6 minute read

Educación Musical)………………………………………………….……AXENDA MUSICAL

AXENDA MUSICAL

A percusionista de Taghaithai e Serra- Ihe Aí, dará un concerto o día 21de abril de 2020 no Auditorio Mar de Vigo ás 17.00 h. Custe da entrada 2 € A famosa ex- percusionista de “Os Diplomáticos de Monte Alto” dará un concertó co grupo pontevedrés “Comando Foucellas”. Artigo: Yago Carrera

Advertisement

Mariño. 5º EP

Concerto de batuko Tabankaao aire libre, haberá sesión de mañán (9:00 a11:30 h.) e outra de tarde (21:00 a 23:30) os días 21 e 22 de Marzo na praza ao lado do Concello de Redondela. Este grupo está composto por doce mulleres que se chaman: Antonia, Antonina, Ivone, Fafa, Beba, Isabel, Deciderida, ilda, Mariacina, Chuca, Beleita e Santina e tocaran cancións como:”Brinca Kumi, Nos NaBurela, Cabo Verde E Bonito e Qui Dia NtaChigala”. So hai 69 entradas de 2,50 euros que poden mercarse por internet. Este concertó emitirase pola tv de pago en directo, o mesmo día ás mesmas horas, cun custe de tv 1,00 eu

LOLA DE RIBEIRA

ros. Artigo: Lara Gómez Araujo. 5ºEP

ÁNGELES LAGO

Ángeles Lago e o seu grupo Crazy cabuxa volven aos escenarios. Este famoso grupo de hard rock dos 90 reúnense para tocar algún dos seus temas mais coñecidos. Será o luns 23/03/2020 no Auditorio Parque de Castrelos de Vigo ás 20:30 horas. A entrada custa 5,50 Euros, pero como sempre podes ir gratuitamente as gradas do auditorio natural. Artigo: Iago Oitabén

Guisande. 5ºEP

AXENDA

CONCERTO HOMENAXE A MARISOL MANFURADA

O día 22 Xuño 2020 no Pavillón de Chapela farase un concertó homenaxe a artista total e multidisciplinar, Marisol Manfurada. Tratará “Poésica Bravá” a cal a propia artista definiu como: “Non é poesía a secas. Non é soamente unha regheifa, reggae e rap. Non é puramente unha canción. Éche Poésica Bravá. Un espectáculo da palabra. Con música, ritmo e retranca”. O homenaxe será ás 18.00 horas e a entrada será de balde xa que está patro cinada polo Concello de Redondela. Artigo: Gabriel Expósito Portomeñe. 5º

EP

CRISTINA PATO

É unha gaitera, compositora e pianista galega residente en Nueva York dende o ano 2004 onde se está doutorando na Mason Gross School of the Arts das Rugets University, e desenvolve un proxecto educativo na Universidade de California.

A artista nacida en Ourense comezou a tocar con 6 anos na Real Banda de Gai tas de Ourense e ao cumprir os 18 (en 1999) convértese na 1ª muller gaiteira que edita un disco e solitario: “Tolemia”. Dende hai anos leva polo mundo o seu estilo único e inconfundible cheo de paixón e enerxía, mesturando xéneros como música latina, jazz, pop, música clásica e música contemporánea. cos seus grupos “Cristina Pato Quartet” e “Cristina Pato Trío galego” e como gaiteira solista con orquestras sinfónicas. Ademais organiza o festival “Galician connection”, escribe unha columna semanal en “La Voz de Galicia”. Os seus proximos eventos serán SphinxCon, 66ª Berlinale e unha xira por EEUU del Silk Road que aínda non teñen datas concretas. Ademais ofrecerá un concerto no Parque de Castrelos nas Fesas do Cristo da Victoria de Vigo o 1 de agosto de 2020. Artigo: Naír Campelos Campos e María Cabaleiro Davila. 5º

EP

AXENDA

PILI DIOS CREA UN PROXECTO TEATRAL BASEADO NA SÚA BANDA

Pili Dios tocou o baixo eléctrico na banda dos Desvirgheitors unha banda revolucionaria na escena punk Galega nos anos 80 . Destacou polas súas letras e pola súa forza no escenario, tan pouco habitual naqueles tempos que propóñese desvirgar as mentes máis pechadas e obtusas a base de acordes potentes e letras contestatarias e críticas coa sociedade na que lles tocou vivir. O grupo Desvirgheitors xorde en Vigo no ano 1986 e en 1991 gravaron unhas das maquetas máis vendidas e gabadas do Underground estatal e dous anos despois gravan o seu primeiro LP, Desvirgheitors , o único que chegaron a editar. Pouco despois a banda disólvese. Pili Dios continuou tocando o baixo despois de rematada a súa traxectoria cos Devirgheitors, a día de hoxe está máis centrada en proxectos teatrais e por iso agora presenta o seu espectáculo teatral “Desvirgheiteiros” onde contará anécdotas do seu antigo grupo como que en 1988 acabaron na Comisaría de Lugo por blasfemias e inxurias. Artigo: Elena Amoedo Chapela.

6º EP

GUADI GALEGO PRESENTA “INMERSIÓN”

Guadi Galego comezou como vocalista de Berrogüetto en 1997 alcanzando tal fama que, cando deixou o grupo no 2007, gravara 5 discos con Berroguëtto e “Espido” como solista. A súa traxectoria segue activa e exitosa con discos como: “Benzón” (2009), “Lúas de outubro e agosto” (2014), “O mundo está parado” (2016), “Bóla de cristal” (2018) e “Inmersión” (2019), sendo considerada unha das voces de referencia do panorama folk galego. “Inmersión” será presentado nunha xira por diferentes puntos de Galiza: Auditorio Alovi (As Ponte)s ó 7 de marzo ás 20:00h; Pazo da Cultura de Pontevedra ó 24 de outubro ás 21.00 horas no auditorio de cine Alovi…

Artigo: Martín Costas Carballo e Mario Souto Folgar. 6ºEP

AXENDA

UXÍA SENLLE

Cunha traxectoria de máis de trinta anos, Uxía é unha das artistas fundamentais do folk galego, no seu caso, tradicional e ao mesmo tempo cosmopolita. O Festival de Bergantiños, que gañou en 1985, marca o inicio da sua carreira. Solista do grupo Na Lúa, conta cunha ducia de discos, crea e dirixe espectáculos colectivos e apoia o xurdimento de grupos como Malvela ou María Fumaça. Namorada da cultura portuguesa, organiza tamén o festival Cantos na Maré. Na súa dilatada traxectoria, de máis de trinta anos, a voz de Uxía deu forma a unha ducia de traballos discográficos, forneceu múltiples colaboracións con outros artistas de toda orbe, creou e dirixiu espectáculos colectivos como “Enredadas” ou “Son Delas” e exerceu a crítica musical dende o “Diarío Cultural” durante 20 anos. Uxía presentará o seu novo traballo folk en Chapela, xa que estará celebrando o día das letras galegas no CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda (17 de maio ás 12.00 horas) con entrada de balde para toda a comunidade educativa. Ademáis, actuará nas festas do Apóstolo, o día 25 de xullo, ás 20:30 horas, no paseo marítimo de Chapela cun custe da entrada de 5€. Artigo: Lía Es

cribano Balo e Iago Docampo Migueles. 5º EP

MERCEDES PEÓN COLABORARÁ CON AEROLÍNEAS FEDERALES

Un dos grandes grupos dos 80 atopárase co público 20 anos despois, nun concerto en colaboración con Mercedes Peón ó 21 de abril ás 22.30 horas nasa Trend de Madrid. Mercedes Peón sempre contribuíu a manter viva a nosa tradición musical en todos os lugares e contextos. Ademáis, explora sons acústicos e electrónicos e impregna nos seus traballos (Isué, Arjú, Siha, SÓS, Déixaas) un claro posicionamento queer, feminista e de reivindicación da fala. Artigo: Hugo

Ballesteros Soto. 6º EP

AXENDA

SUSANA SEIVANE

Susana Seivane leva o apelido dos grandes artesáns da gaita, un apelido cuxa sona viu amplificado co seu arte. Dende os 20 anos acumula éxitos: edita o seu primeiro disco (1999), colabora con Milladoiro, comeza xiras internacionais e segue editando máis discos (Alma de buxo, Mares de tempo, Os soños que volven). En 2018 presenta o seu disco máis intimista e persal “ Fa”, título que se forma cos nomes dos seus dos fillos, Fiz e Antón. Este disco será o presentado na Salatararí (Ponferrada) ás ó 21 de abril ás 23.30 horas. A entrada custa:15 €. Artigo: David Extremadura Álvarez. 5ºEP

CONCERTO HOMENAXE A PILOCHA

Numerosos artistas renderán homenaxe a Pilar Martinez Conde, o próximo 25 de xuño no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela. A cantante viguesa máis coñecida polo seu alcume “Pilocha” naceu en 1957 foi parte do Movemento Popular da Canción Galega mostrando preocupación polo mensaxe da súas cancións en lingua galega pese as restricións da época. Formou parte de grupos como De Catro a Catro ou Roi Xordo antes de trasladarse a Andalucía. Na actualidade, Pilocha segue sendo unha artista comprometida e que musicou textos de famosas poetisas galegas e puxo voz ao himno da Marcha Mundial das Mulleres, “Marchando máis alá”. Artigo: Mateo Álvarez Justo.

5ºEP