1 minute read

MARATÓN EXCEPCIONAL (Anpa

MARATÓN EXCEPCIONAL

Maratón Excepcional Este ano tocounos vivir unha maratón inesperada, excepcional, o 16 de marzo pechaban as portas dos centros educativos por mor do coronavirus, comenzando así unha carreira longa e difícil para as familias. A problemática da conciliación da vida laboral coa familiar fíxose patente. O confinamento supuso que tanto pais como nais asumisen o rol de mestres. Compaxinar o traballo coas tarefas do fogar, o coidado dos nenos e a súa educación non foi sinxelo na gran maioría dos fogares. Destacar que o contido curricular é secundario que o máis importante é protexer e garantir o benestar emocional dos nosos fillos para saír o más airosos posible desta situación tan excepcional. Aproveitar o tempo con eles para xerar vínculos emocionais más fortes e sanos, fomentar a importancia da unión familiar. No ámbito educativo, a fenda dixital foi un dos principais inconvintes na nosa comunidade. Agradecer o centro e o concello as medidas que levaron acabo para garantir a todolos membros da nosa comunidade educativa a continuación do curso escolar (reparto de equipos, entrega de fotocopias…) Nesta carreira non nos podemos esquecer dos nenos de sexto, pois despois de moito esforzo para xuntar os cartos, viron cómo este virus puso fin a súa ilusión por ir de viaxe de fin de curso, por celebrar o fin dun ciclo. Desexarlle que teñan un verán cheo de vivencias incríbles que poidan lembrar sempre!! Felicitar a todas as familias polo esforzo feito, a meta está cada vez máis cerca pero non podemos esquecer o vivido e debemos ser responsables e prudentes para non dar pasos atrás!! ¡¡¡ Ánimo a todos, xuntos ímos chegar!!!

Advertisement