a publicación sobre “La Escuela de Proendos y outras reflexiones sobre la historia de Sober”, “Crónicas históricas de la Villa de Monforte”, e agora con estas reflexivas “Curiosidades”, ou crónicas vivas dun pasado que late e bate nas emerxencias da actualidade, dun dos espazos máis apaixonantes da Ribeira Sacra miñota de Chantada, nun emocionante relato histórico que convén saber sobre as súas particularidades e que desentrañan suculentas aportacións que realizou o crego Pedro Benito Vázquez Cela sobre o século XVIII que lle tocou vivir, no espazo de Nogueira de Miño.

No inicio do prólogo de José María Lago, transcribe o seguinte e necesario apelo sobre a importancia do citado século e do escudriñador das históricas e particularidades de Nogueira, a un nivel amplo. Sinala o prologuista: “Uno de tantos aforismos acertados que nos dejó Baltasar Gracián fue el que intituló “Hombre en su siglo”; dice así: Los sujetos eminentemente raros dependen de los tiempos. No todos tuvieron el que merecían, y muchos, aunque le tuvieron, no acertaron a lograrle. Fueron dignos algunos de mejor siglo, que no todo lo bueno triunfa siempre; tienen las cosas su vez, hasta las eminencias son el uso. Pero lleva una ventaja lo sabio, que es eterno, y si este no es su siglo, muchos otros lo serán.” (Texto pertencente ao “Oráculo manual y arte de prudencia” de Baltasar Gracián”). Un apreciado distintivo histórico que se condensa nestas “Curiosidades” que espreme Vázquez Cela. Os primeiros escritos destas “Curiosidades” son cartas epistolares de familia sobre tránsitos de saúde e vida na súa misión sacerdotal en O Salvador de Camba no concello de Rodeiro. Rapidamente transcenden os intereses que a súa familia ten en Nogueira, converténdose en puntual vixiante do patrimonio familiar. Resáltanse temas orais de importancia sobre as pasaxes en barca do río Miño, entre Belesar e Nogueira, de terras produtivas e doutras provisións existenciais de valiosa produción que narra este crego. Visibiliza os intereses familiares ben apousentados nesta terra ribeirá; contenciosos e procesos que aportan datos para un magnífico estudo, de poder afondar nunha pescuda de conceptos históricos e antropolóxicos destes relatos familiares da casa de Cela. No capítulo “Recuerdos de mi madre, Doña Anto-

Cuberta do libro “Curiosidades”, de Pedro Benito Vázquez Cela, con edición a cargo de José María Lago Bornstein. XLG

nia Varela Ulloa y Rivadeneira”, emparentados coa casa de Camba abundan os apelidos de nobreza para considerar que os antecesores deste crego aportáronlle liñaxe de fidalguía, ou como mínimo de ricos-homes, tal como el describe e defende súas propiedades en Nogueira. Nesta crónica fala do bautizo da súa mai: “María Antonia Jacinta había nacido en las casa de Campelo el día 7 de diciembre de 1686, y fue bautizada tres días más tarde por don Francisco Carvajal y Neira, comisario del Santo Oficio de Inquisición, cura propio en la iglesia de Santa María de Nogueira, siendo su padrino don Antonio Teixeiro y Ulloa, dueño de la Casa de Pedrido”. Este é un excelente relato do poder que exercía esta familia en Nogueira, coa presencia dunha oligarquía terratenente e dun poderoso membro da Inquisición, con omnímoda capacidade de orientar rendíbeis privilexios de casta e símbolos sustentados nos brasóns e capelanías das tantas que exhibía Nogueira, da que nos fala Vázquez Cela. Este crego danos abundante e reiterada información da Casa do Campelo de Nogueira, onde naceu a súa mai. Confirma en súa

Igrexa de Nogueira de Miño. XLG

crónica que a tal rica casa remóntase a principios do século XVI. Dando noticia da súa fundación polo escudeiro Gómez Ares Mosquera o Vello. Señores de foros e de peonada nada cativa. Estas “Curiosidades” revelan un dos capítulos máis interesantes dos compoñentes históricos e económicos de Chantada, con relación ás estirpes de grandes posesións de terras diversificadas en producións agrícolas, destacando a vinícola, como a que rexentaba a Casa de Penacha que, segundo o autor, era a máis antiga de Nogueira que acumulaba enormes posesións. Mais a casa do Campelo o leva a enumerar feitos ben ordenados por unha dinastía que ostentou ditos poderes, dedicando varios capítulos ás propiedades que a súa familia tiña en Amorín de Arriba, nas terras de Camba. En todo este labirinto de vencellos familiares da súa estirpe, coas grandes casas nobiliarias de Galiza, o crego Vázquez Cela describe propiedades e intereses forais da súa época. Mesmamente describe a veciñanza de varios lugares da parroquia, destacando o de Nogueira de Abaixo ou Fondo de Vila.

As descricións que fai destes lugares están suxeitas aos intereses da casa de Cela. Destas dinastías aparecen os Eiré (escrito con “i” latina e non con “y” grega). Tamén aparece descrita a casa forte dos Méndez de Prado, en Nogueira de Abaixo, con reminiscencias familiares nos Ulloa e os Taboada. Tamén dedica dous capítulos moi interesante, un deles o titula: “Sobre la Iglesia de Santa María de Nogueira”, que sen dúbida interesáralle ao aplicado sancristán da mesma e magnífico guía de particularidades estéticas dese templo, Antonio Vázquez Porto. En todos estes intereses familiares movéronse os dons produtivos e os dominios de terras que estas dinastías ostentaban. Velaquí as precisións que nos aporta Pedro Benito Vázquez Cela, sobre Nogueira e outras entornas nas que a súa familia tiña posesións. Neste libro cóntase a historia en varias frecuencias, polo que podemos visibilizar cuestións relacionadas coas posesións e explotacións agrícolas do século XVIII galego, tomando como tema clave a Nogueira de Miño. Todo un enorme esforzo de pesquisa e ordenación de José María Lago. •


18 • EC // Nº 356 Decembro 2021

EMPRENDEMENTO Convocada a IV Edición dos Premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo e Deputada provincial, Ana González Abelleira; a presidenta de AELU, Beatriz Varela Regueira; a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a responsable da zona de Lugo de Abanca, Zaira Dapena Castro no acto depresentación da cuarta edición dos Premios Son Muller . GPDL.

• Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo colabora un ano máis cos premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU). O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves

na presentación da cuarta edición destes galardóns, que “visibilizan e recoñecen o talento e o traballo que fai medrar á provincia de Lugo, especialmente o rural”. As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar poden inscribirse ata o 25 de de-

cembro. Ainformación sobre o certame atópanse en www. empresariaslugo.org ou no 982.22.69.91. Estes premios están destinados a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia. •

SANIDADE O Presidente da Deputación encomia o traballo dos sanitarios durante a pandemia

Elena Ferro imparte un obradoiro ó alumnado do ciclo de Calzado do IES A Pinguela

Elena Ferro, a emprendedora e innovadora zoqueira de Merza, Vila de Cruces durante o obradoiro. FOTO IES A PINGUELA.

• Redacción- MONFORTE. Elena Ferro, a zoqueira de Vila de Cruces, ven de impartir un obradoiro ao alumnado do ciclo medio de Calzado e Complementos de Moda da Pinguela. Para Elena Ferro,

“os zocos que deseña representan a nosa identidade cultural e social”. Herdeira do taller familiar, que en 1915 inaugurou o seu avó, levou estes zapatos ata o estranxeiro, onde tamén está a triunfar .•

INICIATIVAS A Asociación chantadina Polamiúda organizou a charla "Desmontando mitos. Controversias e tabús na saúde da muller"

• Redacción - MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, encomiou o traballo dos traballadores sanitarios durante a pandemia na toma de posesión da nova directiva do Colexio Oficial de Médicos de Lugo. O evento, que tivo lugar no salón de actos da sede do Colexio, estivo presidido polo presidente en funcións da directiva saínte, Manuel Boquete París, e tamén contou coa participación de representantes das diferentes administracións. RECOÑECEMENTO AO TRABALLO DURANTE A PANDEMIA “Quero agradecer e recoñecer o traballo desenvolvido pola directiva saínte, ó longo dun período especialmente duro e complicado no ámbito sanitario, e, ó mesmo tempo, poñer en valor o paso adiante dado polos membros do novo equipo”, dixo Tomé Roca. O mandatario provincial expuxo que “a decisión que tomaron sempre leva consigo unha car-

Acto de toma de posesión da nova directiva do Colexio Oficial de Médicos da Provincia. Foto GCDL.

ga de traballo engadido, máis responsabilidade, e, nestes momentos nos que aínda estamos loitando contra a pandemia, demostra un compromiso social encomiable”. Tomé puxo en valor o traballo do persoal sanitario durante a crise da Covid-19, que está a

ser “exemplar” e agradeceu que “estiveron, e seguen a estar, na primeira liña da loita contra o virus, atendendo ás persoas enfermas e proporcionando información sobre os riscos da Covid, o mecanismo dos contaxios ou a importancia da vacinación”.•

• R.- MONFORTE. Moi interesante resultou a charla-coloquio: "Desmontando mitos. Controversias e tabús na saúde da muller", levada a cabo pola doutora Mariña Sánchez-Andrade, especialista en xinecoloxía e obstetricia que tivo lugar

no Auditorio Municipal de Chantada e organizada pola asociación Polamiúda. O virus do papiloma, menopausia, incontinencia urinaria ou desexo sexual hipoactivo, foron algúns dos temas seguidos polo abundante público feminino que se deu cita.•


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 19

TURISMO / VITICULTURA CHARLA E CATA NA POBRA DO BROLLÓN

Paloma Rodríguez e Xosé Moure falaron sobre a renovación de Abadía da Cova • Redacción- MONFORTE. Tras escoitar a historia de Xosé García na granxa familiar Casa da Fonte, o Concello da Pobra do Brollón presentou outro exemplo de proxecto innovador ligado á terra, cunha charla con cata da adega Abadía da Cova. Paloma Rodríguez e Xosé Moure representan o relevo xeracional que está liderando a renovación en forma e contido de Abadía da Cova (Adegas Moure) no Saviñao, sempre respectando as raíces desta adega histórica da Ribeira Sacra. Resultou un absoluto éxito, tanto pola afluencia de público como pola propia química que se deu entre os asistentes, os guímaros, e os propios conferenciantes, aos que ensinaron o seu proceso de renovación con raices, dando a probar os novos viños.•

Un momento da charla ofrecida por Paloma Rodríguez e José Moure, na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Foto Adegas Moure.

A Valedora do Pobo insta á Consellería de Medio Rural para que Inicie o procedemento sancionador, por incumplimento de funcions, contra o Presidente do CRDO Ribeira Sacra por non convocar pleno de mocion de censura

Imaxe de MARÍA DOLORES FERNÁNDEZ GALIÑO, Valedora do Pobo de Galicia. GPVP.

• Redacción- MONFORTE. Un paso máis se produciu no conflito que manteñen aberto desde hai meses sete vocais do CRDO Ribeira Sacra co seu presidente, tras a resolución da Valedora do Pobo relativo ao escrito de queixa ante a inacción da Consellería do Medio Rural por o incumprimento de funcións por parte do presi-

Mellora dos accesos ao novo cámping e ao museo da minaría en Ribas de Sil

dente do Consello Regulador RIBEIRA SACRA ao non convocar un pleno de moción de censura legalmente solicitado. Segundo a devandita resolución, a Consellería de Medio Rural confirma os feitos sinalados, polo que considera a Valedora que a Consellería tiña que aplicar ante este incumprimento o artigo 21 da Lei 2/2005, do 18 de

febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega. Indica o citado articulo que as sancións para incumprimentos graves leva aparexado a suspensión das súas funcións o presidente de D.O. Ribeira Sacra por un período de entre tres e seis meses ou a súa suspensión definitiva. Recórdalle a Valedora do

Pobo á consellería de Medio Rural que no prazo dun mes lle comunique as medidas adoptadas para darlle efectividade as súas conclusións, tendo en conta “Que con urxencia se avalíe a aplicación das consecuencias xurídicas previstas na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, para os incumprimentos dun órgano de goberno do CR, neste caso o presidente, de obrigas que lle incumbían, despois de que o apercibimento da consellería non fora atendido”. Queda por ver agora cal será o seguinte capítulo dun conflito que leva demasiado tempo aberto, e para o que urxe unha rápida solución, aínda que non parece que esta poida chegar a curto prazo. Non hai máis que ver outra fronte aberta recentemente co censo de adegueiros e viticultores e a súa representatividade, ante as futuras eleccións do próximo ano.•

• Redacción- MONFORTE. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de licitar por case 80.000 euros as obras para mellorar os accesos e a contorna do novo cámping de San Clodio, en Ribas de Sil, onde se atopa tamén o recentemente creado museo da minaría aurífera romana. O prazo de presentación de ofertas da actuación, publicada na Plataforma autonómica de contratación, remata o vindeiro 21 de decembro e as obras terán un prazo de execución máximo de 3 meses. Os traballos consistirán na mellora dos accesos ás actividades didácticas do exterior do museo; a modificación do acceso aos vestiarios, definindo sendas peonís; obras de mellora de vías de acceso; e instalación de mobiliario urbano, como bancos, papeleiras, fontes e sinais verticais. Tamén se levarán a cabo actuacións de xardinaría e de instalación de rego automático e a canalización de rede de iluminación e alumeado, así como a formación dunha área de servizo para autocaravanas e aparcadoiro interior. •


EnComún

Crónica do Sur de Lugo desexa aos seus lectores

Bo Nadal e un Próspero Aninovo

2022

www.encomun.es


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 21

DEPORTES MOTOR: Eduardo Iglesias, único motorista galego e monfortino que participa, por terceiro ano consecutivo no rally Dakar • Redacción- MONFORTE. O piloto monfortino Eduardo Iglesias viaxará camiño de terras de Arabia Saudita para participar do 1 ó 14 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar, e antes da sua marcha foi recibido polo Alcalde de Monforte José Tomé, nun acto que serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co número 38. Este 2022 será o terceiro consecutivo en que o piloto participe no rally. Nas dúas anteirores, non so conseguiu rematar, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020 e no posto 53 en 2021. o Concello apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros.•

Imaxe do encontro disputado con vitoria dos sarrianos por 1-0 ante o Club Lemos, nun bo encontro dos locais.

Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto. GPCM.

NATACIÓN Medalla de Bronce para Pablo Valcarce no Campionato Provincial • Redacción- MONFORTE. O Club Natación Monforte tivo nesta ocasión un dobre desprazamiento, a Xove a disputar a primeira xornada das tres, nas que se divide o campionato provincial de Lugo, e a Redondela a disputar a 2ª xornada da Liga Promesas Benxamins e Alevíns. En Xove, competiron co CN Xove, anfitrión e organizador desta xornada, CN Fluvial de Lugo e CN Portamiñá, nas categorías infantil ata absoluto. O CN Monforte levóu 19 nadadores, e as probas nas que participaron foron 50 libres, 200 braza, 100 costas, 100 estilos, 400 libres e 200 bolboreta, todas en categoría masculina feminina. MEDALLA DE BRONCE PARA PABLO VALCARCE O mellor resultado foi o obtido polo veterano do grupo, ainda que con só 22 anos, Pablo Valcarce, quen conseguiu a única medalla da expedición, que foi un bron-

FÚTBOL: A SD Sarriana rompe a boa racha do Club Lemos, e remata o ano coomo lider

ce en 100 costas aínda que quedou a unhas décimas de subir novamente ao podio nos 100 estilos conseguindo en ambas probas a marca mínima para o campionato galego absoluto. MÍNIMAS PARA O CAMPIONATO GALEGO Conseguiron tamén marca mínima para o campionato galego absoluto o nadador infantil Odei Arias, cun moi moi bo 100 costas que lle colocou preto do podio, do mesmo xeito que o seu compañeiro junior David Conde, que tamén se tivo que conformar cun cuarto posto na esixente proba da 200 bolboreta. Outras novas mínimas posibles, a falta de confirmación, foron as de Elena Arias na 200 braza, Esther Martínez en 100 costas, Odei Arias en 100 estilos e Daniel Pérez en 200 braza. O resto da expedición realizou nunha alta porcentaxe, as súas mellores marcas en piscina de 25 metros. •

Pablo Valcarce, medalla bronce en 100 espalda. FOTO CNM.

• Redacción- MONFORTE. Moita expectación durante a previa do encontro que enfrontaba a dous dos equipos máis en forma da categoría, SD Sarriana e Club Lemos, que ademais da tradicional rivalidade esta tempada están empolicados nos postos nobres da clasificación pelexando polo ascenso de categoría. E esa expectación reflectiuse na magnífica entrada na Ribela, con maioría de afeccionados locais na bancada, que así respondían á chamada dos seus xogadores e directivos durante toda a semana, pero na que tamén se deixaron notar numerosos monfortinos. O partido non foi todo o bo que cabía esperar, a presión e as baixas importantes é ambos os equipos deixáronse notar. Non houbo un dominador claro e as ocasións de gol escasearon. E nese contexto a calidade sempre marca as diferenzas. E esta chegou da man de Diego Torres nun remate de cabeza totalmente libre de marca cando aínda non se cumpriu o cuarto de hora de partido. Non foi capaz o Lemos, a pesar de que dominou durante o segundo tempo de darlle a volta ao partido. Os sarriáns pechan o ano como líderes da categoría mentres o Lemos baixa á cuarta praza, empatado a puntos co Betanzos pero cun partido menos.•


22 • EC // Nº 356 Decembro 2021 ●●●[cultura- turismo - monforte]

●●●[cultura - poesía - monforte]

MONFORTE PRESIDIRÁ EN 2023 A RED DE JUDERÍAS, E ACOLLERÁ A SUA ASEMBLEA ANUAL

YOLANDA CASTAÑO ASISTE AO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES DO IES A PINGUELA DE MONFORTE

Participantes en León na 58ª Asemblea da Red de Juderías de España. GPCM.

• Redacción - MONFORTE. Tras 18 meses desde a última celebración presencial debido ás restricións da pandemia, o mércores 15 de decembro celebrouse na cidade de León a 58ª Asemblea Xeral da Rede de Xuderías de España coa presenza de Alcaldes e Concelleiros de 19 das 21 cidades que compoñen a Asociación, e cuxo obxectivo é o de actuar de forma conxunta en defensa do seu patrimonio xudeu. A Asemblea contou coa participación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada. Durante a xornada, celebrada no Parador Nacional de San Marcos, ademais

de facer un repaso ás accións que se levaron a cabo ao longo de 2021 nas súas principais áreas de actuación en Turismo, Educación e Comunicación, e prestando especial atención ao seu labor institucional, aprobouse o Orzamento para o exercicio 2022. Durante a celebración da Asemblea Xeral, tivo lugar un encontro telemático con D. Pedro Saura, Presidente de Paradores, para formalizar a firma dun acordo de colaboración que permitirá establecer futuras sinerxias entre ambas as institucións, dado que 11 cidades da Rede de Xuderías contan cun Parador Nacional. A alta participación nesta Asemblea, na

●●●[arquitectura - iniciativas - o incio]

que acudiron 19 das 21 cidades integrantes da Rede e pertencentes a 9 Comunidades Autónomas, pon de manifesto o interese crecente que supoñen para estas cidades as diferentes propostas articuladas desde a Rede en torno á revalorización do patrimonio sefardí. Finalmente, está previsto que a cidade de Monforte presida en 2023 a Red de Juderías, e que polo tanto a cidade acolla a celebración da súa Asemblea anual, xa que esta presidencia establécese por orde alfabética das cidades membro: se León asumiu a presidencia en 2021, en 2022 será a quenda de Lucena, e en 2023, Monforte de Lemos.•

Os membros do Club de Lectura de profesores de A Pinguela, coa poetisa Yolanda Castaño. Foto IES A Pinguela.

• Redacción - MONFORTE. O Club de Lectura de profesores do IES A Pinguela, que coordina a profesora de de Lingua Galega e Literatura Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020, recibiu a visita da tamén poestisa Yolanda Castaño. A polifacética autora falou do seu traballo cos membros do Club de Lectura, e tamén os fixo partícipes das dificultades que supón nestes tempos vivir dunha

paixón como é a Poesía o que a obriga a compatibilizar a tarefa creativa con outros traballos como os de conferenciante, articulista, guionista ou comisaria de Mostras de Arte. Desde fai máis dun lustro dirixe na Coruña o ciclo Poetas Di(n)versos, foro no que creadores galegos e de todo o mundo recitan os seus textos e coordina un Taller Internacional de Tradución Poética cada outono na illa de San Simón.•

O ALCALDE DO INCIO PRESENTA A FEIJÓO O PROXECTO DE GALLEGO JORRETO PARA O PLAN HURBE • Redacción - MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, analizou co alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto para o Plan Hurbe do Concello. Durante a xuntanza, abordaron as dúas primeiras fases da iniciativa, que suporían a rehabilitación da Casa Escola e a adaptación da pista polideportiva, onde se levaría a cabo o cambio de cuberta, o acondicionamento acústico con

madeira, plantación de árbores e ordenación de gradas. No eido urbanístico, o titular do Goberno galego avanzou a intención de aprobar o PXOM do concello no primeiro trimestre de 2022. Feijóo trasladoulle ao alcalde que se estudará o acondicionamento da contorna da igrexa de Santa Cruz, e a previsión de ter a finais de 2021 o informe para a novo proxecto de restauración da igrexa de Trascastro.•

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo. GCXG.


EC // Nº 356 Decembro 2021 • 23

En aberto A Apalpadora chega á nosa comarca, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo • R.- MONFORTE. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo ten en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal. A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe e as lendas e ritos que a rodean. A Apalpadora visitará os concellos de Sarria (AC Os Gorriós, ás 16:30 horas, no Colexio de Loseiro), O Saviñao (Anpa CPI DR. López Suárez, ás 17 horas no Auditorio Municipal de Escairón), e Pantón (Anpa Ceip Monte Baliño, ás 20 horas na Casa da Cultura). A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta programación seguimos contribuíndo á dinamización cultural en distintas concellos”.•

Chantada loce a súa orixinal decoración de Nadal • R.- MONFORTE. Chantada loce máis que nunca, ao encher as súas rúas non só de iluminación, senón dunha orixinal proposta decorativa na que os materiais reciclados e a madeira son os seus protagonistas, unha vez traballados a man polo equipo de parques e xardíns, para converterse en obxectos e figuras, que lembran as tradicións da vila, como as barcas das festas, o mercado gandeiro, sos peregrinos do camiño de inverno ou os mouchos. E a falta de AVE na provincia, podemos disfrutar dun fermoso tren de madeira.•

O Pazo de Tor, unha opotunidade para visitalo aproveitando a súa programación de Nadal

Unha das visitas da Apalpadora no Nadal pasado. GPVDL.

• R.- MONFORTE. Moitas veces olvidamos que o Pazo de Tor é un museo vivo, que renova as suas propostas, e que ben merece coñecelo, e incluso revisitalo. Unha boa ocasión para facelo é con ocasión da sua programaciónd de Nadal: A LUMINARIA EN TOR Un obradoiro moi recorrente porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas. Obradoiro. Data: 22 de decembro. Horario: 12:00h. Todas as idades. AS POSTAIS, ULAS? Hoxe, coas novas tecnoloxías e coa dixitalización,

as veces, perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos. As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor ou a nostalxia por algunha ausencia, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado. Data: xoves 23 de decembro. Horario: 12:00. Todas as idades OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA A maxia dos ceos nun escenario idílico. Data: martes 28 de decembro . Horario: de 19:00h a 20:00h. Para todas as idades.•



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.