"FOLERPAS CONFINADA 2020"

Page 36

“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

CONCLUSIÓN Un curso máis remata; sen dúdida algunha este foi un ano escolar diferente a outros, e vímonos obrigad@s a afrontar situacións descoñecidas e momentos duros. Ainda que, hai algo que dende o principio estivo presente dun xeito marcado, ese algo permitiunos levalo todo mellor, refírome a conexión casa-escola, que xa existía pero viuse reforzada neste período. O feito de sentir o apoio mutuo fixo que todo fora máis levadeiro. Mensaxes de agarimo, esforzos comúns, retos superados e solidaridade son algúns dos aspectos que endexamais esqueceremos desta etapa vivida. Todo o vivido nestes últimos meses serviranos para que cando algo difícil volvaacontecer saibamos que podemos superalo porque non estamos sós! Esta escola sempre está e estará aquí disposta a apoiar aos nosos. E tamén nos quedan as lembranzas deses outros momentos que merecen ser recordados deste curso 2019-2020, todos eles marabillosos como a festa terroríficamente divertida do Samaín e Halloween, un magosto pasado por auga, ese entroido espectacular co mar do Angorén cheo de personaxes relacionados co mundo mariño. Isto é moito máis sempre quedará nas nosas memorias. Feliz verán a tod@s e boa sorte aos que empezades novas etapas.

APERTAS BERETUDAS!! ( Este ano adxuntamos o tradicional Diploma de Recoñecemento coa revista. )

35


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.