
1 minute read
Despedidas e orlas 2019 2020
from Tarabela 2019-2020
by dptomusical

Agradecementos
Advertisement
Remata este curso escolar, un ano convulso no que nos acostumamos a novos conceptos: CORONAVIRUS,CONFINAMENTO, FASES, TELEDOCENCIA etc. Pero todo isto non fixo máis que fomentar as nosas ganas de seguir traballando, de loitar polas cousas ben feitas, sempre pensando no futuro e ollando cara adiante.
As veces dando tombos pero cos obxectivos moi claros loitamos por demos-
trar que no noso centro somos uns “loitadores/as natos”, que ante as adversidades medramos e ante os retos collemos forzas, sopramos e dicimos
Todas estas inquedanzas recollémolas en forma de traballo neste xornal, no que cada un, alumnos/as mestres/as, persoal non docente, aportou o seu gran de area, e ó final e co traballo rematado podemos ollar un horizonte cheo de esperanza e de oportunidades. Grazas a tod@s os perseguidos polos corredores e que arrimaron o om-
breiro, tanto no centro coma durante o tempo do confinamento e que de maneira altruísta respostaban “ PODES CONTAR CONMIGO”. Moita forza a tod@s e rematamos cun proverbio romano “Ó aprender ensinarás, e ó ensinar aprenderás”.