Tarabela nº 10

Page 1

XUÑO DE 2021

Tarabela

CPI PLURILINGÜE JOSÉ GARCÍA GARCÍA

2020-2021 REVISTA NÚMERO 10

JERUSALEMA BY MENDE NADAL 2020

EDICIÓN 10


TÁBOA DE CONTIDOS 04

Carta da directora

08

Carta aos reis magos

09

Día da paz

10

Día do libro

11

P.F.P.P.

12

Día das letras galegas

18

Plan Proxecta 2020-2021

20

Práctica de laboratorio

21

Ellen en Mende

23

Entrevista a Pilar

25

Blog de Educación Infantil

27

Traballo de Daniel Sánchez

29

Un resumo deste ano

31

Sal e azucre


TÁBOA DE CONTIDOS 32

Nais, as heroínas

33

Traballando na horta

35

Taller de ilustración

36

As mans

37

Happy Easter

37

Muller e Ciencia

38

Tres en raia para papá

39

Día de Rosalía

40

Prácticas de Física e Química

42

Proxectos internacionais

45

Heroínas e heroes na cociña/comedor

48

Bandas deseñadas

52

Poesía visual

53

Graduados (Primaria e ESO)


CARTA DA DIRECTORA

AS FIESTRAS

Tema recurrente todo o ano escolar 2020-21, por sorprendente que nos pareza agora. Tema fiestras. Lembremos agora, cun sorriso de gratitude, neste remate de curso: Fiestras abertas con refoleos varios para que o virus non aniñase no colexio, defendía unha parte do profesorado. Fiestras semipechadas xa que se trataba de ventilar, mais sen ventadas polo medio, sostiña outra parte do mesmo. O grupo dos e das docentes máis extremistas, no que teño que incluirme, estivemos, teimudos e teimudas unha hora si e outra tamén, abrindo e provocando refachos endemoniados fixese o tempo que fose fóra. Outros profesores e profesoras máis conservadores, quizáis con un puntiño máis de serenidade, e asemade inasequibles ao desánimo, pechaban un chisco, as fiestras que o grupo dos e das extremistas abrimos coma se fora acabar o mundo por non someter, nos corredores e nas aulas, ao alumnado á grata experiencia dos ventos racheados. Incriblemente, e contra todo pronóstico, non collemos pulmonías, bronquites e demáis enfermidades respiratorias a pesares de aplicar estas inauditas medidas. Se lle engadimos que, por sorte, non tivemos unha gran incidencia vírica e todo o mundo saiu ben do trance Covid, podemos felicitarnos. Entre todos e todas logramos chegar a bo porto. Pasamos frío. Pasamos medo. Pasamos carraxe. Pasamos soidade. Pasamos…en pasado. Lográmolo. Chegar ao final do curso escolar toda a comunidade educativa e traballando entre todos e todas. -4-


Hai que felicitar a tanta xente polo seu traballo e dedicación, pola súa profesionalidade e implicación, que tentou non baixar a garda a pesares do cansazo e o medo que tiñamos, que seguiu a traballar e a preocuparse polo benestar físico e psíquico do noso alumnado. Lográmolo porque, entre outras cousas, e é xusto recoñecelo, houbo profesionais docentes, non docentes, Anpa, que traballaron, xenerosamente, máis alá do seu horario, que se presentaron onde facían falta sen que ninguén lles demandase nada, que colaboraron en facer chegar observacións sobre o que estaba a fallar ou o que se podía mellorar, que a pesar das súas problemáticas persoais tentaron manter un clima agradable e unha actitude positiva, que deron máis que demandaron, comprendendo que, todos e todas estabamos vivindo unhas circunstancias únicas e excepcionais, e que chegabamos ata onde podiamos na medida das nosas posibilidades. GRAZAS!!!! Palabra que queda cativa ante o que significaron as vosas verbas de ánimo, os vosos actos de colaboración e xenerosidade. Houbo membros do alumnado que colaboraron, a pesares da súa idade e a súa inmadurez, en manter as esixencias que se lles impoñían, que axudaron e desculparon os posibles erros no funcionamento do centro, que comentaron as deficiencias que apreciaron para poder subsanalas, que mantiveron o bo humor, a alegría, o sorriso, a esperanza e a empatía co profesorado, tentando entender as súas situacións particulares. GRAZAS!!!! Fixestes a vida do colexio máis fácil ao asumir algo inxusto que vos tocou vivir, lamentablemente. Houbo moitas familias traballando, reponsablemente e en colaboración co centro, para cumprir nas súas casas e cos seus fillos e fillas as medidas Covid. Familias que axudaron, desculpando, non tendo en conta os fallos e os erros que puideron sufrir debido ao funcionamento do CPI. Familias que nos fixeron chegar ao seu o respeto e a súa gratitude polo traballo realizado no colexio. GRAZAS!!!! Por entender que tiñamos que colaborar, intensamente, o centro e as familias para saír desta situación. . -5-


PÁGINA 10

Houbo un equipo directivo, as miñas compañeiras, amigas, Esther, María e Susana, grandes profesionais, que traballaron o que non está pago, recoñecido, nin visibilizado. Sen horarios. Mulleres que axudaron a toda a comunidade educativa e axudáronme tanto, a todos os niveis, que non atopo palabras para expresar a extrema gratitude que sinto por estar e traballar con elas. Rimos, choramos, discutimos, enfurruñámonos, acariñámonos… caendo unha, ás outras faltáballe tempo para acudir ao seu rescate… e sen parar un minuto. MIL GRAZAS COMPAÑEIRAS!!! Un privilexio estar ao voso carón e poder aprender tanto de vós. Coido tamén que é tempo de reflexionar, analizar e pedir desculpas. A primeira, eu mesma. A responsabilidade, o medo, a presión, a falta de descanso… fixo que a convivencia e as boas maneiras se tornasen difíciles de manter en moitas ocasións, e foron moitas, demasiadas, nas que tiveron que primar, pola inmediatez da xestión, os resultados sobre as formas. O primordial obxectivo foi saír desta con ben. As forzas e a enerxía non eran, non son, ilimitadas e non daban para todo, desgraciadamente. Confiemos en que todo será mellor no novo curso. Esperanza, manteñámola.

-6-


E voltamos as fiestras… empezamos o ano escolar con elas abertas e chegamos ao remate do curso, coas portas e as fiestras abertas de par en par. Non podía ser menos. Abertas á natureza, ao sol, ás vacacións, á ilusión, á vida, á parte fermosa da humanidade, á empatía, á solidariedade, aos novos tempos… Abertas a toda a comunidade educativa porque isto, o que temos, é de todos e todas e para todos e todas. Moi feliz verán 2021! Ben merecido o temos! Mª Ánxeles López Cortiñas

-7-


CARTA AOS REIS MAGOS

-8-


DÍA DA PAZ Dedicamos este día ao activista pola paz no ensino Suso Jares. Figura recoñecida en toda España e natural da nosa provincia, concretamente de Viana do Bolo. Creamos coa súa imaxe e datos da súa biografía un superheroe. Poderes: é quen desfacer calquera bulla, por resistente que sexa. Voa facendo skate sobre unha pluma xigante. Instrumentos: Unhas plumas que saca do bolso. Procedemento: facer cóxegas ou crear un manto agradable Vestimenta: leva sudadeira branca e faldra coas cores do arco da vella, nos pés sandalias. Nome de acción: Palomares. Personaxe real: Suso Jares, educador pola paz que comezou o seu traballo nos anos da guerra fría, o seu nome de acción tómao dun suceso acaecido na costa de Almería. -9-


“Este curso, con motivo do día do Libro o alumnado de 3º de Primaria debuxaron unha carátula do seu libro preferido, saímos ao entorno aproveitando as instalacións do centro en plena Natureza a ler un conto. O obxectivo fundamental ,entre outros, é fomentar o gusto pola lectura, motivar ao alumnado a importancia que ten un libro entre as nosas máns favorecendo a lectura comprensiva e a oralidade.

3º PRIMARIA - 10 -


“OS MENDELIÑOS BUSCAN XOGOS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA” grupo de traballo levado a cabo coa intención de mellorar a convivencia no centro e así o recollemos : https://mendefalagalego.blogsp ot.com/2020/11/os-xogos-domagosto.html.

PROXECTO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO (P.F.P.P.) Neste curso participamos nun PROXECTO DE FORMACIÓN DO PERMANENTE DO PROFESORADO (P.F.P.P.) con 3 itinerarios diferenciados: “O ALUMNADO DE MENDE EXPERIMENTA COA RADIO NA BIBLIOTECA” con 14 emisións segundo as diferentes actividades que se desenvolvían no centro e que se poden escoitar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/t axonomy/term/73?page=1

- 11 -

“EMPREGO DO COMUNICADOR GRID 3 COMA FERRAMENTA DE ADAPTACIÓN DE CONTIDOS CURRICULARES DA AULA ORDINARIA PARA ALUMNADO CON PARÁLISE CEREBRAL INFANTIL (P.C.I.)” co que se pretendeu a creación de contidos curriculares para Arancha de 4º de EP.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2021. Este ano, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, os nenos e nenas de 1º de Primaria, quixemos adicarlle á homenaxeada deste ano, Xela Arias, a nosa ledicia de poder estar de novo con todos os nosos compañeiros e compañeiras e tamén cos nosos profes. Foi un curso moi importante para nós, moitos aprendemos a escribir e a ler, outros xa sabiamos pero esforzámonos moitísimo por facelo mellor. Algúns comezamos a escribir as nosas primeiras verbas en galego e ata nos atrevemos, coa axuda das nosas profes a representar o noso poema favorito de Xela adicado ao seu fillo, “Darío a diario”. Decidímonos por este poema de entre outros que ela escribiu porque nos conmoveu a tenrura e o cariño que lle amosa ao seu neno, e, deste xeito tamén quixemos adicar o noso traballo e esforzo, neste curso de mascarilla e de metro e medio, ás nosas nais, pais, avoíñas e avoiños que non tiveron máis remedio que coidarnos días enteiros de confinamento, coidando tamén da casa e facendo que non pasaramos medo fronte a unha situación tan extraña e descoñecida para todos nós

- 12 -


Fixeron que nas nosas xornadas diarias pechados, non botaramos de menos as rúas, o cole, os parques, os paseos, as comidas e merendas cos amigos e amigas, e sobretodo, os bicos e apertas do resto da familia que non podíamos ver. Non deixaron un oco nas nosas pequenas meixelas por comer a bicos, fixeron da cociña e do salón, un campo de fútbol e de xogos, en fin, que gracias ao seu cariño tamén nos demos conta da importancia que poden chegar a ter os demais nas nosas vidas. Por todo isto, decidimos crear para o horto, a nosa superheroína particular “ARCORIÑA”, transformada en prantiña chea de luz, cor e moitos, moooitos súperpoderes, como as nais de tod@s nós. Convertémola nunha prantiña á que poder regar co noso cariño a diario, cos nosos mimos, co noso interese por aprender cada día e mellorar en todo o que facemos, coa nosa inxenuidade, ilusión e as nosas boas intencións, e con ela, pouco a pouco, polas Letras Galegas deste ano, aprendemos e comprendimos nos nosos corazonciños unhas verbas novas:

XUNTOS E XUNTAS PODEREMOS CON TODO!!

- 13 -


CARTELERÍA XELA ARIAS

- 14 -


- 15 -


- 16 -


- 17 -


PLAN PROXECTA 2020-2021 O C.P.I. Plurilingüe José García García participa desde hai tempo no Plan Proxecta co programa “Mobilidade sostible e segura”. Este cursocontinuamos co proxecto do ano anterior: “Apostando pola mobilidade segura do alumnado con diversidade funcional”, xa que debido á situación de confinamento derivada do COVID-19, non foi posible traballar todos os obxectivos e os contidos propostos. Algunhas actividades que realizamos son as seguintes: ·*Homenaxe ao alumnado con diversidade funcional que cada día se despraza polo centro con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), a través dun vídeo onde os propios nenos envían unha mensaxe: “Os nenos e as nenas de Mende movémonos con sentidiño”.

·*Escrito remitido á policía local de Ourense para facilitar a accesibilidade ao centro, onde se recollen algunhas deficiencias e se solicita a súa mellora, como por exemplo a sinalización dun paso de peóns na segunda entrada habilitada este curso para o alumnado de infantil e primaria na parte dianteira do edificio.

- 18 -


·*Libro de comunicación alternativa para o alumnado que utiliza o transporte adaptado para vir e marchar do colexio.

·*Decálogo de boa práctica de mobilidade dentro do centro para facilitar o desprazamento do alumnado con diversidade funcional.

- 19 -


PRÁCTICA DE LABORATORIO: DETERMINACIÓN DE GRUPOS SANGUÍNEOS No pasado mes de abril fixemos na asignatura de bioloxía una práctica no laboratorio para determinar os grupos sanguíneos de seis voluntari@s. O primeiro paso foi facerlles a estes voluntarios unha introducción explicativa sobre a práctica a realizar. Feita a explicación tomouselles unha mostra de sangue facéndolles una punción na xema dun dedo cunha lanceta estéril. Nun portaobxetos que contiña tres mostras de tres soros diferentes, que deben reaccionar co sangue, mesturamos unha pinga de sangue con cada tipo de soro e remeximos ca axuda dun escarvadentes. Despois tivemos que esperar un minuto para ver en que mostra se produciría a aglutinación e dese modo obter o grupo sanguíneo do voluntario. Segundo a explicación que a profesora nos dera sabiamos que se aglutinaba, por exemplo, na mostra de suero Anti-A, esa persoa tería antíxenos contra o grupo A e polo tanto non pode ser dese grupo. En base os resultado que obtivemos explicámoslles aos voluntari@s que grupo sanguíneo tiñan e polo tanto a que grupos podían doar sangue e de cales poderían recibir.

MARCIAL FEIJÓO E MAURO ÁLVAREZ

- 20 -


ELLEN EN MENDE Un par de meses tras acabar la Universidad en Ohio, EEUU, me encontré en un avión volando hacia Galicia. No tenía ni idea de lo que iba encontrar allí mas que verde, montañas y lluvia, pero sabía (o esperaba) que todo saldría bien. Lo que no esperaba es que cinco años después todavía me encontraría aquí en Ourense. En vez de solo lluvia, encontré gente que haría y hacía todo en su poder para ayudarme y hacerme sentir bienvenida. Encontré un espíritu de comunidad que es difícil de encontrar. Descubrí pulpo, pimientos de Padrón y el sentido de humor gallego. Celebré O Magosto y Carnaval. Conocí a gente llena de vida, diversión, cariño y que come, en mi opinión súúúper tarde. Así que no es ningún sorpresa que cada año me enamoraba más y más de este sitió y me encontraba volviendo año tras año.Es verdad que Ourense tiene algo que te engancha. En mi primer año aquí, hacía la ruta hasta San Tomé y vi un colegio metido en la naturaleza. Me preguntaba quién tendría tanto suerte de trabajar allí. En los años siguientes me enteré de que era mi amiga, Sonia, quien trabajaba allí. Ella me contó cuánto le encantaba el colegio, los alumnos y los profes. Un par de meses tras eso, recibí mi plaza en CPI José García García en Mende. Lo busqué en GoogleMaps y no pude creer que era el mismo cole que había visto hace tres años y el mismo sobre que mi amiga me había contado! Sabía que había tenido suerte y me iba encantar trabajando en este colegio y tenía razón. Nunca antes había trabajado con alumnos de secundario, ni en clases de educación física pero me gustó muchísimo la variedad y la oportunidad de aprender algo nuevo. Los alumnos de este centro siempre tienen una sonrisa y un “hello” para compartir conmigo cada vez que me vean, o aun incluso un abrazo cariñoso. He disfrutado muchísimo viendo como han crecido los alumnos aquí y como ha avanzado su ingles. Yo también he crecido y aprendido un montón durante mi tiempo aquí en Mende y Ourense.He tenido muchísimo suerte de encontrar un colegio tan acogedor, con compañeros tan majos, amables y dedicados.Para mi estos dos años han sido un placer. Así que muchísimas gracias de verdad por todo. Nunca olvidaré del tiempo que he pasado aquí. Espero volver en un par de años! Si no, estoy segura de que tendré morriña para siempre. Moitos bicos para todos!

- 21 -


ELLEN EN MENDE

Inglés: A few months after finishing university in Ohio, USA, I found myself on an plane flying to Galicia. I didn’t have any idea what I was going to find there, besides green, mountains and rain, but i knew (or hoped) that everything would turn out well. What I didn’t expect is that five years later, I would still be here in Ourense. Instead of just rain, I found people that would do and did everything in their power to help me and to make me feel welcome. I found a sense of community that is rare. I discovered octopus, Padrón Peppers and the Galician sense of humour. I celebrated Magosto and Carnaval. I met people full of life, fun, and compassion and who eat, in my opinon, suuuper late. Therefore, it’s no surprise that each year, I found myself falling more and more in love with this place and I kept coming back, year after year. It’s true that Ourense is magnetic. During my first year here, I was walking to San Tome when I saw a school tucked away in nature. I wondered, who was the lucky auxiliar that worked there? In the following years, I discovered that it was my friend Sonia. She told me how much she loved the school, the students and the teachers. A few months later, I received my placement in CPI José García García in Mende. I looked it up on GoogleMaps and I couldn’t believe that it was the same school I had seen three years before and the same school that my friend had told me about! I knew that I’d been lucky and that I was going to love working at this school and I was right. I had never before worked with secondary level students, or in Physical Education classes, but I really enjoyed the variety and the opportunity to learn something new. The students in this school always have a smile and a “hello” to share with me every time they see me, or even a nice hug. I have really enjoyed seeing how the students have grown and how their English has improved. I also have grown and learned a ton during my time here in Mende and Ourense. I have been so lucky to have found such a welcoming school, with such kind and dedicated teachers. These two years have been a pleasure for me. Thank you all so much for everything. I will never forget the time I’ve spent here. I hope to return in a few year. It not, I’m sure I will have morriña forever! Lots of love!

- 22 -


ENTREVISTA A PILAR POLO ALUMNADO DE 5º E 6º

A nosa compañeira e MESTRA PILAR pasa a desfrutar dunha máis que merecida XUBILACIÓN. Debido a esta circunstancia non quixemos perder a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista.

- 23 -


Os seus alumnos de 5º e 6º, cos que traballa a diario, fixéronlle as seguintes preguntas: 1- Cando decidiches ser mestra e onde empezaches a traballar? Pois a verdade é que dende moi pequena gustábame ser mestra , xogaba coa miña irmá e as miñas veciñas a ser mestra dende moi pequeniña. O primeiro centro no que traballei foi no centro Curros Enríquez de Ourense. 2- En que ano chegaches ao CPI José García García de Mende? Levo moitos anos xa aquí neste colexio, mais ou menos 20 cursos. 3- Cambiou moito este cole dende que chegaches? Tivo cambios porque en tantos anos evidentemente sempre hai cambios, pero como digo sempre, estamos no colexio mais bonito de Ourense polas instalacións e polo entorno que ten. 4- Como pensas que cambiaron os nenos e nenas dende que empezaches a traballar ata agora? A esencia dos nenos e das nenas segue sendo a mesma pero tamén houbo cambios referidos á introdución das novas tecnoloxías o que provoca cambios no seu modo de traballar pero mantendo como dicía antes a esencia de sempre. 5- Que expectativas tes para esta nova etapa que comezas agora? Pois fundamentalmente desfrutar máis dos meus e levar a vida con mais calma e un horario mais relaxado. 6- Como che gustaría que foras recordada polos teus alumnos e compañeiros? Pois como unha mestra, unha mestra que intentou ensinar o mellor que podía. 7- Algún consello para os teus alumnos? Sempre lles digo o mesmo, que se preparen e que estuden porque vainos facer ser libres. E esta liberdade é moi importante para todos os aspectos da súa vida. Se non nos preparamos podémonos converter en escravos doutras persoas e isto non pode ser, o mais importante de todo é que vos preparedes para ser libres. Moitas Gracias Pilar e moita Sorte. - 24 -


RAPARIGOSMENDE.BLOGSPOT.COM Neste curso creamos o noso Blog de E. Infantil . A intención é que as familias e o público en xeral coñezan o que facemos no colexio co noso alumnado. Un dos obxectivos fundamentais é servir de canle de comunicación, información e a súa vez que visualicen as diferentes actividades que facemos ao longo do curso cos vosos fillos/as. Este blog naceu con moita ilusión e esperamos que continúe no vindeiro curso.

- 25 -


ESTAS SON ALGUNHAS ACTIVIDADES COLGADAS NO BLOG. DE TODOS OS XEITOS, ENTRADE NEL E VEREDES QUE CANTIDADE DE TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL

- 26 -


TRABALLO DE DANIEL SÁNCHEZ PARA BIOLOXÍA 1º ESO A

- 27 -


- 28 -


UN RESUMO DESTE ANO

- 29 -


- 30 -


SAL E AZUCRE

- 31 -


AS NAIS, AS MELLORES HEROÍNAS! - 32 -


- 33 -


- 34 -


- 35 -


- 36 -


ADO COA PASCUA! ON CI LA RE AL UR M PREPARAMOS UN

- 37 -


- 38 -


DÍA DE ROSALÍA! - 39 -


FACENDO PRÁCTICAS NO LABORATORIO DE FÍSICA E QUÍMICA Os alumnos de Física e Química da ESO acudiron ó laboratorio para poñer en práctica alguns dos conceptos que estudaron este curso, comprobaron que a Química pode ser moi divertida, utilizaron sustancias tan cotidianas como o vinagre, o bicarbonato ou a maicena que nos permiten facer experimentos espectaculares.

- 40 -


O laboratorio é un espazo de grandes dimensións rodeado de ventanais que permite entrar gran cantidade de luz e unha adecuada ventilación.

- 41 -


PARTICIPAMOS EN PROXECTOS INTERNACIONAIS! No derradeiro trimestre deste curso o alumnado de 2ºA y 2ºB da ESO en colaboración con outros cursos do centro estamos participando nun proxecto internacional coordinado pola xefa de estudos María Gil e polo xefe do departamento de inglés Pablo García. Colaboran os departamentos de Plástica, Música, Historia, Lingua Galega, Lingua castelá e Lingua Inglesa neste ano pois o proxecto será de dous anos. O alumnado dos países participantes son de Badajoz, Portugal, Turquía, Lituania, Italia e Rumanía. Neste proyecto temos realizadas variadas actividades:

*Traballamos nos logos para representar o proxecto "Music, dance and traditions", que consistía en mostrar dunha forma artística tódolos países xuntos. O logo gañador foi o de Yanira Blanco Álvarez de 2ºB entre tódolos países participantes. *Seguidamente outra tarefa era a presentación xeral de cada centro. Consistiu nun vídeo con traducción ao inglés e narrado neste idioma por Marco Juanes Barandela, Xavier Alexandre Almeida, César Salgado e Andrea González cunha montaxe preciosa do profesor de música Jorge Carracedo. No vindeiro curso poderemos ir mostrando tódolos traballos na web cando remate o proxecto. https://vimeo.com/537907850 *Fixemos tamén unha montaxe da canción galega "A saía da Carolina" con especial atención á diversidade (pictos). Interpretada polo alumnado de 1º ESO e onde Daniel Cid Nores disfrutou da gravación. Podedes vela mostra en: https://vimeo.com/557521479 - 42 -

Outros logos de moita calidade dos participantes do noso centro por orden son de 2º A Denis Escuredo 2º B Audrey Noguera, 3º A Antonio Fdez, Lucía Novoa, Iago Fdez Glez, 3º B Estela Vázquez, Uxía Rguez e Sergio Gutiérrez.


*Nunha terceira actividade recibimos e mandamos cartas entre os diferentes países en inglés para contactar co alumnado en inglés. Axuda´ronos os profesores Pablo e Borja. Coñecemos un poco máis os lugares onde viven e sobre os seus gustos. Gracias a este proxecto puidemos coñecer un pouco máis as culturas e tradicións doutros países. Tivemos unha experiencia verdadeiramente única.

AQUÍ ESCRIBIMOS AS CARTAS EN INGLÉS PARA LOGO DIXITALIZALAS CON HTTP://WWW.YERAY.COM/GENERADORCARTAS/

...E AQUÍ RECIBIMOS AS SUAS CARTAS!

Artigo de Andrea Glez Fdez de 2ºB - 43 -


INTERCAMBIO DE CARTAS CON BADAJOZ

El último trimestre de este curso en nuestro colegio, CPI José García García Mende, los alumnos de 2ºA y 2ºB de la ESO en Fóra do proxecto eTwinnng participamos nun intercambio de cartas colaboración con varios estudiantes más del centro hemos co alumnado do IES San Roque para coñecer aos nosos participado en un proyecto internacional junto con diversos colegios e compañeiros de España que participan no proxecto internacional. Coa institutos de Turquía, Lituania, Italia y Rumanía.

axuda da profesora Ana Isabel González do departamento de Castelá as respostas as en cartas recibidas de En esteLingua proyecto hemospreparamos realizado variadas actividades las cuales los alumnos hemos podido ver lo que Badajoz. han labrado los demás países y ellos mismos contribuir.

Nesas cartas contabamos quén eramos e algo sobre as nosas cidades: quefueron se poden visitar, festas ou entroidos. Lo primero que lugares trabajamos los logos paraasrepresentar el

proyecto "music, dance and traditions", el cual consistía en mostrar deOutro una forma artística realizados todos los países unidos ye sus dos traballos no proxecto en proceso de diferencias a la évez; que dixital los hace se hicieron finalización un lolibro das únicos. nosas También lendas galegas en inglés coa posters, dibujos y demásdo Elalumnado logo que de ganó de una alumna de con participación 4º fue ESOel que ilustrou o libro nuestrodecentro, BlancodoÁlvarez de 2ºB! de Lingua Galega montaxes nubes Yanira con axuda departamento

co profesor Inacio Prada e o departamento de Plástica co profesor

Lo segundo que se hizo fue una presentación general de todo el Xosé Manuel Rodríguez. centro. Consistió en un vídeo muy trabajado en el cual se grabó la llegada de los alumnos al centro y las diferentes secciones Seguiremos en contacto!. de este; comedor, aulas, patios, etc con alumnos realizando sus clases y actividades diarias. Su finalidad era presentar nuestro Lucía Novoa e Andrea Pérez 3ºA colegio a los países correspondientes al proyecto. El camarógrafo que filmó este proceso fue Jorge Carracedo (un maestro), en el vídeo aparece todo el alumnado de Mende y las voces que hablan en él son las de Marco Juanes Barandela, Xavier Alexandre Almeida, César Salgado y Andrea González.

- 44 -


AS NOSAS HEROÍNAS E HEROE NA COCIÑA

¿Resultavos difícil cociñar para tantos nenos? -Non , ese non é o problema, o problema É ver que as horas de cociñado non se ven MOI recompensadas polo alumnado QUE NON COME MOITO NALGÚNS CASOS. ¿Cambiaríades algo do voso traballo? - Sempre hai algo que se pode mellorar, este ano cambiouse o forno e o conxelador. E PÚXOSE UN TRITURADOR DE ALIMENTOS

Rocío, Alba, Ana e José Antonio

- 45 -


AS NOSAS HEROÍNAS E HEROES NO COMEDOR ¿Considerades que hai bo comportamento do alumnado? Xeral - En xeral, sí. ¿Como vos afectou a Covid-19 no voso traballo? Liliana- Non foi doado porque non podes acercarte moito nin tocar. Silvia- (engade) ... Tamén polos pequenos, son moi cariñosos e enseguida se achegan a un. ¿Melloraríades algo no comedor? Silvia- Que o alumnado coma mellor. Argimiro- Que teñan en conta a necesidade que hai no mundo e valoren a sorte que teñen. ¿Gústavos traballar no centro? Xeral - Si.

¿Que pensastes a primeira vez que traballastes aquí? Liliana-Esperaba facelo ben Argimiro- Eu..." teño que aguantar a estes"? (Botan unhas risas). ¿Que vos animou a colaborar aqui? Liliana , Silvia e Gabriela- Estar preto dos fillos e que non quedaba moi lonxe. ¿Canto tempo levades no comedor? Silvia- 7anos Gabriela, Argimiro, Gabriela-1 ano Liliana- 4 anos ¿Tedes bo "rollo" entre vos? Xeral- Si, por exemplo, en Nadal intentamos sempre comer todos xuntos. Éste ano non puidemos facelo fóra de aquí.

- 46 -


Jessica, Manolo e Loli

Manolo, Jessica, Lorena (que espera un bebé) e Ana.

- 47 -

Entrevistas "HEROÍNAS E HEROES EN MENDE" feita por Noa e Gabriel de 3º ESO A


BANDA DESEÑADA Estes son dous exemplos das bandas deseñadas que fixemos en 3º ESO adaptando o relato de Carlota García de 2º ESO, gañadora do concurso de relatos de terror convocado pola biblioteca. As autoras, Lara Seoane Esteban e Uxía Rodríguez Pérez de 3º ESO B.

- 48 -


- 49 -


- 50 -


- 51 -


POESÍA VISUAL Unha pequena mostra das moitas poesías visuais elaboradas en todos os cursos da ESO. Estas son de Iris Carid González, Irune Blas Ramos, Julia Pérez Gómez.

AMOR DE TAZAS

- 52 -


GRADUADOS 6º DE PRIMARIA

- 53 -


GRADUADOS 4º ESO

- 54 -


EQUIPO TIC MENDE


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.