Terra Brava 31

Page 90

DECEMBRO 2019

O NACIONALISMO CATALÁN Arnau Visuña Costa

O nacionalismo é unha ideoloxía ou movemento sociopolítico que xorde dun sentimento de identificación cunha comunidade e crea unha vinculación entre os cidadáns dunha nación. Moitas veces, o seu obxectivo é a reivindicación dos dereitos dunha nación, mediante a autodeterminación política. O termo "nacionalismo" xorde e toma a forma que ten hoxe en día a finais do século XVIII e principios do século XIX, unha época de revolucións europeas, moitas veces impulsadas por este sentimento. Así, hai varios exemplos de nacionalismos nesta etapa: as unificacións de Alemaña e Italia, a independencia de Grecia do Imperio Otomán, a independencia de Estados Unidos etc. Pese a tomar a maioría da súa importancia e gran parte da súa forma nesta época, o nacionalismo sempre, dunha forma ou doutra, existiu, aínda que non existise este termo. Así, por exemplo, durante a Prehistoria, a xente dun castro galego non se identificaba cun romano, durante a Idade Media unha persoa francesa non se identificaba cunha árabe ou durante o século XVI, un "indíxena" de América non se idenficaba cos conquistadores hispánicos.

88


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.