24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

Page 7

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

FÚTBOL

Afortunado no xogo, desafortunado no económico

4 O CD Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momento que no deportivo as cousas marchan por bo camiño tanto na Liga como na Copa Federación. R. Torres Afortunado no xogo, desafortunado no económico. O Club Deportivo Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momento no que no deportivo as cousas marchan por bo camiño. Cuarto finalista da Copa Federación, quintos na Liga e non obstante do que máis se fala, case que do único que se fala, é do tema económico.

Con dúas nóminas por liquidar aos xogadores do primeiro equipo, en camiño vén a terceira se non se fai fronte dalgún pago antes de que remate xaneiro, moitas son as voces que nestas datas fixéronse escoitar da situación delicada que se atravesa. O adestrador, Luisito, quen nas súas comparecencias fala máis deste tema que do deportivo; xogadores que xa anunciaron o complicado que lles está a ser chegar a fin de mes; avi-

sos (aínda non son ameazas) de tomar medidas se a situación continúa por esta deriva. E a directiva, nun canellón sen saída. Sen lograr os tres obxectivos marcados a comezos da campaña, a tesitura está afogando aos directivos que non encontran solucións. A masa social non responde como se esperaba; contábase con subir a 4.000 o número de socios, e apenas chegan aos 3.000. A empresa privada

Borja Valle controlando o balón diante dun xogador do Celta B e de Pinillos./RAMSÉS.

arrima o ombreiro menos do previsto polos directivos. E as subvencións, cada vez máis pequenas, non chegan cando os mandatarios queren. Por parte da Diputación xa anunciaron que ata que non presenten toda a documentación necesaria non se lles fará ningún adianto nas axudas. O Concello non ten aprobado os orzamentos polo que máis tarde que pronto chegarán; en canto ao patrocinio polo Ourense Termal, máis do mesmo. Especúlase sobre unha cantidade ao redor dos 30.000 euros pero non se sabe cando se fará efectiva. Todo isto fai que no plantel haxa incertidume para saber, a ciencia certa, cando poderán cobrar. Todo isto xa se viviu en pasadas tempadas, pero nesta está collendo, ultimamente, tintes apocalípticos. Débedas Pero as débedas non se quedan nas nóminas sen satisfacer aos xogadores do primeiro equipo. Os do filial tamén teñen atrasos, o mesmo que os adestradores da base, persoal do club, provedores e a máis que sa-

A masa social non responde como se esperaba; as empresas arriman o ombreiro menos do previsto e as subvencións non chegan cando pretenden os directivos. Os rojillos son cuarto finalistas na Copa Federación e quintos na 2ª División B CD Ourense - Sporting de Gijón B, domingo 26, 17h -O Coutobida débeda a Facenda (que engule 200.000 euros ao ano do orzamento do club). O equipo, en cuartos, e quintos A todo isto, o conxunto dirixido por Luisito xa está entre os oito mellores equipos da Copa Federación. O pasado mércores venceu por 0-3 ao Marino de Luanco (con goles de Óscar Martínez, Rubén Arce e Borja Valle) e firmou o pasaporte aos cuartos de final. No partido de ida os rojillos gañaran por 1-0 con gol de Portela. Unha rolda máis e o club comezará a gañar diñeiro nesta competición. 12.000 euros se é seimifinalista; 30.000 se chega á fi-

nal, e 90.000 euros se gaña a Copa. Un caramelo ao que non queren renunciar. Ao Ourense acompañarano en cuartos o Guadalajara, Balmaseda, Real Unión, Yeclano, Alcalá, Zaragoza B, e o vencedor da eliminatoria entre o Alcoyano e o Novelda. E na Liga son quintos con 33 puntos a dous da promoción de ascenso, lugar que ocuparon ata esta xornada cando saíron dela ao caer derrotados en casa do Rácing de Ferrol por tres goles a un. Este domingo, ás 17 horas o CD Ourense recibe ao Sporting de Gijón B. Os asturianos son novenos con 29 puntos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.