"FOLERPAS CONFINADA 2020"

Page 1

FOLERPAS - CONFINADA CURSO 2019-2020


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

ÍNDICE INTRODUCIÓN ………………………………………………………………………………………..…Páxina 2 IGUALDADE CONFINADA ( Educación Infantil )……………………………………….…..3 CONFINADAS ( 1º Educación Primaria)………………………………………………………..…..4 MEGALODÓNS ( 2º Educación Primaria )………………………………………………………..…..6 O TIC TAK TOE DAS ESTRELAS DAS CIES 3º Educación Primaria)………....8 OS NAUTILUS ( 5º Educación Primaria) ………………………………………………….………..10 ARTE E MATEMÁTICAS (6º Educación Primaria)…………………………………………….11 A MAR DE DEPORTES ( Educación Física )……………………………………………….….…….14 RICARDO CARVALHO CALERO ( Biblioteca)…………………………………………………....16 OS RETOS DO BERETIÑO (Dinamización)…………………………………………………..…...18 ENTREVISTA A EDEL ( Plurilingüismo)…………………………………………………………..….20 MARATÓN EXCEPCIONAL (Anpa)………………………………………………………………,….….24 AXENDA MUSICAL ( Educación Musical)………………………………………………….……...25 XOGOS E PASTEMPOS (4º Educación Primaria) …………………………………………….30 DESPEDIDA DE 6º CURSO ………………………………………………………………………………….34 CONCLUSIÓN ………………………………………………………………………………………………………..35 ANEXO: DIPLOMA DO BERETIÑO………………………………………………………….………..36


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

INTRODUCIÓN Presentamos un curso máis a revista “FOLERPAS” A edición deste ano ten de apelido, “CONFINADA”, debido a situación excepcional que estamos vivindo. Hoxe, a nosa revista non ten unha temática común, . Nace do intento de conectarnos e unificar algúns dos traballos máis representativos deste ano e de reflectir temas relacionados coa nosa cultura e terra galega . “Folerpas Confinada “ invítavos a viaxar ao longo destas páxinas nas que ides descubrir : as tarefas domésticas d@s máis pequen@s , mulleres confinadas , o “Tic Tak Toe ”, a actividade que nos uniu o Día da Paz, conexións entre arte e matemáticas , Os diferentes

deportistas relacionadas coa mar.

Equipos

do Centro aportarán artigos

sobre

:

o

homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas , os retos do Beretiño e unha entrevista bilingüe na que coñeceremos o lado máis persoal de Edel ( a nosa fantástica auxiliar de conversa de lingua inglesa) . A ANPA falará sobre as dificultades que supuxo este curso escolar para as familias, e contra o aburrimento presentamos a

“Axenda Musical ” e

unhas páxinas con xogos e pasatempos . Antes de concluír o alumnado de 6º

se despedirá de nós a través dunhas

liñas. Nos tempos que corren a tecnoloxía permitíunos intentar manter activo o interese por aprender .

manter o contacto e

Pero …falta algo , non sí ?

Todo chegará … de momento, o Beretiño está a nadar no mar, mantendo viva a lingua galega , O SEU TESOURO !!! E familias , esta Revista sempre

, pero este ano máis que nunca , está

dedicada a vós …

GRAZAS A TOD@S POLO VOSO ESFORZO NESTE CURSO 2019/2020

2


“ FOLERPAS CONFINADOS 2020 “

As nenas e nenos de infantil do Alexandre Bóveda demostran que as tarefas do fogar son cousa de todos e todas. Así axudan a diario nas súas casas en compañía e con moitas gañas de participar. 3


AS PEQUENAS E PEQUENOS DE 1ยบ QUEREN COMPARTIR A INFORMACIร N DESTAS MULLERES QUE FORON CONFINADAS, NON POR UN VIRUS , SE NON POR LOITAR POLOS DEREITOS DA MULLERE DOS SERES HUMANOS.

Mae West

Nasrin

Mulleres

#marpiratas

4


Confinadas !

tte n ne a m An ler el K Ros aP ark s

#marpiratas

5


MEGALODONS Este foi o nome da nosa clase durante este curso, en relación co noso proxecto “ Amar o mar”, e así comezou todo…

Traballamos no proxecto investigando e elaborando as nosas propias maquetas…Pero chegou este coronavirus, e tivemos que comezar a traballar na casa…

Bestiario Fantástico Aquí están os nosos animais fantásticos. Seres inéditos…

6


Tamén Neste confinamento , fixemos moitos traballos coa axuda dos nosos pais, mosaicos aproveitando que estudamos os Romanos.

E o mais importante de todo pasámolo ben.

E tamén aprendimos cousas moi importantes, unha delas é que adoitamos lavar as mans rápido e correndo pero, ante a pandemia do coronavirus , e preciso extremar as precaución. Deixámosvos os vídeos feitos por dous megalodons, para que vexades o xeito correcto de facelo.

7


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

O Tic-Tak-Toe Das Estrelas das Cíes Durante os mais de 92 días que pasamos confinados, as Estrelas das Cíes de terceiro curso non paramos de traballar. Puxémonos moitas metas relacionadas coas habilidades e capacidades que podemos desenrolar na casa, e progresamos moito nas nosas habilidades para facer cousas e para relatar por escrito tanto historias de ficción como experiencias informativas. Nos tíñamos un “Tic-Tak-Toe”, que é como un Tres en Raia, e cada semana escollíamos unha destreza nova. Algo que non sabíamos facer, pero que podíamos aprender a facer durante eses días tan peculiares. O primeiro obxectivo era aprender a destreza, despois tíñamos que poder explicar o proceso como se o estivéramos a ensinar a alguén que non sabe. Entón tíñamos que escribir un relato de ficción que tivera algunha relación coa destreza que aprendemos e finalmente escribíamos un texto informativo que tamén tivera que ver coa destreza. Dependendo da destreza que escolíamos, alternábamos o galego e o castelán para a ficción e para o texto informativo. Logo nos gravábamos en vídeo e o compartíamos cos demais da clase.

Aprendemos o coser un

E despois contamos

botón.

historias...

... de botóns!

8


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

Os nosos resultados foron magníficos e quedamos moi impresionados por todas as cousas que puidemos aprender e experimentar. Aprendimos a coser botóns, por o lavavaixelas, recoller a mesa, escribir un correo electrónico, contar chistes, coidar de un ser vivo, escribir a máquina... e así moitas mais destrezas. Aprendimos a contar contos de fantasía que tiñan que ver con esas destrezas e tamén aprendimos a explicarlles ós demais como se fan as cousas. Foi un tempo moi intenso! Deixanos que che amosemos mais exemplos!

Aprendemos como

A historia da planta

coidar unha planta.

carnívora que morreu de

A explicación técnica de como plantar lentellas.

empacho.

Aprendemos como facer un plano da casa.

Un listado de instruccións Ou como facernos un bocadillo. para facer un microscopio.

9


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

OS NAUTILUS 5ºE.P O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cunha actividade moi orixinal e creativa. Cada clase tiña que adornar unha botella de vidro pegando trociños de papel con poesías visuais feitas polos /as nenos/as e por suposto con debuxos moi fermosos para ese día. A continuación déixovos fotos da súa elaboración e do resultado final. Unha marabilla!!!

10





“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

A MAR DE DEPORTES Paratriatlón: Susana Rodríguez Gacio SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

Imaxes: “La Voz de Galicia 2/9/2020” , “El Correo Gallego“ 12/9/2016 e

28/02/2014”

Susana é a nosa paisana, Galega, de Vigo máis internacional. Ten unha deficiencia visual grave debido ao albinismo. Iso non lle impide alcanzar os seus soños tanto como deportista como profesional (actualmente exerce a medicina en Santiago de Compostela). Dende moi pequena sentiu que o deporte lle axudaba a realizarse como persoa ,empezou a nadar con 4 anos. Comezou a practicar Triatlón no ano 2010, cando se Confirmou que o Paratriatlón se incluiría como deporte nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro (2016).Neses Xogos representou ao noso país logrando a 5ª posición. Para saber algo máis dela podedes visitar a súa páxina web : susanarg.com.

Natación adaptada : Teresa Perales É unha referencia mundial neste deporte.Posúe o título de ser a deportista que ten máis medallas na historia nos XOGOS PARAOLÍMPICOS. Nos últimos XOGOS en Río de Xaneiro gañou 4 medallas que sumadas as obtidas anteriormente fan un total de 26 medallas paralímpicas. Imaxe obtida de “ Marca.com”

14


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

Piragüismo : Teresa Portela

Imaxe : “ Cadena

Ser.com “ 25/08/209 ”

Galega, nace en Cangas do Morrazo o 5 de maio de 1982. Deportista especializada en PIRAGÜISMO na modalidade de AUGAS TRANQUILAS. Gañou 15 medallas no Campeonato Mundial de piragüismo. Participóu en 5 Xogos Olímpicos de Verán, obtendo 5 diplomas olímpicos. Actualmente xa ten unha praza garantizada para participar nos próximos Xogos en Tokio . Actualmente únese a campaña #yomequedoencasa Actualmente as tres deportistas presentadas están preparándose para os próximos “XOGOS PARALÍMPICOS TOKYO 2020 “ , cancelados e aprazados debido a “Crise do Coronavirus”.

Estas deportistas entre outras, foron investigadas polo alumnado de 5º e 6º Curso de Educación Primaria. Estas foron algunhas das súas aportacións.

15


“ FOLERPAS CONFINADA 2020”

COÑECENDO A RICARDO CARVALHO CALERO Como xa tod@s sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, que foi unha persoa importante na sociedade galega e un gran defensor da nosa lingua. Naceu en Ferrol no ano 1910 e coa idade de 16 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Durante esta época mergullouse no mundo da política axudando a crear o Partido Galeguista. Co tempo, as súas ideas levárono a ser condenado a 12 anos de cárcere, dos cales só cumpriu dous. Seguro que na vosas mentes tedes a idea de que Carvalho Calero era escritor, pois claro que o era! Pero non só escritor! Foi un home polifacético, é dicir, dedicouse a moitísimas cousas ao longo dos 79 anos que viviu: político,editor, profesor...

Diseño de Carla Montes (3º Primaria)

16


“ FOLERPAS CONFINADA 2020”

Foi un profesor excepcional, deu clases durante 15 anos nun colexio en Lugo, despois no instituto Rosalía de Castro en Compostela e finalmente na universidade. En todos os niveis foi considerado un gran educador empregando métodos

de

ensino

innovadores

e

motivadores

para

@s

seus

alumn@s.

Como escritor, publicou libros de poesía, narrativa, teatro e tamén ensaios. Escribiu un libro para nen@s titulado "As pitas baixo a choiva" no que o escritor conta unha anécdota

que

lle

pasou

na

súa

infancia.

Agardamos que agora xa coñezades un pouco mellor a este home que axudou a manter vivas a cultura e identidade galegas, das cales tod@s debemos sentirnos orgullos@s.

Pequena mostra de pitas deseñadas interdisciplinariamente dende a materia de Plástica. Yerai ( 4º) ,Tea (3º) ,Sabela (4ª) e Alba (3º) mostran a súa “PROPIA PITA” froito do confinamento. Máis

información

sobre

Carvalho

Caleiro

en

:

https://view.genial.ly/5ea2bc84eebc9b0dbb21453a/presentation-letrasgalegas-2020

17


“ FOLERPAS CONFINADA 2020”

RETOS DO BERETIÑO Este curso 2019-2020 dende o equipo de dinamización propuxéronse tres retos beretudos, pensados con moita ilusión e todos eles relacionados co noso proxecto Amar o mar. O primeiro reto consistiu en crear diferentes tipos de embarcacións e, des te xeito, investigar e coñecer datos sobre estas. O resultado foi espectacular, todos os traballos dende infantil a primaria foron expostos na entrada do colexio: Barcos piratas, veleiros, chalanas, buques, gamelas… e unha marabillosa lonxa cheiña de peixes e marisco moi apetecibles para celebrar O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Foi todo un éxito!

A nosa equitativa Lonxa Mariñeira

Gamela diseñada por Mateo (5º)

Barcos piratas ,veleiros e batel (1º,5º curso )

18


“ FOLERPAS CONFINADA 2020�

Barco pesqueiro diseĂąo de Infantil

O reto do segundo trimestre estaba relacionado coa poesĂ­a, tan necesaria nestes tempos. Varios poemas para todos os niveis foron seleccionados para que o alumnado puidese xogar cos versos nas aulas e foi entĂłn cando empezou o confinamento‌ pero iso non nos detivo xa que a poesĂ­a continuou e publicĂĄronse presentaciĂłns online con poemas musicados relacionados co mar. Incluso tivemos a sorte de que o poeta Antonio GarcĂ­a Teijeiro dedicara o poema Unha serea poeta do seu libro PaseniĂąo PaseniĂąo dando ĂĄnimos a tod@s nos momentos iniciais da pandemia, xustamente coincidindo co DĂ­a Mundial da PoesĂ­a . O terceiro trimestre propuxemos a creaciĂłn de historias relacionadas coa mar utilizando entre outras tĂŠcnicas o teatro de sombras. E aquĂ­ remataron os nosos retos, pero xa estamos argallando ideas para seguir co noso futuro proxecto para o curso que vĂŠn, non esquezades: SentidiĂąo e moita saĂşde!! đ&#x;˜‰

Hugo3Âş amosa o seu teatro de sombras

Noa( 6ÂşI) inspirada por un poema de Antonio

19


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

ENTREVISTA A EDEL, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA đ&#x;˜Š Ola Edel!! Grazas por contestar as nosas preguntas hoxe. Como estĂĄs a levar esta difĂ­cil situaciĂłn estando aquĂ­, lonxe do teu paĂ­s e da tĂşa familia? Son tempos difĂ­ciles para todo o mundo e ĂŠ duro estar lonxe da miĂąa familia porque non sei cando poderei viaxar a casa de novo, pero todos estĂĄn ben e iso ĂŠ o mĂĄis importante. GĂşstache Galicia? Vives nunha vila pequena ou na cidade? Que che gusta mĂĄis? SĂ­, por suposto. EncĂĄntame Galicia. Vivo en PorriĂąo que ĂŠ una vila bastante pequeĂąa. PrefĂ­roo porque ĂŠ mĂĄis tranquila e ĂŠ mĂĄis doado viaxar a outros sitios. GĂşstache o noso estilo de vida? É parecido ao estilo de vida irlandĂŠs? SĂ­ gĂşstame, especialmente as festas do verĂĄn con mĂşsica tradicional e comida. ParĂŠcese ao estilo de vida irlandĂŠs nalgĂşns aspectos, por exemplo, a importancia da familia e na mĂşsica e nos bailes de tradiciĂłn Celta. Algunhas cousas son diferentes. Por exemplo en Irlanda comemos e ceamos moito mĂĄis cedo. Probaches a comida galega e a espaĂąola? Gustouche? Si, encĂĄntame a comida galega e a espaĂąola, especialmente a tortilla de patacas, o marisco, o polbo con patacas e o churrasco. PoderĂ­as dicirnos algo sobre o lugar onde naciches? Eu son dunha pequena cidade no centro de Irlanda, situada a unha hora de DublĂ­n, a capital. Que lugares levas visitado dende que estĂĄs aquĂ­? Visitei moitos lugares en Galicia: As Illas CĂ­es, Baiona, Oia, Santa Tegra, Ribeira Sacra, O Cebreiro, a praia das Catedrais, Os Caùóns do Sil, Costa da morte, Fragas do Eume, Santiago de Compostela, Ferrol, Termas de Prexigueiro, A CoruĂąa, Balneario de Mondariz, Sanxenxo, a praia da Lanzada, VilagarcĂ­a, San SimĂłn, Ribadavia... Sabes falar castelĂĄn? E galego? Que opinas sobre os idiomas?

20


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

Si, sei falar castelån pero no colexio nunca o falo, só na casa. Entendo o galego pero ainda non podo falalo. Gústame aprender novos idiomas porque nos axuda a comunicarnos mellor coa xente doutros países. Que pensas sobre ensinar un idioma? É fåcil ou difícil? Gústame ensinar inglÊs porque podo compartir a miùa cultura e tamÊn formas de comunicarse con outras persoas. Gústame ensinar mediante xogos e actividades lúdicas, que @s alumn@s o pasen ben e así farå que recorden o aprendido måis facilmente. às veces Ê difícil porque en inglÊs non deletreamos as palabras igual que en espaùol por iso Ê måis complicado para ler e pronunciar correctamente. Que opinas sobre o Alexandre Bóveda? Como te sentiches a primeira vez que chegaches aquí? Penso que o Alexandre Bóveda Ê un colexio excelente. Tanto mestr@s como alumn@s son moi amables e atent@s. Cando empecei foi diferente para mi porque antes traballaba con grupos måis reducidos así que parecíame moi grande. Cales son as diferenzas måis importantes entre o sistema educativo espaùol e o irlandÊs? Na etapa de Primaria o sistema educativo espaùol e o irlandÊs son moi parecidos. En Irlanda o alumnado empeza Primaria a idade de 4 ou 5 anos e despois aos 11 ou 12 anos pasa a Secundaria. Nalgúns colexios de Irlanda ensinan todas as materias na nosa lingua, o irlandÊs; pero a maioría faino en inglÊs así que alí non temos tantos colexios plurilingßes como tedes aquí. Como valorarías a túa experiencia aquí nestes dous anos? Foi unha experiencia xenial estar aquí en Chapela estes dous anos. O alumnado sempre me saúda cun enorme sorriso e se esforzan para falarme en inglÊs. Estou impresionada co progreso que fixeron @s alumn@s e agardo que continúen practicando a diario.

GALICIA

LOVES

IRELAND

Grazas por todo, Edel. Foi un pracer que foras a nosa auxiliar, recorda que sempre serĂĄs benvida aquĂ­. BotarĂŠmoste en falta!! đ&#x;˜Š

21


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

INTERVIEW WITH EDEL, OUR LANGUAGE ASSISTANT Hello Edel. Thanks for answering our questions today. How are you dealing with this hard time being here, far away from your country and family? This is a difficult time for everyone and it’s hard to be far from my family because I don’t know when I’ll be able to travel home again but everyone is well and safe so that is the most important thing. Do you like Galicia? Do you live in a small town or in the city? What do you like more? Yes, of course. I love Galicia. I live in Porriño, which is quite a small town. I prefer it because it is quieter and easier to travel to different places. Do you like Galician way of life? Is it similar to Irish lifestyle? Yes, I like the Galician way of life, especially the summer parties with traditional music and food. It is similar to the Irish lifestyle in some ways for example, the importance of families and the Celtic traditional music and dancing. Some things are different, for example in Ireland we have lunch and dinner a lot earlier in the day. Have you tried Galician/ Spanish typical food? Did you like it? Yes, I love Galician and Spanish food especially Spanish omelettes, seafood, octopus with potatoes and barbecued meat. Please, tell us something about the place where you were born? I’m from a small town in the centre of Ireland, about one hour from Dublin, the capital city. What places have you visited since you came here? I have visited a lot of places in Galicia: The Cies Islands, Baiona, Oia, Santa Tecla, Ribiera Sacra, O Cebreiro, The Cathedral Beach, Cañons do Sil, Costa da Morte, Fragas do Eume, Santiago de Compostela, Ferrol, Termas de Prexigueiro, A Coruña, Balneario de Mondariz, Sanxenzo, Lanzada beach, Vilagarcía, San Simón, Ribadávia Can you speak Spanish? What about Galician? What´s your opinion about other languages? Yes, I can speak Spanish but I never speak Spanish at school, only at home. I understand some Galician but I can’t speak it yet. I like learning new languages because it helps us to communicate better with people from other countries. What do you think about teaching a language? Is it easy or difficult? I like teaching English because I can share my culture and ways to communicate with others. I like to teach using games and playful activities so the students have fun and

22


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

remember more easily. Sometimes it is difficult because in English we don’t spell words in the same way as in Spanish so it is hard to read and pronounce correctly. What do you think about Alexandre BĂłveda School? How did you feel the first time you came in?  I think Alexandre BĂłveda School is an excellent school. The teachers and students are very friendly and helpful. When I started it was different for me because I worked in smaller classes before so it seemed very big. What are the most important differences between the Spanish and the Irish Education System? The Spanish and Irish Education Systems are very similar at primary level. Students in Ireland start primary school when they are 4 or 5 years old and then they move to secondary school when they are 11 or 12 years old. In Ireland, some schools teach all the subjects through our native language, Irish, but most schools teach all subjects through English so we don’t have as many multilingual schools as here. How would you rate your experience here with over the last two years? I have had a great experience in Chapela over the last two years. The students always greet me with big smiles and always try their best to speak to me in English. I am very impressed with the progress the students have made and I hope they continue to practice their English every day.Â

Thanks for everything Edel, it was a pleasure to have you as a language assistant in our school. You are always welcome! We will miss you đ&#x;˜Š

23


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

MARATÓN EXCEPCIONAL Maratón Excepcional Este ano tocounos vivir unha maratón inesperada, excepcional, o 16 de marzo pechaban as portas dos centros educativos por mor do coronavirus, comenzando así unha carreira longa e difícil para as familias. A problemática da conciliación da vida laboral coa familiar fíxose patente. O confinamento supuso que tanto pais como nais asumisen o rol de mestres. Compaxinar o traballo coas tarefas do fogar, o coidado dos nenos e a súa educación non foi sinxelo na gran maioría dos fogares. Destacar que o contido curricular é secundario que o máis importante é protexer e garantir o benestar emocional dos nosos fillos para saír o más airosos posible desta situación tan excepcional. Aproveitar o tempo con eles para xerar vínculos emocionais más fortes e sanos, fomentar a importancia da unión familiar. No ámbito educativo, a fenda dixital foi un dos principais inconvintes na nosa comunidade. Agradecer o centro e o concello as medidas que levaron acabo para garantir a todolos membros da nosa comunidade educativa a continuación do curso escolar (reparto de equipos, entrega de fotocopias…) Nesta carreira non nos podemos esquecer dos nenos de sexto, pois despois de moito esforzo para xuntar os cartos, viron cómo este virus puso fin a súa ilusión por ir de viaxe de fin de curso, por celebrar o fin dun ciclo. Desexarlle que teñan un verán cheo de vivencias incríbles que poidan lembrar sempre!! Felicitar a todas as familias polo esforzo feito, a meta está cada vez máis cerca pero non podemos esquecer o vivido e debemos ser responsables e prudentes para non dar pasos atrás!! ¡¡¡ Ánimo a todos, xuntos ímos chegar!!!

24


“ FOLERPAS CONFINADA”

AXENDA MUSICAL Concerto de batuko Tabankaao aire libre, haberá sesión de mañán (9:00 a11:30 h.) e outra de tarde (21:00 a 23:30) os días 21 e 22 de Marzo na praza ao lado do Concello de Redondela. Este grupo está composto por doce mulleres que se chaman: Antonia, Antonina, Ivone, Fafa, Beba, Isabel, Deciderida, ilda, Mariacina, Chuca, Beleita e Santina e tocaran cancións como:”Brinca Kumi, Nos NaBurela, Cabo Verde E Bonito e Qui Dia NtaChigala”. So hai 69 entradas de 2,50 euros que poden mercarse por internet. Este concertó emitirase pola tv de pago en directo, o mesmo día ás mesmas horas, cun custe de tv 1,00 euros. Artigo: Lara Gómez Araujo. 5ºEP

LOLA DE RIBEIRA A percusionista de Taghaithai e Serra- Ihe Aí, dará un concerto o día 21de abril de 2020 no Auditorio Mar de Vigo ás 17.00 h. Custe da entrada 2 € A famosa ex- percusionista de “Os Diplomáticos de Monte Alto” dará un concertó co grupo pontevedrés “Comando Foucellas”. Artigo: Yago Carrera Mariño. 5º EP

ÁNGELES LAGO Ángeles Lago e o seu grupo Crazy cabuxa volven aos escenarios. Este famoso grupo de hard rock dos 90 reúnense para tocar algún dos seus temas mais coñecidos. Será o luns 23/03/2020 no Auditorio Parque de Castrelos de Vigo ás 20:30 horas. A entrada custa 5,50 Euros, pero como sempre podes ir gratuitamente as gradas do auditorio natural. Artigo: Iago Oitabén Guisande. 5ºEP

25


“ FOLERPAS CONFINADA”

AXENDA CONCERTO HOMENAXE A MARISOL MANFURADA O día 22 Xuño 2020 no Pavillón de Chapela farase un concertó homenaxe a artista total e multidisciplinar, Marisol Manfurada. Tratará “Poésica Bravá” a cal a propia artista definiu como: “Non é poesía a secas. Non é soamente unha regheifa, reggae e rap. Non é puramente unha canción. Éche Poésica Bravá. Un espectáculo da palabra. Con música, ritmo e retranca”. O homenaxe será ás 18.00 horas e a entrada será de balde xa que está patro cinada polo Concello de Redondela. Artigo: Gabriel Expósito Portomeñe. 5º EP CRISTINA PATO É unha gaitera, compositora e pianista galega residente en Nueva York dende o ano 2004 onde se está doutorando na Mason Gross School of the Arts das Rugets University, e desenvolve un proxecto educativo na Universidade de California.

A artista nacida en Ourense comezou a tocar con 6 anos na Real Banda de Gaitas de Ourense e ao cumprir os 18 (en 1999) convértese na 1ª muller gaiteira que edita un disco e solitario: “Tolemia”. Dende hai anos leva polo mundo o seu estilo único e inconfundible cheo de paixón e enerxía, mesturando xéneros como música latina, jazz, pop, música clásica e música contemporánea. cos seus grupos “Cristina Pato Quartet” e “Cristina Pato Trío galego” e como gaiteira solista con orquestras sinfónicas. Ademais organiza o festival “Galician connection”, escribe unha columna semanal en “La Voz de Galicia”. Os seus proximos eventos serán SphinxCon, 66ª Berlinale e unha xira por EEUU del Silk Road que aínda non teñen datas concretas. Ademais ofrecerá un concerto no Parque de Castrelos nas Fesas do Cristo da Victoria de Vigo o 1 de agosto de 2020. Artigo: Naír Campelos Campos e María Cabaleiro Davila. 5º EP

26


“ FOLERPAS CONFINADA”

AXENDA PILI DIOS CREA UN PROXECTO TEATRAL BASEADO NA SÚA BANDA Pili Dios tocou o baixo eléctrico na banda dos Desvirgheitors unha banda revolucionaria na escena punk Galega nos anos 80 . Destacou polas súas letras e pola súa forza no escenario, tan pouco habitual naqueles tempos que propóñese desvirgar as mentes máis pechadas e obtusas a base de acordes potentes e letras contestatarias e críticas coa sociedade na que lles tocou vivir. O grupo Desvirgheitors xorde en Vigo no ano 1986 e en 1991 gravaron unhas das maquetas máis vendidas e gabadas do Underground estatal e dous anos despois gravan o seu primeiro LP, Desvirgheitors , o único que chegaron a editar. Pouco despois a banda disólvese. Pili Dios continuou tocando o baixo despois de rematada a súa traxectoria cos Devirgheitors, a día de hoxe está máis centrada en proxectos teatrais e por iso agora presenta o seu espectáculo teatral “Desvirgheiteiros” onde contará anécdotas do seu antigo grupo como que en 1988 acabaron na Comisaría de Lugo por blasfemias e inxurias. Artigo: Elena Amoedo Chapela. 6º EP

GUADI GALEGO PRESENTA “INMERSIÓN” Guadi Galego comezou como vocalista de Berrogüetto en 1997 alcanzando tal fama que, cando deixou o grupo no 2007, gravara 5 discos con Berroguëtto e “Espido” como solista. A súa traxectoria segue activa e exitosa con discos como: “Benzón” (2009), “Lúas de outubro e agosto” (2014), “O mundo está parado” (2016), “Bóla de cristal” (2018) e “Inmersión” (2019), sendo considerada unha das voces de referencia do panorama folk galego. “Inmersión” será presentado nunha xira por diferentes puntos de Galiza: Auditorio Alovi (As Ponte)s ó 7 de marzo ás 20:00h; Pazo da Cultura de Pontevedra ó 24 de outubro ás 21.00 horas no auditorio de cine Alovi… Artigo: Martín Costas Carballo e Mario Souto Folgar. 6ºEP

27


“ FOLERPAS CONFINADA”

AXENDA UXÍA SENLLE Cunha traxectoria de máis de trinta anos, Uxía é unha das artistas fundamentais do folk galego, no seu caso, tradicional e ao mesmo tempo cosmopolita. O Festival de Bergantiños, que gañou en 1985, marca o inicio da sua carreira. Solista do grupo Na Lúa, conta cunha ducia de discos, crea e dirixe espectáculos colectivos e apoia o xurdimento de grupos como Malvela ou María Fumaça. Namorada da cultura portuguesa, organiza tamén o festival Cantos na Maré. Na súa dilatada traxectoria, de máis de trinta anos, a voz de Uxía deu forma a unha ducia de traballos discográficos, forneceu múltiples colaboracións con outros artistas de toda orbe, creou e dirixiu espectáculos colectivos como “Enredadas” ou “Son Delas” e exerceu a crítica musical dende o “Diarío Cultural” durante 20 anos. Uxía presentará o seu novo traballo folk en Chapela, xa que estará celebrando o día das letras galegas no CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda (17 de maio ás 12.00 horas) con entrada de balde para toda a comunidade educativa. Ademáis, actuará nas festas do Apóstolo, o día 25 de xullo, ás 20:30 horas, no paseo marítimo de Chapela cun custe da entrada de 5€. Artigo: Lía Escribano Balo e Iago Docampo Migueles. 5º EP MERCEDES PEÓN COLABORARÁ CON AEROLÍNEAS FEDERALES Un dos grandes grupos dos 80 atopárase co público 20 anos despois, nun concerto en colaboración con Mercedes Peón ó 21 de abril ás 22.30 horas nasa Trend de Madrid. Mercedes Peón sempre contribuíu a manter viva a nosa tradición musical en todos os lugares e contextos. Ademáis, explora sons acústicos e electrónicos e impregna nos seus traballos (Isué, Arjú, Siha, SÓS, Déixaas) un claro posicionamento queer, feminista e de reivindicación da fala. Artigo: Hugo Ballesteros Soto. 6º EP

28


“ FOLERPAS CONFINADA”

AXENDA SUSANA SEIVANE Susana Seivane leva o apelido dos grandes artesáns da gaita, un apelido cuxa sona viu amplificado co seu arte. Dende os 20 anos acumula éxitos: edita o seu primeiro disco (1999), colabora con Milladoiro, comeza xiras internacionais e segue editando máis discos (Alma de buxo, Mares de tempo, Os soños que volven). En 2018 presenta o seu disco máis intimista e persal “Fa”, título que se forma cos nomes dos seus dos fillos, Fiz e Antón. Este disco será o presentado na Salatararí (Ponferrada) ás ó 21 de abril ás 23.30 horas. A entrada custa:15 €. Artigo: David Extremadura Álvarez. 5ºEP

CONCERTO HOMENAXE A PILOCHA

Numerosos artistas renderán homenaxe a Pilar Martinez Conde, o próximo 25 de xuño no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela. A cantante viguesa máis coñecida polo seu alcume “Pilocha” naceu en 1957 foi parte do Movemento Popular da Canción Galega mostrando preocupación polo mensaxe da súas cancións en lingua galega pese as restricións da época. Formou parte de grupos como De Catro a Catro ou Roi Xordo antes de trasladarse a Andalucía. Na actualidade, Pilocha segue sendo unha artista comprometida e que musicou textos de famosas poetisas galegas e puxo voz ao himno da Marcha Mundial das Mulleres, “Marchando máis alá”. Artigo: Mateo Álvarez Justo. 5ºEP

29


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

XOGOS E PASATEMPOS 4º Curso E.P.

QUEN DIXO QUE? 1.“Na vida non hai cousas que temer, solo cousas que comprender”. 2.“Se natural” 3.“Un neno, un mestre, un libro, un lapis poden cambiar o mundo” 4.“Somos como a palla do páramo, que se arrinca e volta nacer” 5.“ Nacín na beira do mar. A miña primeira idea de movemento e de danza e seguramente do ritmo das ondas” 6.“ Non hai barreira, pechadura, nin peche que poidas poñer a liberdade da miña mente”. 7.“ Aseguro que non hai nada en que fixarse en min” 8.“Pes para que os quero se teño olas”

(Marie Curie, Frida Kahlo, Loie Fuller, Alice Guy, Virginia Wolf, Isadora Duncan, Dolores Cocuango, Mala Yousfzai)

OS 8 ERROS

30


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

CRUZADAS Investiga 8 inventos creados por estas 8 mulleres e completa as cruzadas. 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.

Letitia Mumford Josephine Cochrane Hedy Lamarr Elizabeth Magie Katharine Burr Bette Clair Murray Mary Anderson Ängela Ruiz Róbles

31


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

SOPA E LETRAS Busca as seguintes palabras que definen as mulleres da historia: Emotiva, valerosa, coraxe, independente, xusticeira, brillante, inolvidable, comprometida e transgresora.

32


“ FOLERPAS CONFINADA 2020 “

XEROGLÍFICO

Como somos?

VIÑETA GRÁFICA

33



“ FOLERPAS CONFINADA 2020 ”

CONCLUSIÓN Un curso máis remata; sen dúdida algunha este foi un ano escolar diferente a outros, e vímonos obrigad@s a afrontar situacións descoñecidas e momentos duros. Ainda que, hai algo que dende o principio estivo presente dun xeito marcado, ese algo permitiunos levalo todo mellor, refírome a conexión casa-escola, que xa existía pero viuse reforzada neste período. O feito de sentir o apoio mutuo fixo que todo fora máis levadeiro. Mensaxes de agarimo, esforzos comúns, retos superados e solidaridade son algúns dos aspectos que endexamais esqueceremos desta etapa vivida. Todo o vivido nestes últimos meses serviranos para que cando algo difícil volvaacontecer saibamos que podemos superalo porque non estamos sós! Esta escola sempre está e estará aquí disposta a apoiar aos nosos. E tamén nos quedan as lembranzas deses outros momentos que merecen ser recordados deste curso 2019-2020, todos eles marabillosos como a festa terroríficamente divertida do Samaín e Halloween, un magosto pasado por auga, ese entroido espectacular co mar do Angorén cheo de personaxes relacionados co mundo mariño. Isto é moito máis sempre quedará nas nosas memorias. Feliz verán a tod@s e boa sorte aos que empezades novas etapas.

APERTAS BERETUDAS!! ( Este ano adxuntamos o tradicional Diploma de Recoñecemento coa revista. )

35



A-MAR O MAR

Cando retorne a escuma ao noso mar, volverei percorrer sonámbulo os ronseis tecidos na esperanza.

Antonio García Teijeiro, “Presenzas marcadas”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.