Plambe 17 18

Page 1

CAMBIOS E REVOLUCIÓNS PROXECTO INTEGRADO DA biblioteca escolar CEIP P. ALEXANDRE BÓVEDA CHAPELA - REDONDELA


LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN DA BE PARA O CURSO 2017-18 Para o vindeiro curso deseñamos un proxecto que se centrará fundamentalmente no concepto “ Revolución”, entendido este termo como motor de cambio e transformación para a consecución dunha innovación tanto na metodoloxía de traballo como no tratamento dos contidos curriculares. O papel, polo tanto, da BE será de turbina xeradora de procesos de transformación non só a nivel curricular senón tamén contemplando os procesos de transformación individual tanto do alumnado como do profesorado. A BE será deste xeito o elemento subversivo e o elemento integrador que permitirá coas súas propostas o desenvolvemento do espírito crítico e a modificación de hábitos. De aí que con moitas das actividades da BE tentarase que estean intrinsecamente relacionadas coa radio, co cine, coa edición de vídeo, cos soportes tecnolóxicos, lectura de códigos como indicadoras da apertura da biblioteca aos CAMBIOS E REVOLUCIÓNS deste momento. 1. EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN. □ Incorporación do blogue da biblioteca ás webs dinámicas da consellería.(Drupal).Utilización da Aula Virtual para presentación e almacenamento de contidos así como uso da mesma para realización de traballos relacionados coa BE. □ Actualización dos fondos e reforma dos diferentes espazos.Selección e adquisición de recursos relacionados co proxecto de centro. Incremento dos recursos de non ficción. □ Seguir incorporando os diferentes recursos que aínda no están centralizados na BE. □ Coordinación dos horarios de uso da BE. □ Confección dunha guía de usuarios para un maior coñecemento da BE entre alumnado e profesorado ou reunións periódicas informativas. □ Maior innovación na presentación de materiais e traballos elaborados pola biblioteca. □ Proposta de actividades de fomento da lectura para levar a cabo na HORA DE LER. □ Coordinación cos outros departamentos para a elaboración das actividades relacionadas co proxecto. □ Itinerancia dos recursos da BE relacionados con temáticas puntuais polas aulas. □ Diversificación das actividades dos RECREOS DA BIBLIO: voluntariado, actuacións. □ Incorporación de familias voluntarias para algunhas actividades organizadas pola biblioteca. □ Ampliación das funcións dos UAB: préstamos e devolucións, programas de formación, organización de espazos, notificación ao alumnado e profesoras de novas , cartas, agasallos, boletíns… □ Remodelación dun espazo anexo a BE para uso da radio escolar. □ Incremento do equipamento tecnolóxico: tabletas, libros electrónicos… 2. EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO. 1º TRIMESTRE: REVOLUCIÓNS HUMANAS □ PDI en E. INFANTIL: Do mono ao home. A roda e o lume. As pinturas rupestres, A linguaxe simbólica. Nómades e sedentarios. □ LINGUAS: Orixe da escritura: escritura cuneiforme. Literatura galega medieval (Illa de San Simón). Traballando coa palabra Revolución (sinónimos; antónimos, prefixos, sufixos) Expresión oral: Noticias da revolución. Obradoiro de escrita: A letra prohibida, Revolucións dos finais dos contos, Revolución das letras: metagramas, As letras líderes, A democracia das letras, Códigos e mensaxes secretos. □ L. INGLESA: Revolución na escola: novos materiais, escolas diferentes.Perigo de extinción: books. Cambios na alimentación: eating a rainbow, fire a day: the fun way (xeitos de alimentarse de maneira san). Revolucións pendentes: jobs, acceso igualitario ao mundo laboral. Revolucións estéticas: Taj Mahal.Luking at Art. Revolucións a través das cancións: 80r.p.m., the Beatles. CEIP P ALEXANDRE BOVEDA- PLAMBE 2017-18


□ E. PLÁSTICA:Revolución cromática: teoría da cor, tonos e cores. Evolución estética: retratos e autorretratos. Revolución na escultura: Jan Dubuffet, Pablo Gargallo, Alberto Giacometti, Miguel Barceló. Cambios na imaxe: o cómic- René Goscinny. Técnicas de estampación: Katsushika Hoqusai. Revolución na cor: Paul Klee. Cambios nos formatos:posters- Alfonso María Mucha. Cambios no concepto estético: Fernando Botero. Revolución nos instrumentos: Henri Matisse- Debuxando con tesoiras. Revolución nas formas: Kandisky. Revolución total: Accion painting-Jackson Pollock □ CIENCIAS NATURAIS:Paso á postura erguida. Revolucións na saúde:vacinas e antibióticos. Revolucións culinarias. □ CIENCIAS SOCIAIS : Revolucións prehistóricas: lume, roda, nómades e sedentarios. Escritura: paso a historia. Revolucións sociais e políticas. Revolucionando as cidades: sumidoiros, luz eléctrica. Revolución familiar: diferentes tipoloxías familiares. Revolución ociosa: turismo. □ MATEMÁTICAS: Dos números romanos á numeración arábiga. Da ducia á decena. Da suma á resta. Da multiplicación á división. Series e patróns. □ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación (SAAC). Principio de inclusión: escola inclusiva e aprendizaxe cooperativo. □ E. MUSICAL: Revolucións musicais: os grandes períodos da música clásica. □ E. FÍSICA: Deportes e xogos que revolucionaron. Mandela eo rugby. □ EDUCACIÓN EN VALORES: A loita das minorías polos dereitos □ FESTAS E CONMEMORACIÓNS: Día das bibliotecas:libros salvados. Samaín: reivindicando a tradición. Violencia de xénero: a revolución da educación. 2º TRIMESTRE: REVOLUCIÓNS TERRESTRES □ PDI en E. INFANTIL: Terremotos, maremotos e volcáns. Fenómenos do medio natural. Cambios do medio natural producidos polo ser humano. □ LINGUA: Descrición de imaxes, cadros sobre revolucións. Manuel Antonio: o surrealismo. Abreviaturas e siglas: partidos políticos e sindicatos.Expresión oral: Son revolucionario porque… motivos para cambiar ou mellorar o entorno. Obradoiro de escrita: Asociacións ilícitas, a revolución do dicionario, revolución dos significados, revolución do sentido, do individual ao colectivo: pronomes persoais. □ L. INGLESA: Revolución no transporte: high speed train. Perigo de extinción: wild life in India, the end project.Revolución no clima: Desastres naturais, estacións´climas. Avances no proceso, retroceso na natureza □ E. PLÁSTICA:Cambios co paso do tempo: paisaxes. Revolución na escultura: Chillida. Revolución no tacto a través da natureza: texturas, cerámica refractaria, resina sintéticas, collage, espazos negativos e texturas visuais. Revolución nos mercados: pop art- Wharhol. □ CIENCIAS NATURAIS: Revolución da atmosfera: o cambio climático. Terremotos, maremotos e volcáns. Transformación das materias primas. Reciclaxe. Antenas e contaminación. □ CIENCIAS SOCIAIS:Da teoría xeocéntrica á heliocéntrica. Descubrindo o mundo. Da panxea aos continentes. Google earth. Sismógrafos. □ MATEMÁTICA: Do troco aos cartos, da polgada ao sistema métrico. Da balanza romana á báscula dixital. Transformación de problemas na súa operación inversa. Do reloxo de area ao dixital. Zonas horarias. □ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Cambios nos edificios para adaptarse ás necesidades das persoas. □ E. MUSICAL:Artistas que revolucionaron a música: Elvis e os Beatles. A música negra, swing, capoeira… □ E. FÍSICA:Mulleres e deporte. Novas finalidades do deporte: ocio, saúde, socialización. □ EDUCACIÓN EN VALORES: Loitando polo medio ambiente: cambio climático e animais en perigo de extinción.

CEIP P ALEXANDRE BOVEDA- PLAMBE 2017-18


□ FESTAS E CONMEMORACIÓNS: Día da muller: revolución das mulleres, voto e incorporación ao mundo do traballo. Día de Rosalía: revolución rosaliana.. Día da paz: revolucións pacíficas. Entroido: revolucións artísticas. 3º TRIMESTRE: REVOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS □ PDI en E. INFANTIL:Os transportes. Da pomba mensaxeira ao móbil. Da escritura en pedra ao procesador de textos. Do compás ao google maps. □ LINGUAS: Tipos de texto relacionados coas novas tecnoloxías: mail, was… Novas linguaxes: emoticonas. Busca informacional: revolucionarios/as. Expresión oral: debates, defensa e argumentación. Obradoiro de escrita: poemas da cárcere, diarios e cartas. Refráns e frases feitas revolucionadas. Autobiografía inventada de un revolucionario que se precie. □ L. INGLESA: Revolución tecnolóxica: how techy are you?, usos que lle dou ao ordenador. Revolución na imaxe: teamwork for a show, falamos no cambios de roles, making movies, efectos especiais. Revolución tecnolóxica: social learning networks, un mundo de gadgets, uso responsable das novas tecnoloxías. Alain Turing: o pai da informática. Código enigma. □ E. PLÁSTICA: Revolución tecnolóxica: do lapis ao photoshop, apps editoras de imaxe. Revolución na imaxe: animación e simetrias-Walter Crane. Usando programas do ordenador: debuxando un graffiti. □ CIENCIAS NATURAIS: Robots e móbiles.Satélites e tecnoloxía espacial. Novos materiais: grafeno. Máquinas simples e compostas. □ CIENCIAS SOCIAIS: A imprenta: expansión do coñecemento. A revolución industrial: a máquina de vapor. Revolución nas comunicacións: o teléfono, internet. A revolución dos transportes. Do compás ao google maps. □ MATEMÁTICAS: Compra en liña. Calculadoras. Representación en 3D: figuras xeométricas. Ilusións ópticas. Sudokus. IVA cultural. □ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: As novas tecnoloxías na educación: software informático. Próteses que cambian vidas, exoesqueletos. □ E. MUSICAL: A electrónica na música e a música electrónica. Novos instrumentos. A revolución do pobo: o rap. □ E. FÍSICA:Revolución dixital: influencia na saúde e no deporte. Novos materiais deportivos. □ EDUCACIÓN EN VALORES: Perigos das redes sociais □ FESTAS E CONMEMORACIÓNS: Día da poesía: canción protesta. Día do libro: ebooks. Día das Letras Galegas: María Vitoria Moreno 3.

EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA INFORMACIONAL (COMPETENCIA PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN INCLUÍDA NA ACTUAL «COMPETENCIA DIXITAL»). □ Formación de usuarios:  Normas da biblioteca. Revisión. Elaboración entre o alumnado de guias de usuario. O alumnado maior “acompaña” ao alumnado mais novo.  Clasificamos libros:CDU. Cómo atopar un libro na biblioteca? Un autor/a? A materia?. Símbolos visuais para a sinalización da biblioteca.  Como saber se un libro nos interesa: índices, contraportadas □ Competencia informacional:  Guías para realizar os traballos documentais. Guias para buscar información na rede  Integración da radio escolar no ámbito da BE  Repensar o proxecto da aula tics intentando integralo nun ámbito moito mais amplo que poida xestionarse dende a BE.  Aula virtual: información, experimentación, exposición.

CEIP P ALEXANDRE BOVEDA- PLAMBE 2017-18


4. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO (EN MATERIA DE LECTURA, ESCRITURA E HABILIDADES NO USO, TRATAMENTO E PRODUCIÓN DE INFORMACIÓN). Marcar os itinerarios lectores relacionados co PDI e deseño de actividades sobre os mesmos.Continuación e ampliación dos obradoiros de contacontos do alumnado de 6º para E. Infantil e para outros ámbitos.Uso de estratexias e habilidades para todo tipo de lecturas. Implementar as pescudas sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto.Continuación cos obradoiros de escrita en estreita colaboración coa BE. Exposición temáticas. Encontros con autor@s. Actividades de presentación de libros. A transmisión oral da información: que aprendemos e como o transmitimos. 5. EN RELACIÓN COS AVANCES CARA A UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA □ Elaboración de nova cartelería relacionada coa formación de usuarios e sinalización con pictogramas relacionados coas diferentes temáticas para o alumnado con necesidades específicas. □ Adquisición de fondos específicos de lectura para o alumnado con necesidades específicas. □ Valorar a diversidade do noso alumnado, adaptando as actividades aos diferentes ritmos e respondendo ás necesidades de cada neno e nena. Pretendemos que todo o noso alumnado se sinta representado e estimulado polas aprendizaxes realizadas e a metodoloxía empregada, propiciando en todo momento a igualdade de oportunidades na nosa comunidade educativa. □ Planificación de actividades conxuntas relacionadas coa lectura con centros de persoas con discapacidade. □ Revisión dos fondos cunha ollada crítica cara a conseguir a inclusión de todo o alumnado ( temáticas, ilustracións…) □ Emprego de diferentes ferramentas que nos permitan diferentes lecturas instrumentais( diferentes sistemas de comunicación). Inclusión de dispositivos electrónicos de lectura. □ Planificación de actividades de apertura da biblioteca á comunidade educativa: bookcrossing, hora de ler nas rúas… □ Creación de “espazos biblioteca” en diversas dependencias do centro □ Mochilas viaxeiras e mochilas para o verán. 6. OUTRAS ACTUACIÓNS. Continuar e ampliar o grado de colaboración coas bibliotecas públicas e escolares de Redondela: empréstitos bibliotecarios, elaboración conxunta de materiais. Incrementar a participación das familias nalgunhas actividades da BE. Incrementar actuacións relacionadas coa atención á diversidade e as dificultades de aprendizaxe, en estreita colaboración co departamento de orientación 7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. INDICADORES E INSTRUMENTOS QUE SE VAIAN UTILIZAR. CRITERIOS: Grao de implicación do profesorado e o alumnado no proxecto de centro.Grao de incremento do nivel lector do alumnado.Cuantificación dos empréstitos colectivos e individuais. Grao de importancia dos empréstitos específicos. Grao de efectividade dos materiais aportados pola biblioteca. Grao de participación das actividades programadas. Grao de competencia no resultado final dos traballos realizados. PROCEDEMENTOS: Probas periódicas de comprensión lectora realizadas polo departamento de orientación.Cuestionario de autoavaliación sobre o funcionamento da BE. Documentos finais de traballos elaborados polo alumnado.Documentos finais elaborados pola biblioteca. Ademais, a comezos do próximo curso 2017-18 faremos unha avaliación inicial do estado da nosa biblioteca, revisando aqueles aspectos organizativos e de xestión que consideremos importantes para a mellora do funcionamento: reunións de equipo, horario da persoa coordinadora, uso do meiga, alumnado colaborador… Revisaremos o estado dos nosos fondos como ferramenta importante de traballo e a súa adecuación e funcionalidade para o desenvolvemento do PDI 8. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/DINAMIZADORA ESCOLAR. EQUIPO DE APOIO. HORARIO PREVISTO. Persoa responsable: Beatriz Carballal Moroño Equipo de apoio: Cristina Guede Cendón, Andrea González Sacau Tempo previsto: seis horas. CEIP P ALEXANDRE BOVEDA- PLAMBE 2017-18

DA

BIBLIOTECA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.