Á procura dun teito

Page 1

Á PROCURA DUN TEITO: @S REFUXIAD@S

CEIP. P. ALEXANDRE BÓVEDA CURSO 16-17


SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES ARREDOR DO DÍA DA PAZ


30 de xaneiro DÍA DA PAZ Proposta de actividades para EDUCACIÓN PRIMARIA: Temporalización: Semana do 18 ao 30 de xaneiro de 2017 As propostas de actividades enmárcanse dentro da idea relacionada co noso proxecto integrado de arquitectura

Á PROCURA DUN TEITO: @S REFUXIADOS Abordaremos o traballo dende catro frontes: 1º.- Espectáculo: “AS BOMBAS E O XENERAL” (TANXARINA) O día 30 de xaneiro asistiremos todos os cursos de primaria ao Multiusos Piñeiral do Crego á representación deste espectáculo onde se recrea con siluetas animadas, música e actores, a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Previamente para as diferentes aulas, propóñense as seguintes actividades tipo:  

Para os cursos superiores de primaria: traballar coa ficha técnica e artística da obra como tipo de texto. Para 1º, 2ºe 3º: que nos suxire o título, traballo coa imaxe da obra onde aparece o Xeneral, a fábrica e tres personaxes analizando quen son, que quererán facer, como é a súa expresión, que falarán entre eles.. De seguido contrapoñer a imaxe onde aparece o vendedor de xornais e o muro coas pintadas ( insubmisión , paz)


2º.- Cántiga: “A VIAXE DE MUNA” (ROLF&FLOR EN LONDRES) https://www.youtube.com/watch?v=taNDL69eMBQ&list=RDtaNDL69eMBQ#t=27

(video

musical)

https://www.youtube.com/watch?v=-Bl87-S0UwE (video para traballar a temática) http://cpmasmusica.blogspot.com.es/ (letra en galego)   

Na aula de música, presentase a canción e trabállase co contido. Analizaremos o tema da cantiga en todas as titorías facendo fincapé nas consecuencias da guerra: abandono obrigado do noso fogar en busca dun novo teito. Dividimos as estrofas por cursos para compoñer a cantiga coas gravacións de cada clase.

3º.- Corto : “MALAK Y EL BARCO” (CUENTOS SIN HADAS: UNICEF) / ENTREVISTA: EL PELIGROSO VIAJE EN BARCO A GRECIA A TRAVÉS DE LOS OJOS DE UNA NIÑA REFUGIADA SIRIA (UNICEF) https://www.youtube.com/watch?v=2sYs8lLxRsE Corto animado https://www.youtube.com/watch?v=zu8ECo-yGVA

4º.- Poema: “ESCOLLE A PAZ” en VERSOS DE TARDE LARANXA de ANA Mª FERNÁNDEZ Para traballar nas sesións de obradoiros de escrita as seguintes propostas para adaptar a cada nivel:    

Partindo dos versos por separado, ordenar para compoñer estrofas. Os verbos en subxuntivo Xogar coas transformacións: cambiar mantendo a estrutura. Verbos en negativo: antónimos


Outros enlaces de interese: o Vídeo: Os refuxiados en Europa neste nadal (vídeo Antena 3 noticias)

Outras actividades: o Noticias: Saen noticias na prensa dos refuxiad@s. Recollida o Tipoloxía textual: escribir unha noticia sobre os refuxiados titulado “xente sin fogar” o Traballo na biblioteca sobre os seguintes textos : - Siembra un beso (1º e 2º)

-

El enemigo (3º e 4º)

-

IV Certame de relato curto (5º e 6º)

o Exposición na entrada da biblioteca de diferentes libros relacionados coa temática


Proposta de actividades para EDUCACIÓN INFANTIL: En EI traballamos partindo de elementos significativos cos que poidan empatizar e comprender as necesidades dos demais. Actividades: -

Partimos do conto “A MELLOR SOPA DO MUNDO”, xa que nos serve para que o alumnado comprenda as necesidades básicas dos demais e a axuda que entre todos/as podemos dar. Despois coñeceremos a canción que está baseada neste conto e que está incluída no libro “MÁIS CONTOS EN CANTOS”.

-

Despois de ver no conto anterior que había ingredientes tan importantes como os alimentos para estar todos/as ben, que son necesarios para axudarnos e para desfrutar da compaña de todos/as, o alumnado escribirá os ingredientes que precisamos para a paz, para posteriormente colocalos nun mural con forma de pota, tal e como se estiveramos a facer unha receita para a PAZ.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.