Tarabela 2019-2020

Page 1

CPI JOSÉ GARCÍA GARCÍA MENDE 2019-2020

“A TARABELA” A TARABELA

1


SUMARIO Carta da Directora ………………………………………………………………………………………………………………………………… 3– 4 Nacemento do blog do EDLg…………………………………………………………………………………………………………….

5

Salvemos ao Planeta …………………………………………………………………………………………………………. ……………….. 6 O Samaín máis arrepiante …………………………………………………………………………………………………………………. 7– 11 O Magosto Mendeliano ……………………………………………………………………………………………………..…………… ..

12-13

Traballando en prol da igualdade…………………………………………………………………………………….. ……………… 14-15 Participamos na Carreira de San Martiño……………………………………………………………………………..………... 16 Gañadores do concurso de “Xoves e Miores”………………………………………………………………. ……………….

17

Chegou O Nadal a Mende ………………………………………………………………………………………………… ……………….. 18-27 Concurso de fotografía de medio ambiente…………………………………………………………………………………….

28

O Mural das Cuidadoras ……………………………………………………………………………………………………………………

29

Festexos do Día da Paz………………………………………………………………………………………………………………………...

30-31

Febreiro: Mes do amor e da amizade………………………………………………………………………………………………...

32-33

O boletín de Economía ………………………………………………………………………………………………………………………. ..

34- 35

Intercambio de cartas……………………………………………………………………………………………………. …………………..

36

Visita de centros amigos ………………………………………………………………………………………………… …………………..

37

O Día de Rosalía……………………………………………………………………………………………………………………… ………………

38-39

O Entroido máis entroideiro ……………………………………………………………………………………………… ………………..

40-47

Charlas para alumnado da ESO……………………………………………………………………………………………………………..

48

Conversas no Liceo……………………………………………………………………………………………………………….. …………………

49

Semana do libro ……………………………………………………………………………………………………………………....................

50-51

O Club de lectura da biblioteca de Mende………………………………………………………………………… ………………

52

A Biblioteca Inclusiva medra ………………………………………………………………………………………………………………

53

Novidades na biblioteca……………………………………………………………………………………………………………………………

54-55

Visita do Mago………………………………………………………………………………………………………………………………………………

56

Plan proxecta 2019-2020………………………………………………………………………………………………………. ………………….. 57 Letras Galegas 2020: homenaxe a Ricardo Carvahlo Calero………………………………………… …………………… 58-61 Do Soneto á imaxe plástica ……………………………………………………………………………………………………………………… 62– 64 Proxectos de Formación no noso centro………………………………………………………………………………………………….. 65 Os traballos dos nenos no confinamento………………………………………………………………………………………………….. 66-67 Despedidas e orlas 2019-2020 ………………………………………………………………………………………………………………….. 68

Agradecementos……………………………………………………………………………………………………………………….. ……………..

69

A TARABELA

2


CARTA DA DIRECTORA E chegamos ata aquí!!!! Ao final do curso!!!!Sorteando mil dificultades, case sempre, co mellor ánimo. Pensando, confiando, en que este escenario, propio dunha película de ciencia ficción, non podía ir con nós, que todo ía rematar pronto. Os primeiros 15 días empezaron parecendo un tempo de descanso e paseniñamente fomos decatándonos que era algo máis grave. E mentres tanto, confinados, acudindo a toda presa a tapar os buratos que ían xurdindo sobre a marcha. Nunca tal acontecera dende tempos pretérito. Como era posible que algo así nos estivese ocorrendo a nós, ao primeiro mundo ,ao mundo desenvolvido, con toda a nosa tecnoloxía, o noso poder económico, o noso ben vivir no que nos permitíamos desprezar cousas por non estar a altura da nosa valía? E amodo, xunto á primavera, avanzou un virus, algo diminuto, invisible, que nos puxo en xaque, que nos volveu do revés, que nos fixou nun mundo no que non valían aquelas cousas polas que deveciamos e nos parecían o máximo ao que podía aspirar calquera e que daban a felicidade. Os cartos, as casas, os coches de gama alta, as influencias…Agora non servían. Enfermaban e marchaban, uns e outros. Os máis ricos e a xente coma nós. Descubrimos de golpe que a saúde e a inmortalidade non se podían mercar, empezamos a vivir en terra de ninguén, sen ter nada seguro, sen saber o que ía pasar ao día seguinte. E decatámonos que a pesar de renegar e xurar en arameo, os profes dos alumnos, os alumnos dos profes, uns compañeiros doutros …resulta que, non era, ¡non eramos tan malos!!! Que, a pesar de todo, a vida, a felicidade estaba alí. Solo estabamos ignorantes de que as cousas poden mudar rapidamente. Que algo que damos por feito pode non selo e, ao final, contra todo prognostico, resultou que todos nós, como comunidade educativa, estabamos botándonos de menos, desexando voltar á normalidade. Á aburrida e tediosa normalidade pero que anhelada normalidade nestes intres.

E sen crer de todo no que estaba pasando empezamos a organizarnos como Deus nos deu a entender. A Consellería dando instrucións que chegaban un chisco tarde; o equipo directivo lidiando coas dificultades que xurdían no día a día e para as que non tiñamos ningún protocolo de actuación; a Anpa, como sempre, axudando incondicionalmente; os profesores, todos a unha, sumándose en bloque ao sistema proposto pola Consellería para seguir ensinándovos, para seguir en contacto con vós. As novas tecnoloxías entraron pola porta grande e o profesorado de Mende (que orgullo formar parte deste grupo) deu un gran salto.

A TARABELA

3


Non vos podedes imaxinar qué traballo!! Sen horarios. Axudándonos , chegando uns onde outros ían máis rezagados, enviando pantallazos para aprender todos do que aprendíamos por separado. Preocupados por vós, polas vosas situacións, polo voso benestar, polo voso aprendizaxe. Sen esquecer que temos familias,

persoal de risco tanto nas casas coma nós mesmos, perdas de seres queridos, enfermidades, ansiedades, medos, esgotamentos…e tirando adiante con todo. Vós tamén, como uns campións da vida, intentando, a pesar das imaxes e as noticias dos informativos, seguir coa vida, cunha vida que estaba a ser diferente á imaxinada. E vós familias, tamén nerviosas, lidando con mil cousas, coas novas tecnoloxías, cos deberes dos fillos, con xente enferma, con perdas, con traballo dentro e fóra da casa. Todos os membros da nosa comunidade educativa traballamos sobre a marcha e, a pesar das boas intencións ,cometéronse erros, dos que aprendemos todos da mellor maneira posible, pero tamén debemos felicitarnos polos acertos, e o traballo desenvolvido, que tamén houbo. Os Concellos de Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Esgos e Ourense prestáronnos unha gran axuda. E que dicir dos sanitarios, dos limpadores, dos tendeiros, dos coidadores, dos traballadores sociais, dos caixeiros, dos farmacéuticos, dos transportistas, dos agricultores, dos gandeiros …que importantes somos todos nesta sociedade para que funcione a cotío. Foi una boa aprendizaxe. Dabámolo todo por feito. Todo por seguro. Que xurdirá disto? Teño a esperanza que nos sigamos axudando, desenvolvendo a nosa solidariedade, a nosa empatía. Que valoremos a nosa diversidade e a importancia de todos e cada un de nós. Imaxino a volta as aulas con sol. Con alegría. Con ilusión. Imaxino a volta ao Centro preocupándonos uns polos outros, pola seguridade e a saúde da comunidade. Imaxino que todos os integrantes da comunidade voltamos aprendendo a valorar e coidar a vida, a natureza, a familia, as amizades, a liberdade ,a axuda que recibimos dos demais .

Acabamos este atípico curso académico cansos e en baixa forma tanto física como mentalmente polo que sería estupendo que nas vacacións de verán puiderades descansar, recuperar nova enerxía, moverse un pouco, verse coas amizades, botar unas risas… sen esquecer usar, como sempre, o sentidiño. Gardando as distancias, usando mascaras, coidándonos e coidando aos máis fráxiles. E GRAZAS! Con maiúscula a toda a Comunidade Educativa Grazas pola vosa colaboración, pola vosa disposición, pola vosa axuda, pola vosa tolerancia.

Feliz verán! Témolo ben merecido! Mª Ánxeles López Cortiñas

Directora

A TARABELA

4


NACEMENTO DO BLOG

“EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA”

Ao comezo do curso 2019-2020 nace este novo blog coa idea de informar á comunidade educativa do CPI José García de actividades relacionados co ámbito da dinamización da lingua e da cultura galega.

O centro educativo proporcionounos formación a tod@s os interesados para poder crear un blog e aos poucos días naceu : MENDE FALA GALEGO e o podedes atopar no seguinte enlace: mendefalagalego.blogspot.com

A TARABELA

5


Comenzamos o curso coa actividade “SALVAR AO PLANETA”

A TARABELA

6


Días despois demos paso AO SAMAÍN MÁIS ARREPIANTE!

E naceron novos recunchos polos corredores de infantil e debaixo das escaleiras…..

A TARABELA

7


Lemos una MOREA DE CONTOS…….

A TARABELA

8


Gozamos dun BAILE moi monstruoso…….

A TARABELA

9


E NA BIBLIOTECA DABA MEDO ENTRAR……….

“AS MESTRAS DE Audición e linguaxe contaron un conto terrorífico aos nenos/as de infantil!”

A TARABELA

10


Aproveitando o mes do terror as MAMÁS viñeron facer unhas CONTADAS MONSTRUOSAS…….

A TARABELA

11


Tíñamos todo preparado para facer uns XOGOS POPULARES organizados por Ana Rosa a mestra de Educación Física... pero por razóns meteorolóxicas non puido

ser! Non vos preocupedes...deixamos todo preparado para o vindeiro curso....

A TARABELA

12


O que si fixemos foi representar unha pequena peza teatral para o alumnado de infantil e primaria chamada “O

PAPÓN”.

Naceu así

“OS MENDELIANOS”

Desfrutamos moitísimo tod@s........

A TARABELA

13


Concienciados coa necesidade de

EDUCAR EN IGUALDADE

ao longo do

mes de novembro leváronse a cabo diversas actividades dirixidas a toda a co-

munidade: CHARLAS. CONTOS...

A TARABELA

14


E realizouse un GRAN MURAL COA APORTACIÓN DE FOTOS DE TODA A COMUNIDADE CO LEMA

“ PON AS LENTES DE COR VIOLETA”

A TARABELA

15


E como non podíamos fallar e ……..

Concienciados co Alumnado con Diversidade Funcional do centro participouse na

Carreira de San Martiño

A TARABELA

16


Pero non todo vai ser festa e así os irmáns Adrián e Cristian Masid Iglesias ,coas súas espectivas cartas sobre a relación co seu avó, foron os

concurso

que no mes de novembro convocou o

gañadores do

Xornal “A Rexión”.

NORABOA RAPACES E A MESTRA ISABEL......

GAÑADORES CONCURSO XOVES E MAIORES DO XORNAL “A REXIÓN”

A TARABELA

17


E así chegamos ó NADAL EN MENDE Fixemos un Concurso de postais conxuntamente coa Biblioteca e co departamento de Plástica pola festividade do Nadal

Estas foron as finalistas.....

Mario de 6º de Educación Infantil gañou o concurso....

A TARABELA

18


O alumnado da ESO participou na actividade baixo o lema de “SANIDADE VEXETAL” e así o interpretaron.

A TARABELA

19


Decoramos o centro “ a nosa maneira”.........

A TARABELA

20


E por suposto cada quén máis orixinal e divertido......

A TARABELA

21


ORIXINALIDADE A TOPE EN MENDE….

A TARABELA

22


TAMÉN MANDAMOS CARTAS AO APALPADOR, AOS REIS MAGOS, A PAPA NOEL.....

QUE NON FALTE NINGUÉN !

A TARABELA

23


OS MAIS CATIVOS TIVERON UNHA VISITA MOI ESPERADA......!!!!!

A TARABELA

24


E na biblioteca tamén estiveron e deixaron

MOREAS DE NOVIDADES!

E como non, dúas das axudantes de biblioteca, Yadira e Carlota

recibiron un agasallo polo seu traballo.

Noraboa mozas !!! A TARABELA

25


Tamén fixemos UN FESTIVAL MOI CHULO

A TARABELA

26


NO QUE OS PAPAS E OS MESTRES/AS TAMEN PARTICIPARON

E OS “MENDELIANOS” representaron a peza teatral “A NENA PICOUNA UNHA GALIÑA”

GRAZAS POLAS RISAS A TARABELA

27


E coma a cabeza non para,

o Departamento de Bioloxía xunto co de Plásti-

ca crearon un concurso de “ Fotografía e Medio Ambiente” resultando gañadora a alumna de 2º B da ESO Rocío Suárez.

PARABENS A TOD@S…….

A TARABELA

28


A nosas compañeiras coidadoras, Pilar, Susana, Uxía, Luz e Susana elaboraron un cartel informativo á vista de toda a comunidade do seu compromiso co emprego da lingua galega á hora de desenvolver as súas informacións ou dar a información

Grazas compañeiras……..

A TARABELA

29


FESTEXOS DO DIA DA PAZ Comezou o 2020 e O Equipo de Actividades Extraescolares propuxo diferentes

actividades para festexar o Día da Paz 2020.

A TARABELA

30


A TARABELA

31


E sen darnos conta chegou FEBREIRO e festexamos o MES DO AMOR E DA AMIZADE con cartas de amor e/ou amizade!!!!

A TARABELA

32


Iago Tumbeiro, alumno da aula específica da ESO, aproveitando o mes do amor, da amizade e dos bos sentimentos, contoulles ás Estreliñas de 1º de EP o conto de Iván Prieto, Sal e azucre. Encantoulles! Parabéns Iago…..

A TARABELA

33


Pero tamén se fixeron outras actividades e así vimos coma os alumnos/as da materia de ECONOMÍA publicaron o seu primeiro boletín denominado O FARY DE MENDE. Traballaron en equipo ao longo de todo o trimestre e debido a situación de alarma foi o primeiro e o último!

A TARABELA

34


A TARABELA

35


ACTIVIDADES COMPARTIDA INTERCENTROS: INTERCAMBIO DE CARTAS O mes do amor e amizade deu para moito e así iniciamos actividades compartidas con alumnado dos centros dos arredores coma o “ CEIP Ben Cho Sey “ de Pereiro de Aguiar

e o “CEIP de Luintra”. Unha delas foi un intercambio de cartas entre os alumnos e alumnas de 6º de primaria co fin de recuperar e fomentar o uso da escrita en lingua galega, retomar o uso da carta como vía de interacción e comunicación entre a mocidade, e espertar interese do alumnado por coñecerse.

Quedaron no tinteiro outras actividades

tales coma: 

realizar un poemario entre os tres centros sobre temática diversa: o magosto, o samaín, o entroido, os

maios…… 

Pequenas pezas teatrais

Contadas por parte dos mestras/as para os alumnos/as de infantil

Intercambio de contos entre os nenos/as…. Retomarémolas no vindeiro curso!!!!.

A TARABELA

36


Tamén neste mes os alumnos/as de 6º de primaria do “ CEIP Ben Cho Sey” de Pereiro de Aguiar e do “CEIP de Luintra” viñeron a coñecernos e tiveron unha xornada de convivencia co noso alumnado no que se

desenvolveron diferentes actividades lúdicas. Grazas. Vémonos en setembro......!

A TARABELA

37


Fixéronse variadas

actividades dende a Biblioteca E así as “Estreliñas" de 1º de primaria xunto coa súa mestra Mª Es-

ter, estiveron a traballar cun dos poemas de Rosalía de Castro do seu libro Cantares Galegos, “Alborada”. Cada estreliña escribiu un anaquiño coa súa ilustración correspondente, logo leron e gravaron un vídeo

que se poder ollar no blog e o libriño elaborado foi doado á biblioteca. ”Grazas Estreliñas”.

A TARABELA

38


Outra das actividades levadas cabo conxuntamente co Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca foi a de a colocación de

poemas escritos por outros autores e de Rosalía e os alumnos/ as tíñan que localizar… Resoltou una actividade moi divertida…..

A TARABELA

39


E chegou a festa co ENTROIDO EN MENDE!!!!

A TARABELA

40


Un VAQUEIRO vixiou os lindes do cole de Mende.….

A TARABELA

41


AS ABELLAS DE INFANTIL…...

A TARABELA

42


A TARABELA

43


@S LOB@S DE

3º E 4º

A TARABELA

44


AS VACAS CACHENAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA !

A TARABELA

45


E OUTRA FAUNA QUE ATOPAMOS NESTA FESTA……..

A TARABELA

46


@S NEN@S DE

INFANTIL FESTEXARON O

ENTROIDO MÁIS TRADICIONAL

A TARABELA

47


CHARLAS PARA ALUMNOS/AS DA ESO Non todo vai ser festa e propiciáronse conferencias-charlas para toda

a comunidade como base para a aprendizaxe, e así no primeiro trimestre acudiu ao centro o pai dunha profesora da materia de Economía (coñecida como a profe Marta) cunha charla sobre “Iniciativa Empresarial” e que lles falou aos alumnos da súa experiencia e de temas relacionados coa creación dunha empresa. MOI INTERESANTE!

A TARABELA

48


Un grupo de alumno/as de 4º da ESO participaron na I parte das Conversas no Liceo no que

o autor Manuel Esteban falou sobre o seu libro “ O meu nome é ninguén” e tras a cal, compartiron impresións e firmaron exemplares.

A TARABELA

49


Chegou ABRIL e no DIA DO LIBRO fixemos un vídeo moi bonito coas aportacións de tod@s…...

A TARABELA

50


E o alumnado da ESO uns Fermosos

CALIGRAMAS!

A TARABELA

51


Club de lectura da biblioteca Na biblioteca sempre están na procura de fomentar a participación do alumnado no Club de Lectura onde de forma mensual nos reunimos, eliximos a obra a ler e posteriormente facemos intercambio de impresións.

Clara

sempre nos agasalla con algu-

nha larpeirada...Anímate e apúntate para o vindeiro curso.....

A TARABELA

52


E así novos contos apareceron para a BIBLIO-

TECA INCLUSIVA na que “Blef” un pequeno extraterrestre axudarálle aos nenos e nenas a

demostrar as súas emocións de xeito respetuoso e divertido!

A TARABELA

53


A TARABELA

54


Pasa botarlle una ollada….

 A TARABELA

55


FOI TODO

UN ESPECTÁCULO!

A TARABELA

56


Ao igual que anos anteriores participamos no Plan Proxecta 20192020. Este curso tíñamos un tema moi interesante:

APOSTANDO POLA MOBILIDADE SEGURA DO ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Debido a declaración do Estado de Alarma por causa do COVID-19 que provocou a suspensión das clases non puidemos facer todas as actividades que tiñamos programadas, como por exemplo: un simulacro de incendio coa Garda Civil e os Bombeiros, a visita da Policía e da Garda Civil de tráfico para facer circuítos coas nenas e nenos de E.I e E.P. e mesmo temos solicitamos no Concello a sinalización dos pasos de peóns do co-

le con pictogramas. Continuaremos o próximo curso…...

A TARABELA

57


Chegamos as LETRAS GALEGAS 2020 O noso compañeiro Xosé Manuel, profesor de plástica, xunto cos seus alumnos/as de 4º ESO, realizaron una serie de IMAXES para conmemorar o festexo das LETRAS GALEGAS tras a lectura e o análise de poemas do homenaxeado de este ano, RICARDO CARVAHLO CALERO. Coma sempre ESPECTACULARES! PARABENS A TOD@S.....

A TARABELA

58


A TARABELA

59


A TARABELA

60


AOS AUTORES SEMPRE TEMOS QUE RECOÑECERLLES O SEU TRABALLO. GRAZAS RAPACES! Víctor Alonso Sergio Álvarez

Carballo Luís Brais

lago Gogoy Andrea Nine Vergara Carballo González del Mar Verónica

Gómez

Antía González Testa Eva López Rodríguez

Macía Osorio Pérez

Uxía Rodríguez

A TARABELA

61


E seguimos traballando e en pleno CONFINAMENTO OS ALUMNOS/AS DE 3º da ESO desenvolveron un Obradoiro teórico-práctico aplicando a TEORÍA LITERARIA do SONETO á IMAXE PLÁSTICA.

Soneto rescatado do lume

Soneto envolto

Soneto sentado

Soneto nova orde nas novas

Soneto artístico

Soneto paradoxamente visual

A TARABELA

62


SONETO COCIÑAARTEARTE -COCIÑA

SONETO CARICIAS MARIÑAS

SONETO DE ENTROIDO

Fantástico traballo entre os diferentes Departamentos de Lingua Galega, Lengua e Plástica.

Sodes uns artistas….

SONETO DOCE SONETO

SONETO OTOÑAL

SONETO PARA RECLCLAR

A TARABELA

63


SONETO PINTOSO

SONETO REVELADO Álvarez Iglesias, Vera Ansia Poma Daniela Aviñoá Vázquez, Lucía Blanco Gómez, Lucía Carballo García, Yago Carballo Gonzalez, Lucía Da Silva Gómez, Alexandra Falivena Bueno, Alexandro Feijoo Rodríguez, Marcial Ferro Álvarez, Borja Fuentes Pérez, Ainhoa Gallo Varela, Matías González Crespo, Ana Isabel González Pinto, Alejandro Mellado González, Álex Mora Seijas, Wuilliams David Pato Fernández, María Penedo Fuertes, Pablo Pérez Díaz, Diego Pérez Ferrero, Yadira Rodríguez González, Gabriel Rodríguez Naval, Coral

SONETO

SONETO

PUNTAS MARIÑAS

PINTURA RUPESTRE

SONETO

SONETO

SUTIL

SORBENDO PALABRAS Alonso Ansia, Lucas Álvarez Jaimes, Susana Álvarez Vázquez, Mauro Cantón Nespereira, Miguel Carid González, Iris Fernández Blanco, Antonio Ferreira dos Santos, Hugo D. Formoso Rodríguez, Noa González Sarmiento, Damián Gutiérrez González, Lucía Herrera Fidalgo, Andrea Patricia Leguiçano Rguez, Nadir Malvesado Rodríguez,Jesús Mellado González, Nicolás Nóvoa Araújo, Rubén Paneque Arias, Iago Panero del Rio, Joel Rodríguez Alonso, Xosé Manuel Torres Fernández, Rafael Pardevila Pousa, Paula Rosas Rego, Ángel A.

A TARABELA

64


E como punto e final indicar que neste curso 20219-2020 desenvolvéronse no noso centro 3 interesantes PROXECTOS DE FORMACIÓN NO CENTRO.

A METODOLOXÍA ABN EN EDUCACIÓN E 1º EP

FOMENTO DA LECTURA EN LINGUA GALEGA PARA NENOS/AS E FAMILIAS

TRABALLANDO CO COMUNICADOR " THE GRID 3" CON ALUMNADO CON PARÁLISE

CEREBRAL INFANTIL

A TARABELA

65


Non podemos esquecernos dos nosos nenos e nenas que traballaron arreo estas semanas de CONFINAMENTO e

así o recollemos .... Os debuxos de

Jeremías de 6º de primaria

A familia de Adrián de 5º Educación Infantil

E Mateo Mosquera de 6º de Infantil iniciándose no mundo papiroflexia A TARABELA

66


E como non….algún dos campións do noso centro facendo de todo un pouco…...

Traballando

Desfrutando da vida

A TARABELA

67


ATA SEMPRE...MOITA SORTE A TOD@S……..

A TARABELA

68


Agradecementos Remata este curso escolar, un ano convulso no que nos acostumamos a novos conceptos: CORONAVIRUS,CONFINAMENTO, FASES, TELEDOCENCIA etc. Pero todo isto non fixo máis que fomentar as nosas ganas de seguir traballando, de loitar polas cousas ben feitas, sempre pensando no futuro e ollando cara adiante.

As veces dando tombos pero cos obxectivos moi claros loitamos por demostrar que no noso centro somos uns “loitadores/as natos”, que ante as adversidades medramos e ante os retos collemos forzas, sopramos e dicimos “ADIANTE, PODEMOS, RESISTIREMOS” Todas estas inquedanzas recollémolas en forma de traballo neste xornal, no que cada un, alumnos/as mestres/as, persoal non docente, aportou o seu gran de area, e ó final e co traballo rematado podemos ollar un horizonte cheo de esperanza e de oportunidades.

Grazas a tod@s os perseguidos polos corredores e que arrimaron o ombreiro, tanto no centro coma durante o tempo do confinamento e que de maneira altruísta respostaban “ PODES CONTAR CONMIGO”. Moita forza a tod@s e rematamos cun proverbio romano “Ó aprender ensinarás, e ó ensinar aprenderás”.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega 2020

A TARABELA

69


Grazas a todos e todas por colaborar XORNAL ESCOLAR “A TARABELA” CURSO 2019/20 CPI JOSÉ GARCÍA GARCIA MENDE-OURENSE

A TARABELA

70


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.